Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 198 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 48 Clase Interactiva: 48 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Enfermaría
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
-Iniciar ao alumno no coñecemento das raíces enfermeiras, a súa orixe e traxectoria.
-Introducir ao alumno na Ciencia Enfermeira marcando e delimitando as bases do que será a súa profesión futura.
-Levar a cabo o ensino e aprendizaxe na metodoloxía do Proceso de Atención de Enfermería e na taxonomía enfermeira utilizada na actualidade como método de traballo.
-Adquirir coñecementos básicos de Enfermería, para proporcionar unha atención integral ao ser humano san ou enfermo.
-Desenvolver habilidades e destrezas que permitan realizar as técnicas básicas de Enfermería.
-Fomentar no alumno un espírito crítico e de integración ao traballo en equipo.
A materia Fundamentos de Enfermería consta dunha serie de módulos ben definidos:
1. HISTORIA DA ENFERMERÍA
2. MARCO CONCEPTUAL DE ENFERMERÍA. MODELOS E TEORÍAS ENFERMEIRAS
3. METODOLOXÍA E PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMERÍA
4. NECESIDADES HUMANAS E COIDADOS BÁSICOS
5. MÓDULO TEÓRICO-PRÁCTICO
MÓDULO 1. HISTORIA DA ENFERMERÍA
Tema 1. Introdución á Historia da Enfermería. Fundamentos históricos dos coidados.
Tema 2. Etapa doméstica dos coidados.
Tema 3. Etapa relixioso-institucional dos coidados.
Tema 4. Etapa técnica dos coidados. Fase pre-profesional.
Tema 5. Etapa profesional dos coidados de Enfermería. Evolución ata o estado actual da profesión.
En cada un destes temas trataranse os seguintes contidos: contexto histórico e social, conceptos de saúde-enfermidade, atención sanitaria, persoal e institucións sanitarias.
MÓDULO 2.- MARCO CONCEPTUAL DE ENFERMERÍA. MODELOS E TEORÍAS.
Tema 6. Introdución á ciencia Enfermeira. Enfermería profesional. Funcións e competencias de enfermería.
Tema 7. Modelos e Teorías en Enfermería. Elementos fundamentais da disciplina enfermeira: persoa, contorna, saúde, enfermería.
Tema 8. Modelos de coidados en Enfermería máis representativos.
Tema 9. Modelo de Necesidades de Virginia Henderson.
MÓDULO 3.- METODOLOXÍA EN ENFERMERÍA. PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMERÍA.
Tema 10. Pensamento crítico. Metodoloxía científica no proceso de coidar: Proceso de Atención de Enfermería.
Tema 11. Etapa de Valoración.
Tema 12. Diagnósticos enfermeiros. Taxonomía NANDA.
Tema 13. Planificación. O Plan de Coidados: obxectivos. Taxonomía NOC. Taxonomía NIC.
Tema 14. Execución do Plan de Coidados.
Tema 15. Avaliación do Plan de Coidados.
MÓDULO 4: NECESIDADES HUMANAS E COIDADOS BÁSICOS
Tema 16. Osixenación.
Tema 17. Alimentación.
Tema 18. Hidratación.
Tema 19. Eliminación urinaria
Tema 20. Eliminación intestinal.
Tema 21. Mobilidade. Posturas.
Tema 22. Descanso e soño.
Tema 23. Termorregulación.
Tema 24. Hixiene. Protección.
Tema 25. Comunicación. Autoestima. Lecer.
En cada un dos temas deste bloque trataranse os seguintes contidos:
-Valoración da necesidade.
-Patróns normais de satisfacción.
-Factores que inflúen na satisfacción da necesidade.
-Problemas en cada unha das necesidades e as súas manifestacións.
-Diagnósticos de enfermería.
-Coidados básicos de enfermería para manter a independencia e ante os problemas de cada unha das necesidades.
MÓDULO 5. PRÁCTICAS DE LABORATORIO: TÉCNICAS E PROCEDEMENTOS BÁSICOS EN ENFERMERÍA
1. Procedementos básicos de hixiene, desinfección e asepsia. Lavado de mans e posta de luvas.
2. Unidade do doente hospitalizado. Historia clínica. Mobilizacións. Cambios posturales. Posicións adecuadas.
3. Constantes vitais. Glicemia capilar.
4. Técnicas básicas e instrumental de curas. Recollida de mostras.
5. Sondaxes nasogástrico, rectal e vesical.
6. Osíxenoterapia.
7. Material parenteral: técnicas e coidados. Fluidoterapia. Administración de medicamentos: vías intradérmica, subcutánea e intramuscular. Prevención de erros.
8. Vía intravenosa: administración de fármacos e solucións, extracción de sangue.
BÁSICA:
MÓDULO 1:
-Donahue, M. Historia de la enfermería. Ed. Harcourt; 1999.
-Martínez Martín, ML. y Chamorro Rebollo E. Historia de la Enfermería. 3ª ed, Ed.Elsevier 2017.
MÓDULO 2:
-Hernández Garre, JM. et al. Fundamentos Teóricos de Enfermería. Teorías y Modelos, 1ª ed. Murcia: DM; 2010.
-Marriner Tomey, et al. Modelos y Teorías en Enfermería. 7ª ed. Barcelona: Mosby; 2011.
-Benavent Garcés, M. et al. Fundamentos de Enfermería, 2ª ed. Madrid: Difusión Avances de Enfermaría; 2003
-Potter P, Perry A, Stockert P.. Fundamentos de Enfermería. Barcelona: Harcourt; 2019.
MÓDULO 3:
-Alfaro-Lefevre, R. Aplicación del Proceso de Enfermería. 5ª ed. Barcelona. Elsevier; 2007.
-Gordon, M. Diagnóstico enfermero. Proceso y Aplicación. 11ª ed. Madrid; Inteamericana; 2007.
-Moorhead, S. et al. Clasificación de resultados de Enfermería. (NOC). 6ª ed. Barcelona. Elsevier; 2019.
-Butcher, HK. et al. Clasificación de intervenciones de Enfermería. (NIC). 7ª ed. Madrid. Elsevier; 2019.
-NANDA. Diagnósticos enfermeros: definiciones y clasificación, 2018-2020, Madrid. Elsevier; 2019.
-Potter P, Perry A, Stockert P.. Fundamentos de Enfermería. Barcelona: Harcourt; 2019.
MÓDULO 4:
-Berman, et al. Fundamentos de Enfermería. 9ª ed, Madrid; Pearson. 2012.
-Potter P, Perry A, Stockert P.. Fundamentos de Enfermería. Barcelona: Harcourt; 2019.
MÓDULO 5:
-Jamieson, E. Procedimientos de Enfermería clínica. 5ª ed, Barcelona. Elsevier. 2008.
-Perry, A., Potter, P. Guía Mosby de habilidades y procedimientos en enfermería. Elsevier. 2019
-Potter, P. Perry, A., Stockert, P. Fundamentos de Enfermería. Barcelona: Harcourt; 2019.
-Zabalegui Yárnoz, A., Lombraña Mencía, M. Administración de medicamentos y cálculo de dosis. 3ª ed. Elsevier. 2020
Catálogo de recursos electrónicos da biblioteca da USC.
COMPLEMENTARIA:
Páxinas web especializadas, bases de datos e revistas científicas.
Pubmed: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/
Google Académico: https://scholar.google.es/schhp?hl=es
Cinahl: https://www.ebscohost.com/nursing/products/cinahl-databases/cinahl-comp…
Asociación española de Nomenclatura, Taxonomía e Diagnósticos de Enfermería: https://www.aentde.com/
Competencias específicas da materia:
1. Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados desde unha perspectiva histórica para comprender a evolución do coidado de enfermería.
2. Comprender desde unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica os conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermería así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os plans de coidados correspondentes.
3. Aplicar o proceso de enfermería para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
4. Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermería.
5. Establecer unha comunicación eficaz cos doentes, familia, grupos sociais e compañeiros e fomentar a Educacion para a Saúde.
6. Ser consciente dos diversos roles, responsabilidades e funcións do persoal de Enfermería.
7. Capacidade para considerar os coidados emocionais, físicos e persoais, incluíndo satisfacer as necesidades de confort, nutrición e hixiene persoal e permitir o mantemento das actividades cotiás.
8. Coñecemento relevante e capacidade para aplicar teorías de enfermería e práctica enfermeira.
Competencias transversais:
CT01 - Capacidade de análise e síntese
CT04 - Capacidade de xestión da información
CT05 - Resolución de problemas
CT08 - Traballo nun equipo multidisciplinar e multilingüe
CT10 - Razoamento crítico.
CT12 - Aprendizaxe autónoma
CT14 - Creatividade.
CT16 - Motivación pola calidade
Resultados que adquire o alumnado:
1. Sitúase dentro dun marco de referencia da profesión de enfermería.
2. Descobre o por que da existencia da Enfermería.
3. Analiza a evolución da enfermería como grupo específico na sociedade ao longo da historia
4. O alumnado alcanza unha resposta positiva de acordo co concepto de enfermería actual.
5. Fomenta no alumnado un espírito crítico e de integración con vistas ao traballo en equipo.
6. Iníciase na metodoloxía do Proceso de Atención de Enfermería.
7. Adquire os coñecementos necesarios da enfermería básica para proporcionar unha atención integral ao ser humano san ou enfermo.
8. Desenvolve habilidades e destrezas que permitan realizar as técnicas básicas de enfermería.
9. Coñece e mostra unha actitude de respecto fronte aos dereitos de información, autonomía e consentimento informado do paciente.
10. Identifica as fontes de información de interese en ciencias da Enfermería e xestiona o seu contido.
11. Desenvolve a capacidade de aprendizaxe autónoma.
ESCENARIO 1: Normalidade adaptada
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
1. DOCENCIA EXPOSITIVA: explicaranse os contidos teóricos dos distintos módulos da materia.
2. DOCENCIA INTERACTIVA:
2a. SEMINARIOS: destinados ao reforzo e aplicación práctica dos contidos teóricos, mediante a participación activa do estudante, fomentando o seu pensamento crítico. Consistirán, entre outras actividades, na realización e exposición de traballos relacionados cos contidos teóricos dos diferentes módulos: discusión en grupos de casos clínicos e aplicación do P.A.E., coidados básicos de Enfermería, modelos e teorías enfermeiras.
2b. LABORATORIOS: realización de prácticas en laboratorio para adquisición de habilidades básicas de enfermería mediante emprego de material específico e simuladores para a realización e aprendizaxe das técnicas contidas no módulo 5.
Utilización das ferramentas proporcionadas polas USC para o seguimento da materia e comunicación co alumnado.
A información relativa aos escenarios 2 e 3 figura no apartado "Observacións".
ESCENARIO 1: Normalidade adaptada
As probas finais terán carácter presencial.
A avaliación realizarase de forma continua e global mediante os seguintes criterios e ferramentas:
DOCENCIA TEÓRICA: avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos da materia por medio de probas obxectivas. Terá un valor na nota final do 60%. Na 2ª oportunidade o estudante deberá examinarse de toda a docencia teórica.
DOCENCIA INTERACTIVA: mediante avaliación continua:
1.-SEMINARIOS: A asistencia a seminarios é obrigatoria. Avaliarase:
- A estrutura, calidade do contido, bibliografía empregada, presentación e exposición das actividades propostas polo docente sobre diferentes aspectos da materia.
- A participación activa e actitude do alumnado.
Os seminarios terán un valor na nota final do 20%.
2.-PRÁCTICAS DE LABORATORIO: a asistencia a prácticas é obrigatoria, sendo imprescindible ter o 90% de asistencia para poder superar a materia. Valorarase o cumprimento de horarios, asistencia, participación, coñecementos, actitud e aptitudes. A avaliación das prácticas de laboratorios terá un valor na nota final do 20%.
CONSIDERACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN
1.-O ensino desta titulación é de tipo presencial, sendo obrigatoria a asistencia ás clases, tanto expositivas como interactivas. En caso de falta por causa de forza maior, xustificarase debidamente. A non asistencia a clases expositivas, seminarios e prácticas, repercutirá na non superación da materia.
2.-Aplicarase exención de docencia (nos casos determinados polo centro) nas clases expositivas pero non nas interactivas.
3.-Para aprobar a materia será necesario superar tanto a docencia teórica como os seminarios e as prácticas de laboratorio.
4.-Valorarase a actitude do estudante, achegas de interese, participación, traballo en equipo, comportamento e respecto cara ao/a profesor/a e resto de compañeiros/as, así como o cumprimento de horarios.
5.-Cando o alumno/a non se presente á proba final escrita considerarase non presentado.
6.-Na proba da 2ª oportunidade manterase a avaliación continuada da docencia interactiva.
7.-A asistencia aos seminarios e prácticas de laboratorios é requisito preceptivo para superar a materia. O número máximo de faltas non xustificadas ao longo do curso académico é de 1 nos seminarios e 1 nas prácticas de laboratorio.
8.-Xustificación das faltas. Para considerar unha falta como xustificada debe presentarse ao profesor/a responsable da materia (nun prazo máximo de 1 semana dende o día da ausencia) un documento que acredite debidamente a causa da falta. Cando a ausencia se deba a unha actividade programada (por exemplo, unha cita médica) o estudante deberá comunicarllo con antelación suficiente ao profesor/a responsable para tratar de recuperar a falta mediante unha sesión alternativa (por exemplo, con outro grupo de seminario/laboratorio).
9.-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A información relativa aos escenarios 2 e 3 figura no apartado "Observacións".
Cada ECTS equivale a 25h, das cales 17 corresponden a traballo autónomo do alumnado e 8h a docencia presencial.
Por cada hora de docencia expositiva e interactiva, considérase necesario dedicar ao estudo 1,5 horas e 1,5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
- Seguimento diario das distintas actividades a realizar.
- Establecer nexos entre os contidos teóricos das clases expositivas e as observacións e intervencións realizadas nas interactivas.
- Ter acceso ás ferramentas telemáticas de seguimento da materia.
- Utilizar as titorías para resolver dúbidas sobre a materia.
PLAN DE CONTINXENCIA
Adaptacións correspondentes aos escenarios 2 e 3.
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO (restricións parciais á presencialidade física)
IMPLICACIÓNS DOCENTES
- A docencia presencial convivirá coa virtual en función das recomendacións do centro.
- Cando a docencia sexa de carácter telemático realizarase de forma síncrona e asíncrona (con preferencia polos mecanismos síncronos).
- Priorizarase a programación de titorías por vía telemática.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
- As actividades “en remoto” programaranse ao longo do período de docencia, combinando tarefas individuais con traballo colaborativo. O seguimento das actividades propostas, envío de materiais e comunicación co alumnado da materia realizarase mediante a utilización das ferramentas institucionais da USC (Correo electrónico, Campus Virtual e Microsoft Teams)
- As actividades centralizaranse no Campus Virtual da USC realizándose funcións de carácter:
*Técnico (Instrucións ao alumnado)
*Académico (Entrega de materiais, aclarar conceptos, e proporcionar retroalimentación)
*Organizativo (Calendario de actividades, axuda e organización dos traballos en grupo e xestión de foros de discusión)
*Orientador (Seguimento da actividade do alumnado)
- A participación e seguimento das actividades propostas a través do Campus Virtual é obrigatoria
- Para garantir a protección de datos de carácter persoal nas actividades “en remoto” utilizaranse os sistemas definidos a nivel institucional (Correo electrónico, Campus Virtual e Microsoft Teams). Asimesmo, os materiais empregados deben cumprir coas normativas relativas á propiedade intelectual e protección de datos.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
- Actividades propostas: As actividades propostas e a súa ponderación na nota final serán indicadas no apartado de Metodoloxía da ensinanza. No caso de que o centro determine que a docencia expositiva e/ou interactiva teña que realizarse de forma non presencial as actividades adaptaranse ás ferramentas dispoñibles para o seguimento telemático da docencia.
- As probas fináis serán de carácter telemático e complementarias á avaliación continua.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
IMPLICACIÓNS DOCENTES
- A docencia e seguimento da materia será completamente de carácter virtual mediante mecanismos síncronos e asíncronos (Con preferencia polos mecanismos síncronos).
- A programación das titorías será exclusivamente por vía telemática.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
- As actividades “en remoto” programaranse ao longo do período de docencia, combinando tarefas individuais con traballo colaborativo. O seguimento das actividades propostas, envío de materiais e comunicación co alumnado da materia realizarase mediante a utilización das ferramentas institucionais da USC (Correo electrónico, Campus Virtual e Microsoft Teams).
- As actividades centralizaranse no Campus Virtual da USC realizándose funcións de carácter:
*Técnico (Instrucións ao alumnado)
*Académico (Entrega de materiais, aclarar conceptos, e proporcionar retroalimentación)
*Organizativo (Calendario de actividades, axuda e organización dos traballos en grupo e xestión de foros de discusión)
*Orientador (Seguimento da actividade do alumnado).
- A participación e seguimento das actividades propostas a través do Campus Virtual é obrigatoria.
- Para garantir a protección de datos de carácter persoal nas actividades “en remoto” utilizaranse os sistemas definidos a nivel institucional (Correo electrónico, Campus Virtual e Microsoft Teams). Asimesmo, os materiais empregados deben cumprir coas normativas relativas á propiedade intelectual e protección de datos.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
- Actividades propostas: As actividades propostas e a súa ponderación na nota final serán as indicadas no apartado de Metodoloxía da ensinanza. Estas actividades adaptaranse ás ferramentas dispoñibles para o seguimento telemático da docencia.
- As probas finais serán de carácter telemático e complementarias á avaliación continua.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A presente programación foi elaborada segundo as indicacións do “Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-2022” aprobado na sesión ordinaria do Consello de Goberno celebrada o día 30 de abril de 2021.
Ana María Míguez Freire
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Teléfono
- 881812040
- Correo electrónico
- anamaria.miguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Maria Mercedes Gonzalez Peteiro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Marcos Pazos Couselo
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- marcos.pazos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Raquel Rodriguez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cristina Jorge Soto
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- cristina.jorge [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3.01 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 2.03 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3.01 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 2.03 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3.01 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 2.03 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3.01 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 2.03 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3.01 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 2.03 |
20.05.2022 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
20.05.2022 11:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
20.05.2022 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
20.05.2022 11:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
27.06.2022 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3.01 |
27.06.2022 11:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3.01 |
27.06.2022 11:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3.02 |
27.06.2022 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3.02 |