Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Proporcionar ao alumnado coñecementos sobre o medioambiente, os seus constituíntes, a súa dinámica e vías de contaminación, e favorecer que comprenda e estableza as relacións entre saúde ambiental e saúde humana.
A materia articúlase en oito temas, que se traballarán nas clases expositivas e interactivas.
Tema 1. Introdución ao coñecemento do medioambiente.
Tema 2. Medio atmosférico. Composición da atmosfera. Dinámica atmosférica.
Tema 3. Contaminación atmosférica. Incidencia da contaminación atmosférica na saúde humana.
Tema 4. Medio hídrico. Ciclo da auga e os seus compoñentes.
Tema 5. Contaminación das augas. Problemas ambientais e sanitarios derivados desa contaminación.
Tema 6. Medio terrestre. O solo: composición, organización e funcións. Reactividade do solo. Saúde do solo.
Tema 7. Contaminación de solos. Problemas ambientais e sanitarios derivados da aplicación de agroquímicos e da contaminación por metais pesados.
Tema 8. Xestión de residuos. Tipos de residuos e principais sistemas de xestión. Aspectos ambientais e sanitarios
Bibliografía xeral (non hai bibliografía básica para esta materia)
Baird, C.; Cann, M. Química Ambiental. Editorial Reverté. 5ª Edición. 2014.
Brady, Nyle C. The nature and properties os soils. Upper Saddle River, N.J.: Pearson Prentice Hall, cop. 2008. 965 p.
Henry, J. G; Heinke, G.W. Ingeniería Ambiental. Prentice Hall.2ª Edición. 1996.
Holgate, S.T.; Samet, J.M.; Koren, H.S.; Maynard, R.L. (Editors). Air pollution and health. Academic Press. London. 1999. 1065 pp.
Martin Vide, J. Fundamentos de climatología analítica. Ed. Sintesis S.A. Madrid. 1991. 158 p.
Peirce, J. Jeffrey. Environmental pollution and control. Ed. Butterworth-Heinemann. MA. USA. 4ª edición 1998. 392 pp.
Pérez López y Espigares García, Estudio Sanitario del agua. Servicio de Publicaciones Universidad de Granada.
Porta, Acevedo y Roquero, Edafología para la Agricultura y el Medio Ambiente. Ediciones Mundi-Prensa. 3ª edición 2003. Madrid. 929 pp.
Sanz Sá, J. M. La contaminación atmosférica. Unidades temáticas ambientales. MOPT, Centro de publicaciones. Madrid. 1991.
Tchobanouglous, G., H. Theisen, S.A. Vigil, Gestión integral de residuos sólidos. McGraw Hill. 1996.
VVAA. Manual de contaminación ambiental. Ed Fundación MAFRE. Madrid 1994.
Wark, K.; Warner, F. Contaminación del aire: origen y control. Ed. Limisa. México. 1999.
Competencias xerais:
Dentro das propias do plan de estudos traballaranse especialmente:
9. Intervir nas actividades de promoción da saúde e prevención da enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario, cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
12. Levar a cabo análises hixiénico-sanitarias, especialmente as relacionadas cos alimentos e o medioambiente.
Competencias específicas:
Q10. Coñecer os principios e procedementos para a determinación analítica de compostos: técnicas analíticas aplicadas á análise de auga, alimentos e medio ambiente.
MF14. Coñecer as técnicas analíticas relacionadas con diagnóstico de laboratorio, tóxicos, alimentos e medioambiente.
LS01. Coñecer os fundamentos da saúde pública e intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade nos ámbitos individual e colectivo, e contribuír á educación sanitaria, recoñecendo os determinantes de saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
Competencias transversais:
CI03: Coñecementos xerais básicos
CS01: Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica
CS03: Capacidade de aprender
CP01: Capacidade crítica e autocrítica
Escenario 1 (sen restricións á presencialidade física)
Clases expositivas
Clases maxistrais presenciais en aula, propiciando a intervención do alumnado.
Clases interactivas
Seminarios: Presenciais en aula. Traballo do alumno baixo a tutela do profesor para estudar con detalle aspectos importantes da materia; resolución de casos prácticos, problemas e cuestións.
Titorías: para o seguimento personalizado do alumno, presenciais en aula o telemática, utilizando as plataformas virtuais a disposición na USC e o correo electrónico.
Escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física)
As actividades expositivas desenvolveranse de forma telemática síncrona. Os seminarios desenvolveranse de xeito presencial na aula. As titorías poderán ser presenciais en aula o telemáticas síncronas e asíncronas, utilizando as plataformas virtuais a disposición na USC e o correo electrónico.
Escenario 3 (peche das instalacións)
A docencia expositiva pasa a ser telemática síncrona, impartida mediante sesións virtuais empregando Microsoft Teams, e asíncrona mediante a plataforma Moodle, na que se ofrecen presentacións en pdf ou documentos en Power Point gravados, documentos para lectura, enlaces web, cuestionarios e vídeos. A docencia interactiva (seminarios) será impartida mediante sesións síncronas en Teams, e a proposta de actividades e entrega de tarefas en Moodle. As titorías resólvense mediante reunións síncronas mediante Teams e asíncronas mediante foros de Moodle, así como mediante consulta ao profesorado por correo electrónico.
Sistema de avaliación
A avaliación das competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
1. No exame:
- Competencias xerais 9 e 12.
- Competencias específicas Q10, MF14, LS01.
- Competencias transversais: CI03, CS03.
2. Nas clases interactivas:
- Competencias xerais 9 e 12.
- Competencias específicas Q10, MF14, LS01.
- Competencias transversais: CI03, CS01, CS03, CP01.
Criterios e instrumentos de avaliación
1- Coñecementos teóricos e prácticos da materia: resultado do exame final; porcentaxe da cualificación final: 60 %.
2- Seguimento e aproveitamento da materia: resultados dos controis periódicos e das actividades propostas; porcentaxe da cualificación final: 40 %.
Para a avaliación da segunda oportunidade realizarase un exame; a cualificación final calcularase do mesmo modo descrito para a primeira oportunidade (60 % criterio 1 + 40 % criterio 2).
A petición dos estudantes interesados, gardarase, unicamente para o seguinte curso, a avaliación do criterio 2 cando supere o 50 % da cualificación máxima que se pode outorgar.
Nos escenarios 2 e 3 a realización do exame final e cuestionarios, así como a achega de tarefas, faranse de xeito virtual, empregando a plataforma Moodle.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
-Traballo presencial:
Clases expositivas: 23 horas
Clases interactivas (seminarios): 18 horas
Clases interactivas (titorías): 2 horas
Exames e revisión: 2 horas
Total horas traballo presencial: 45 horas
-Traballo persoal do estudante:
Estudo autónomo: 51 horas
Resolución de casos prácticos e exercicios:12 horas
Orientación e resolución de dúbidas: 3 horas
Revisión do exame: 1,5 horas
Total horas traballo persoal do alumnado: 67,5
Horas totais de dedicación: 45 +67,5 =112,5 horas
Asistencia ás clases expositivas (presenciais o virtuais) de forma habitual; asistencia e participación en clases interactivas (presenciais o virtuais); utilización dos recursos dispoñibles na plataforma virtual; consulta da bibliografía e realización das actividades complementarias suxeridas; asistencia a titorías para resolver as dificultades.
Plan de contingencia
Seguindo as Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021, todas as actividades docentes a desenvolver na materia adáptanse aos diferentes escenarios probables.
Escenario 1 (sen restricións á presencialidade física)
Docencia de actividades expositivas e interactivas presenciais en aula; avaliación mediante exame final presencial en aula; avaliación continua síncrona e asíncrona mediante cuestionarios e tarefas, mediante a plataforma Moodle.
Escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física)
As actividades expositivas e de seminarios desenvolveranse de forma síncrona, de xeito telemático, no caso das actividades expositivas, e na aula, no caso das interactivas. A realización do exame final, e a avaliación continua mediante cuestionarios e a achega de tarefas, faranse de xeito virtual, empregando a plataforma Moodle.
Escenario 3 (peche das instalacións)
A docencia expositiva impártese de forma virtual, de forma síncrona empregando Microsoft Teams, completada con presentacións de pdf dispoñibles en na plataforma Moodle e información complementaria, en forma de documentos para lectura, enlaces web, test e vídeos. A docencia interactiva (seminarios) se imparte mediante e sesións síncronas de Teams, e a proposta de actividades e tarefas dispoñibles en Moodle. As titorías resólvense mediante reunións síncronas mediante Teams e asíncronas mediante foros de Moodle, así como mediante consulta ao profesorado por correo electrónico. A Bibliografía substitúese pola bibliografía on line proposta nas presentacións e actividades complementarias dispoñibles en Moodle e Teams. As recomendacións para o estudo da materia inclúen a utilización da plataforma virtual Moodle, a participación en reunións de Teams, a consulta da bibliografía accesible, a realización das actividades complementarias suxeridas e a participación nas titorías on line para resolver as dificultades. A realización do exame final e cuestionarios, e a achega de tarefas, farase de xeito virtual, empregando a plataforma Moodle.
Beatriz Loreto Prieto Lamas
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881814594
- Correo electrónico
- beatriz.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Teresa Del Carmen Barral Silva
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881815041
- Correo electrónico
- mteresa.barral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Remigio Paradelo Nuñez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881815042
- Correo electrónico
- remigio.paradelo.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |