Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana, Histoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
1.- Adquirir os coñecementos morfolóxicos básicos nos que se fundamentan as ciencias da saúde.
2.- Comprender e recoñecer a estrutura normal do corpo humano, a nivel celular, tisular e orgánico nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
3.- Coñecer, comprender e ser capaz de aplicar adecuadamente a terminoloxía anatómica (nómina anatómica) que lle permitirá coñecer as bases da linguaxe científica propio das ciencias da saúde.
4.- Coñecer os métodos básicos para o estudo microscópico.
I. Clases expositivas
BLOQUE TEMÁTICO I: CITOLOXÍA
Tema 1. a célula como unidade básica da vida.
Tema 2. Membrana plasmática: Estrutura e función. Transporte a través da membrana
Tema 3. Citoesqueleto
Tema 4. Compartimentación celular I: Retículo endoplasmático e Complexo de Golgi.
Tema 5.Compartimentación celular II: Endosomas, Lisosomas, Peroxisomas e Mitocondrias.
Tema 6. Compartimentación celular III: Núcleo e Ribosomas
Tema 7. División e Morte celular
BLOQUE TEMÁTICO II: HISTOLOXÍA
Tema 8. - Tecido epitelial. Tecido conxuntivo. Tecido muscular. Tecido nervioso
Tema 9. - Aparato circulatorio. Corazón e vasos
Tema 10. - Estrutura xeral do tubo dixestivo
Tema 11. -Fígado e páncreas.
Tema 12. - Ril e vexiga
Tema 13. - Aparato respiratorio
BLOQUE TEMÁTICO III: ANATOMÍA
Tema 14.- Xeneralidades. Conceptos anatómicos fundamentais: terminoloxía, sistemas corporais e ontoxenia.
Tema 15.- Aparato locomotor I: osteoloxía.
Tema 16.- Aparato locomotor II: artroloxía
Tema 17.- Aparato locomotor III: mioloxía
Tema 18.- Aparato circulatorio I: xeneralidades. Anatomía do corazón. Configuración externa e interna e estrutura cardíaca. Sistema cardionector. Vascularización e inervación cardíaca.
Tema 19.- Aparato circulatorio II: sistemas arterial, venoso e linfático.
Tema 20.- Aparato respiratorio. Xeneralidades. Vías respiratorias. Pulmóns e pleuras.
Tema 21.- Aparato dixestivo I. Organización xeral. Boca. Farinxe. Esófago. Estómago.
Tema 22.- Aparato dixestivo II. Intestino delgado. Intestino groso. Glándulas Anexas: fígado, vías biliares, páncreas. Bazo. Vascularización e inervación.
Tema 23.- Aparato urinario. Ril. Vías excretoras. Vascularización e inervación.
Tema 24.- Aparato reprodutor masculino e feminino.
Tema 25.- Sistema nervioso I: organización xeral. Sistema nervioso central e periférico. Sistema nervioso somático e autónomo ou vexetativo. Meninxes. Líquido cefalorraquídeo. Barreira hematoencefálica.
Tema 26.- Sistema nervioso II: Medula espinal. Organización xeral. Morfoloxía externa e interna. Raíces e pares raquídeos.
Tema 27.- Sistema nervioso III: Tronco do encéfalo. Bulbo raquídeo, protuberancia e mesencéfalo. Formación reticular e pares craniais. Cerebelo. IV ventrículo.
Tema 28.- Sistema nervioso IV: Cerebro. Diencéfalo e telencéfalo. III, II e I ventrículos.
Tema 29.- Sistema nervioso V. Sistema nervioso vexetativo simpático e parasimpático.
II Clases Interactivas
BLOQUE TEMÁTICO I: CITOLOXÍA
Seminarios: Traballos académicos en grupo
Prácticas de laboratorio:
P1: O microscopio óptico: Nomenclatura e instrucións para o seu manejo.
P2: Estudio de células libres: Preparación de unha extensión de sangue.
P3: Estudio da Mitose a través de preparacións microscópicas.
P4: Estudio de cromosomas metafásicos humans e observación do corpúsculo de Barr.
BLOQUE TEMÁTICO II: HISTOLOXÍA
Seminarios: Técnicas Histolóxicas: Procesamento de mostras; estudo microscópico dos tecidos básicos.
Prácticas de laboratorio:
P1: Tinguidura Hematoxilina-Eosina. Principais órganos que participan nas vías de absorción: Tubo Dixestivo, Pulmón, Pel.
P2: Órganos e sistemas integrantes das vías de eliminación: Fígado, Ril.
BLOQUE TEMÁTICO III: ANATOMÍA
Seminarios:
-Anatomía funcional do fígado. Circulación portal hepática: papel na administración de fármacos.
-Anatomía funcional da motricidade e a sensibilidade. Órganos dos sentidos.
Prácticas de laboratorio:
(Sala de disección anatómica. Facultade de Medicina)
P1.- Aparato locomotor de cabeza, tronco e extremidades superiores e inferiores.
P2.- Esplacnoloxía. Órganos torácicos. Corazón. Grandes vasos. Pulmóns e pleuras. Maquetas e preparacións anatómicas.
P3.- Esplacnoloxía. Órganos abdomino-pélvicos. Cavidade abdominal e o seu contido. Peritoneo. Cavidade pélvica e o seu contido. Maquetas e preparacións anatómicas.
P4.- Sistema nervioso. Morfoloxía da medula espiñal e o encéfalo en maquetas e preparacións anatómicas.
I. Bibliografía básica
BLOQUE TEMÁTICO I. CITOLOGÍA
1. Calvo A. Biología Celular Biomédica. 1ª ed. Elsevier; 2015
2. Paniagua R. Biología celular y molecular. 4ª ed. McGraw-Hill; 2017
BLOQUE TEMÁTICO II. HISTOLOGÍA
1.- Young B, Woodford P, O'Dowd G. WHEATER. Histología Funcional. 6ª ed. Elsevier; 2014.
2.- Lowe J, Anderson P, Anderson S. STEVENS Y LOWE. Histología Humana. 5ª ed. Elsevier; 2020.
BLOQUE TEMÁTICO III. ANATOMÍA
1. Suárez Quintanilla JA, Iturrieta Zuazo I, Rodríguez Pérez AI et al. Anatomía humana para estudiantes de Ciencias de la Salud. Elsevier; 2017
2. Hansen JT. NETTER. Cuaderno de Anatomía para Colorear. 2ª ed. Elsevier; 2015
Atlas de anatomía aconsejados
3.- Netter, F. H., Atlas de Anatomía Humana. 7ª ed. Elsevier; 2019.
II. Bibliografía complementaria
1.- Karp G. Biología celular y molecular. Conceptos y experimentos. 7ª ed. McGraw-Hill; 2017.
2.- Pawlina W. ROSS. Histología. Texto y Atlas. Correlación con Biología celular y Molecular. 8ª ed. Wolters Kluwer; 2020
3.- Kierszenbaum A, Tres L. Histología y Biología Celular. Introducción a la anatomía Patológica. 5a ed. Elsevier; 2020.
4.- Drake RL, Mitchell AMW, Vogl AW. GRAY Anatomía para estudiantes. 4a ed. Elsevier; 2020.
Competencias básicas e xerais:
As 5 competencias básicas descritas na memoria do grado de farmacia (CB1-CB5), así como as competencias xerais CG2-MóduloMF y CG1-MóduloMF.
Competencias transversais.
CI01, CI02, CI03, CI05, CI07, CI08, CI09, CP01, CP05, CP07, CS01, CS02, CS03, CS05, CS08, CS12.
Competencias específicas:
B01, LS01, B05, B07, B09, MF02, MF04, MF05, MF12, MF14, LS03, LS06, LS08
Escenario 1
- Docencia Expositiva: O profesor expoñerá os contidos do programa con apoio de medios audiovisuais e informáticos, destacando os apartados máis importantes e a bibliografía. Ademais, poderase propoñer a realización de cuestionarios e exercicios sobre os contidos teóricos.
- Docencia interactiva: Nos seminarios, os alumnos, de maneira individual e/ou en grupos reducidos e coa axuda do profesor, responderán cuestións e/ou farán exercicios ou traballos sobre aplicación dos contidos teóricos. Ademais, proxectaranse imaxes que deben ser interpretadas polo estudantado coa axuda do docente,
-Nas prácticas trátase de observar, describir e recoñecer microscopicamente as diferentes células e tecidos, tanto mediante microscopía óptica como electrónica, así como identificar sobre as imaxes, maquetas, preparacións anatómicas e sobre o cadáver os diferentes órganos e aparatos. Nas prácticas de anatomía o alumno dispoñerá dun manual orientativo do traballo.
A materia dispoñerá dunha aula virtual na que o alumnado poderá dispoñer de material didáctico e imaxes dixitalizadas de apoio. Ademais, na aula virtual establecerase un foro de titoría pública.
Escenario 2
Combinarase docencia presencial e en remoto a fin de promover as medidas de distanciamento social en vigor nese momento. Para iso, empregaranse ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3
A docencia será exclusivamente virtual, empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams)
A avaliación das competencias da materia realizarase a través das seguientes vías:
Escenarios 1 y 2
Os contidos do programa desenvoltos nas clases expositivas e interactivas avaliaranse mediante:
-Proba final presencial: consistirá nunha proba escrita, que incluirá cuestións sobre os contidos expositivos (60% da cualificación final) e interactivos (30% da cualificación final) (Competencias especificas: B01, LS01, B05, B07, B09, MF02, MF04, MF05, MF12, MF14, LS03, LS06, LS08. Poñendo especial atención nas competencias: B01, B07, B09, MF12)
A materia divídese en tres grandes bloques, si nalgún destes bloques non se alcanza un mínimo do 30% na proba final desa parte, non será compensable coa cualificación das outras partes, e non poderá superar a materia.
-Avaliación continua: valorarase a realización de cuestionarios, traballos e actividades durante as clases expositivas e interactivas (ata un 10% da cualificación final). Tamén poderían utilizarse para a avaliación continua os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams). Nesta parte avaliarase tanto as competencias especificas, mencionadas anteriormente, como as competencias xerais (CB1-CB5, CG1 CG2) e transversais (CI01, CI02, CI03, CI05, CI07, CI08, CI09, CP01, CP05, CP07, CS01, CS02, CS03, CS05, CS08, CS12).
O alumno non superará a materia si non asiste as clases interactivas ou non realiza as prácticas de laboratorio. Non se gardara ningunha nota de un curso a outro.
Escenario 3
As probas finais levarán a cabo empregando recursos que garantan a identificación do alumno, así como o carácter persoal da realización da proba. No caso de que non se dispoña dos medios técnicos que garantan o cumprimento destas premisas recorrerase a unha proba final oral.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo de estudo individual dos contidos do programa: 60 horas
Tempo de preparación das prácticas 20 horas
Tempo de elaboración de traballos e preparación de seminarios, 20 horas
Para un axeitado desenvolvemento das clases prácticas, é imprescindible que os estudantes preparen previamente a práctica por medio de material bibliográfico (atlas, libros, e imaxes dixitais presentadas na aula virtual). Nas prácticas será obrigatorio o uso dunha bata branca e é recomendable que se dispoña dun atlas anatómico durante as practicas de anatomía.
As titorías terán carácter presencial e/ou telemática e os recursos bibliográficos poderán ser utilizados en versión papel (escenario 1) e/ou dixital (escenario 2 e 3).
A materia dispoñerá dunha aula virtual na que os alumnos poderán dispoñer de material didáctico e imaxes dixitalizadas de apoio. Ademais, na aula virtual establecerase un foro de titoría pública para a resolución de dúbidas.
Plan de continxencia
Escenario 2
Metodoloxía docente
Combinarase docencia presencial e en remoto a fin de promover as medidas de distanciamento social en vigor nese momento. Para iso, empregaranse ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Sistema de avaliación
Tamén poderán utilizarse para avaliación continua os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3
Metodoloxía docente
A docencia será exclusivamente virtual, empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Sistema de avaliación
As probas finais levarán a cabo empregando recursos que garantan a identificación do alumno, así como o carácter persoal da realización da proba. No caso de que non se dispoña dos medios técnicos que garantan o cumprimento destas premisas recorrerase a unha proba final oral.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Rosalia Gallego Gomez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- 881812399
- Correo electrónico
- mrosalia.gallego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Bautista Cuevas Alvarez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- 881812269
- Correo electrónico
- jb.cuevas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Isabel Rodriguez Perez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812464
- Correo electrónico
- anai.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Begoña Villar Cheda
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812299
- Correo electrónico
- bego.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Lucia Garcia-Caballero Perez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- ext 12400
- Correo electrónico
- lucia.garcia.caballero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rita Valenzuela Limiñana
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- rita.valenzuela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Marina Gándara Cortés
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- marina.gandara.cortes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Pablo Garrido Gil
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- pablo.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Francisco Javier Caneiro Gómez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:10-14:10 | Grupo B2/CLIS_05 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
18:30-20:30 | Grupo C2/CLIS_08 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
Mércores | |||
12:10-14:10 | Grupo B1/CLIS_04 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
18:30-20:30 | Grupo C1/CLIS_07 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
Xoves | |||
12:10-14:10 | Grupo B3 /CLIS_06 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Química Inorgánica |
18:30-20:30 | Grupo C3 /CLIS_09 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Química Inorgánica |