Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 43 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A Biofarmacia e Farmacocinética II abarca o estudo dos procesos asociados ao tránsito dos medicamentos no organismo; Liberación, Absorción, Distribución, Metabolización e Excreción (LADME). O contido do programa estructurouse co obxectivo de que o alumno adquira unha formación básica sobre as características anatomofisiolóxicas das distintas vías de administración e os procesos de LADME, o que lle debe permitir valorar as posibilidades para a administración de fármacos de distinta natureza.
Programa de clases expositivas (30h)
Bloque 1. Introducción
Tema 1. Biofarmacia. Concepto, evolución histórica e relación coa Tecnoloxía Farmacéutica e a Farmacocinética (1 hora).
Tema 2. Procesos básicos. Liberación, absorción, distribución e eliminación de fármacos. Concepto de etapa limitante. Curva niveles plasmáticos-tempo. Biodisponibilidad e bioequivalencia (1 hora).
Tema 3. Liberación de fármacos a partir de formas farmacéuticas. Caracterización cinética do proceso de liberación: parámetros utilizados. Liberación e biodisponibilidad de fármacos. Correlaciones in vivo-in vitro (2 horas).
Tema 4. Absorción de fármacos. Paso a través de membranas biolóxicas. Estrutura das membranas e epitelios. Mecanismos de paso a través de membranas: Factores que o condicionan. Clasificación biofarmacéutica de fármacos (2 horas).
Bloque 2. Vías de administración
Administración por vías mucosas
Tema 5. Administración oral. Características anatomofisiolóxicas do tracto gastrointestinal. Factores que inflúen na absorción intestinal de fármacos. Absorción sanguínea e linfática. Factores que inflúen no acceso e retención de fármacos a nivel colónico (3 horas).
Tema 6. Administración rectal. Características anatomofisiolóxicas do recto. Aspectos biofarmacéuticos (1 hora).
Tema 7. Administración bucal e sublingual. Características anatomofisiolóxicas da cavidad bucal. Aspectos biofarmacéuticos (1 horas).
Tema 8. Administración por vías respiratorias. Administración nasal. Administración pulmonar. Características anatomofisiolóxicas. Aspectos biofarmacéuticos (2 horas).
Tema 9. Administración oftálmica. Características anatomofisiolóxicas. Aspectos biofarmacéuticos (1 hora).
Tema 10. Administración vaginal. Características anatomofisiolóxicas. Aspectos biofarmacéuticos (1 horas).
Administración sobre a pel
Tema 11. Características anatomofisiolóxicas da pel. Administración tópica e transdérmicas. Aspectos biofarmacéuticos (1 horas).
Administración parenteral
Tema 12. Administración polas vías iv, intramuscular e subcutánea. Aspectos biofarmacéuticos (1 hora)
Bloque 3. Distribución
Tema 13. Dinámica da distribución: modelo de Kety. Magnitude do proceso de distribución: volume aparente de distribución (3 horas).
Tema 14. Unión a proteínas plasmáticas. Características da unión fármaco-proteína. Unión a compoñentes tisulares (2 horas)
Tema 15. Distribución a zonas especiais: (I) Distribución ao sistema nervioso central. (II) Distribución feto-placentaria (2 horas).
Bloque 4. Eliminación
Tema 16. Concepto de aclaramiento e razón de extracción. Influencia do fluxo sanguíneo, unión a proteínas e actividade do órgano de eliminación sobre o aclaramiento. Vida media de eliminación (2 horas).
Tema 17. Biotransformación. Localización de procesos de biotransformación. Reaccións de biotransformación. Efecto de primeiro paso: predicciones (1 hora).
Tema 18. Excreción renal. Mecanismos de excreción renal. Aclaramiento renal e factores que o condicionan (1 hora).
Tema 19. Outras vías de excreción. Excreción biliar e ciclo enterohepático. Excreción en saliva. Excreción en leite materna (1 hora).
Bloque 5. Relación Biofarmacia-Farmacocinética
Tema 20. Procesos dose-dependente. Procesos saturables a nivel de absorción, distribución, metabolización e excreción. Cronofarmacocinética (1 hora).
Programa de clases interactivas (20h):
Nelas os alumnos discutirán e resolverán cuestións e problemas relacionados coa materia sobre a que traballarían previamente. Este material, nalgúns casos, estará dispoñible na páxina web da asignatura e noutros será proporcionado polo profesor na clase interactiva correspondente. Ao bloque 1 destinásense 4 horas de seminario, ao bloque 2, 3 e 4, 5 horas de seminario e ao bloque 5, 1 hora de seminario. Ademais destas cuestións valorarase a realización de traballos en equipo que terán relación co contido da materia.
Programa de clases prácticas (6h)
Práctica 1. Estudo de bioequivalencia de dous formulaciones (4 h)
Práctica 2. Estudo da permeabilidad de fármacos a través de barreiras (2h)
Básica
DOMENECH J., MARTÍNEZ J. y PERAIRE C. Tratado General de Biofarmacia y Farmacocinética. Vol. I y II. Síntesis. Madrid 2013.
SHARGEL L., WU-PONG S. AND YU A.B.C. Applied Biopharmaceutics and Pharmacokinetics, 6th Ed. McGrawHill, New York 2014
Complementaria
WASHINGTON N., WASHINGTON C. y WILSON C.G. Physiological Pharmaceutics: Barriers to Drug Absorption, 2ª Ed. Ellis Horwood. Chichester 2001
ROWLAND M. y TOZER T.N. Clinical Pharmacokinetics: Concepts and Applications, 3ª Ed. Lea & Febiger. Philadelphia 1995
RITSCHEL W.A. y KEARNS G.L. Handbook of Basic Pharmacokinetics, 6ª Ed. APhA. Washington 2004
MACHERAS P., REPPAS C. y DRESSMAN J., Biopharmaceutics of orally administered drugs, Ellis Horwood. London 1995
AGUILAR ROS A., CAAMAÑO SOMOZA M., MARTÍN MARTÍN F.R. y MONTEJO RUBIO M.C. Biofarmacia y Farmacocinética. Ejercicios y problemas resueltos. Elsevier. Barcelona 2008.
Competencias xerais.
Deseñar e preparar medicamentos, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario de uso humano ou veterinario.
Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención de enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario; cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
Desenvolver habilidades de comunicación e información, orais e escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ao autoaprendizaje de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
Competencias específicas.
TF01. Deseñar, optimizar e elaborar as formas farmacéuticas garantindo a súa calidade, incluíndo a formulación e control de calidade de medicamentos, o desenvolvemento de fórmulas magistrales e preparados oficinales.
TF03 Coñecer os procesos de liberación, absorción, distribución, metabolismo e excreción de fármacos, e factores que condicionan a absorción e disposición en función das súas vías de administración.
FT05 Coñecer as propiedades físico-químicas e biofarmacéuticas dos principios activos e excipientes así como as posibles interaccións entre ambos.
TF08 Determinación da biodisponibilidad e da bioequivalencia e factores que as condicionan.
B09 Coñecer as principais rutas metabólicas que interveñen na degradación de fármacos.
Competencias transversales.
CI01 Capacidade de análise e síntese.
CI03 Coñecementos xerais básicos.
CI04 Coñecementos básicos da profesión.
CI09 Resolución de problemas.
CI10 Toma de decisións.
CP01 Capacidade crítica e autocrítica.
CP02 Traballo en equipo.
CP05 Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
CP06 Apreciación da diversidad e multiculturalidad.
CS01 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
CS03 Capacidade de aprender.
CS11 Preocupación pola calidade
Clases expositivas, interactivas e tutorías.
No escenario 1: As clases expositivas serán presenciais. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Nas clases interactivas (seminarios), o alumno debe participar activamente de distintas formas: resolución de exercicios na aula, exposición de traballos, probas de avaliación, etc. Tanto o profesor como os alumnos poden contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos na aula. Para as clases prácticas de laboratorio, o alumno dispoñerá dun manual de prácticas que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas para realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía para seguir e a indicación dos cálculos para realizar e resultados a presentar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas lendo atentamente o contido deste manual. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos reducidos, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando os resultados, que serán avaliados.
No escenario 2: As clases expositivas e interactivas serán presenciais para un número de alumnos que, en función da capacidade da aula, poidan cumprir coas normas de seguridade que se establezan. Para o resto dos alumnos serán non presenciais síncronas. Os alumnos iranse turnando entre estes dous tipos de ensino. Pode ser que, por causas sobrevindas, algunha das clases desenvólvase de forma asíncrona, o que se comunicará ao alumnado con anterioridade. As clases prácticas serán presenciais e no caso de ter que reducir o tamaño dos grupos de prácticas, procurarase que todos os alumnos realicen, polo menos, o 50% das prácticas. As titorías levarán a cabo de maneira telemática e requirirán cita previa.
No escenario 3: As clases expositivas, interactivas e titorías serán non presenciais, a través de medios informáticos e audiovisuais institucionais: Office 365 e Moodle (Campus Virtual). As clases prácticas substituiranse coa realización de actividades non presenciais relacionadas co contido das clases prácticas.
O exame final da materia realizarase de forma presencial (preferentemente) ou por vía telemática en función da situación sanitaria na que nos atopemos.
No escenario 1, a avaliación consistirá en:
Exámen escrito (T).
O exame final da asignatura, que se celebrará na data recollida na guía do curso correspondente da Facultade de Farmacia, constará de preguntas tipo test, cuestións de resposta breve e resolución de problemas. O exame valorarase entre 0-10 puntos e requírese unha cualificación mínima de 4 puntos. A cualificación obtida no exame representa o 70% da cualificación final. No caso dos alumnos que teñan exención de asistencia a clase a calificación do examen escrito poder representar o 90% da cualificación final.
Avaliación dos seminarios (S)
Se evaluará a participación activa nos seminarios. Esta avaliación levarase a cabo mediante o seguimiento da resolución das cuestións e problemas suscitados en clase, a presentación de traballos e a intervención en debates que se poidan suscitar. A cualificación máxima será de 2 puntos, e representará o 20% da cualificación final. A cualificación manterase en convocatorias sucesivas si o alumno así o desexa.
Avaliación de prácticas (P).
Se evaluará a participación activa nas prácticas. Esta avaliación levarase a cabo mediante o seguimiento do coñecemento previo e da súa intervención na realización da práctica. Ademais, no transcurso ou ben unha vez finalizadas as prácticas procederase á avaliación do coñecemento adquirido. A cualificación máxima será de 1 punto, e representará o 10% da cualificación final. A cualificación manterase en convocatorias sucesivas si o alumno así o desexa.
Cualificación final (CF).
A cualificación final da asignatura obterase sumando o correspondente a cada un dos apartados anteriores:
CF = 0.7xT 0.2xS 0.1xP
A asignatura apróbase si a cualificación final é igual ou superior a 5 e, a condición de que a cualificación obtida en cada un dos apartados sexa de polo menos 4 puntos sobre 10.
No escenario 2 a avaliación consistirá na realización dunha proba final non presencial (coa mesma estrutura que o exame presencial) que contabilizará o 70% da cualificación final e o 30% restante correspóndese cunha avaliación continua realizada durante a celebración das clases interactivas e das clases prácticas.
No escenario 3 a avaliación consistirá na realización dunha proba final non presencial (coa mesma estrutura que o exame presencial) que contabilizará o 70% da cualificación final e o 30% restante correspóndese cunha avaliación continua realizada durante a celebración das clases interactivas e das diferentes actividades que substitúen ás clases prácticas. Neste caso, esixirase a adopción dunha serie de medidas que requirirán que o alumnado dispoña dun dispositivo con micrófono e cámara mentres non se dispoña dun software de avaliación adecuado. O alumnado pode ser requirido para unha entrevista para comentar ou explicar unha parte ou a totalidade da proba. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As horas traballo presencial no aula ou no laboratorio son 60.
As horas de traballo persoal do alumnos son 90.
O alumno deberá evitar o simple esforzo memorístico, xa que non resulta adecuado nin suficiente. Debe dirixir o estudo a conseguir comprender, razoar e relacionar os contidos da materia.
A participación activa nas clases interactivas permitirá ao alumno unha mellor comprensión de moitos dos aspectos explicados en clases de teoría, o que facilitará o estudo para o exame final.
Angel Joaquin Concheiro Nine
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881814886
- Correo electrónico
- angel.concheiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Josefa Alonso Fernandez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881815454
- Correo electrónico
- mariaj.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carmen Isabel Alvarez Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881814877
- Correo electrónico
- carmen.alvarez.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alvaro Goyanes Goyanes
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- alvaro.goyanes.goyanes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
German Berrecoso Cuña
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- german.berrecoso [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Ana María López Estévez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- anamaria.lopez.estevez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-10:30 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula virtual |
16:30-17:30 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula virtual |
Martes | |||
09:30-10:30 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula virtual |
16:30-17:30 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula virtual |
Mércores | |||
09:30-10:30 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula virtual |
16:30-17:30 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula virtual |
Xoves | |||
09:30-10:30 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula virtual |
16:30-17:30 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula virtual |
Venres | |||
09:30-10:30 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula virtual |
16:30-17:30 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula virtual |