Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Aportar o coñecemeto necesario para o uso racional das plantas medicinais nas distintas potoloxías.
PROGRAMA DE FITOTERAPIA
Tema 1
INTRODUCCIÓN Á FITOTERAPIA
Concepto de Fitoterapia. Fitomedicamento. Fitofármaco. Lexislación.
Tema 2
FORMULACIÓN EN FITOTERAPIA
Formulación de preparados en Fitoterapia. Formas de administración.
Tema 3
FITOTERAPIA EN PATOLOXÍAS DIXESTIVAS
Xeneralidades dos trastornos dixestivos.
Afecciones bucais.
Dispepsias. Antiflatulentos. Gastritis e úlceras gástricas.
Estreñimento. Diarrea.
Náuseas e vómitos. Estimulantes do apetito.
Colagogos e coleréticos. Afecciones hepáticas.
Tema 4
FITOTERAPIA EN PATOLOXÍAS DO APARATO RESPIRATORIO
Antitusíxenos e expectorantes.
Rinistis. Asma.
Tema 5
FITOTERAPIA EN PATOLOXÍAS DO APARATO XÉNITO-URINARIO
Xeneralidades.
Diuréticos. Antisépticos urinarios.
Cistite, Prostatitis e Hiperplasia prostática benigna.
Emenoloxía e menopausia.
Tema 6
FITOTERAPIA EN PATOLOXÍAS VASCULARES
Insuficiencia venosa, varices e hemorroides.
Hipertensión. Aterosclerose.
Insuficiencia cerebral. Migrañas.
Tema 7
FITOTERAPIA EN PATOLOXÍAS DO APARATO LOCOMOTOR
Tratamento de dores articulares. Artrite.
Osteoporose.
Tema 8
FITOTERAPIA EN PATOLOXÍAS DO SISTEMA NERVOSO CENTRAL
Insomnio. Ansiedade.
Depresión.
Astenia. Estrés.
Tema 9
FITOTERAPIA EN PATOLOXÍAS DA PIEL
Acné. Dermatite. Micose. Urticaria. Contusións. Queimaduras.
Coiro cabeludo: Dermatite seborreica. Alopecia.
Tema 10
FITOTERAPIA EN PATOLOXÍAS OCULARES
Blefarite, conjuntivitis e orzuelos.
Tema 11
FITOTERAPIA EN PATOLOXÍAS METABÓLICAS
Delgadez e obesidade. Hiperlipidemias. Diabetes.
Tema 12
AROMATERAPIA
Concepto. Aceites esenciais en Aromaterapia.
Bibliografía recomendada
BÁSICA
Castillo García, E y Martínez Solís I. Manual de Fitoterapia. Elsevier Doyma, S.L. Barcelona 2017
Herbal Medicines. Pharmaceutical Press, 2009
Cañigueral, S. Vila, R. y Wichtl, M. Plantas Medicinales y drogas vegetales para infusión y tisanas. Edit: OEMF International, 1988
COMPLEMENTARIA
World Health Organization. Monographs on Selected medicinal plants. Ginebra. Vol.1, 2, 3 y 4 1999, 2002, 2007 y 2009
Blumenthal-Goldberg-Brinckmann. Herbal Medicine. Expanded Commission E Monographs. 2000
Real Farmacopea Española.
Catálogo de Plantas Medicinales. Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos.
Vanaclocha, B. Cañigueral, S. Fitoterapia, Vademecum de Prescripción. Ed. Masson.
- Coñecer as plantas medicinais que forman parte dos distintos preparados comerciais.
- Desenvolver habilidades que permitan aproveitar os efectos beneficiosos das plantas nas distintas patoloxías.
- Informar das súas interaccións cando se usan con outros medicamentos.
- Informar das contraindicacións en patoloxías crónicas.
- Aconsellar sobre o bo uso das plantas medicinais.
Ao longo do curso, e sempre a través da materia do CAMPUS VIRTUAL da USC, o alumno seguirá en todo momento as directrices indicadas polo profesor, para a boa coordinación e desenvolvemento da materia.
Esas directrices han de adaptarse á normativa que a Facultade/Universidade estipule segundo sexan as circunstancias (Covid-19) do momento. Son tres os posibles escenarios nos que a docencia ha de situarse.
ESCENARIO 1
Clases expositivas:
Exposición dos conceptos fundamentais dos temas programados, utilizando os elementos didácticos necesarios (vídeos, diapositivas etc.) para facilitar a súa comprensión.
Clases interactivas:
Os alumnos terán que facer un estudo das plantas medicinais que poidan ser de utilidade nas diferentes afeccións do organismo.
Dentro dunha determinada patoloxía, indicaranse, ademais, os fitomedicamentos existentes no mercado, seleccionando un deles para tratar en profundidade (principios activos, acción farmacolóxica, usos, interaccións, doses, etc), indicando os consellos e medidas hixiénico-sanitarias que o paciente deberá tomar, segundo a patoloxía sometida a estudo. Este traballo exporase e debaterase co profesor e os estudantes.
O primeiro día de clase realizarase a distribución de traballos entre os alumnos, de acordo coa lista de temas ofrecida polo profesor.
ESCENARIO 2
Docencia presencial e/ou telemática (Teams, de forma síncrona; materia virtual, asíncrona).
Clases interactivas: A exposición de traballos por parte dos alumnos adaptarase á normativa oficial vixente e será presencial/telemática, tanto de forma síncrona como asíncrona.
O primeiro día de clase realizarase a distribución de traballos entre os alumnos, de acordo coa lista de temas ofrecida polo profesor.
ESCENARIO 3
Docencia e Clases interactivas totalmente telemáticas (Teams, de forma síncrona; Campus virtual, de forma asíncrona). Poderase recorrer a outras plataformas telemáticas, segundo preferencias do profesor, sempre destinadas a mellorar a transmisión dalgúns conceptos puntuais que así o requiran.
O primeiro día de clase realizarase a distribución de traballos entre os alumnos, de acordo coa lista de temas ofrecida polo profesor.
Para poder superar a materia é imprescindible realizar e expor un traballo, elixido polo alumno ou indicado polo profesor, dentro dos ofertados ao comezo do curso.
A cualificación final máxima será de 10 puntos e para superar a materia requírese un mínimo de 5 puntos.
Na avaliación da materia, contemplaranse, como no apartado de Metodoloxía, o tres posibles escenarios.
ESCENARIO 1
• Realización e exposición dun traballo (40% da nota final).
A realización do traballo suporá o 20% e a súa exposición e debate valorarase co 20% da cualificación final. A cualificación máxima será de 4 puntos (2+2). A elaboración e exposición do traballo serán obrigatorias.
• Asistencia a clases expositivas e interactivas (10% da nota final).
A supervisión da asistencia dos alumnos realizarase de forma aleatoria ao longo do curso. A máxima valoración alcanzable neste apartado será de 1 punto con respecto á nota final. Esíxese estar en posesión de polo menos a metade das asistencias cuantificadas, para poder optar a cualificacións superiores ao aprobado.
• Avaliación continua (50% da nota final).
Ao longo do curso realizaranse unha serie de exercicios, en grupos moi reducidos e individuais, de forma presencial na aula, ou a través da aula virtual, en forma de tarefas.
A suma total obtida tras a valoración de cada un destes exercicios, terá un valor máximo de 5 puntos.
ESCENARIO 2
• Realización e exposición dun traballo (40% da nota final).
A valoración do traballo e a súa exposición será igual que en escenario 1. A exposición farase de forma presencial en grupos reducidos na aula (si as condicións permíteno) e por vía telemática, de forma síncrona.
• Asistencia a clases expositivas e interactivas (10% da nota final). O control de asistencias realizarase de forma aleatoria, de forma presencial ou telemática (síncrona).
• Avaliación continua (50% da nota final). Realización de exercicios de firma presencial na aula (segundo os requisitos que nese momento haxa que cumprir), combinado coa resolución de cuestións expostas a través da aula virtual, de forma síncrona ou asíncrona, segundo indíquese.
ESCENARIO 3
• Realización e exposición dun traballo (40% da nota final).
A valoración do traballo e a súa exposición será igual que en escenario 1. A exposición farase por vía telemática, de forma síncrona.
• Asistencia a clases expositivas e interactivas (10% da nota final). O control de asistencias realizarase de forma aleatoria, de forma telemática (síncrona).
• Avaliación continua (50% da nota final). Realización de exercicios a través da aula virtual, de forma síncrona ou asíncrona, segundo indíquese.
O exame de segunda oportunidade (xuño-xullo) consistirá na resolución dunha cuestión de carácter práctico, e a cualificación obtida substituirá a aquela obtida na avaliación continua na primeira convocatoria (terá un valor do 50% da nota final), conservándose as notas correspondentes á realización e exposición do traballo e asistencias a clase. A nota final será a suma do tres méritos tidos en conta.
Non se conservará a cualificación obtida na realización e exposición do traballo para cursos sucesivos.
Estudo individual 45h.
Elaboración de traballos 20h.
Recomendacións cara a evaluación.
Asistencia a clases expositivas e interactivas, sendo estas últimas o complemento que axudará ao alumno a resolver dudas no tratamento a base de plantas medicinais.
Acudir as tutorías para resolver dudas.
Recomendacións cara a recuperación.
Completa-los apuntes do curso e acudir ó profesor para resolver dudas.
Os alumnos con dispensa de asistencia a clase non verán afectada a súa cualificación final por este feito. Para os alumnos repetidores, a avaliación continua será a mesma que para os alumnos de nova matrícula.
Plan de Continxencia. En relación coa covid-19, no programa da materia contémplanse as correspondentes adaptacións na metodoloxía do ensino e sistema de avaliación, previstas para os diferentes escenarios.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Manuel Lamela Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881814896
- Correo electrónico
- manuel.lamela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Martes | |||
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Mércores | |||
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |