Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Transmitir unha comprensión exacta e actual do sistema inmune, enfatizando os principios de organización da inmunidade.
- Identificar as células e moléculas específicas, que son compoñentes esenciais do sistema inmunitario e as funcións exercidas por eles na defensa do hospedeiro fronte á infección.
- Aplicar os principios da inmunidade á comprensión de enfermidades humanas: protección contra infeccións e enfermidades causadas por unha resposta anormal do sistema inmunitario.
- Ensinar técnicas básicas específicas dun laboratorio de inmunoloxía.
Programa de la materia:
Tema 1. Introdución á Inmunoloxía
Tema 2. Os tecidos e células do sistema inmunitario
Tema 3. Inmunidade innata
Tema 4. Citocinas
Tema 5. Anticorpos: estrutura e función
Tema 6. Bases xenéticas da diversidade de anticorpos
Tema 7. O complexo principal de histocompatibilidade
Tema 8. Receptor de antíxenos de linfocitos T
Tema 9. Procesamento e presentación de antíxenos ás células T
Tema 10. A sinalización a través de receptores de antíxeno
Tema 11. Desenvolvemento de linfocitos B
Tema 12. Desenvolvemento de linfocitos T
Tema 13. Activación de células T
Tema 14. Activación de células B e síntese de anticorpos
Tema 15. Regulación da resposta inmune
Tema 16. Inmunidade contra microorganismos
Tema 17. Inmunodeficiencia conxénitas e adquiridas
Tema 18. Autoimunidade
Tema 19. Hipersensibilidade inmediata e alerxias
Tema 20. Inmunoloxía de transplantes
Tema 21. Inmunoloxía tumoral
Programa de clases interactivas:
As clases expositivas complementaranse con 3 horas de clases interactivas, agrupadas en 2 sesións de 1 e 2 horas cada unha. Nelas os alumnos discutirán e resolverán cuestión e problemas relacionados coa materia. Este material, nalgúns casos, estará dispoñible na páxina web da materia e noutros será proporcionado polo profesor na clase interactiva correspondente.
Programa de clases prácticas:
As clases prácticas de laboratorio desenvolveranse en 4 sesións de 3 horas cada unha e cunha proba ao final das mesmas.
Práctica 1. Reaccións de aglutinación
Práctica 2. Reaccións de inhibición da hemólise
Práctica 3. Reaccións de inmunoprecipitación
Práctica 4. Reaccións de fixación do complemento
Básica.
- Abbas, AK, Litchtman, AH y Pillai, S. Inmunología celular y molecular. 9ª Edición. Ed. Elsevier (2018).
- Murphy, K, Travers, P, y Walport, M. Inmunobiología de Janeway. 7ª Edición. Ed. MC Graw-Hill Interamericana (2010).
- Roitt, I, Delves, P, Martin, S y Burton D. Inmunología. Fundamentos. 12ª Edición. Editorial Médica Panamericana (2014).
Complementaria.
- Abbas AK, Litchtman, AH y Pillai S. Inmunología básica. Funciones y trastornos del sistema inmunitario. 5ª Edición. Ed. Elsevier (2017).
- Regueiro González, J.R., López Larrea, C., González Rodríguez, S. y Martínez Naves, E. Inmunología. Biología y patología del sistema inmune. 4ª Edición revisada. Editorial Médica Panamericana (2011).
- Owen J.A., Punt, Strandford. Kuby. Inmunología. 7ª Edición. Editorial McGraw-Hill (2014).
Competencias xerais.
• (10) Deseñar, aplicar e evaluar ractivos, métodos e técnicas analíticas clínicas, coñecendo os fundamentos básicos das analises clínicas e as características e contidos dos dictámenes de diagnóstico de laboratorio.
Competencias específicas.
• (MF02) Coñecer e comprender os fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos dictámenes de diagnóstico de laboratorio.
• (MF12) Coñecer e comprender a estructura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estructurais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
Competencias transversais.
• CS01-Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
• CS03-Capacidade de aprender.
• CI03-Coñecementos xerais básicos.
• CI09-Resolución de problemas.
Tal e como se sinala no documento da Universidade de Santiago de Compostela sobre o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (documento disponible en https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/Pto…) consideránse tres posibles escenarios:
Escenario 1 (E1). Normalidade adaptada. Neste escenario, as clases desenvolveríanse de xeito presencial, adoptando medidas de prevención como o uso de máscaras e xel desinfectante, entre outras.
Escenario 2 (E2). Distanciamento. Neste escenario, ademáis do uso das medidas de prevención citadas no escenario 1, aplicaranse medidas de restrición como o distanciamiento de seguridade e o límite de capacidade. Este escenario implicará un cambio na docencia pasando a convivir tanto unha docencia presencial como telemática.
Escenario 3 (E3). Peche das instalacións. Neste escenario a docencia pasará a ser completamente telemática e, ademáis, plantexaranse alternativas para a docencia práctica no laboratorio.
A) Clases expositivas en grupo grande. Lección ensinada polo profesor nos que se expoñerán os contados teóricos da materia, sendo esta exposición presencial (E1), onde o profesor contará co apoio de medios audiovisuais e informáticos, o telemática (E2 o E3) empregando a plataforma Teams para a exposición dos temas, e a plataforma virtual para poñer a disposición dos alumnos ditos temas.
B) Clases interactivas en grupos pequenos. Clase teórico/práctica na que se proponen e resolven aplicación da teoría, problemas ou exercicios. O alumno participará activamente nestas clases de diferentes maneiras, tales como a entrega de exercicios e traballos ó profesor (alguns dos problemas plantexados en boletins que o profesor proporcionará aos estudantes previamente) e a resolución de problemas na aula, incluíndo outras posibilidades. Estas clases serán presenciais (E1 o E2) ou ben telemáticas (E3) onde o alumno deberá resolver os exercicios plantexados e envialos para a súa avaliación a través da plataforma virtual da asignatura. A participación nestas clases é obrigatoria para a obtención da puntuación correspondente á avaliación continua.
C) Clases prácticas de laboratorio. Inclúense aquí as clases ensinadas nun laboratorio de prácticas. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas. Tras unha explicación polo profesor, o alumno realizará de forma individual ou en grupos pequenos, os experimentos e cálculos necesarios para alcanzar os obxectivos da práctica, recollendo no manual de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados obtidos. A participación nestas sesións prácticas é obrigatoria así como a realización dunha proba ao final das mesmas. Estas clases serán presenciais (E1 o E2) e no caso do peche das instalacións (E3) se plantexarán cuestións relacionadas coas prácticas para que o alumno as resolva e envíe para a súa calificación empregando a plataforma virtual da asignatura.
D) Titorías de pizarra en grupo moi reducido. Titorías programadas polo profesor. Proporánse actividades para avaliar o nivel de aprendizaxe e a comprensión da materia, aclaración de dudas sobre a teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas. As tutorías serán presenciais (E1 o E2) ou telemáticas (E3) empreando a plataforma Teams.
E) Plataforma virtual da USC e Teams. Empregaránse para apoiar e complementar a formación teórica e práctica e como un elemento importante de comunicación co estudante. Nela poránse a disposición do alumno os recursos teóricos e prácticos necesarios para o estudo da materia. Nos escenarios E2 e, sobre todo E3, o uso destas plataformas será imprescindible.
1. A avaliación nas dúas convocatorias do curso académico consta de tres partes: parte teórica, parte práctica e a parte correspondente ás clases interactivas. Dependendo de cal sexa o escenario no que se atope a Universidade esta avaliación será presencial ou non presencial, variando as porcentaxes de ponderación de cada parte segundo se indica a continuación.
2. Avaliación teórica. No caso de que o exame poida facerse de maneira presencial (E1 e posiblemente E2), éste representará o 80% da nota final (máximo 8 puntos). O exame será mixto con preguntas test que cubren todas as partes fundamentais da materia e preguntas cortas e específicas, para avaliar o desenvolvemento dun razoamento e a asimilación da materia. É necesario que a calificación obtida neste exame supere o 45% (3.6) do valor máximo (8) para avaliar as seccións restantes. No caso de que o exame non poida celebrarse de forma presencial (E3 e pode que E2) o exame constará de preguntas tipo test plantexadas a traveso da plataforma virtual e o peso na nota final será d 70% (máximo 7 puntos) manténdose o 45% da nota máxima (3,15) como o mínimo esixible para avaliar as seccións restantes.
3. Avaliación práctica. A avaliación das prácticas suporá o 10% (máximo 1 punto) da nota final. Para esta avaliación (nos escenarios E1 e posiblemente E2) terase en conta o labor realizado polo estudante no laboratorio, xunto coa comprensión do estudante do protocolo experimental e os resultados obtidos, que se fará mediante unha proba escrita consistente en preguntas cortas. No escenario 3 (E3) plantexaranse cuestións e problemas a través da plataforma virtual sobre as prácticas de laboratorio, que o alumno deberá responder e enviar para a súa cualificación. Neste último caso o peso desta parte será a mesma (10%, máximo 1 punto).
O estudante non poderá superar a materia de Inmunoloxía se non realiza as prácticas e a prueba escrita correspondente ao final das mesmas.
A nota de prácticas só se manterá durante os dous cursos académicos seguintes no caso de suspender a asignatura.
4. Avaliación continua. A avaliación das clases interactivas/continua suporá o 10% (máximo 1 punto) nos escenarios E1 e E2 (neste último caso se non é presencial). No escenario E3 ou E2 se a docencia non é presencial, a nota correspondente a esta parte será do 20% (máximo 2 puntos). Establecerase tendo en conta: participación activa do alumno nas clases (E1 ou E2), realización dos traballos e actividades propostas, notas correspondentes a probas escritas que sobre apartados específicos se poidan plantexar, etc.
Realizaranse ó longo do curso, pero fundamentalmente nas clases interactivas. A calificación desta sección é aplicable só para o curso no que se fagan, agás no caso de ter aprobado o exame de teoría, en cuxo caso manterase durante o curso académico seguinte.
5. Na segunda oportunidade do curso, só se realizará o examen de teoría, conservando a avaliación das clases prácticas e interactivas. A puntuación máxima sobre a que se cualificará este exame e o mínimo esixido é o mesmo que o descrito para a primeira convocatoria.
6. O alumno deberá obter cinco puntos sobre un total de 10 para aprobar a materia.
7. A avaliación da aprendizaxe realizarase da seguinte maneira:
• Co exame de teoría avaliarase a adquisición de coñecementos xerais básicos e a capacidade de aprender (CI03, CS03), así como coñecer e comprender a estrutura e función do corpor humán (MF12) e o deseño, aplicación e avaliación de reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas (10).
• Co exame de prácticas avaliarase a capacidade de aplicar os coñecementos á práctica (CS01), o coñecemento e comprensión dos fundamentos básicos das análises clínicas (MF02) e o desenvolvemento, aplicación e avaliación de reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas (10).
• Nas clases interactivas avaliarase a capacidade de aplicar os coñecementos teóricos á práctica mediante a resolución de problemas (CI09).
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (HORAS)
Clases expositivas en grupo grande: 23
Clases interactivas en grupo reducido: 3
Tutorías en grupo moi reducido: 2
Prácticas de laboratorio: 15
Exámes e revisións: 2
Total de horas de traballo presencial na clase e no laboratorio: 45
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (HORAS)
Estudio autónomo Individual ou en grupo: 46
Resolución de exercicios ou outros traballos: 20
Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria das prácticas: 1,5
Total de horas de traballo persoal do estudante: 67,5
O estudante deberá evitar o simple esforzo memorístico, pois non é adecuado ou suficiente, de cara o estudo para acadar a comprensión, razoamento e a relación dos contidos da materia.
En relación ás clases interactivas, a participación activa nas mesmas, permitirá ao alumno unha mellor comprensión de moitos aspectos explicados nas clases teóricas, o que facilitará o estudo para o exame final.
Recoméndase aos alumnos a que asistan á revisión do exame, onde o profesor poderá indicar cáles foron os seus erros e cómo supera-los, así como en qué partes da materia deberá facer un maior esforzo de cara á recuperación.
Tamén é para o alumno tentar resolver todas as cuestión que foron propostas durante o curso, así como de outras novas que figuran na bibliografía recomendada e ir ás tutorías para resolver as dúbidas coa axuda do profesor.
José Luis Sánchez López
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815097
- Correo electrónico
- joseluis.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rubén Varela Calviño
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881814933
- Correo electrónico
- ruben.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Iria Maria Gomez Touriño
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- iria.gomez.tourino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Cristina Ameneiro Quiñoy
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- cristina.ameneiro.quinoy [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Diana Guallar Artal
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815385
- Correo electrónico
- diana.guallar [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: JIN (Jóvenes Investigadores)
Luns | |||
---|---|---|---|
08:30-09:30 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula virtual |
17:00-18:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula virtual |
Martes | |||
08:30-09:30 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula virtual |
17:00-18:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula virtual |
Mércores | |||
08:30-09:30 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula virtual |
17:00-18:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula virtual |