Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar ó alumno coñecementos sobre as normas legais de aplicación ó medicamento, productos sanitarios e actividade profesional do farmacéutico nas diversas modal¡lidades, así como sobre os aspectos fundamentais da Deontoloxía Farmacéutica.
Pretendese que o alumno, ó final do curso, sexa capaz de integrar as dúas realidades, xurídica e ética, de xeito que sexa capaz de dispor do enfoque preciso para poder asumir a suas responsabilidades profesionais nas diferentes situacións que se poda encontrar na práctica.
Clases Maxistrais:
1- Conceptos Lexislativos Básicos
2- Lexislación Farmacéutica Fundamental
3- Organización Xeral da Sanidade
4- Aspectos Éticos Básicos
5- Códigos Deontolóxicos
6- Exercicio Profesional
7- Organización Corporativa
8- Garantías e Uso Racional do Medicamento e dos Productos Sanitarios
9- O Medicamento de uso Humano
10- O Medicamento de uso Veterinario
11- Os Productos Sanitarios
12- Medicamentos especiais
13- A Industria Farmacéutica
14- Aspectos éticos e legais dos Ensaios Clínicos
15- Farmacovixilancia
16- Axencias Regulatorias e Rexistro de Medicamentos
17- Maioristas
18- A Receta
19- A Oficina de Farmacia
20- Farmacia Hospitalaria
21- Farmacia Militar e Botiquíns
22- Información e Promoción de Medicamentos
23- Responsabilidades do Farmacéutico
Interactivas:
1- A Sanidade en España e os seus aspectos diferenciadores. A Sanidade na Comunidade Autónoma Galega.
2- A Ordenación Farmacéutica nas diferentes Comunidades Autónomas
3- Aspectos éticos: Dimensión nacional e internacional.
4- Propiedade intelectual e consideracións ético/legais a nivel internacional.
5- Aspectos distintivos das axencias regulatorias.
6- Productos Sanitarios: Últimos avances e consideracións.
7- A investigación farmacéutica nos ámbitos público e privado.
8- As Enfermedades raras e os Medicamentos huérfanos.
9- Desenvolvemento de funcións na farmacia hospitalaria.
10- Desenvolvemento de funcións na atención primaria.
11- Desenvolvemento de funcións na farmacia militar.
12- Sistema actual de acceso ás diferentes saídas profesionais.
13- Saídas profesionais do farmacéutico nas ensinanzas non universitarias e na visita médica.
14- Responsabilidades do farmacéutico, Inspección e medidas cautelares, infraccións e sancións.
Por mor dos profundos e continuos cambios normativos, non existe un manual de Lexislación Farmacéutica totalmente axeitado ó estudo da asignatura. Entre os textos de consulta teñan o mais amplio é o texto "Derecho Farmacéutico. Legislación, jurisprudencia, el ejercicio profesional, de Vidal Casero", Mª del Carmen. Revista General de Derecho. 2007. ISBN 9788495382337. Por todo o anteriormente referido, en cada tema indicarase a lexislación específica de aplicación ó mesmo, de fácil consulta e descarga en internet accedendo a páxinas oficiais debidamente identificadas.
1. Competencias generales.
CG1LS, CG2LS, CB1, CB4, CB5
O alumno adquirirá os elementos axeitados para poder actualizar os seus coñecementos en materia normativa e estimularase un espíritu crítico que lle permita analizar os continuos cambios que se producen na mesma.
Os coñecementos adquiridos estimularán á reflexión e orientarán ó alumno sobre cuestións de ética e deontoloxía que deben presidir á actuación profesional do farmacéutico en todalas suas vertentes, para, de este xeito, facilitarlle a valoración e toma de decisións en temas de actualidade.
2. Competencias transversáis.
CI04, CI08, CP08.
O alumno adquirirá coñecementos básicos da profesión, habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información de fontes diversas) e coñecementos que lle permitan un compromiso ético.
3. Competencias específicas.
LS01, LS04, LS06, LS07
O alumno familiarizarase co conxunto de normas xurídicas de distinto rango e ámbito (comunitarias, nacionais, autonómicas) que regulan o medicamento, os productos sanitarios e a actividade farmacéutica, así como cos códigos deontolóxicos existentes.
Clases Teóricas:
CG1LS, CG2LS, CB1, CB4, CB5, CI04, CI08, CP08, LS01, LS04, LS06, LS07
Empregarase a lección maxistral con medios audiovisuais para apoiar as explicacións. Fomentarase a participación activa do alumno.
Interactivas:
CG1LS, CG2LS, CB1, CB4, CB5, CI04, CI08, CP08, LS01, LS04, LS06, LS07
Comentarase o material aportado ós alumnos e discutirase con éles os diferentes aspectos de cada contido. Por outra banda, aproveitarase para aclarar dúbidas sobre aqueles temas que puidesen supoñer unha maior dificultade no transcurso das leccións maxistrais.
Os alumnos poderán realizar traballos relacionados cos contidos dos seminarios e expoñelos no transcurso dos mesmos.
É importante ter en conta as observacións que sobre a metodoloxía do ensino recóllense máis abaixo.
Aspectos concretos para o curso 2020/2021:
O documento Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso académico 2020-2021, aprobado polo Consello de Goberno do 19 de xuño de 2020 define na súa base terceira tres posibles escenarios para considerar e, na súa base quinta, recolle as medidas de adaptación da docencia a cada un dos escenarios definidos. Prevese que o reitor comunique o 31 de xullo á comunidade universitaria o escenario aplicable ao inicio do curso 2020-2021.
1) Escenario 1: normalidade adaptada.
O escenario 1 caracterízase pola convivencia con certas medidas de prevención, de autoprotección da poboación (máscaras faciais, uso de xeles desinfectantes etc.) e mantemento de restricións que afecten a eventos de certa afluencia de persoas. As medidas de adaptación da docencia correspondentes a este escenario son:
-A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
-A avaliación continua formativa combinarase con probas finais.
-Con carácter xeral, as probas finais serán de carácter presencial.
-Garantizarase a accesibilidade aos materiais que constitúan a bibliografía básica (normativa, artigos, páxinas web, protocolos, vídeos, titoriais etc.) de acordo coas condicións do escenario.
2) Escenario 2: distanciamento.
Neste escenario aplicaranse medidas de protección activas, de obrigado cumprimento, como o distanciamento de seguridade, o uso de máscaras faciais e medidas organizativas de control de acceso e aforo. As medidas de adaptación da docencia correspondentes a este escenario son:
-A docencia presencial convivirá coa virtual. Corresponderalles aos centros definir as fórmulas de convivencia de ambas as modalidades de docencia, en función de cada titulación.
-A avaliación continua formativa combinarase con probas finais. As probas finais serán preferentemente de carácter telemático.
-Garantizarase a accesibilidade aos materiais que constitúan a bibliografía básica (normativa, artigos, páxinas web, protocolos, vídeos, titoriais etc.) de acordo coas condicións do escenario.
3) Escenario 3: peche das instalacións.
En atención ás medidas que dispoñan as autoridades sanitarias, pode producirse un novo confinamento da poboación, o peche das instalacións da Universidade e a determinación das funcións esenciais que deberán manterse. As medidas de adaptación da docencia correspondentes a este escenario son:
-A docencia será completamente de carácter virtual, ben con mecanismos síncronos, asíncronos ou combinando ambos, de acordo coas condicións do escenario.
-A avaliación continua formativa combinarase con probas finais.
-Non existirán probas finais presenciais, serán posibles soamente as de carácter telemático.
-Garantizarase a accesibilidade aos materiais que constitúan a bibliografía básica (normativa, artigos, páxinas web, protocolos, vídeos, titoriais etc.) de acordo coas condicións do escenario.
No caso de desenvolver actividades “en remoto”, sempre que se empreguen datos persoais, empregarase a plataforma ou plataformas tecnolóxicas dentro dos definidos a nivel institucional, como as baseadas no Campus Virtual e/ou plataformas tecnolóxicas de tipo Ms Teams, nun marco de docencia síncrona, asíncrona ou combinada, de acordo coas condicións do escenario. O seguimento das actividades realizarase mediante programación de entregas e listaxes de participación.
En calquera caso os recursos necesarios para cursar a materia e os contidos esenciais e imprescindibles da materia para que todos os estudantes matriculados nela alcancen as competencias e resultados de aprendizaxe establecidos pola materia e poidan ser avaliados con vistas a valorar a súa adquisición, serán debidamente identificados e atoparanse desde principios de curso a disposición do alumnado no Campus Virtual e/ou as plataformas tecnolóxicas especificamente concibidas para tal fin. No entanto, si o funcionamento destas plataformas vísese interrompido e a fin de asegurar que calquera proposta que se achegue poida tecnoloxicamente ser asumida por todo o estudiantado é preciso deixar constancia de que os devanditos recursos son de fácil consulta e descarga en internet accedendo a páxinas oficiais debidamente identificadas, garantindo desta forma o rigor e a calidade académica do procedemento evaluador, en aras de beneficiar a formación do estudiantado.
A avaliación da aprendizaxe dos coñecementos levarase a cabo:
- Cunha proba final escrita, acadando a súa nota un 90% da calificación final.
Terá lugar ao finalizar o temario (primeira oportunidade) ou ao final do curso académico (segunda oportunidade). O contido desta proba consistirá nunha mestura de examen de tipo “test” e/ou de cuestións de resposta breve.
- O 10% restante corresponderá á evaluación da participación activa do alumno nas clases, realización de actividades propostas e/ou notas corresponientes a probas que sobor de apartados específicos podan realizarse.
De carón a unha posible recuperación, resulta fundamental manter actualizada a normativa referente ó temario desenrolado, logo que a resposta correcta relativa á normativa de aplicación nun determinado tema ven sendo a normativa vixente no momento de plantexa-la cuestión, que non é necesariamente a normativa de aplicación en datas anteriores.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Evaluación das competencias
A evaluación das competencias adquiridas na asignatura será realizada según as seguientes vías:
1.- No examen da asignatura:
CG1LS, CG2LS, CB1, CB4, CB5, CI04, CI08, CP08, LS01, LS04, LS06, LS07
2.- Nas clases interactivas/probas realizadas nas clases:
CG1LS, CG2LS, CB1, CB4, CB5, CI04, CI08, CP08, LS01, LS04, LS06, LS07
É importante ter en conta as observacións que sobre o sistema de avaliación da aprendizaxe recóllense máis abaixo.
Aspectos concretos para o curso 2020/2021:
O exame final da materia realizarase de forma presencial ou por vía telemática en función da situación sanitaria na que nos atopemos
O documento Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso académico 2020-2021, aprobado polo Consello de Goberno do 19 de xuño de 2020 define na súa base terceira tres posibles escenarios para considerar e, na súa base quinta, recolle as medidas de adaptación da docencia a cada un dos escenarios
definidos. Prevese que o reitor comunique o 31 de xullo á comunidade universitaria o escenario aplicable ao inicio do curso 2020-2021.
1) Escenario 1: normalidade adaptada.
O escenario 1 caracterízase pola convivencia con certas medidas de prevención, de autoprotección da poboación (máscaras faciais, uso de xeles desinfectantes etc.) e mantemento de restricións que afecten a eventos de certa afluencia de persoas. As medidas de adaptación da docencia correspondentes a este escenario son:
-A avaliación continua formativa combinarase con probas finais.
-Con carácter xeral, as probas finais serán de carácter presencial.
2) Escenario 2: distanciamento.
Neste escenario aplicaranse medidas de protección activas, de obrigado cumprimento, como o distanciamento de seguridade, o uso de máscaras faciais e medidas organizativas de control de acceso e aforo. As medidas de adaptación da docencia correspondentes a este escenario son:
-A avaliación continua formativa combinarase con probas finais. As probas finais serán preferentemente de carácter telemático.
3) Escenario 3: peche das instalacións.
En atención ás medidas que dispoñan as autoridades sanitarias, pode producirse un novo confinamento da poboación, o peche das instalacións da Universidade e a determinación das funcións esenciais que deberán manterse. As medidas de adaptación da docencia correspondentes a este escenario son:
-A avaliación continua formativa combinarase con probas finais.
-Non existirán probas finais presenciais, serán posibles soamente as de carácter telemático.
No caso de desenvolver actividades “en remoto”, sempre que se empreguen datos persoais, empregarase a plataforma ou plataformas tecnolóxicas dentro dos definidos a nivel institucional, como as baseadas no Campus Virtual e/ou plataformas tecnolóxicas de tipo Ms Teams, nun marco de docencia síncrona, asíncrona ou combinada, de acordo coas condicións do escenario. O seguimento das actividades realizarase mediante programación de entregas e listaxes de participación.
Nos casos apuntados a adaptación do sistema de avaliación será realizada, en consecuencia, de tal forma que poida basearse na realización de probas mediante o emprego de plataformas tecnolóxicas especificamente concibidas para tal fin, coas debidas garantías por parte da Universidade e os Centros dependentes da mesma, que deberán certificar e notificar a todas as partes implicadas a salvagarda das debidas garantías, harmonizando o dereito dos estudantes a ser avaliados e os dereitos do profesorado coa seguridade xurídica, de forma e maneira que se garanta en todo o posible os dereitos e liberdades das partes implicadas, incluído o dereito á educación e as liberdades de ensino e de cátedra en canto a contidos e criterios de cualificación (tamén referida en devandito o Real Decreto 1791/2010, de 30 de decembro), constitucionalmente recoñecidos, coa preceptiva tutela desa xestión por parte das autoridades competentes, é dicir, as Comunidades Autónomas.
Estudo e traballo persoal asociado a:
- clases maxistrais: 46 h
- interactivas: 22 h
As recomendacións neste eido encadranse nas propostas para o Grado en xeral.
- Na materia Lexislación e Deontología impártese aos alumnos docencia sobre aspectos normativos referentes a farmacovixilancia, ensaios clínicos, rexistro de medicamentos, asistencia farmacéutica, uso racional de medicamentos, Bioética, etc., polo que é preciso un coñecemento previo de devanditos campos, a fin de atoparse en disposición de abordar os aspectos éticos e normativos de aplicación. De feito, o coñecemento de tales campos atópase adscrito, segundo establece a ORDE CIN/2137/2008, de 3 de xullo de 2008, a un módulo distinto ao de “Lexislación e Farmacia Social”.
- Especialmente importante e moi valorado é a identificación de noticias nos medios de comunicación relacionadas coa materia e a proposta desas noticias en clase coa finalidade de comentalas ou realizar actividades sobre as mesmas e, chegado o caso, debater sobre elas.
- Plans de continxencia: ver observacións recollidas máis adiante.
OBSERVACIÓNS ADICIONAIS A TEER PRESENTES ANTE SITUACIÓNS EXCEPCIONAIS:
Naqueles casos ou situacións excepcionais nos que se produza unha suspensión ou se desaconselle ou limite a docencia presencial, atópase xustificada a adaptación do presente programa mediante modificación dos instrumentos de formación e avaliación inicialmente previstos. Iso débese a que tal contexto permite e avala a adopción de medidas de avaliación dos estudantes que poden ser distintas das previstas orixinalmente pola Universidade. Neste sentido o Real Decreto 1791/2010, de 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario, establece como excepción á inalterabilidad da programación das probas de avaliación, precisamente aquelas situacións nas que, por imposibilidade sobrevinda, resulte irrealizable segundo o establecido.
Deste xeito, nos casos apuntados as actividades poderán pasar a realizarse, sempre que sexa posible, de forma combinada presencial/non presencial ou mesmo exclusivamente non presencial. A adaptación do sistema de avaliación será realizada, en consecuencia, de tal forma que poida basearse na realización de probas mediante o emprego de plataformas tecnolóxicas especificamente concibidas para tal fin, coas debidas garantías por parte da Universidade e os Centros dependentes da mesma, que deberán certificar e notificar a todas as partes implicadas a salvagarda das debidas garantías, harmonizando o dereito dos estudantes a ser avaliados e os dereitos do profesorado coa seguridade xurídica, de forma e maneira que se garanta en todo o posible os dereitos e liberdades das partes implicadas, incluído o dereito á educación e as liberdades de ensino e de cátedra en canto a contidos e criterios de cualificación (tamén referida en devandito o Real Decreto 1791/2010, de 30 de decembro), constitucionalmente recoñecidos, coa preceptiva tutela desa xestión por parte das autoridades competentes, é dicir, as Comunidades Autónomas.
Este tipo de plantexamentos están, ao mesmo tempo, mediatizados por un elemento crave como é a magnitude da clase: non é igual avaliar a 200 estudantes que avaliar a unha clase con 10 estudantes, no sentido de que as estratexias evaluativas e os procedementos a implementar van tender a ser relativamente diferentes, tendo en conta de que iso se traduce en que haxa materias cun número elevado de evidencias evaluativas, e noutros casos éstas sexan limitadas. Estas limitacións danse precisamente na presente materia, que ubícase que se ubica no primeiro ano do Grado de farmacia.
En calquera caso os recursos necesarios para cursar a materia e os contidos esenciais e imprescindibles da materia para que todos os estudantes matriculados nela alcancen as competencias e resultados de aprendizaxe establecidos pola materia e poidan ser avaliados con vistas a valorar a súa adquisición, serán debidamente identificados e atoparanse desde principios de curso a disposición do alumnado no Campus Virtual e/ou as plataformas tecnolóxicas especificamente concibidas para tal fin. No entanto, si o funcionamento destas plataformas vísese interrompido e a fin de asegurar que calquera proposta que se achegue poida tecnoloxicamente ser asumida por todo o estudiantado é preciso deixar constancia de que os devanditos recursos son de fácil consulta e descarga en internet accedendo a páxinas oficiais debidamente identificadas, garantindo desta forma o rigor e a calidade académica do procedemento evaluador, en aras de beneficiar a formación do estudiantado.
Aspectos adicionais a ter presentes no curso 2020-2021.
Para o curso 2020-2021 o “calendario de actuacións nos diferentes procesos de planificación académica” da USC establece como límite o 24 de xullo de 2020 para a “gravación da programación docente das materias por parte do profesorado e aprobación da mesma polos departamentos, así como a súa comunicación aos centros”. Os devanditos procesos réxense polas “Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura para o curso 2020‐2021”, elaboradas pola Comisión para a Planificación Docente e polas “Bases para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura” elaboradas polo Comité para a Seguridade Sanitaria e aprobadas polo Consello de Goberno da USC na súa sesión ordinaria celebrada o día 19 de xuño de 2020. É preciso por tanto sinalar que, dado que precisamente nas “Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura para o curso 2020‐2021” especifícase que “Prevese que o reitor comunique o 31 de xullo á comunidade universitaria o escenario aplicable ao inicio do curso 2020-2021”, e que nas devanditas “Bases” indícase que “A definición dos escenarios posibles tendo en conta a experiencia durante o estado de alarma e as referencias incluídas no “Plan para la transición hacia una nueva normalidad” serán obxecto de desenvolvemento, de conformidade coas previsións sanitarias, no momento no que se declaren”, non é posible asegurar que os diferentes aspectos recolleitos no presente documento non se vexan modificados. De feito nas propias bases se recoñece o “contexto de incerteza en que nos atopamos”. En calquera caso recoméndase ao alumno consultar os citados documentos para maior información, dispoñibles na páxina web da USC. A este respecto as citadas “Directrices” especifican que se dará a “Priorización da compra de ordenadores portátiles e dotación dun stock específico para o vindeiro curso”, así como “Complementos para os equipos dos que xa se dispón, de xeito particular cámara web e micrófonos”. Por outro lado, nas devanditas “Bases” establécese “A previsión e posta a disposición do material necesario para a protección e prevención, así como dos equipamentos e ferramentas necesarias para os cambios da modalidade presencial á virtual, tanto no ámbito laboral como no docente, que sexa preciso implementar nos distintos escenarios” e “O reforzo e mellora dos equipamentos informáticos e das ferramentas tecnolóxicas para os escenarios nos que é preciso realizar actividades a distancia”
Maria Del Carmen Remuñan Lopez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881815045
- Correo electrónico
- mdelcarmen.remunan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alejandro Sánchez Barreiro
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881815105
- Correo electrónico
- alejandro.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Alberto Garcia Gonzalez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881814882
- Correo electrónico
- carlos.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo A1/CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
Mércores | |||
10:00-12:00 | Grupo A3/CLIS_03 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Química Inorgánica |
Xoves | |||
10:00-12:00 | Grupo A2/CLIS_02 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |