Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 137.25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Matemáticas
Áreas: Xeometría e Topoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
– Unha vez resumida e analizada a información recollida dunha mostra (temas tratados en Matemáticas e Estatística I), o obxectivo agora é, usando a Inferencia Estatística, contrastar se unha situación mostral deriva dun determinado modelo de probabilidade e inferir á poboación o coñecemento dispoñible dese modelo. En particular, a partir dos datos obtidos mediante unha mostra aleatoria trátase de saber aplicar os procedementos estatísticos axeitados para inferir características descoñecidas da poboación e calcular as marxes de erro da estimación.
– Aplicar, mediante a utilización dun paquete estatístico, os conceptos de regresión, contrastes e intervalos de confianza aos datos físicos, químicos, biolóxicos e procedentes de bases de datos médico-farmacéuticas, e interpretar os resultados.
– Proporcionar unha capacidade elemental para o deseño de experimentos de acordo a criterios estatísticos.
TEMA 1: INTRODUCIÓN Á INFERENCIA ESTATÍSTICA. ESTIMACIÓN
1.1 Poboación e mostra
1.2 Parámetro. Estatístico
1.3 Distribución de diferentes estatísticos. Teorema central do límite
1.4 Estimación puntual. Propiedades dos estimadores
1.5 Estimación por intervalos de confianza: conceptos básicos. Nivel de confianza
1.6 Intervalos de confianza para a media, varianza e proporción
1.7 Determinación do tamaño da mostra
1.8 Intervalos de confianza para a diferenza de medias, diferenza de proporcións e cociente de varianzas.
TEMA 2: CONTRASTES DE HIPÓTESE
2.1 Hipótese estatística. Formulación e método
2.2 Tipos de erro. Criterios de decisión. Nivel crítico ou p-valor. Potencia dun contraste
2.3 Interpretación dun contraste de hipótese. Relación entre intervalos de confianza e contrastes de hipótese
2.4 Contrastes cunha mostra: para unha media, para unha proporción e para unha varianza
2.5 Contrastes con dúas mostras: comparación de dúas varianzas; comparación de dúas medias (mostras independentes, mostras apareadas); comparación de dúas proporcións
TEMA 3: A PROBA CHI-CADRADO
3.1 Contrastes para datos categóricos: táboas de continxencia. Test chi-cadrado. Táboas 2×2. Deseño de estudos. Contrastes de homoxeneidade. Contrastes de independencia
3.2 Contrastes de bondade de axuste: o contraste chi-cadrado de Pearson; o contraste de Kolmogorov-Smirnov; contrastes de normalidade
TEMA 4: REGRESIÓN E CORRELACIÓN
4.1 Introdución. Conceptos xerais
4.2 Regresión: método de mínimos cadrados, rectas de regresión
4.3 Varianza total. Varianza residual e varianza explicada
4.4 Correlación: coeficiente de correlación lineal
4.5 Outros modelos de regresión: O modelo exponencial e o modelo potencial
4.6 Contrastes de hipóteses para os parámetros da regresión
En caso de ter que pasar aos Escenarios 2 ou 3,
faríanse os seguintes cambios no programa:
a) No apartado 2.3 suprímiriase o epígrafe:
Relación entre intervalos de confianza e contrastes de hipóteses.
b) Suprimiríase na súa totalidade o apartado 3.2
3.2 Contrastes de bondade de axuste: o contraste chi-cadrado de Pearson; o contraste de Kolmogorov- Smirnov; contrastes de normalidade
c) Suprimiríase na súa totalidade o apartado 4.5
4.5 Outros modelos de regresión: O modelo exponencial e o modelo potencial
Básica
– Milton, J.S.,“Estadística para Biología y Ciencias de la Salud” Tercera edición ampliada. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 2007.
-- Apuntes da materia, dispoñibles no curso virtual
Complementaria
– Cao Abad R., Francisco Fernández M., y otros, “Introducción a la estadística y sus aplicaciones” Ed. Pirámide (Grupo Anaya, S.A.), Madrid, 2001
– Colton Theodore, “Estadística en Medicina” Ed. Masson-Litle, Brown, S.A., Barcelona, 1995
– Martín Andrés, A., Luna del Castillo, J. de D., “Bioestadística para las Ciencias de la Salud” Ed. Norma S.L. (4ª edición), Madrid, 1994
– Peña Sánchez de Rivera D., “Estadística Modelos y métodos. I. Fundamentos” Alianza editorial, S.A., Madrid, 2000.
- Samuels, Myra L;Witmer, Jeffrey. Fundamentos de Estadística para las Ciencias de la Vida, Ed. Pearson Educación, 2012
– Sánchez M., Frutos G., Cuesta P.L., “Estadística y Matemáticas Aplicadas. Edición dirigida a los estudios de Farmacia” Editorial Síntesis S.A., Madrid, 1996.
Competencias transversais.
CP01 Capacidade crítica e autocrítica.
CI01 Capacidade de análise e síntese.
CI07 Habilidades básicas do computador
CI08 Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes
diversas
CI09 Resolución de problemas
CI10 Toma de decisións
CS01 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CS03 Capacidade de aprender
Competencias Específicas.
FM01 Aplicar os coñecementos de Matemáticas ás ciencias farmacéuticas.
FM02 Aplicar técnicas computacionales e de procesamento de datos, en relación con información referente a datos
físicos, químicos e biolóxicos
FM03 Deseñar experimentos en base a criterios estatísticos.
FM04 Avaliar datos científicos relacionados cos medicamentos e produtos sanitarios.
FM05 Utilizar a análise estatística aplicada ás ciencias farmacéuticas.
Dado que a materia é fundamentalmente práctica, poñerase especial interese en desenvolver os contidos con sinxeleza, sen sacrificar a precisión.
– Clases expositivas en grupo grande: en cada clase dedicarase un tempo á introdución, exposición ou ilustración dalgunha cuestión teórica, e o resto á resolución de problemas ou exercicios relacionados coa devandita cuestión.
– Clases interactivas en grupo reducido: Entregaranse aos alumnos boletíns de exercicios e problemas, que se corresponderán cos contidos de cada un dos temas do programa. O alumno intentará, coa axuda do traballado no punto anterior, resolvelos, ou en caso necesario, solucionalos na aula, contando coa súa participación activa.
– Clases interactivas con ordenador en grupo reducido: Introdución de datos e codificación (prácticas con EXCEL) para utilizar despois nun paquete estatístico (software R, SPSS e a súa versión libre PSPP). A asistencia a estas clases é obrigatoria e realizarase un exame ao finalizar estas.
– As titorías en grupos moi reducidos dedicaranse, de forma individual ou en grupos, a resolver as dúbidas e dificultades particulares que vaian xurdindo, e ao seguimento individualizado de cada estudante.
No caso de atopármonos no Escenario 2: distanciamento:
1. As clases expositivas respectarán o aforo da aula, e poderán ser retransmitidas no horario fixado, ou gravadas para o seu visionado a través da plataforma Teams.
No caso de atopármonos no Escenario 3: peche das instalacións,
1. As clases expositivas serán substituídas por vídeos explicativos do material docente que xa está ao dispor dos alumnos, utilizando tanto a plataforma Teams como o curso virtual.
2. As clases interactivas serán substituídas pola entrega periódica de boletíns de problemas. A entrega de polo menos dous problemas resoltos dun boletín contará como unha asistencia para a avaliación continua,
3. As prácticas de laboratorio, nas datas xa programadas, consistirán en visionados de vídeos explicativos e a realización dunha proba ou traballo por parte do alumnado.
-- A cualificación de cada estudante farase mediante a avaliación continua e a realización das probas finais fixadas no calendario de exames da Facultade. Será necesario ter realizado e superado as prácticas de ordenador.
-- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
-- A cualificación do alumno/a será a suma do 60% da nota do exame final e o 40% da correspondente á avaliación continua.
-- A avaliación continua farase por medio de controis escritos, resolución de boletíns de problemas, participación do estudante na aula e titorías. O alumno coñecerá a súa cualificación de avaliación continua antes do exame final.
-- Os controis serán en horario lectivo. Terán unha duración máxima de 1 h. O día e a hora na que terá lugar cada control, así como a materia obxecto de exame, anunciaranse con antelación.
-- A proba final consistirá na resolución de problemas, similares aos traballados en clase.
-- Na segunda oportunidade manteranse as mesmas condicións de avaliación e a nota da avaliación continua da primeira oportunidade.
-- As prácticas de ordenador xa realizadas e superadas, manteranse como aprobadas en sucesivos cursos académicos.
-- Os alumnos repetidores da materia que o desexen, poderán solicitar que se teña en conta a súa nota de avaliación continua do curso anterior.
No caso de ter que pasar aos Escenarios 2 ou 3:
-- Os controis realizaranse de maneira online a través do curso virtual e serán en horario lectivo.
-- A avaliación continua farase por medio de controis escritos e telemáticos, e a entrega de boletíns solucionados
-- O exame final será presencial agás que non o autorice a Facultade. Nese caso farase por medios telemáticos (plataforma Teams e/ou curso virtual).
No momento de comezar o exame, cada alumno terá ao seu dispor no campus virtual un enunciado personalizado con problemas similares aos propostos e solucionados na materia. Terá que solucionalos no prazo que se lle indicará e entregar na tarefa correspondente do campus virtual da materia unha copia das solucións, escritas a man, nun arquivo PDF de boa calidade.
-- A cualificación do alumno/a será a suma do 60% da nota do exame final e o 40% da correspondente á avaliación continua.
-- Na segunda oportunidade manteranse as mesmas condicións de avaliación e a nota da avaliación continua da primeira oportunidade.
Avaliación das competencias.
No exame:
FM03, FM05,CI01,CI09,CI10,CP01 e CS01
Nas prácticas de laboratorio:
FM02,FM05,CI07 e CI08
Nas clases interactivas:
FM04,FM05,CI09,CI10,CP01,CP02,CS01 e CS03
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (en horas)
Clases expositivas en grupo grande 23
Clases interactivas en grupo reducido 10
Clases interactivas con ordenador en grupo reducido 9
Titorías en grupos moi reducidos ou individualizados 2
Total horas de traballo presencial 44
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO/A
Estudo autónomo individual ou en grupo 45
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 13,5
Traballos en ordenador 9
Total horas de traballo persoal do alumno/a 67,5
No curso dedícase moito tempo á resolución de exercicios. Obviamente, considérase un aspecto fundamental na aprendizaxe da materia, por iso recoméndase:
– Intentar resolver os problemas dos boletíns.
– Utilizar a bibliografía para afianzar os coñecementos e técnicas que permiten a resolución dos problemas propostos nos boletíns.
– Acudir ás titorías para poder ir resolvendo as dúbidas que xurdan ao longo do curso.
– Utilizar a aula virtual da USC para acceder ao material didáctico.
PLAN DE CONTINXENCIA
En caso de ter que pasar aos Escenarios 2 ou 3,
Contidos
Farianse os seguintes cambios no programa:
a) No apartado 2.3 suprimiríase o epígrafe:
Relación entre intervalos de confianza e contrastes de hipóteses.
b) Suprimiríase na súa totalidade o apartado 2.7
2.7 Contrastes de bondade de axuste: o contraste chi-cadrado de Pearson; o contraste de Kolmogorov- Smirnov; contrastes de normalidade
c) Suprimiríase na súa totalidade o apartado 3.5
3.5 Outros modelos de regresión: O modelo exponencial e o modelo potencial
Metodoloxía
a) Escenario 2: distanciamento
1. As clases expositivas respectarán o aforo da aula, e poderán ser retransmitidas no horario fixado, ou gravadas para o seu visionado a través da plataforma Teams.
b) No caso de atopármonos no Escenario 3: peche das instalacións,
1. As clases expositivas serán substituídas por vídeos explicativos do material docente que xa está ao dispor dos alumnos, utilizando tanto a plataforma Teams como o curso virtual.
2. As clases interactivas serán substituídas pola entrega de boletíns semanais de problemas. A entrega de polo menos dous problemas resoltos dun boletín contará como unha asistencia para a avaliación continua,
3. As prácticas de laboratorio, nas datas xa programadas, consistirán en visionados de vídeos explicativos e a realización dun traballo por parte do alumnado.
Avaliación
-- Os controis realizaranse de maneira online a través do curso virtual e serán en horario lectivo.
-- A avaliación continua farase por medio de controis escritos e telemáticos, e a entrega de boletíns solucionados
-- O exame final será presencial agás que non o autorice a Facultade. Nese caso farase por medios telemáticos (plataforma Teams e/ou curso virtual).
No momento de comezar o exame, cada alumno terá ao seu dispor no campus virtual un enunciado personalizado con problemas similares aos propostos e solucionados na materia. Terá que solucionalos no prazo que se lle indicará e entregar na tarefa correspondente do campus virtual da materia unha copia das solucións, escritas a man, nun arquivo PDF de boa calidade.
-- A cualificación do alumno/a será a suma do 60% da nota do exame final e o 40% da correspondente á avaliación continua.
-- Na segunda oportunidade manteranse as mesmas condicións de avaliación e a nota da avaliación continua da primeira oportunidade.
Enrique Macías Virgós
Coordinador/a- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Teléfono
- 881813153
- Correo electrónico
- quique.macias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Carlos Diaz Ramos
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Teléfono
- 881813363
- Correo electrónico
- josecarlos.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Miguel Dominguez Vazquez
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Teléfono
- 881813156
- Correo electrónico
- miguel.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Rodrigo Mariño Villar
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Correo electrónico
- rodrigo.marino [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Alberto Rodriguez Vazquez
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Correo electrónico
- alberto.rodriguez.vazquez1 [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo A3 /CLIS_03 | Galego | 5035 Aula Seminario de Química Inorgánica |
12:10-13:10 | Grupo B3/CLIS_06 | Galego | 5035 Aula Seminario de Química Inorgánica |
13:10-14:10 | Grupo B2/CLIS_05 | Galego | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
18:30-19:30 | Grupo C3/CLIS_09 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Química Inorgánica |
19:30-20:30 | Grupo C2/CLIS_08 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo A1/CLIS_01 | Galego | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
13:10-14:10 | Grupo B1 /CLIS_04 | Galego | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
19:30-20:30 | Grupo C1/CLIS_07 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo A2 /CLIS_02 | Galego | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |