Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
-Coñecer os aspectos básicos do control oficial dos produtos alimenticios.
-Coñecer os aspectos xerais, problemática e determinación dos compoñentes dos alimentos que sexan de interese desde o punto de vista da etiquetaxe nutricional, da calidade e seguridade dos produtos alimenticios.
-Adquirir coñecementos do significado, importancia e aspectos legais das sustancias de interese desde o punto de vista da calidade, detección de fraudes e seguridade química dos produtos alimenticios.
-Aprender a utilizar as ferramentas analíticas apropiadas para a determinación dos parámetros de interese na etiquetaxe nutricional, control de calidade, detección de fraudes e seguridade química dos alimentos.
-Adquirir experiencia en avaliar datos, resolver problemas e elaborar informes relativos ao control dos produtos alimenticios.
Programa de clases expositivas:
As clases expositivas desenvolveranse en 23 sesións de 50-55 minutos cada unha.
Aspectos Analíticos dos Alimentos
Tema 1: O control oficial dos produtos alimenticios.
Tema 2: A etiquetaxe dos produtos alimenticios.
Tema 3: Importancia e determinación de pH e acidez valorable.
Tema 4: Importancia e determinación de auga e extracto seco.
Tema 5: Importancia e determinación de proteínas.
Tema 6: Importancia e determinación de hidratos de carbono.
Tema 7. Importancia e determinación de lípidos
Tema 8: Importancia e determinación de cinzas e elementos minerais.
Tema 9: Importancia e determinación de vitaminas.
Seguridade química dos alimentos
Tema 10: Aditivos.
Tema 11: Materiais en contacto con alimentos.
Tema 12: Residuos e contaminantes
Programa de clases interactivas.
As clases expositivas completaranse con 3 clases interactivas. Nelas os alumnos completarán os coñecementos adquiridos nas clases expositivas e resolverán cuestións e problemas relacionados coa materia sobre a que traballarían previamente.
Etiquetaxe dos produtos alimentícios.
Resolución de problemas e cuestións relativas á composición dos alimentos.
Aspectos de seguridade química dos alimentos.
Programa de clases prácticas.
As clases prácticas de laboratorio desenvolvésense en 15 horas, en 4 sesións.
Práctica 1. Determinación da acidez.
Práctica 2. Determinación de humidade e cinzas.
Práctica 3. Determinación de elementos minerais.
Práctica 4. Determinación de vitaminas.
Básica
NIELSEN, S.S. Análisis de los alimentos (2009), 3ª edición. Editorial Acribia.
Métodos oficiales de análisis de alimentos. Legislación Española y Europea Actualizada: Bases de datos del BOE ( http://www.boe.es/aeboe/consultas/bases_datos/iberlex.php ) y EUR-Lex El acceso al derecho de la Unión Europea (http://eur-lex.europa.eu/es/index.htm )
AECOSAN Gestión de riesgos (http://www.aecosan.msssi.gob.es/AECOSAN/web/seguridad_alimentaria/secci…).
DG Health and Consumer. Food and Feed Safety (http://ec.europa.eu/food/food/chemicalsafety/index_en.htm ).
Complementaria.
Official Methods of Analysis of AOAC International. 19th Edition,. 2012.
Kuklinski, C. Nutrición y Bromatología (2003). Ediciones Omega.
Sullivan, D.M. and Carpenter , D.E. (1993). Methods of analysis for nutrition labeling. AOAC international
Escenario 2
Bibliografía on-line
Está pendente a adquisición de libros en versión dixital
Escenario 3
Bibliografía on-line
Está pendente a adquisición de libros en versión dixital
Competencias a alcanzar polo estudante coa asignatura.
Competencias específicas do móduloMF03 Desarrollar análisis higiénico-sanitarios (bioquímico, bromatológico, microbiológicos y parasitológicos) relacionados con la salud en general y con los alimentos y medio ambiente en particular.
MF09 Comprender la relación existente entre alimentación y salud, y la importancia de la dieta en el tratamiento y prevención de las enfermedades.
MF14 Conocer las Técnicas analíticas relacionadas con diagnóstico de laboratorio, tóxicos, alimentos y medioambiente.
Competencias transversais.
CI01 Capacidade de análise e síntese.
CI02 Capacidade de organizar e planificar
CI04 Coñecementos básico da profesión
CI09 Resolución de problemas.
CS01 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor no que se expoñen os contidos teóricos da materia. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. A plataforma virtual da USC servirá de soporte e complemento teórico da materia.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios, etc. O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor, resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación sobre apartados específicos.
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases prácticas nas que o alumno utiliza os medios analíticos dispoñibles para a determinación de parámetros de interese nos alimentos. O alumno participará activamente nestas clases e presentará os resultados das prácticas para a súa avaliación a través de diferentes actividades empregando o Campus Virtual. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
O alumno non será avaliado se non realiza e aproba as prácticas que se lle indiquen. A nota de prácticas manterase nos dous cursos académicos posteriores en caso de non superar a materia.
D) Plataforma virtual da USC como soporte e complemento da docencia teórico-práctica e como un elemento importante de comunicación co alumno. Nela poranse a disposición dos alumnos os recursos teóricos e prácticos, necesarios para o estudo da materia.
E) Tutorías de pizarra en grupo moi reducido: Tutorías programadas polo profesor. En xeral, suporán para cada alumno unhas 2 horas por cuadrimestre e materia. Proponse actividades como a aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas proposta.
Escenario 2
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor no que se expoñen os contidos teóricos da materia. Realizaranse mediante docencia telemática de forma síncrona no horario establecido empregando preferentemente como medios telemáticos o Campus Virtual e Teams.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios, etc. Realizaranse mediante docencia presencial na aula.
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense as clases prácticas experimentais nas que o alumno utiliza os medios analíticos dispoñibles para a determinación de parámetros de interese nos alimentos. Realizaranse en grupos de 10 alumnos da seguinte forma, un 50% de maneira presencial no laboratorio e un 50% consistirán en prácticas asíncronas virtuais nas que se exporán distintas actividades a través do Campus Virtual que o alumno terá que realizar e entregar a través da mesma plataforma. O alumno presentará os resultados das prácticas para a súa avaliación a través de diferentes actividades empregando o Campus Virtual. A asistencia e participación nestas clases é obrigatoria.
D) Plataforma virtual da USC como soporte e complemento da docencia teórico-
práctica e como un elemento importante de comunicación co alumno. Nela poranse a disposición dos alumnos os recursos teóricos e prácticos, necesarios para o estudo da materia.
E) Tutorías de pizarra en grupo moi reducido: Tutorías programadas polo profesor. En xeral, suporán para cada alumno unhas 2 horas por cuadrimestre e materia. Proponse actividades como a aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas proposta. Realizaranse de forma presencia na aula.
O seguimento das actividades propostas farase mediante a programación das entregas e lista de participación nas actividades.
Escenario 3
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor no que se expoñen os contidos teóricos da materia. Realizaranse mediante unha combinación de docencia telemática de forma síncrona e asíncrona empregando preferentemente como medios telemáticos o Campus Virtual e Teams.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios, etc. Realizaranse mediante unha combinación de docencia telemática de forma síncrona e asíncrona empregando preferentemente como medios telemáticos o Campus Virtual e Teams. Proporanse diferentes actividades a través do Campus Virtual que o alumno terá que resolver e entregar a través da mesma plataforma.
C) Clases prácticas de laboratorio: O 100% das prácticas serán virtuais síncronas ou asíncronas ou ben unha combinación das dúas modalidades. Realizaranse en grupos de 20 alumnos. Exporanse distintas actividades a través do Campus Virtual que o alumno terá que realizar e entregar a través da mesma plataforma. O alumno presentará os resultados das prácticas para a súa avaliación a través de diferentes actividades empregando o Campus Virtual. A asistencia e participación nestas clases é obrigatoria.
D) Plataforma virtual da USC como soporte e complemento da docencia teórico-
práctica e como un elemento importante de comunicación co alumno. Nela poranse a disposición dos alumnos os recursos teóricos e prácticos, necesarios para o estudo da materia.
E) Tutorías de pizarra en grupo moi reducido: Tutorías programadas polo profesor. En xeral, suporán para cada alumno unhas 2 horas por cuadrimestre e materia. Proponse actividades como a aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas proposta. Realizaranse mediante docencia telemática síncrona ou asíncrona empregando preferentemente como medios telemáticos o Campus Virtual e Teams.
O seguimento das actividades propostas farase mediante a programación das entregas e lista de participación nas actividades.
A avaliación nas dúas convocatorias do curso académico consistirá en tres partes: parte teórica, parte correspondente á avaliación continua e parte práctica.
O exame teórico suporá o 60% da cualificación final (máximo 6 puntos). O exame será de tipo mixto, con preguntas tipo test para cubrir todas as partes fundamentais da materia, e con cuestións curtas e concretas, que permitan valorar o desenvolvemento dun razoamento e a asimilación da materia. É necesario que a cualificación obtida neste exame supere o 45% da nota máxima (2,7), para valorar o resto dos apartados.
A avaliación continua suporá o 20% (máximo de 2 puntos). Establecerase tendo en conta: participación activa do alumno nas clases, realización de actividades propostas, notas correspondentes a probas escritas que sobre apartados específicos póidanse realizar, etc. A nota da avaliación continua manterase nos dous cursos académicos posteriores en caso de non superar a materia.
A avaliación das prácticas suporá o 20% (máximo de 2 puntos) da nota final. Para esta avaliación terase en conta a presentación dos resultados das prácticas por parte do alumno a través de distintas actividades empregando o Campus Virtual. O mínimo para aprobalas é 1 punto sobre 2. A nota de prácticas manterase nos dous cursos académicos posteriores en caso de non superar a materia.
Na 2ª oportunidade do curso académico, só se realizará o exame de teoría, conservándose a cualificación correspondente á avaliación continua, traballos e prácticas. A nota máxima sobre a que se cualificará esta parte do exame e o mínimo requirido será o mesmo descrito para a primeira convocatoria.
O alumno debe obter como mínimo cinco puntos sobre dez para aprobar a materia.
A avaliación das competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes actividades:
1. No exame avaliaranse as competencias MF03, MF09, MF14, CI01, CI02, CI04, CI09, coñecer o control oficial dos produtos alimenticios, coñecer os parámetros de interese para establecer a calidade dos alimentos, coñecer os parámetros de interese relacionados coa seguridade química dos alimentos.
2. Nas prácticas de laboratorio: MF03, MF14, CI02, CI04, CS01, comprender e aplicar correctamente as técnicas relacionadas coa análise alimentos para a determinación dos parámetros de interese no establecemento da calidade e seguridade química dos alimentos.
3. Nas clases interactivas: CI09, CS01, adquirir as habilidades necesarias para realizar o control dos produtos alimenticios.
Escenario 2
A avaliación nas dúas convocatorias do curso académico consistirá en tres partes: parte teórica, parte correspondente á avaliación continua e parte práctica.
A proba telemática final suporá o 60% da cualificación final (máximo 6 puntos). A proba final será de tipo mixto, con preguntas tipo test para cubrir todas as partes fundamentais da materia, e con cuestións curtas e concretas, que permitan valorar o desenvolvemento dun razoamento e a asimilación da materia. É necesario que a cualificación obtida neste exame supere o 45% da nota máxima (2,7), para valorar o resto dos apartados.
A cualificación da proba final será complementaria á avaliación continua.
A avaliación continua suporá o 20% (máximo de 2 puntos). Establecerase tendo en conta: participación activa do alumno nas clases e a realización de actividades (cuestións, traballos, etc.) propostas a través do Campus Virtual. A nota da avaliación continua manterase nos dous cursos académicos posteriores en caso de non superar a materia
A avaliación das prácticas suporá o 20% (máximo de 2 puntos) da nota final. A avaliación realizarase mediante a entrega dos resultados das prácticas a través de diferentes actividades empregando o Campus Virtual. O mínimo para aprobalas é 1 punto sobre 2. A nota de prácticas manterase nos dous cursos académicos posteriores en caso de non superar a materia.
Na 2ª oportunidade do curso académico, só se realizará o exame de teoría, conservándose a cualificación correspondente á avaliación continua, traballos e prácticas. A nota máxima sobre a que se cualificará esta parte do exame e o mínimo requirido será o mesmo descrito para a primeira convocatoria.
O alumno debe obter como mínimo cinco puntos sobre dez para aprobar a materia.
A avaliación das competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes actividades:
1. Na proba telemática final avaliaranse as competencias MF03, MF09, MF14, CI01, CI02, CI04, CI09, coñecer o control oficial dos produtos alimenticios, coñecer os parámetros de interese para establecer a calidade dos alimentos, coñecer os parámetros de interese relacionados coa seguridade química dos alimentos.

“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”

3. Nas clases interactivas: CI09, CS01, adquirir as habilidades necesarias para realizar o control dos pro dutos alimenticios.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
O exame final da materia realizarase de forma presencial ou por vía telemática en función da situación sanitaria na que nos atopemos
TRABALLO PRESENCIAL NA aula
Clases expositivas en grupo grande: 23 horas
Clases interactivas en grupo reducido: 3 horas
Prácticas no laboratorio:15 horas
Tutorías en grupo moi reducido: 2 horas
Exames e revisión: 2 horas
Total de horas de traballo presencial na aula: 45 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Resolución de exercicios, ou outros traballos: 6 horas
Elaboración da memoria de prácticas: 5,5 horas
Orientación e resolución de dúbidas: 4 horas
Realización e revisión de exame: 2 horas
Total horas traballo persoal do alumno: 67,5 horas
É aconsellable asistir ás clases expositivas e estudar a materia con anterioridade á asistencia ás clases interactivas e prácticas, que constitúen unha aplicación dos coñecementos teóricos. Os alumnos deben comprender e poder resolver as cuestións propostas nas clases expositivas, para que poidan expor as súas dúbidas ao profesor nas clases interactivas.
É imprescindible o uso da USC virtual onde o Profesor incluirá o material que considere necesario para os alumnos, así como os anuncios e tarefas a realizar ao longo do curso. Ademais os alumnos poden consultar directamente e en todo momento co profesor as súas dúbidas ou suxerir calquera aclaración.
Para as prácticas de laboratorio é necesario coñecer as medidas de seguridade no laboratorio de prácticas e é obrigatorio o uso de bata e lentes de laboratorio. Calquera dúbida que puidese xurdir antes ou durante as prácticas deberá ser consultada co profesor
Escenario 2
É aconsellable asistir ás clases expositivas que se realizarán mediante docencia telemática de forma síncrona e estudar a materia con anterioridade á asistencia ás clases interactivas e prácticas, que constitúen unha aplicación dos coñecementos teóricos. Os alumnos deben comprender e poder resolver as cuestións propostas nas clases expositivas, para que poidan expor as súas dúbidas ao profesor nas clases interactivas.
É imprescindible o uso da USC virtual onde o Profesor incluirá o material que considere necesario para os alumnos, así como os anuncios e tarefas a realizar ao longo do curso. Ademais, os alumnos poden consultar co profesor as súas dúbidas ou suxerir calquera aclaración ben presencialmente ou ben empregando medios telemáticos, Campus Virtual, correo electrónico, etc.
Para as prácticas de laboratorio é necesario coñecer as medidas de seguridade no laboratorio de prácticas e é obrigatorio o uso de bata e lentes de laboratorio. Calquera dúbida que puidese xurdir antes ou durante as prácticas deberá ser consultada co profesor.
Escenario 3
É aconsellable asistir ás clases expositivas que se realizarán mediante unha combinación de docencia telemática de forma síncrona e asíncrona e estudar a materia con anterioridade á asistencia ás clases interactivas e prácticas, que constitúen unha aplicación dos coñecementos teóricos. Os alumnos deben comprender e poder resolver as cuestións propostas nas clases expositivas, para que poidan expor as súas dúbidas ao profesor nas clases interactivas que se realizarán mediante docencia telemática síncrona e asíncrona.
É imprescindible o uso da USC virtual onde o Profesor incluirá o material que considere necesario para os alumnos, así como os anuncios e tarefas a realizar ao longo do curso. Ademais, os alumnos poden consultar co profesor as súas dúbidas ou suxerir calquera aclaración empregando medios telemáticos, Campus Virtual, correo electrónico, etc.
As prácticas de laboratorio serán 100% virtuais, o alumno deberá realizar todas as actividades que se propoñan. Calquera dúbida que puidese xurdir relacionada coas prácticas deberá ser consultada co profesor empregando para iso medios telemáticos, Campus Virtual, correo electrónico, etc.
“Plan de Continxencia”
Metodoloxía do ensino
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto:
No escenario 2 as Clases expositivas realizaranse mediante docencia telemática de forma síncrona no horario establecido empregando preferentemente como medios telemáticos o Campus Virtual e Teams. As Clases interactivas de seminario e tutorías realizaranse de forma presencial na aula. As Clases prácticas de laboratorio realizaranse en grupos de 10 alumnos con docencia presencial e virtual. Un 50% de maneira presencial no laboratorio e un 50% consistirán en prácticas asíncronas virtuais nas que se exporán distintas actividades a través do Campus Virtual que o alumno terá que realizar e entregar a través da mesma plataforma.
No escenario 3 as Clases expositivas realizaranse mediante unha combinación de docencia telemática de forma síncrona e asíncrona empregando preferentemente como medios telemáticos o Campus Virtual e Teams. As Clases interactivas en grupo reducido e tutorías de lousa en grupo moi reducido realizaranse mediante unha combinación de docencia telemática de forma síncrona e asíncrona empregando preferentemente como medios telemáticos o Campus Virtual e Teams. As Clases prácticas de laboratorio realizaranse en grupos de 20 alumnos serán 100% virtuais síncronas ou asíncronas ou ben unha combinación das dúas modalidades. Exporanse distintas actividades a través do Campus Virtual que o alumno terá que realizar e entregar a través da mesma plataforma.
O seguimento das actividades propostas farase mediante a programación das entregas e lista de participación nas actividades.
Sistema de avaliación
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
O sistema de avaliación será o mesmo nos escenarios 2 e 3.
A avaliación nas dúas convocatorias do curso académico consistirá en tres partes: parte teórica, parte correspondente á avaliación continua e parte práctica. A proba telemática final suporá o 60% da cualificación final (máximo 6 puntos). A proba final será de tipo mixto, con preguntas tipo test para cubrir todas as partes fundamentais da materia, e con cuestións curtas e concretas, que permitan valorar o desenvolvemento dun razoamento e a asimilación da materia. É necesario que a cualificación obtida neste exame supere o 45% da nota máxima (2,7), para valorar o resto dos apartados.
A cualificación da proba final será complementaria á avaliación continua.
A avaliación continua suporá o 20% (máximo de 2 puntos). Establecerase tendo en conta: participación activa do alumno nas clases e a realización de actividades (cuestións, traballos, etc.) propostas a través do Campus Virtual. A nota da avaliación continua manterase nos dous cursos académicos posteriores en caso de non superar a materia
A avaliación das prácticas suporá o 20% (máximo de 2 puntos) da nota final. A avaliación realizarase mediante a entrega dos resultados das prácticas a través de diferentes actividades empregando o Campus Virtual. O mínimo para aprobalas é 1 punto sobre 2. A nota de prácticas manterase nos dous cursos académicos posteriores en caso de non superar a materia.
Perfecto Miguel Paseiro Losada
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 881814960
- Correo electrónico
- perfecto.paseiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Raquel Sendon Garcia
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 881814964
- Correo electrónico
- raquel.sendon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Isabel Rodriguez Bernaldo De Quiros
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- ana.rodriguez.bernaldo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Patricia Vázquez Loureiro
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- patriciavazquez.loureiro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Letricia Barbosa Pereira
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- letricia.barbosa.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |