Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Parasitoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Recoñecer e identificar as principais especies parasitas responsables de enfermidade no home.
- Relacionar os coñecementos morfolóxicos e biolóxicos co diagnóstico parasitolóxico.
- Aplicar os fundamentos biolóxicos e epidemiolóxicos na prevención e control das enfermidades parasitarias.
- Desenvolver capacidades para formular e resolver problemas prácticos de tipo parasitolóxico.
Programa de clases expositivas:
BLOQUE I. XENERALIDADES
Tema 1. O parasitismo como asociación biolóxica. Ciclos biolóxicos. Tipos de parasitos e de hóspedes.
Tema 2. Taxonomía e nomenclatura parasitarias. Bases e limitacións da caracterización morfolóxica.
Tema 3. Accións do parasito sobre o hospedador: os parasitos como organismos patóxenos. Impacto das enfermidades parasitarias nas poboacións humanas e animais.
Tema 4. Factores que determinan a distribución e prevalencia das parasitoses: factores bióticos, abióticos e sociais. Epidemioloxía. Zoonoses parasitarias.
Tema 5. Bases para o control das enfermidades parasitarias.
BLOQUE II. PROTOZOOLOXÍA
Tema 6. Protozoos: introdución, bioloxía e clasificación.
Tema 7. Amebas intestinais: Entamoeba histolytica. Amebas anfizoicas: Naegleria, Acanthamoeba e Balamuthia.
Tema 8. Flaxelados intestinais: Giardia duodenalis. Flaxelados uroxenitais: Trichomonas vaginalis.
Tema 9. Flaxelados hemotisulares: Leishmania e Trypanosoma.
Tema 10. Ciliados: Balantidium coli.
Tema 11. Apicomplexos intestinais: Cryptosporidium, Cyclospora e Isospora.
Tema 12. Apicomplexos tisulares: Sarcocystis e Toxoplasma.
Tema 13. Apicomplexos hemáticos: Plasmodium.
BLOQUE III. HELMINTOLOXÍA
Tema 14. Trematodos: introdución, bioloxía e clasificación.
Tema 15. Trematodos hepatobiliares: Fasciola, Clonorchis e Opistorchis.
Tema 16. Trematodos intestinais: Fasciolopsis e Heterophyes. Trematodos pulmonares: Paragonimus.
Tema 17. Trematodos hemáticos: Schistosoma.
Tema 18. Cestodos: introdución, bioloxía e clasificación.
Tema 19. Pseudofílidos: Diphyllobothrium e Spirometra.
Tema 20. Ciclofílidos: Taenia, Echinococcus e Hymenolepis.
Tema 21. Nematodos: introdución, bioloxía e clasificación.
Tema 22. Tricúridos: Trichuris e Trichinella.
Tema 23. Ascáridos: Ascaris, Toxocara e Anisakis.
Tema 24. Estrongílidos: Ancylostoma e Necator. Rabdítidos: Strongyloides.
Tema 25. Oxiúridos: Enterobius vermicularis.
Tema 26. Filarias: Wuchereria, Brugia, Onchocerca, Loanza e Mansonella.
BLOQUE IV. ARTROPODOLOXÍA
Tema 27. Artrópodos: introdución, bioloxía e clasificación. Interese sanitario e papel vectorial.
Tema 28. Ácaros: Sarcoptes e Demodex. Carrachas: Argas e Ixodes.
Tema 29. Insectos. Piollos: Pediculus e Pthirus. Chinches: Triatómidos e Cimex. Pulgas: Pulex e Tunga.
Tema 30. Dípteros (mosquitos, moscas e tabáns): Anopheles, Culex e Aedes. Phlebotomus e Lutzomyia. Simulium. Culicoides. Glossina. Chrysops. Principais axentes etiolóxicos de míase.
Programa de clases prácticas:
Práctica 1. Descrición e funcionamento do microscopio. Protozoos: características morfolóxicas de amebas, flaxelados, ciliados e apicomplexos. Observación de preparacións.
Práctica 2. Descrición e funcionamento do estereomicroscópico. Trematodos: características morfolóxicas de adultos, ovos e fases larvarias. Ciclos biolóxicos. Observación de preparacións.
Práctica 3. Cestodos: características morfolóxicas dos adultos, ovos e fases larvarias. Ciclos biolóxicos. Observación de preparacións.
Práctica 4. Nematodos: características morfolóxicas dos adultos, ovos e fases larvarias. Ciclos biolóxicos. Observación de preparacións. Infección natural e experimental.
Práctica 5. Artrópodos: características morfolóxicas dos insectos, ácaros e carrachas. Observación de preparacións con diferentes fases de desenvolvemento.
Básica
- Parasitología Humana. W.L. Apt Baruch. McGraw-Hill Interamericana. 1ª Edición. 2013.
- Foundations of Parasitology. L.S. Roberts, J. Janovy e S. Nadler. McGraw-Hill Higher Education. 9ª Edición. 2013.
- Atlas de Parasitología humana. L.R. Ash e T.C. Orihel Editorial Médica Panamericana. 5ª Edición. 2010.
Complementaria
- Manual de parasitología: morfología y biología de los parasitos de interese sanitario. J. Gállego Berenguer. Publicacions i Edicions Universitat de Barcelona, D.L. 2007.
- Parasitic diseases. D.D. Despommier;J.W. Karapelou e J. Jensen. New York: Apple Trees. 5ª Edicción. 2006.
- http://www.facmed.unam.mx/deptos/microbiologia/parasitologia/. Recursos en Parasitología. Universidad Nacional Autónoma de México. Administradora: Teresa Uribarren Berrueta.
- http://www.dpd.cdc.gov/dpdx/HTML/Para_Health.htm. DPDx – Laboratory Identification of Parasitic Diseases of Public Health Concern. Centers for Disease Control and Prevention.
- http://apps.who.int/tdr/svc/publication. TDR. World Health Organization.
Competencias xerais
- 9. Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade no ámbito individual, familiar e comunitario; cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
- 12. Desenvolver análises hixiénico-sanitarias, especialmente as relacionadas cos alimentos e medioambiente.
- 13. Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais coma escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
- 14. Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinais e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
- 16. Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á autoaprendizaxe de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
Competencias específicas
- B04. Comprender a relación entre o ciclo de vida dos axentes infecciosos e as propiedades dos principios activos.
- B08. Coñecer a natureza e comportamento dos axentes infecciosos.
- MF02. Coñecer e comprender os fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos ditames do diagnóstico de laboratorio.
- MF03. Desenvolver análises hixiénico-sanitarias (bioquímicas, bromatolóxicas, microbiolóxicas, parasitolóxicas) relacionadas coa saúde, en xeral, e cos alimentos e medio ambiente en particular.
- MF09. Comprender a relación existente entre alimentación e a saúde, e a importancia da dieta no tratamento e prevención das enfermidades.
- LS01. Coñecer os fundamentos da saúde pública e intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade nos ámbitos individual e colectivo e contribuír á educación sanitaria, recoñecendo os determinantes da saúde na poboación, tanto os xenéticos coma os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
Competencias transversais
- CI03. Coñecementos xerais básicos.
- CS01. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
- CS03. Capacidade de aprender
ESCENARIO 1:
Clases expositivas (presencial na aula): leccións impartidas polo profesor que poden ter formatos diferentes. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. A plataforma virtual da USC servirá de soporte e complemento á docencia teórica. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do programa proposto na Guía Docente da materia. Recomendase a asistencia.
Clases interactivas de seminario (presencial na aula): clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría. O alumno deberá participar activamente nestas clases. Os alumnos que por un motivo xustificado non poidan asistir ao grupo de seminario asignado, deberán comunicalo coa suficiente antelación ao profesor responsable ou a súa inasistencia terá un carácter negativo.
Clases interactivas con ordenador (presencial na aula de informática): inclúense aquí as clases nas que o alumno utiliza o ordenador en aula de informática. O alumno deberá participar activamente nestas clases.
Clases interactivas de laboratorio (presencial no laboratorio): inclúense aquí as clases que teñen lugar no laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de Parasitoloxía. Cada unha das prácticas constará dunha breve presentación de fundamentos e metodoloxía a seguir. O alumno non poderá aprobar a asignatura se non realiza as prácticas de laboratorio. Os alumnos que por un motivo xustificado non poidan asistir ao grupo de prácticas asignada, deberán comunicalo coa suficiente antelación ao profesor responsable co fin de reestruturar os grupos. As prácticas de laboratorio serán obrigatorias e terán unha validez de tres cursos académicos, incluíndo o de realización.
Titorías: estarán dedicadas á resolución de dúbidas ou aclaracións e se programarán polo profesor a demanda do alumno.
ESCENARIO 2:
Clases expositivas: igual que no escenario 1 pero impartiranse de forma síncrona a a través da aplicación Microsoft Teams.
Clases interactivas de seminario: igual que no escenario 1, presencial na aula.
Clases interactivas de laboratorio: 50% das prácticas síncronas presenciais no laboratorio e 50% das prácticas asíncronas virtuais a través do Campus Virtual.
Tutorías: igual que no escenario 1.
ESCENARIO 3:
Clases expositivas: igual que no escenario 2, impartiranse de forma síncrona a través da aplicación Microsoft Teams.
Clases interactivas de seminario: impartiranse de forma síncrona a través da aplicación Microsoft Teams ou ben asíncrona a través do Campus Virtual.
Clases interactivas de laboratorio: 50% das prácticas síncronas virtuais a través da aplicación Microsoft Teams e 50% das prácticas asíncronas virtuais a través do Campus Virtual.
Tutorías: igual que no escenario 1, pero de forma telemática por correo electrónico, Campus Virtual ou Microsoft Teams.
- O alumno non será avaliado se non realiza as prácticas de laboratorio e a súa nota final na materia será "Non Presentado".
- A avaliación consistirá nun exame teórico que supoñerá un 90% da cualificación final e poderá constar de: definición de conceptos básicos, resposta a preguntas curtas e tipo test, interpretación de imaxes e esquemas, resolución de casos prácticos e desenvolvemento de temas fundamentais. Serán tamén obxecto de avaliación os fundamentos teóricos das clases prácticas. Non se aceptarán datas alternativas para a realización do exame teórico, excepto cando coincida en data y hora con outra materia dun curso anterior.
- Haberá unha avaliación continua complementaria na que se valorarán a participación, actitude e aproveitamento das diferentes actividades programadas, incluídas as clases interactivas de seminario e de laboratorio. A súa valoración será o 10% da cualificación final, pero será necesario obter unha nota mínima (5 sobre 10) no exame teórico para aplicar esta valoración. Dita valoración só terá validez para o curso académico no que se obtivera.
- A avaliación das competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
A. No exame, avaliaranse as competencias: 9, 12, 13, 16, B04, B08, MF02, MF03, MF09, LS01, CI03, CS01, CS03.
B. Nas prácticas de laboratorio, avaliaranse as competencias: 9, 12, 13, 14, 16, B04, B08, MF02, MF03, MF09, LS01,
CI03, CS01, CS03.
C. Nas clases interactivas, avaliaranse as competencias: 9, 12, 13, 14, 16, B04, B08, MF02, MF03, MF09, LS01, CI03,
CS01, CS03.
- Na convocatoria de segunda oportunidade, utilizaranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira convocatoria.
ESCENARIO 1:
Examen teórico: presencial (90% da calificación final)
Avaliación continua: presencial (10% da calificación final)
ESCENARIO 2:
Examen teórico: de forma presencial ou telemática síncrona a través do Campus Virtual en función da situación sanitaria na que nos atopemos (90% da calificación final)
Avaliación continua: presencial e telemática (10% da calificación final)
ESCENARIO 3:
Examen teórico: de forma telemática síncrona a través do Campus Virtual (90% da calificación final)
Avaliación continua: de forma telemática síncrona e asíncrona a través de Microsoft Teams e do Campus Virtual (10% da calificación final)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revision de cualificacions”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
HORAS
Clases expositivas en grupo grande: 30
Clases interactivas en grupo reducido: 2
Clases interactivas con ordenador en grupo reducido: 2
Titorías en grupo moi reducido: 2
Prácticas de laboratorio: 20
Exames e revisión: 4
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio: 60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
HORAS
Estudo autónomo individual ou en grupo: 52,5
Lecturas, páxinas Web recomendadas,….: 10
Realización de prácticas: 20
Elaboración de traballos: 7,5
Total horas traballo persoal do alumno: 90
- Asistir ás clases expositivas.
- Manter o estudo ao día.
- En cada tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, asegurándose de coñecer tanto o seu significado coma a súa aplicación.
- Consultar calquera dúbida xurdida ao profesor responsable.
- Utilizar a plataforma virtual como complemento e consultar a bibliografía.
- Empregar as horas de titoría para resolver calquera dúbida.
Recomendacións de cara á avaliación
Recoméndase ler detidamente o exame co fin de axustar as respostas ás cuestións formuladas.
Recomendacións de cara á recuperación.
Aquel alumno que non supere con éxito o proceso de avaliación na primeira oportunidade, debería acudir ao profesor para unha vez comprobados os fallos que motivaron non ter superado o exame, buscar o asesoramento necesario.
NOTA: Todos os xéneros e especies do programa deberían estar correctamente escritos en letra cursiva. A aplicación informática dispoñible actualmente non o permite.
Ante a situación xurdida a raíz da pandemia pola COVID-19 inclúense diferentes adaptacións na metodoloxía da ensinanza e no sistema de avaliación previstas no “Plan de Continxencia” para o curso 2020-2021 que se indican a continuación:
ESCENARIO 1:
Clases expositivas e interactivas de seminario: síncrono, presencial en aula. Avaliación presencial.
Clases interactivas de laboratorio: 100% prácticas síncronas presenciais no laboratorio. Avaliación presencial
ESCENARIO 2:
Clases expositivas: docencia telemática síncrona a través de Microsoft Teams. Avaliación telemática a través do Campus Virtual.
Clases interactivas de seminario: presencial na aula. Avaliación presencial.
Prácticas de laboratorio: 50% prácticas síncronas presenciais no laboratorio e 50% prácticas asíncronas virtuais a través do Campus Virtual. Avaliación presencial.
ESCENARIO 3:
Clases expositivas: docencia telemática síncrona a través de Microsoft Teams. Avaliación telemática a través do Campus Virtual.
Clases interactivas de seminario: docencia telemática síncrona a través da aplicación Microsoft Teams ou ben asíncrona a través do Campus Virtual.
Prácticas de laboratorio: 50% das prácticas síncronas virtuais a través da aplicación Microsoft Teams e 50% das prácticas asíncronas virtuais a través do Campus Virtual. Avaliación telemática.
O exame final da materia realizarase de forma presencial ou por vía telemática en función da situación sanitaria na que nos atopemos.
Non obstante, o contido desta guía docente podría ser modificado seguindo as directrices e instruccións que dicte a USC no futuro e de acordo cos recursos humanos e técnicos que se nos proporcionen.
Maria Esperanza Paniagua Crespo
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Parasitoloxía
- Teléfono
- 881815004
- Correo electrónico
- mesperanza.paniagua [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Elvira Ares Mazas
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Parasitoloxía
- Teléfono
- 881814890
- Correo electrónico
- melvira.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Hipolito Gomez Couso
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Parasitoloxía
- Teléfono
- 881814889
- Correo electrónico
- hipolito.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor