Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Orgánica
Áreas: Química Orgánica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Se pretende nesta materia o estudo dos diferentes fármacos seguindo unha clasificación terapéutica, continuando os contidos do curso de "Química Farmacéutica I". Deste xeito, abordarase fundamentalmente o estudo dos fármacos que actúan sobre a dor e a inflamación, o sistema nervioso central, o sistema nervioso periférico e o sistema cardiovascular.
En cada grupo farmacolóxico farase fincapé nas estructuras xerais dos fármacos, o seu mecanismo de acción molecular, a relación entre a estructura molecular e a actividade farmacolóxica, a súa preparación, propiedades físico-químicas, análise e transformacións principais nos seus procesos metabólicos.
Ademais, introducese unha "chamada de atención" cara o desenvolvemento da biotecnoloxía conectado coa farmacoxenómica e as técnicas analíticas.
O fin último que se persegue é que o estudante asente sobre a Química os coñecementos fundamentais da Farmacoloxía. Ademais, que dispoña de elementos para prever as posibilidades sintéticas dos fármacos, a súa estabilidade, as súas características ADME e o seu análise, o que lle permitirá tamén entender novas melloras farmacéuticas que incrementarán o poder terapéutico e coas que traballará no desenvolvemento da súa actividade profesional.
Tema 1. Analxésicos opiáceos
Tema 2. Antiinflamatorios no esteroideos
Tema 3. Fármacos que interveñen na regulación do acido úrico
Tema 4. Anestésicos xerais.
Tema 5. Anestésicos locais
Tema 6. Hipnótico-sedantes e anticonvulsivantes
Tema 7. Parkinson e relaxantes musculares centrais
Tema 8. Antipsicóticos
Tema 9. Ansiolíticos
Tema 10. Antidepresivos
Tema 11. Estimulantes. Psicodislépticos. Fármacos de abuso.
Tema 12. Fármacos que interveñen sobre receptores colinérxicos: colinérxicos e anticolinérxicos
Tema 13. Fármacos que interveñen sobre receptores adrenérxicos: adrenérxicos e antiadrenérxicos
Tema 14. Antihistamínicos
Tema 15. Antihipertensivos.
Tema 16. Diuréticos
Tema 17. Fármacos do aparato dixestivo
Tema 18. Radiofármacos.
Tema 19. Aspectos de obtención e análise de fármacos.
Bibliografía básica:
"Introducción á Química Farmacéutica" C. Avendaño e col. Editorial Interamericana-McGraw-Hill, 2ª ed. 2001. Ejercicios de Química Farmacéutica. Carmen Avendaño e col. Editorial Interamericana-McGraw-Hill, 1997.
"Introducción a la Química Farmacéutica" A. Delgado. Ed. Diaz de Santos, 2003
Bibliografía complementaria:
E. Raviña: "Medicamentos. Un viaje a lo largo de a evolución histórica del descubrimiento de fármacos"
W. O. Foye: "Principios de Química Farmacéutica"
R. B. Silverman: "The Organic Chemistry of Drug Design and Drug Action"
A. Delgado: "Introducción a a síntese de fármacos"
Outro material adicional que proporcionará o profesor.
Competencias xerais.
A "Química Farmacéutica II" responde fundamentalmente ás seguintes competencias xerais establecidas na Memoria de Grao de Farmacia:
- Identificar, deseñar, obter, analizar, controlar e producir fármacos e medicamentos, así como outros productos e materias primas de interese sanitario de uso human ou veterinario.
- Deseñar, preparar, suministrar e dispensar medicamentos e outros productos de interese sanitario.
Participa tamén na adquisición de competencias para outras, como poden ser:
- Avaliar os efectos terapéuticos e tóxicos de substancias con actividade farmacolóxica.
- Saber aplicar e adquirir habilidades no manexo de fontes de información e bibliografía.
- Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
- Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial atención ao autoaprendizaxe de novos coñecementos basándose na evidencia científica disponible.
Competencias específicas.
Nalgunha medida, a "Química Farmacéutica II" contribúe á adquisición das seguintes competencias:
- Q01. Identificar, deseñar, obter, analizar e producir principios activos, fármacos e outros productos e materiais de interese sanitario.
- Q02. Seleccionar as técnicas e procedementos apropiados no deseño, aplicación e avaliación de reactivos, métodos e técnicas analíticas.
- Q03. Levar a cabo procesos de laboratorio estándar incluíndo o uso de equipos científicos de síntese e análise, instrumentación apropiada incluída.
- Q04. Estimar os riscos asociados á utilización de substancias químicas e procesos de laboratorio.
- Q05. Coñecer as características físico-químicas das substancias utilizadas para a fabricación dos medicamentos.
- Q07. Coñecer e comprender as propiedades características dos elementos e os seus compostos, así como a súa aplicación no ámbito farmacéutico.
- Q08. Coñecer e comprender a naturaleza e comportamiento dos grupos funcionais en moléculas orgánicas.
- Q09. Coñecer a orixe, naturaleza, deseño, obtención, análise e control de medicamentos e productos sanitarios.
- Q11. Coñecer e aplicar as técnicas principais de investigación estructural incluíndo a espectroscopía.
- B09. Coñecer as principais rutas metabólicas que interveñen na degradación de fármacos.
- TF03. Coñecer os procesos de liberación, absorción, distribución, metabolismo e excreción de fármacos, e os factores que condicionan a absorción e disposición en función das vías de administración.
- TF06. Coñecer a estabilidade dos principios activos e formas farmacéuticas así como os métodos de estudo.
Competencias transversais.
- CP01. Capacidade crítica e autocrítica.
- CI01. Capacidade de análise e síntese.
- CI08. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fuentes diversas).
- CP05. Capacidade para comunicarse con expertos de outras áreas
Contémplanse tres posibles escenarios:
Escenario 1: normalidade adaptada.
A) Clases expositivas: serán fundamentalmente de carácter presencial e consistirán en leccións impartidas polo profesor nas que se expoñerán os contidos teóricos básicos da materia. De forma excepcional e xustificada poderá impartirse ata un 10% das horas de forma telemática.
B) Clases interactivas en grupo reducido: terán carácter fundamentalmente presencial. Nestas clases a interacción entre o profesor e o estudante pode ser mias eficiente e servir para aclaracións, estímulo no traballo persoal, plantexar aspectos mais polo miúdo dentro do programa da materia ou incluso colaterais en relación co programa, etc. Como no caso das clases expositivas, de forma excepcional e xustificada poderá impartirse ata un 10% das horas de forma telemática.
C) Clases prácticas de laboratorio: Se desenvolverán nun laboratorio de prácticas e nun aula de informática. Nelas o estudante adquire as habilidades propias do traballo experimental e consolida os coñecimentos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guion de cada unha das prácticas a realizar. O estudante deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo leído atentamente o contido deste manual. Tras unha explicación do profesor, o estudante realizará individualmente, ou en grupo reducido, as experiencias e cálculos necesarios para conquerir os obxectivos da práctica, recollendo no caderno de laboratorio os resultados obtidos. En casos excepcionais poderá realizarse ata un 25% das horas de prácticas por vía telemática.
D) Titorías: Tempo reducido destinado á comprensión global da materia, os fundamentos e as proxeccións da mesma en grupos moi reducidos. Poderase discutir tamén acerca de visións más particulares ou identificar dificultades mais específicas. Poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
Escenario 2: distanciamento (restriccións parciais á presencialidade física).
A) Clases expositivas: serán de carácter non presencial e consistirán en leccións impartidas polo profesor nas que se exporán os contidos teóricos básicos da materia. Para a súa impartición se utilizarán as plataformas Moodle e MS Teams.
B) Clases interactivas en grupo reducido: terán carácter fundamentalmente presencial. Nestas clases a interacción entre o profesor e o estudante pode ser mais eficiente e servir para facer aclaracións, estímulo do traballo persoal, planxear aspectos mais polo miúdo dentro do programa da materia ou incluso colaterais en relación co programa, etc.
C) Clases prácticas de laboratorio: Se desenvolverán nun laboratorio de prácticas e nun aula de informática. Nelas o estudante adquire as habilidades propias do traballo experimental e consolida os coñecimentos adquiridos nas clases de teoría. As medidas de distanciamento impostas poderán supoñer que no caso necesario se reduza o tamaño dos grupos de prácticas e con eso o número de horas presenciais (ata un 50%) que se completarán con prácticas non presenciais.
D) Titorías: Tempo reducido destinado á comprensión global da materia, os fundamentos e as proxeccións da mesma en grupos moi reducidos. Poderase discutir tamén acerca de visións más particulares ou identificar dificultades mais específicas. Se realizarán preferentemente de xeito virtual.
Escenario 3: peche das instalaciones (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física).
A) Clases expositivas: serán de carácter non presencial e consistirán en leccións impartidas polo profesor nas que se exporán os contidos teóricos básicos da materia. Para a súa impartición se utilizarán as plataformas Moodle e MS Teams, e se manterán os horarios programados.
B) Clases interactivas en grupo reducido: terán carácter non presencial.Para a súa impartición se utilizarán as plataformas Moodle e MS Teams, e se manterán os horarios programados.
C) Clases prácticas: Se desenvolverán de xeito virtual.
D) Titorías: Se desenvolverán por vía telemática.
A avaliación das convocatorias do curso académico consistirá en tres partes: parte teórica, parte práctica e parte correspondente ás clases interactivas. Para superar a materia, o estudante ten que obter polo menos cinco puntos sobre dez.
A avaliación das competencias adquiridas na asignatura realizarase a través dos seguintes canles:
1. No examen teórico: as competencias xerais antes descritas, así como as competencias específicas Q01, Q08, Q09, B09, TF03, TF06 descritas na Memoria do Grao. No escenario 1 (normalidade adaptada) o examen final será presencial, no escenario 2 (distanciamento) será preferentemente de carácter telemático, mentras que no escenario 3 (peche das instalacións) será exclusivamente de carácter telemático.
2. Nas prácticas de laboratorio: as competencias específicas Q01-Q09 e Q11 descritas na Memoria do Grao
3. Nas clases interactivas: as competencias xerais antes descritas, así como as competencias específicas Q01, Q05, Q07, Q08, Q09 e as competencias transversais CI01 e CI08 descritas na Memoria do Grao
O exame teórico suporá o 70% da cualificación final (máximo de 7 puntos sobre 10). É necesario que a cualificación obtida neste exame sexa, polo menos, de 3,5 puntos sobre 7 para valorar o resto dos apartados. Ao longo do curso poderanse facer un ou varios controis (de xeito presencial ou telemático, dependendo do escenario no que se atope) cuxa cualificación se terá en conta na nota final.
A avaliación das clases interactivas suporá o 20% (máximo de 2 puntos) da nota final. Se establecerá tendo en conta: participación do estudante nas clases, realización de actividades propostas, notas correspondentes a probas escritas que sobre apartados específicos se podan realizar, etc.
A avaliación das prácticas suporá o 10% (máximo de 1 punto) da nota final. Para esta avaliación se terá en conta o traballo desenvolvido polo estudante, a súa adecuada comprensión e os resultados obtidos. Non se poderá superar a materia de Química Farmacéutica II se non se realizan todas as prácticas da mesma, tanto experimentais como de ordenador.
Na 2ª oportunidade do curso académico, sólo se realizará o examen de teoría (nas mesmas condicións contempladas en cada un dos escenarios da primeira oportunidade), conservándose a cualificación correspondiente ás prácticas e ás clases interactivas. A nota máxima sobre a que se cualificará esta parte do exame e o mínimo requerido será o mesmo descrito para a primeira convocatoria. O estudante tamén poderá conservar durante os dous cursos académicos seguintes, a puntuación correspondente ás clases interactivas e prácticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 65 horas
Resolución de tarefas: 7 horas
Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria de prácticas: 3 horas
Realización de traballos para su presentación: 15 horas
Total de horas de traballo persoal do alumno: 90
É aconsellable que o estudante:
- Estude e que plantexe ao profesor as dificultades que poda ter nesta tarefa.
- Poda ter fluída comunicación co profesor.
- Participe nas clases e trate de manter ao día a comprensión da materia.
- É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. Se debe de ler con atención o guión da práctica, repasar os conceptos teóricos importantes, e entender os obxectivos e o progreso do experimento proposto. Así mesmo, é necesario coñecer e ter en conta as normas de seguridade no laboratorio. Calquera dúbida que poida xudir antes ou durante as prácticas deberá de ser consultada co profesor.
Para facilitar este traballo, o profesor tratará de:
- Seleccionar adecuadamente os contidos da materia.
- Estimular o estudo e o interese pola materia.
- Estar dispoñible aos requerimentos do estudante.
Jorge Christian Fernandez Masaguer
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881815099
- Correo electrónico
- christianf.masaguer [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Lourdes Santana Penin
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881815046
- Correo electrónico
- lourdes.santana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Eugenio Uriarte Villares
Coordinador/a- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881814938
- Correo electrónico
- eugenio.uriarte [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
16:30-17:30 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
16:30-17:30 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
16:30-17:30 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
16:30-17:30 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
16:30-17:30 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |