Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Orgánica
Áreas: Química Orgánica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
A formación integral básica do alumno nos aspectos conceptuais e metodolóxicos da Química Orgánica na súa dobre vertente teórico-experimental, incluíndo:
• A comprensión dos conceptos, datos, procedementos e ferramentas teórico-experimentais que se describen no apartado “Contidos” e a adquisición das capacidades que se detallan no apartado “Competencias”.
• A súa relación con outras materias do Grado e a súa relevancia no contexto científico-económico-social actual.
• A procura e a obtención de información adicional pertinente e fiable na área a partir de fontes solventes.
• O procesado e a análise comprensiva e crítica da información recibida e/ou procurada a través de calquera medio na área da Química Orgánica.
• A aplicación do coñecemento e das capacidades adquiridas á resolución de cuestións e problemas teórico-prácticos.
• A presentación rigorosa, sintética, clara e estética de datos e información da área, tanto a nivel escrito como nos ámbitos da discusión e exposición oral.
1. Introdución: as estruturas orgánicas. Nomenclatura de compostos orgánicos.
2. Alcanos: estrutura, reactividade e análise conformacional.
3. Cicloalcanos: estrutura, reactividade e análise conformacional.
4. Estereoisomería.
5. Propiedades e reaccións dos haloalcanos. Substitución e eliminación nucleófila.
6. Alcoholes Estrutura e preparación. Reaccións e estratexias de síntese.
7. Éteres, tioles e sulfuros.
8. Aminas e derivados.
9. Alquenos: propiedades e preparación. Reaccións dos alquenos.
10. Alquinos: propiedades e reaccións características.
11. Benceno e Derivados do benceno. Reacción de substitución electrofílica aromática.
12. Laboratorio: seguridade, rexistro e escritura de procedementos experimentais, algunhas técnicas e operacións básicas, reaccións orgánicas sinxelas.
Bibliografía Básica Teoría:
Química Orgánica. K. P. C. Vollhardt e N. E. Schore. Omega. Barcelona, 5ª ed. 2008.
Química Orgánica. M. P. Cabildo, A. García, C. López e M. D. Santa María. Librería UNED, Madrid 2008.
Bibliografía Complementaria:
a) Problemas
Study Guide/Solutions Manual for Organic Chemistry. N. E. Schore. Ed. W. H. Freeman. 6ª ed. 2011.
Problemas resueltos de Química Orgánica. F. García e J. A. Dobado. Ed. Thomson. 1ª ed. 2ª impr. 2008.
Nomenclatura y representaciones de Compuestos Orgánicos. E. Quiñoa e R. Riguera. McGrawHill Interamericana de España, S.L. 2ª ed. 2005.
Cuestiones y ejercicios de Química Orgánica. E. Quiñoa e R. Riguera. McGrawHill. Interamericana de España, S.L. 2ª ed. 2004.
b) Prácticas
Técnicas experimentales en síntesis orgánica. M. A. Martínez e A. Csákÿ. Ed. Síntesis.
Curso experimental en Química Orgánica. M.ª J. Rodríguez e F. Gómez. Ed. Síntesis. 2008.
c) Recursos “on line”.
Química Orgánica. Grupo de síntesis orgánica. Universidad Jaume I. http: / /www.sinorg.uji.es/apuntes.htm.
Química Orgánica (200 ejercicios resueltos), Marquez Salamanca, Cecilio, Universidad de Alicante. Departamento de Química Orgánica http: / /rua.ua.es/dspace/handle/ 10045/6984.
Q01. Identificar, deseñar, obter, analizar e producir principios activos, fármacos e outros produtos e materiais de interese sanitario.
Q03. Levar a cabo procesos de laboratorio estándar incluíndo o uso de equipos científicos de sínteses e análises, instrumentación apropiada incluída.
Q04. Estimar os riscos asociados á utilización de sustancias químicas e procesos de laboratorio.
Q07. Coñecer e comprender as propiedades características dos elementos e os seus compostos, así como a súa aplicación no ámbito farmacéutico.
Q08. Coñecer e comprender a natureza e comportamento dos grupos funcionales en moléculas orgánicas.
CI05. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
CI09. Resolución de problemas.
CP01. Capacidade crítica e autocrítica.
CP02. Traballo en equipo.
CS01. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Levaranse a cabo de modo coordinado as seguintes actividades formativas por alumno: 30 clases expositivas, 14 seminarios en grupo reducido e 10 horas prácticas, ademais das tutorías correspondentes.
1. Clases expositivas nas que o profesor explicará os contidos da asignatura, incluíndo orientacións para o uso da bibliografía e para a resolución de problemas. Estas clases serán no aula no escenario tipo 1, mentres que nos escenarios 2 e 3 desenvolveranse na plataforma Microsoft Teams.
2. Clases interactivas (seminarios e tutorías), resolveranse boletines de exercicios e cuestionarios, fundamentalmente mediante a participación activa dos alumnos. A avaliación continua basearase na participación dos alumnos nestas actividades. Os enunciados dos problemas estarán a disposición dos alumnos no aula virtual con suficiente antelación. Nas clases interactivas os alumnos expoñerán as súas solucións, que serán analizadas entre todos, encargándose o profesor de resolver as dúbidas e dificultades que se susciten. Ocasionalmente, nos seminarios tamén se propoñerán exercicios breves para resolver no momento, que se terán en conta na avaliación.
As clases interactivas desenvolveranse no aula durante os escenarios 1 e 2 mentres que no escenario 3 desenvolveranse a través da plataforma Microsoft Teams e Moodle.
3. As prácticas de laboratorio realizaranse íntegramente no laboratorio no escenario 1. No escenario 2 o 50% das prácticas serán presenciales no laboratorio e o outro 50% realizaranse de forma virtual. Nun posible escenario 3 a totalidade das prácticas substituiranse por actividades virtuales apropiadas.
4. Tutorías grupales. Ao longo do curso desenvolveranse tutorías coa finalidade de examinar e resolver todas as dúbidas en grupo. Levaranse a cabo no aula durante os escenarios 1 e 2, mentres que no escenario 3 desenvolveranse na plataforma Microsoft Teams.
5. Tutorías personalizadas, dedicadas a levar a cabo un estreito seguimiento dos traballos de cada estudante, realizaranse de xeito presencial ou virtual segundo o escenario no que nos atopemos, presencial nos escenarios 1 e 2 e a través da plataforma Microsoft Teams no escenario 3.
6. Plataforma Digital (Moodle): A través desta plataforma digital manterase activa un aula virtual na que os profesores da materia proporcionarán toda a información necesaria para os estudantes (arquivos de PowerPoint, resumos de temas, boletines de problemas e cuestionarios ?en liña?, noticias, anuncios, etc.). Tamén será o medio a utilizar para a realización das probas finais no escenario 3.
7. Microsoft Teams: A plataforma de videoconferencia grupal de Microsoft Teams utilizarase para dar clases expositivas, en función do escenario correspondente segundo indicouse anteriormente.
A asignatura de Química Orgánica I de Farmacia divídese en clases expositivas (30 horas), seminarios (14 horas), prácticas en laboratorio (10 horas) e dúas tutorías.
Para aprobar esta asignatura é obligatorio e ineludible recibir unha cualificación de APTO na realización das prácticas de forma presencial (escenario 1) ou nas actividades propostas para substituír ás prácticas presenciales nos escenarios 2 e 3.
A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dunha proba final.
A avaliación continua incluirá as prácticas de laboratorio (P), os seminarios presenciales e os traballos entregados a través do aula virtual (S), e as probas específicas realizadas de forma presencial e/ou virtual segundo o escenario correspondente (E).
O exame final realizarase de forma presencial nos escenarios 1 e 2, mentres que no escenario 3 realizarase en modalidade virtual. En calquera caso versará sobre a totalidade dos contidos da asignatura.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións".
Para superar a asignatura o alumno obterán unha cualificación de 5 ou superior, como resultado de aplicar formúla seguinte:
Nf= máximo (Nl, N2)
Sendo Nf a nota final,
Nl a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10, N1=0,15xP 0.6xS 0.25E).
N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10).
Poderán acudir á proba final da primeira oportunidade aqueles alumnos que habendo superado a asignatura mediante avaliación continua (Nl), opten a mellorar a nota correspondente.
Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de avaliación que os que cursan a asignatura por primeira vez, salvo que teñan dispensa da facultade de seguir a avaliación continua. Neste caso, a nota N2 (a nota do exame virtual) será a nota final (Nf).
En caso de non superar a materia da forma anteriormente indicada, o alumno será valorado pola cualificación do exame na segunda oportunidade.
A avaliación de alumnos repetidores segue así mesmo os criterios indicados para a oportunidade ordinaria.
Competencias e a súa avaliación:
A avaliación das competencias adquiridas na asignatura será realizada a través das seguintes vías:
A. No exame final e en probas específicas realizadas nas clases interactivas ao longo do curso:
Competencias específicas.
Q01 Identificar, deseñar, obter, analizar e producir ingredientes activos, medicamentos e outros produtos e materiais de interese sanitario.
Q07 Coñecer e comprender as propiedades características dos elementos e os seus compostos, así como a súa aplicación no campo farmacéutico.
Q08 Coñecer e comprender a natureza e comportamento dos grupos funcionais nas moléculas orgánicas.
Competencias transversais.
CI05. Comunicación oral e escrita na súa propia lingua. CI09. Resolución de problemas.
B. En prácticas de laboratorio:
Competencias específicas.
Q03 Realizar procesos de laboratorio estándar incluíndo o uso de equipos de análise e síntese científica, incluída a instrumentación adecuada.
Q04 Estimar os riscos asociados ao uso de substancias químicas e procesos de laboratorio.
Competencias transversais.
CS01. Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica.
C. En clases interactivas:
Competencias específicas.
Q07 Coñecer e comprender as propiedades características dos elementos e os seus compostos, así como a súa aplicación no campo farmacéutico.
Q08 Coñecer e comprender a natureza e comportamento dos grupos funcionais nas moléculas orgánicas. CI05. Comunicación oral e escrita na súa propia lingua.
Competencias transversais.
CI09. Resolución de problemas. CP01. Capacidade crítica e autocrítica. CP02. Traballo en equipo.
Ademais dun total de 60 horas de traballo presencial na aula e no laboratorio, o alumno deberá traballar 90 horas adicionais de xeito autónomo, individual e en grupo, en:
a) as clases maxistrais (38 h),
b) a resolución de exercicios e outras actividades propostas nos Seminarios e nas Titorías (40 h),
c) as prácticas no laboratorio e na aula de informática (10 h)
d) os exames (2 h).
CADRO RESUMO DA DEDICACIÓN HORARIA POR ACTIVIDADES:
(F: factor multiplicativo)
Teoría: Presenciais: 30, F: 1.25, Traballo persoal: 38, Totais: 68.
Seminarios: Presenciais: 14, F: 2.7, Traballo persoal: 38, Totais: 52.
Titorías: Presenciais: 2, F: 1, Traballo persoal: 2, Totais: 4.
Practico: Presenciais: 10, F: 1, Traballo persoal: 10, Totais: 20.
Exames
e revisión: Presenciais: 4, F: 0.5, Traballo persoal: 2, Totais: 6.
Horas
Globais: Presenciais: 60, Traballo persoal: 90, Totais: 150.
Mostrar unha disposición aberta e sen prexuizos cara á materia, analizando obxetivamente a relevancia da mesma no contexto da súa formación profesional e integral.
Implicarse activamente no proceso de aprendizaxe e formación para poder así rentabilizar o máximo o seu esforzo e “disfrutar” do descubrimento da Química Orgánica.
A asistencia a toda-las clases, un factor que ao longo dos anos ven demostrando ser crítico para o bo aproveitamento, a eficiente formación e a obtención dunha avaliación positiva na materia.
O estudo continuado.
A resolución intensiva de exercicios adicionais aos suxeridos polos docentes ao longo de todo o curso, fundamentalmente de xeito individualizado mais tamén en grupo; para elo recoméndase o emprego de coleccións de exercicios resoltos nas guías de autoavaliación e nas guías do estudante que acompañan os textos de Química Orgánica.
O emprego continuado dos modelos moleculares, das ferramentas informáticas e da Aula Virtual.
A adquisición de modelos moleculares propios, e dunha bata e unhas gafas persoais de laboratorio.
A preparación polo miúdo de cada unha das actividades de laboratorio previa a súa celebración.
O contar con e acudir a os seu(s) profesor(es) universitarios, os primeiros interesados en que os alumnos acaden a excelencia na súa formación.
Plan de Continxencia (resumo).
Clases expositivas, seminarios, tutorías e prácticas.
1. Clase expositivas
Escenario 1 presencial.
Escenario 2 e 3 síncrona "online" a través de Microsoft Teams.
2. Seminarios.
Escenarios 1 e 2 presencial.
Escenario 3 síncrona ?online? a través de Microsoft Teams.
3. Tutorías en grupos.
Escenarios 1 e 2 presencial.
Escenario 3 síncrona ?online? a través de Microsoft Teams.
4. Tutorías personalizadas.
Escenarios 1 e 2 presencial ou ?online?.
Escenario 3 síncrona ?online? a través de Microsoft Teams.
4. Prácticas de laboratorio
Escenario 1: realizaranse integramente no laboratorio.
Escenario 2 o 50% das prácticas serán presenciales no laboratorio e o outro 50% realizaranse de forma virtual.
Escenario 3: a totalidade das prácticas se sutituiran por actividades virtuales apropiadas.
Avaliacións.
Para superar a asignatura o alumno haberán de obter unha cualificación de 5 ou superior, como resultado de aplicar formúlaa seguinte:
Nf= máximo (Nl, N2)
Sendo Nf a nota final,
Nl a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10, N1=0,15xP 0.6xS 0.25E).
N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10).
A avaliación continua incluirá as prácticas de laboratorio (P), os seminarios presenciales e os traballos entregados a través do aula virtual (S), e as probas específicas realizadas de forma presencial e/ou virtual segundo o escenario correspondente (E).
Avaliación continua.
As entregas de boletines e cuestionarios realizaranse a través do campus virtual en todos os escenarios.
A resolución dos boletines e cuestionarios en grupo farase de forma presencial no aula, nos escenarios 1 e 2, mentres que no escenario 3, farase a través de Microsoft Teams.
As probas específicas realizaranse de forma presencial nos escenarios 1 e 2 e de forma telemática no escenario 3.
Exame final.
O exame final farase de forma presencial nos escenarios 1 e 2, mentres que no escenario 3 realizarase de forma "on line" a través da plataforma do campus virtual.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións".
Poderán acudir á proba final da primeira oportunidade aqueles alumnos que habendo superado a asignatura mediante avaliación continua (Nl), opten a mellorar a nota correspondente.
Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de avaliación que os que cursan a asignatura por primeira vez, salvo que teñan dispensa da facultade de seguir a avaliación continua. Neste caso, a nota N2 (a nota do exame virtual) será a nota final (Nf).
En caso de non superar a materia da forma anteriormente indicada, o alumno será valorado pola cualificación do exame na segunda oportunidade.
José Manuel Seco Castro
Coordinador/a- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881814235
- Correo electrónico
- josemanuel.seco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Rumbo Gómez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- antonio.rumbo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Manuel Amorin Lopez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- manuel.amorin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Andres Seoane Fernandez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- andres.seoane [at] rai.usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Ignacio Insua Lopez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- ignacio.insua.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Marie Curie
Nuria Vázquez Galiñanes
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- nuria.vazquez.galinanes [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Alicia Rioboo Vidal
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- alicia.rioboo.vidal [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Maria Tomas Gamasa
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881815760
- Correo electrónico
- maria.tomas [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: JIN (Jóvenes Investigadores)
Eva Rivera Chao
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- eva.rivera [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Marc Font Molins
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Sala de reunións_Fisioloxía_Fac. Farmacia |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Sala de reunións_Fisioloxía_Fac. Farmacia |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Sala de reunións_Fisioloxía_Fac. Farmacia |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Sala de reunións_Fisioloxía_Fac. Farmacia |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Sala de reunións_Fisioloxía_Fac. Farmacia |