Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Toxicoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer os conceptos básicos en toxicoloxía e os principais factores que inflúen sobre a toxicidade.
Coñecer os principios básicos da toxicocinética, e os principais mecanismos de toxicidade das sustancias químicas.
Familiarizarse coas distintas técnicas empregadas na avaliación da toxicidade dunha nova sustancia química.
Adquirir unhas nocións básicas sobre a forma de realizar o diagnóstico e o tratamento dunha intoxicación aguda.
Coñecer as principais técnicas analíticas de utilidade en Toxicoloxía, e as súas aplicacións
Coñecer os principais riscos tóxicos dos fármacos e drogas de abuso de maior interese toxicolóxico.
Bloque I. Principios básicos
Lección 1.- Toxicoloxía. Concepto de toxicidade.
Lección 2.- Acción tóxica.
Lección 3.- Mecanismos de toxicidade.
Lección 4.- Procedementos de avaliación toxicolóxica.
Bloque II. Diagnóstico e tratamento en toxicoloxía
Lección 5.- As intoxicacións. Diagnóstico e tratamento xeral.
Lección 6.- Introdución á análise toxicolóxica.
Lección 7.- Tratamento da mostra.
Lección 8.- Técnicas analíticas aplicadas á toxicoloxía.
Bloque III.Toxicoloxía de sistemas
Lección 9.- Efectos tóxicos sobre o Fígado
Lección 10.- Efectos tóxicos sobre o Ril.
Lección 11.- Efectos tóxicos sobre o Sistema Nervioso.
Lección 12.- Efectos tóxicos sobre o Aparello Cardiovascular.
Lección 13.- Efectos tóxicos sobre o Aparello Respiratorio.
Lección14.- Efectos tóxicos sobre o Sangue.
Bloque IV. Intoxicacións por fármacos e outras sustancias de interese sanitario
Lección 15.- Drogas de abuso
Lección 16.- Analxésicos e antipiréticos
Lección 17.- Psicofármacos.
Lección 18.- Outros fármacos e tóxicos de interese.
Bibliografia Básica
Klaasen C.D. y Watkins III J.B. “Fundamentos de Toxicología”. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2005.
Repetto M, Repetto G.“Toxicología Fundamental”. 4ªEd. Madrid: Díaz de Santos, 2009.
Delgado Bueno S, Bandres Moya,F. Medina Crespo M, Torrecilla Jimenez JM. Tratado de Medicina Legal y Ciencias Forenses. Tomo II: Toxicología forense. Daño corporal o psico-físico. Daño cerebral adquirido. Barcelona: Bosch; 2012
Bibliografia Complementaria
Gisbert Calabuig JA. Medicina Legal y Toxicología. Barcelona: Masson;2004.
Ellenhorn MJ, Barceloux DG. Medical Toxicology, 2ª ed. Baltimore: Willians & Willians;1997.
Hayes AW. Principles and Methods of Toxicology, 2ª ed, New York: Raven Press;1989.
Bello Gutierrez J. y López de Ceraín Salsamendi A. Fundamentos de Ciencia Toxicológica. Madrid: Diaz de Santos; 2001.
Levine B. Principles of Forensic Toxicology. Maryland: American Association for Clinical Chemistry; 1999.
Niesink R.J.M., De Vries J. y Hollinger M.A. Toxicology: Principles and Applications. New York: CRC Press;1996.
Dart R.C. Medical Toxicology. Philadelphia: Lippincott Williams&Wilkins; 2004.
Karch S.B. Karch’s Pathology of Drug Abuse. London: CRC Press; 2002.
Competencias xerais
CG1-Identificar, deseñar, obter, analizar, controlar e producir fármacos e medicamentos, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario de uso humano ou veterinario.
CG2-Avaliar os efectos terapéuticos e tóxicos de sustancias con actividade farmacolóxica.
CG3-Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
CG11-Avaliar os efectos toxicolóxicos de sustancias e deseñar e aplicar as probas e análises correspondentes.
CG16-Recoñecer as propias limitaciós e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ao autoaprendizaje de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
Competencias específicas
MF11-Avaliar os efectos toxicolóxicos de sustancias e deseñar e aplicar as probas e análises correspondentes.
MF12-Coñecer e comprender a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
MF13-Coñecer a natureza, mecanismo de acción e efecto dos tóxicos, así como os recursos en caso de intoxicación.
MF14-Coñecer as técnicas analíticas relacionadas con diagnóstico de laboratorio, tóxicos, alimentos e medioambiente.
Q04-Estimar os riscos asociados á utilización de sustancias químicas e procesos de laboratorio.
Q10-Coñecer os principios e procedementos para a determinación analítica de compostos
Competencias transversais
CI05-Comunicación oral e escrita na propia lingua.
CP02-Traballo en equipo.
CS01-Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
ESCENARIO 1.
A) Docencia expositiva en grupo grande: lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, directrices xerais da materia..). Ao longo dun cuadrimestre impartiránse 30 horas de clases expositivas, nas que se abordarán os aspectos máis importantes e complexos do temario, deixando para o traballo persoal do alumno aqueloutros que poida acometer por se mesmo, baseándose nos fundamentos expostos polo profesor.
B) Docencia interactiva en grupo reducido: o alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: facendo unha pequena presentación, respondendo a preguntas do profesor ou doutros alumnos, expondo cuestións relacionadas co tema, etc... O profesor e os alumnos poden contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos se fosen necesarios. Poderanse realizar probas de avaliación nalgunha ou todas as sesións. A asistencia a estas clases é obrigatoria para a avaliación continua.
C) Clases Prácticas:
Prácticas de laboratorio: inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos reducidos, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando os resultados en forma de memoria, que será avaliada.
Tamén se inclúe unha práctica interactiva con computador, de procura de información bibliográfica en bases de datos, de temas relacionados coa Toxicoloxía.
A asistencia a estas clases é obrigatoria, de modo que o alumno non será avaliado se non realiza as prácticas.
D) Titorías en grupo moi reducido: titorías programadas polo profesor. En xeral, suporán para cada alumno unhas 2 horas por cuadrimestre. Proponse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre a teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas
ESCENARIO 2
Docencia Expositiva:Docencia telemática síncrona (TEAMS)
Docencia Interactiva de seminario e TItorías:Presenciais na aula
Clases Interactivas de Laboratorio: 50% Prácticas síncronas presenciaies no laboratorio; 50% Prácticas asíncronas virtuaiss (TEAMS). Grupos de 10 alumnos
ESCENARIO 3:
Docencia Expositiva: Docencia telemática síncrona/asíncrona (TEAMS, USC VIRTUAL)
Docencia Interactiva de seminario e Titorías: Docencia telemática síncrona/asíncrona (TEAMS, USC VIRTUAL)
Clases Interactivas de Laboratorio: 100% Prácticas virtuaies (síncronas ou asíncronas o unha combinación de ambas)
1. O alumno non será avaliado se non realiza as prácticas de laboratorio.
2. A avaliación nas dúas oportunidades do curso académico consistirá de dous partes: exame teórico e avaliación das clases interactivas e prácticas.
- O exame teórico celebrarase en cada convocatoria na data prevista no calendario oficial de exames da Facultade de Farmacia. Será un exame escrito tipo test ou mixto e suporá o 80 % da cualificación final (máximo de 8 puntos). Poderá ser presencial ou non presencial, de acordo cos escenarios contemplados nas “Directrices para o desenvolvimiento ducha docencia presencial segura. Curso 2020-2021” e as “Bases para o desenvolvimiento ducha docencia presencial segura. Curso 2020-2021”. É necesario que a cualificación obtida neste exame supere o 45% (3,6) do máximo (8) correspondente ao devandito apartado para valorar as clases interactivas.
- A avaliación das clases interactivas e prácticas suporá o 20% (máximo de 2 puntos). Establecerase tendo en conta: participación activa do alumno nas clases, a calidade dos traballos presentados (1 ou 2 traballos, dependendo da súa complexidade, distribuídos ao longo do curso e sempre axustándose á carga ECTS), as notas correspondentes a probas escritas que se realicen e a participación e memoria de prácticas. A cualificación correspondente a este apartado só é aplicable a 3 cursos académicos consecutivos.
A avaliación das competencias adquiridas será realizada a través das seguintes vías:
Examen teórico: CG2-Modulo MF, CG2-Modulo MF, CB1 ,CB2, CB4, CI01,CI02, CI05, CI09, CP01, Q04, Q10, MF11, MF12, MF13, MF14
Prácticas de laboratorio: CI02, CI08, CI09, CP02, CS01, CS11, MF14
Clases interactivas: CB3, B4, CB5, CI02, CI05, CI08, CI09, CP01, CP02, CS01, CS11, MF13
3. O alumno debe obter cinco puntos (5) sobre dez para aprobar a asignatura.
Na 2ª oportunidade do curso académico só se realizará o exame de teoría, conservándose a cualificación correspondente ás clases interactivas e prácticas. A nota máxima sobre a que se cualificará esta parte do exame e o mínimo requirido será o mesmo descrito para a primeira convocatoria.
TRABALLO PRESENCIAL na AULA h
Clases expositivas en grupo grande............. 30h
Clases interactivas en grupo reducido.......... 14h
Clases interactivas ordenador...................... 3h
Titorías en grupo moi reducido..................... 2h
Prácticas de laboratorio .............................. 8h
Exames e revisión ..................................... 3h
Total horas traballo presencial ................... 60h
TRABALLO PERSOAL do ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo...... 30h
Elaboración de traballos............................. 20h
Orientación e resolución de dubidas.............. 2h
Elaboración da memoria de prácticas............ 3h
Preparación do exame ............................... 35h
Total horas traballo persoal do alumno.......... 90h
Recomendacións xerais
A asistencia ás clases expositivas, así como unha actitude activa na mesma. É recomendable que o alumno tome as súas propias notas dos aspectos máis relevantes da lección.
A participación activa nas clases e expor todas as dúbidas nas clases expositivas e interactivas.
A utilización da bibliografía recomendada.
A utilización de materiais e documentos facilitados polos profesores
Recomendacións de cara á avaliación
É importante que o alumno dedique polo menos 30 minutos ao estudo da materia despois de cada clase, completando as súas notas coa axuda da bibliografía recomendada. Aínda que esta materia é de fácil comprensión, require un esforzo e dedicación continuados.
O alumno debe expor as dúbidas que lle vaian xurdindo, tanto en clase como nas horas de titorías.
No momento da realización do exame, é fundamental a lectura detida de cada unha das preguntas para evitar respostas equivocadas, na medida do posible.
Recomendacións de cara á recuperación
É fundamental que o alumno asista á revisión de exames para comprobar cales foron os seus erros e en que partes da materia debe realizar un maior esforzo de cara á recuperación.
Tamén é importante que acuda ás titorías para resolver as dúbidas que se lle presenten no estudo e comprensión da materia.
Inés Sánchez Sellero
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- ines.sanchez.sellero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Maria Bermejo Barrera
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Teléfono
- 881812206
- Correo electrónico
- anamaria.bermejo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Angelines Cruz Landeira
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Teléfono
- 881812317
- Correo electrónico
- angelines.cruz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Elena Lendoiro Belio
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- elena.lendoiro [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Maria Cobo Golpe
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- m.cobo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Ángela López Rabuñal
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- angela.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Lucía Paniagua González
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- lucia.paniagua.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula virtual |
18:00-19:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula virtual |
Martes | |||
10:30-11:30 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula virtual |
18:00-19:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula virtual |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula virtual |
18:00-19:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula virtual |
Xoves | |||
10:30-11:30 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula virtual |
18:00-19:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula virtual |
Venres | |||
10:30-11:30 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula virtual |
18:00-19:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula virtual |