Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Os obxetivos xerais da asignatura diríxense cara a adquisición dunha visión da futura saída profesional como Especialista en Análises Clínicas e en Bioquímica Clínica, complementando a formación da asignatura troncal Análises Biolóxicas e Diagnósticos Bioquímicos, cunha formación en dous eixos:
a) Coñecemento das tarefas do funcionamento dun laboratorio clínico, con especial atención á descripción das diferentes fases da determinación analítica, da producción de valores de referencia e dos sistemas de control e da calidade no laboratorio.
b) Comprende-lo sigñificado clínico e fundamentos das análisis de biomarcadores en diferentes enfermidades endocrinas e no cancro. Así como a información clínica útil das analises sobre outros materiais biolóxicos distintos do sangue e da urina.
Clases Expositivas:
En calquera dos escenarios dos previstos nas Directirces para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura (por Acordo do Consello de Goberno da USC do 19 de xuño so 2020) hanse de cubri-los seguintes grupos temáticos e temas. Para elo, as clases na modalidade presencial ou semipresencial impartiranse na Aula, mentras na modalidade telématica utilizarase un procedemento remoto síncrono a través da plataforma MS Teams:
Grupo Temático I: O Laboratorio Clínico por Dentro
Tema 1. Fases das determinacións analíticas
Tema 2. A Fase Preanalítica.
Tema 3. A Fase analítica. Automatización no Proceso Analítico
Tema 4. A fase Postanalítica. Garantía de Calidade
Tema 5. Producción dos Valores de Referencia. Utilidade Clínica
Tema 6. Estratexias de Diagnóstico Molecular
Grupo Temático II: Semioloxía Bioquímico-Clínica
Tema 7. Utilidade clínica dos Líquidos Biolóxicos
Tema 8. TDM: Monitorización Bioquímica de Fármacos
Tema 9. Consideracións Preanalíticas no estudo dos Síndromes Endocrinos
Tema 10. Avaliación da función hipofisaria
Tema 11. Avaliación da función tiroidea
Tema 12. Avaliación da función suprarrenal
Tema 13. Avaliación da función gonadal
Tema 14. Marcadores Tumorais no Laboratorio Clínico-Bioquímico
Programa de Clases Interactivas:
As sesións impartiranse en calquera dos escenarios previstos nas Directirces dunha Docencia Presencial Segura, utilizando un esquema similar ó descrito para as Expositivas. Organizanse en tres grupos de 2 horas cada un que polas necesidades de programación e espazos organizanse sesión de 60 minutos en semanas alternas o longo do cuadrimestre. En cada grupo abordaranse os seguintes temas:
CI-1: Cálculos estadísticos. Límites de Referencia. Control de Calidade
CI-2: Diseño dunha estratexia de diagnóstico molecular.
CI-3: Escenarios Clínicos: Outros líquidos biolóxicos, Síndromes endocrinos ou Cancro.
A Clases Prácticas previstas para un escenario presencial (escenario-1) son:
Práctica 1. Garantía de Calidade. Estudio da Imprecisión.
Práctica 2. Estudio das Interferencias análiticas por Medicamentos.
Práctica 3. Diagnóstico Molecular: Detección dun fragmento xénico.
Práctica 4. Visita ó Laboratorio de Bioquímica Clínica do CHUS.
Estas sesións prácticas necesariamente hanse de adaptar ó calendaro e distribución del alumnado que faga o Centro para as materias troncais, en tanto en cuanto ocupa horas ó alumnado que ha de participar nestas.
No caso de que o escenario de docencia requira non presencialidade, as Prácticas -1,- 3 son abordables en modos non presenciais (escenario-2 e -3) có emprego de simuladores informáticos, e mesmo podría plantexarse unha visita virtual ó CHUS. Diante dunha docencia semipresencial a práctica-2 e 3 prácticas desenvolveranse en formato combinado cun desenrolo experimental presencial, e os cáculos, manexo de datos e interpretaciones abordables nun entorno telemático-síncrono a través de MS Teams.
Básica:
a) Principios de Bioquímica Clínica y Patología Molecular. Alvaro González Hernández. 3ª edición. Elsevier. Barcelona-2019. ISBN 978-84-9113-389-6
Libro con alto grao de coincidencia en temas e no enfoque que se lle da a materia, axeitado como libro de texto para o estudo da materia.
b) Laboratorio Clínico: Indicaciones e Interpretación de los resultados. Kathleen Pagana, Timothy Pagana. Primera Edición en Español. Traducido por Martha Elena Buschbeck para Editorial El Manual Moderno S.A. Mexico-2015. ISBN 978-607-448-508-0
Texto traducido de la versión inglesa Mosby's Manual of Diagnostic and Laboratory Tests, 5th edition. Elsevier-2014.
c)Tietz Fundamentals of Clinical Chemistry and Molecular Diagnostics. Rifai N, Horvath A, Wittwer C. 8ª Edicion. Elsevier-2019. ISBN: 978-0-323-53044-6.
Considerado a Biblia das Análise Clinicas e diagnósticos de Laboratorio. Revisa os procedementos analíticos e desglosa as probas diagnósticas por órganos e tecidos en diferentes situacions fisiopatolóxicas.
d) Bioquímica Clínica. William J. Marshall; Stephen K Bangert and Márta Lapsley. 7ª Edicion. Elsevier; Barcelona-2013. ISBN 978-84-902-2115-0
Centrado nos aspectos máis bioquímicos e fisiopatolóxicos da función dos diferentes órganos e tecidos.
Complementaria .
a) Henry’s Clinical Diagnosis and Management by Laboratory Methods. 23rd Ed. Richard A. McPherson & Matthew R. Pincus. Elsevier-Saunders, 2017. ISBN 978-0-323-29568-0
b) Bioquímica Médica. John W. Baynes & Marek H. Dominiczak. 5ª Edición. Elsevier. –Barcelona-2019. ISBN 978-84-9113-406-0
Para o repaso dos coñecemntos da Bioquímica xeral
c) Best & Taylor: Bases Fisiológicas de la Práctica Médica. MA Dvorkin, DP Cardinali y RH Iermoli. 14ª edición. ED. Médica Panamericana-Buenos Aires -2010. ISBN: 978-950-06-0253-2
Para repaso da Fisioloxía e Fisiopatoloxía
Con esta asignatura dase formación nas competencias xerais e específicas contempladas na Orden CIN/2137/2008, e que a continuación se destacan.
Competencias xerais CG1 y CG2, que en relación ó módulo MF fan referencia a:
• Desenvolve-las análises clínicas e emiti-los correspondentes dictámenes de diagnótico de laboratorio.
• Coñecer e comprende-la estructura do corpo human, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracions moleculares e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaura-la saude.
• Desenvolver habilidades de comunicación e información con outros profesionais sanitarios ou pacentes.
• Levar a cabo as actividades da atención farmacéutica.
• Recoñece-las propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a sua competencia profesional.
Competencias específicas .
• Diseñar, aplicar e avaliar reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas. Coñecementos dos fundamentos básicos das análises bioquímicas (B01; Q02, MF02; MF03).
• Coñece-las técnicas analíticas relacionadas cós diagnósticos de laboratorio (Q03, Q10, MF02, MF03, MF14 ).
• Intervir nas actividades de promoción da saude e prevención da enfermidade nos ámbitos individual, familiar e comunitario; dende unha visión do laboratorio clínico-bioquímico.
• Desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita con pacentes e outros profesionais do se lugar de traballo (LS08).
Competencias transversales.
Entre as posibles competencias transversales a desenvolver dáselle máis importancia as seguintes:
• Habilidades de xestión da información (CI08).
• Resolución de problemas (CI09).
• Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas (CP05)
• Habilidade para o traballo autónomo (CS08).
A metodoloxía plantexa catro elementos formativos:
A) Clases Expositivas. Son sesións de 55 min de duración que se impartirán axustadas ó calendario e horarios aprobados polo Centro. Pensadas para ser impartidas polo profesar na aula có apoio de proxeccións, que se han de poñer a disposición do estudantado.
Os estudantes participa siguindo as explicacións, plantexando as suas dúbidas, e tamén respondiendo individualmente, nun tiempo limitado, a alguhna pregunta plantexada que xurda da explicación da sesión ou dalgunha sesión anterior. Para respostar permítese o acceso ás suas notas de clase propias que non se podrán compartir, e as respostas entregaranse en formato oral, escrito ou dixital, segúndo se estableza en cada caso.
B) Clases interactivas. Son sesións na aula de 55 minutos, axustadas ó calendario e distribución organizados polo Centro académico.
Nelas o profesor expón a contextualización dun tema a través dun claso clínico e datos analíticos, cos que se plantexan problemas e preguntas de interpretación. Algunha destas preguntas, ou outras similares hanse de responder individualmente e entregalas para ser evaluadas, no mesmo proceder que nas clases expositivas.
C) Clases prácticas de laboratorio: Pensadas como unha actividade presencial nas instalacións dos laboratorios de prácticas que usa ó Departamento de Bioquímica na Facultade de Farmacia, axustaranse o calendario e distribución elaborado polo Centro.
Nelas o profesor relaciona a práctica coo correspondente tema de teoría e pode recabar dos alumnos a resposta oral a cuestrtión que xa debeu haber estudado previamente no tema, e que sendo unharesposta correcta é puntuable.
Os alumnos disporán de resumos dos protocolos de realización de cada unha das prácticas.
No último día de cada turno de prácticas desenvolverase unha proba de avaliación práctica executada de modo individual na que se pide reproducir, recoñecer e levar a cabo o procedemento analítico recollido no protocolo do que se acompañe, así como saber interpretar a información xenerada. Para a proba disporase un tempo aproximado de 10-15 minutos.
D) Tutorías de pizarra. Concebidas como sesións para clarexar dúbidas sobre os contidos teóricos ou prácticos, en grupos reducidos nun escenario presencial na aula. Están planificadas no calendario docente do Centro.
Tamén serven para atender individualmente ó alumno que a solicite ante as dificultades que poida atopar no estudo dun tema ou si busca saber cómo mellora-lo rendemento académico.
A avaliación obtense de tres probas es de avaliación utilizadas solas ou en combinacións segúndo se especidica:
a) Avaliación Continua (AC) a resultas das actividades levadas a cabo presencial ou virtualmente. xenerase a partir dos puntos acadados e acumulados nas sesións Expositivas, Interactivas ou Práctica. Si a resposta fose incorrecta se retroalimentación informativa sobre o problema ou faio de formación detectado.
A calificación da materia asígnase por transformación dos puntos acumulados durante o curso nunha puntuación de 0 a 10, segundo as seguintes equivalencias: 60% dos puntos ofertados por AC= Aprobado (5.0) e o 100% dos puntos ofertados por AC= Sobresainte (10).
Os alumnos que acaden un 5.0 ou mais de AC terán a opción de mellora-la sua calificación presentándose a proba de Coñecementos Adquiridos.
b) Coñecementos Adquiridos (CA). A proba presencial consistira na resolución de casos clínicos-analíticos, para os que se plantexan diferentes cuestiones, relacionadas co coñecemento teórico, as probas ou a sua interpretación. A duración da proba estímase en 45-60 minutos i é calificable de 0 a 10.
Está concebida como unha proba alternativa á AC para os alumnos con Dispensa de Docencia (concedida polo Centro) aplicable na avaliación da 1ª-Oportunidade, e como única proba aplicable a tódolos que concurran á 2ª Oportunidade.
Excepcionalmente, poderán realizar esta proba na 1ª Oportunidade aqueles alumnos cunha calificación igual ou superior a Aprobado, 5.0 por AC, como unha opción de mellora da sua calificación final.
c) Habilidades Prácticas (HP). As habilidades de realización práctica e manexo de equipamento básico do laboratorio,, maila interpretación dos resultados avalianse cunha proba práctica, presencial e de realización individual polo alumno durante o último día do turno de prácticas. Consiste na reproducción, recoñecemento e interpretación das análises vistas e poderá utilizar os protocolos e a información dos que se acompañe. Disporá de un tempo estimado de 10 a 15 min.
A cualificación da proba HP será APTO ou NO-Apto, e neste segundo suposto só cabe a posibilidade de recuperación na seguinte Oportunidade á que decida presentarse.
Para supera-la materia na 1ª OPORTUNIDADE hase de conseguir un APTO no bloque HP e unha calificación por AC(a) mínima de Aprobado (5.0).
Os alumnos con Dispensa de Docencia se lle esixe, igualmente, un APTO en HP (cunha antigüedade máxima de 5 años) e unha calificación de Aprobado ou superior na proba CA (b).
O estudante repetidor deberá informar por escrito ó coordinador, e sempre antes do 5 de outubro, da opción de calificación da sua elección entre duas posibilidades: Alumno de matrícula ordinaria ou alumno con Dispensa. Si non constase a sua elección en plazo calificase coa puntuación da avaliación continua como un alumno de primeira matrícula.
Na 2ª OPORTUNIDAD, a materia supérase si se conta cun APTO en HP (con unha antigüedade máxima de 5 anos) e se acadou unha calificación igual o superior á de Aprobado 5.0 na proba CA (b).
Si o alumno desta 2ª Oportunidade ten unha calificación NO-APTO na proba HP, ou a calificación de APTO supera os 5 anos de antigüedade, deberá realizar unha nova avaliación na mesma data que a proba CA e no horario que se indicará oportunamente.
En todo momento, a realización fraudulenta das actividades ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes y da Revisión de Cualificacións da Institución e recibirá a calificación Suspenso (cero).
A avaliación, segundo se describe cobre cada unha das competencias xerais e básicas, específicas y transversais nas que se da formación nesta asignatura segúndo se indica no cadro seguinte:
Proba_____________ Tipo de Competencia____ Código da Competencia___________________________
Avaliación Contínua.... Xeráis e básica............... CB1; CB2; CB3; CB4 e CB5
................................... Específicas...................... MF02; MF03; MF04; MF11; MF14; LS01; LS03; LS08; B03
....................................Transversais................... CI01; CI05; CI07; CI08; CI09; CI10; CP01; CP05; CS01; CS03; CS11
Destreza Práctica....... Xeráis e básica................ CB1; CB3; CB5; CG1
................................... Específicas...................... MF02; MF03; MF11; MF14; LS01; Q03; Q10
................................... Transversais................... CI04; CI10; CP01; CS01; CS03; CS11
Exame de Teoría......... Xeráis e básica................ CB1; CB2; CB3; CB5; CG1; CG2
.................................... Específicas...................... MF02; MF03; MF11; MF12; MF14; LS01; B01; B03; B09; Q10
.................................... Transversais................... CI04; CI09; CI10
TRABALLO PRESENCIAL OU VIRTUAL-SINCRONO,.. HORAS
Clases expositivas en grupo grande, ……………………….23
Clases interactivas en grupo reducido…………………..……6
Tutorías en grupo moi reducido………………………………... 2
Prácticas de laboratorio…………………………………………....12
Exámenes e revisións………………………………………………... 2
Total horas de traballo……………………………………………... 45
TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO, OU ASINCRONO,...HORAS
Estudio autónomo individual ou en grupo, ………...…….46
Resolución de ejercicios, outros traballos, …………….....10.5
Resolución de exercicios, prácticas con ordenador,.....…...8
Orientación e resolución de dúbidas, ………………..…….....1
Realización e revisión do examen, …………………….......2
Total horas traballo personal do alumno, ……………………....67.5
Para ter éxito coa asignatura requírese entender o "por qué?”, o "para qué?” e "o cómo?" dos marcadores bioquímicos, xa que así resultará máis doado recordar " ónde usala" e "qué información" contén.
E moi recomendable asistir e atende-las clases programadas nas distintas modalidades segundo os escenarios os que haxa que adaptase, e ir revisando a materia cada día ou, no seu defecto, cunha periodicidade semanal, por un dobre interese:
1.- Dispoñer da información necesarias para afrontalas actividades de formación contínua
2.- Identifica-los puntos que lle sexan máis problemáticos con vista a solicitar unha t¡toría presencial ou telemática.
Aconséllase, tamén, a visita frecuente ó complemento virtual da asignatura, que xunto coa plataforma MS Teans serviran de canle de comunicación entre o profesor e o alumno.
Para o estudo desta materia recoméndase ter coñecementos suficentes de Química Analítica e Técnicas Instrumentais, xunto cos de Bioquímica I e II, Inmunoloxía, Fisioloxía Humana I e II, Fisiopatoloxía, Analises Inmunolóxicas e Hematoloxicas.
E moi recomendable haber cursado Análises Bioloxicas e Diagnósticos Bioquímicos xa que asignatura concibes como unha ampliación do estudado na troncal.
Plan de Continxencia
A continuación detállanse as adaptacións da programación desta materia para outros escenarios distintos ó e presencialidad:
Metodología de la Enseñanza:
A) A Clase Expositiva
*Escenario-2 y Escenario-3, de semipresencialidade e non presencialidade, respectivamente, serán nun formato telemático síncrono a través de la plataforma Microsoft Teams, e axustados ó calendario e horario programado. As demáis características desta sesiones son válidas no novo formato, excepto en que se refire á recollida de respostas escritas en papel.
B) Clases interactivas
Conservan a descripción xa feita excepto nos siguientes puntos:
*Escenario-2: por tratarse de grupos pequeños podrán continuar siendo presenciales, ou chegarse a un formato mixto con alumnos presentes na aula e outros en un entorno virtual síncrono a través de Teams, e que se intercambianrán en si, nas sucesivas sesiones.
*Escenario-3: a docencia pasa a ser exclusivamente non presencial a través da plataforma Teams. As actividades de evaluación mantiene con entregas de respuestas oral ou dixitais.
C) Prácticas
Conservan as características descritas, pero se modifican capacidades e formatos:
*Escenario-2: Reducen a capacidade a un máximo de 10 estudantes, áncluso a presencialidada poidera ser reducida a un 50%, pero as sesións rematarian de forma telemática síncronas para calculos e interpretaciones.
*Escenario-3: Exclusivamente telemáticas por lo que las prácticas adaptanse ó uso de simuladores, vídeos e o emprego de resultados simulados para realiza-las interpretaciones e cálculos.
D) Tutorías
*Escenario-2: Conservan a presencialidade xa descrita na programación, polo feito do tamaño reducido do grupo.
*Escenario-3: desenvolvese nun fomato telemático síncrono, a través de Teams, ou excepcionalmente asincrono por medio de mensajes no Chat de Teams o pola mensaxería do Campus Virtual.
Sistema de Avaliación:
Mantense o mesmo en calquera dos escenario, en cuanto a que se empregan as mesmas tres probas de avaliación, e cos mesmos requisitos e criterios. Con todo, as diferencias focalizanse no desenvolvemento da proba de Coñecementos Adquirido, que necesariamente varía de un modo presencial a telemático segundo o tipo de recomendación das Autoridades Sanitarias ou Académicas e que poidan afectar a esa proba. Así, nos diferentes escenarios prevese:
*Escenario-2: A proba de Coñecementos Adquirido manterá o caracter presencial, respetando as recomendacións e indicacións que se implanten, chegando a realizarse turnos de examen organizados por grupos de clase expositiva, si o esixien as condicions sanitarias ou as limitaciones de espacio o personal.
*Escenario-3: A característica é a non presencialidade. A proba de Coñecementos Aquiridos manterá idéntico diseño pero de realización telemática no Campus Virtual. A duración mantense limitada á 60 minutod e preferentemente será síncrona có calendario e horario aprobados polo Centro.
En caso de que algún estudante perdera a conexión disporá de dous intentos de recoñexión, e si resultase imposible continuar, tra-la verificación das circunstancias, asignaraselle cita nos seguites días para realizar unha proba oral de similar estructura e de realización a través de Teams coa presenza de dous profesores da materia.
Manuel Felix Camiña Darriba
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881814933
- Correo electrónico
- felix.camina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lisa Kay Busch
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- lisa.busch [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Venres | |||
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |