Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Axudar aos estudantes a comprender e aplicar os coñecementos das accións farmacolóxicas e dos mecanismos de acción dos medicamentos.
-Transmitir a información esencial sobre as aplicacións terapéuticas e as reaccións adversas dos medicamentos para comprender cómo as prescricións deben ir dirixidas a conseguir unha óptima relación beneficio/risco para que a eficacia e a seguridade sexan as máximas posíbeis.
A Farmacoloxía como ciencia. Farmacocinética. Absorción dos fármacos. Distribución dos fármacos. Biotransformación dos fármacos. Excreción dos fármacos. Lugar de acción dos fármacos. Análise cuantitativa do efecto farmacolóxico. Efectos adversos dos fármacos. Reaccións adversas de especial consideración. Variacións na resposta dos fármacos. Variacións na resposta debidas á terapia con varios fármacos. Variacións na resposta aos fármacos debidas a diferenzas individuais. Desenvolvemento de novos fármacos. Neurotransmisión no sistema nervioso autónomo e periférico. Transmisión catecolaminérxica. Modulación farmacolóxica da transmisión noradrenérxica e dos receptores adrenérxicos. Transmisión colinérxica. Modulación farmacolóxica dos receptores muscarínicos. Modulación farmacolóxica dos receptores nicotínicos. Anestésicos locais. Comunicación paracrina. Aminas bióxenas: histamina e 5-hidroxitriptamina. Mediadores peptídicos. Mediadores lipídicos. Outros mediadores locais.
Bibliografía básica
- Rang y Dale. Farmacología. Rang HP, Ritter JM, Flower RJ, Henderson G. 8ª ed. Elsevier; 2020.
- Goodman & Gilman. Las bases farmacológicas de la Terapéutica. 12 Ed. Brunton L, Chabner B, Knollman B. ed. McGraw-Hill; 2019.
- Flórez J. Farmacología Humana. 6ª ed. Barcelona: Elsevier-Masson; 2014.
Bibliografía complementaria
- Lüllmann H, Mohr K, Hein L. Farmacología. Texto y Atlas. 6ª ed. Panamericana; 2010.
- Netter: Farmacología Ilustrada. 1ª ed. Autores: Raffa R, Beyzarov EP, Rawls SM. Barcelona. Elsevier-Masson; 2008.
Xerais.
- Promover o uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, así como adquirir coñecementos básicos en xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos sanitarios.
- Identificar, avaliar e valorar os problemas relacionados con fármacos e medicamentos, así como participar nas actividades de farmacovixiancia.
- Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario, cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde - doenza.
- Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
Específicas.
- MF01 Utilizar de xeito seguro os medicamentos, tendo en conta as súas propiedades físicas e químicas incluíndo calquera risco asociado ao seu uso.
- MF04 Avaliar os efectos de sustancias con actividade farmacolóxica.
- MF05 Coñecer e comprender as técnicas utilizadas no deseño e avaliación dos ensaios preclínicos e clínicos.
- MF07 Promover o uso racional do medicamento e produtos sanitarios.
- MF08 Adquirir as habilidades necesarias para poder prestar consello terapéutico en farmacoterapia
- MF12 Coñecer e comprender a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde
- TF03 Coñecer os procesos de liberación, absorción, distribución, metabolismo e excreción de fármacos, e factores que condicionan a absorción e disposición, en función das súas vías de administración
Transversais.
- CS01 Desenvolver a capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
- CS03 Desenvolver a capacidade de aprender.
A) Actividades formativas con presencia do profesor:
A.1 Aulas Expositivas: Nas aulas expositivas seguirase o esquema da lección maxistral.
A.2 Aulas interactivas: As aulas interactivas de seminario estarán baseadas na participación dos alumnos, de forma individual ou por grupos reducidos, en actividades que supoñan un complemento ás aulas teóricas como poden ser o comentario e discusión de tratamentos farmacolóxicos, solución de problemas que constitúan unha aplicación directa dos conceptos farmacolóxicos máis importantes, comentarios de casos clínicos, etc.
As aulas interactivas de seminario estarán baseadas na participación dos alumnos, de forma individual ou por grupos reducidos, en actividades que supoñan un complemento ás aulas teóricas como poden ser o comentario e discusión de tratamentos farmacolóxicos, solución de problemas que constitúan unha aplicación directa dos conceptos farmacolóxicos máis importantes, comentarios de casos clínicos, etc.
As aulas prácticas (12 horas por curso) están estruturadas en 4 sesións, nas que grupos reducidos de alumnos, dispondo dun ordenador por estudante, utilizarán programas informáticos de simulación de experimentos farmacolóxicos nos que podan achar un valioso apoio na comprensión de conceptos básicos tanto de farmacoloxía xeral como de aspectos relacionados cos diferentes grupos terapéuticos.
A.3 Tutorías en grupos pequenos: Representan por cada alumno 2 horas por semestre e materia. Empregaranse para a resolución de dúbidas.
A plataforma virtual da USC utilizarase como soporte e complemento da docencia teórico-práctica e como elemento de comunicación co estudantado. Os alumnos disporán dunha versión da materia a través da USC virtual.
Todas as modalidades de avaliación indicadas a continuación (apartados 1-3) servirán para determinar o nivel alcanzado polos alumnos na adquisición das competencias xerais e transversais recollidas nesta programación. As competencias específicas referidas como MF01, MF05, MF07, MF12 e TF03 serán evaluadas fundamentalmente no exame escrito e as competencias específicas MF04, MF05 (parcialmente) e MF08 valoraranse especialmente ao cualificar as actividades desenvolvidas nas clases interactivas de laboratorio.
A cualificación final do alumno será o resultado da valoración do seu rendemento académico nos apartados seguintes:
1.- Coñecementos da materia
Se evaluará o nivel de coñecementos sobre o temario do curso mediante a realización dun exame escrito. Este levarase a cabo na data prevista no calendario escolar para o exame final da asignatura e constará de dous partes:
- Trinta preguntas de tipo test, con cinco opcións de resposta das que soamente unha é correcta. Cada pregunta contestada correctamente suma 0,2 puntos. Cada pregunta contestada incorrectamente resta 0,1 puntos. As preguntas non contestadas non suman nin restan puntuación. A nota máxima que se pode obter nesta parte do exame é, polo tanto, de 6 puntos.
- Seis preguntas de desenvolvemento. En cada pregunta esíxese unha cualificación mínima do 20% da cualificación máxima posible desa pregunta*. A nota máxima que se pode obter nesta parte do exame é de 6 puntos.
A cualificación global do exame será a media aritmética das dúas partes (test e preguntas de desenvolvemento), sendo necesario alcanzar un mínimo de 1,8 puntos sobre o máximo de 6 en cada unha das partes do exame*.
É necesario que a cualificación obtida neste exame supere o 45% do máximo correspondente para valorar o resto dos apartados*.
A cualificación obtida neste apartado supoñerá o 90% da nota final na asignatura.
2.- Actividades desenvolvidas nas clases interactivas de laboratorio
Se evaluará a capacidade do alumno para aplicar os seus coñecementos en situacións concretas, reais ou ficticias.
O alumno (de forma individual e/ou en grupos reducidos) realizará as actividades relacionadas co contido da práctica programadas polo profesor, que irá evaluando tanto a actitude do alumno ao levar a cabo o seu traballo como o rendemento do mesmo. A asistencia ás clases prácticas establecidas na programación docente e a realización das actividades programadas polo profesor teñen carácter obligatorio*.
Unha vez completado o periodo de realización das prácticas e sempre que se cumpran os requisitos indicados no párrafo anterior, o alumno realizará un exame baseado nas actividades desenvolvidas e no que será necesario obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre un total de 10 para que se poida considerar o aprobado nas prácticas*. Si o alumno non obtivese dita cualificación ao realizar o exame no seu grupo de prácticas, poderá repetilo en dúas ocasións máis, coincidindo coas convocatorias do exame final da asignatura nas súas dúas oportunidades.
Os alumnos que superen positivamente a avaliación das clases interactivas de laboratorio nun curso académico poderán manter a súa cualificación nos 5 cursos seguintes no caso de que non aproben a asignatura e deban repetila.
No entanto, tendo en conta que unha nova matrícula dá dereito á docencia completa da asignatura, os alumnos repetidores que teñan as prácticas aprobadas en cursos anteriores e desexen realizalas e ser evaluados de novo poderán facelo, para o que deberán comunicarllo ao profesor antes de que a Facultade organice os grupos de alumnos para as clases de laboratorio.
A nota global de prácticas obterase considerando a nota do exame (70%) e a valoración do traballo e a actitude do alumno nas tarefas realizadas (30%). Os alumnos entregarán os custionarios coas actividades realizadas durante o desenvolvemento das prácticas.
A cualificación obtida neste apartado supoñerá o 7% da nota final na asignatura.
3.- Actividades desenvolvidas nas clases interactivas de seminario
Estas clases levaranse a cabo nas datas e horas establecidas na programación da Facultade e consistirán no desenvolvemento, por parte dos alumnos, de actividades previamente establecidas polo profesor. Este fornecerá, con suficiente antelación, o material bibliográfico e as indicacións necesarias para que no seminario correspondente póidase levar a cabo adecuadamente o traballo por parte dos alumnos, xa sexa individualmente ou distribuídos en grupos reducidos.
A valoración da participación nas actividades programadas polo profesor (resolución de problemas e casos clínicos, realización e exposición de traballos, achegas nos debates, etc.), así como a actitude e o aprovechamiento demostrado ao longo das mesmas, supoñerá o 3% da nota final na asignatura.
A asistencia ás clases interactivas de seminario establecidas na programación docente e a realización das actividades programadas polo profesor teñen carácter obligatorio sempre que o alumno queira ser evaluado neste apartado.
A calificación obtida nas clases interactivas de seminario nun curso académico poderá manterse nos dous cursos seguintes, previa petición ao coordinador da materia.
*No caso de que un alumno non cumpra algún dos requisitos indicados anteriormente (como non asistir ás clases obligatorias ou non alcanzar algún dos mínimos esixidos) terá na asignatura unha cualificación final de suspenso, cunha nota numérica que será función dos puntos acumulados nos diferentes apartados evaluados, pero que será como máximo de 4,9 puntos sobre un total de 10 (malia que a aplicación simple do baremo poidese dar un resultado aritmético superior a 5 na mesma escala).
Horas presenciais:
30 horas de aulas expositivas
12 horas de aulas interactivas de seminario
12 horas de aulas interactivas de laboratorio
2 horas de titorías
4 horas de exames e revisión
Ademais das horas presenciais, estímase que son necesarias en promedio 60 horas de estudo para a asimilación dos contidos teóricos, 20 horas de dedicación a traballo complementario para os seminarios, 6 horas para as aulas prácticas e 4 horas para realización de exames e revisión. En total, o volume de traballo resultante estimado é de 150 horas.
Co fin de obter o máximo aproveitamento do esforzo que supón o estudo dunha nova disciplina, os alumnos que pretendan adquirir unha adecuada formación e superar a materia de Farmacoloxía I é conveniente que teñan coñecementos básicos de Anatomía, Citoloxía, Histoloxía, Fisioloxía e Fisiopatoloxía.
Considerando que se trata dunha materia de contido denso, é recomendábel que os alumnos manteñan ao longo do curso unha dedicación continuada ao estudo dos temas que se van tratando, seguindo o programa proposto, e que eviten o estudo intensivo nas datas previas á realización dos exames.
Na primeira aula do curso, os alumnos recibirán unha información máis detallada de cada un dos aspectos recollidos na presente guía docente.
Plan de continxencia:
O exame final da materia realizarase de xeito presencial ou telemático dependendo da situación sanitaria na que nos atopemos nese momento.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A) Clases expositivas:
Escenario 1: Presencial na aula
Escenario 2: Docencia telemática síncrona
Escenario 3: Docencia telemática síncrona/asíncrona
B) Clases interactivas:
Escenario 1: Presencial na aula
Escenario 2: Docencia telemática síncrona
Escenario 3: Docencia telemática síncrona/asíncrona
C) Tutorías en grupo muy reducido:
Escenario 1: Presencial na aula
Escenario 2: Docencia telemática síncrona
Escenario 3: Docencia telemática síncrona/asíncrona
D) Clases prácticas de laboratorio:
Escenario 1: 100% Prácticas síncronas presenciais no laboratorio. Grupos de 20 alumnos.
Escenario 2: 50% Prácticas síncronas presenciais no laboratorio, 50% Prácticas asíncronas virtuais. Grupos de 10 alumnos.
Escenario 3: 100% Prácticas virtuais (síncronas o asíncronas o una combinación de ambas). Grupos de 20 alumnos.
O sistema de avaliación será o mesmo en todos os escenarios e será o indicado na sección correspondente da programación docente.
Mª De Los Reyes Laguna Francia
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881814996
- Correo electrónico
- mdelosreyes.laguna [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Isabel Loza Garcia
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815005
- Correo electrónico
- mabel.loza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
María Dolores Viña Castelao
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815424
- Correo electrónico
- mdolores.vina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Campos Toimil
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815006
- Correo electrónico
- manuel.campos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Araceli Tobio Ageitos
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- araceli.tobio.ageitos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
María González Rodríguez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- maria.gonzalez.rodriguez0 [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
16:30-17:30 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
16:30-17:30 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
16:30-17:30 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
16:30-17:30 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
16:30-17:30 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |