Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Adquisición e consolidación, por parte dos alumnos, dos coñecementos básicos de Química relacionados co núcleo, estrutura atómica, enlace e cos procesos ácido-base e de oxidación-redución, que son necesarios para comprender e racionalizar os ensinos doutras materias cronologicamente posteriores do grao en Farmacia.
Contidos
LECCIÓN 1
Bases da moderna teoría do átomo. Aplicación elemental da mecánica ondulatoria. Os números cuánticos. Estrutura dos átomos polielectrónicos. Periodicidade das estruturas electrónicas atómicas. Enerxía de ionización. Afinidade electrónica. Táboa periódica dos elementos.
LECCIÓN 2
Plantexamiento xeral do enlace. Enlace en agrupacións atómicas discretas: moléculas. Introducción á xeometría molecular: algúns exemplos significativos. Aproximación con carácter predictivo: T.R.P.E.C.V. Moléculas diatómicas: T.O.M. Aproximación CLOA. Estruturas electrónicas dalgunas moléculas homonucleares.
Polaridade de enlace e electronegatividade.
LECCIÓN 3
Introducción ao tratamento de moléculas poliatómicas. Xustificación dos aspectos estruturais das moléculas poliatómicas. Hibridación. Polaridade e momento dipolar en sistemas poliatómicos.
LECCIÓN 4
O enlace en fases condensadas. Enlace iónico: aspectos estruturais. Consideracións enerxéticas: enerxía de rede.
LECCIÓN 5
Forzas de enlace débiles: diferentes tipos. Enlace de hidróxeno.
LECCIÓN 6
Equilibrio químico en disolución. Ácidos e bases: definicións. Forza ácido – base. Constantes de acidez e basicidade. Equilibrio de autodisociación da agua. Exemplos específicos de ácidos e bases fortes e débiles.
LECCIÓN 7
Comportamento das sales en disolución acuosa: hidrólise. Disolucións reguladoras.
LECCIÓN 8
Reaccións de oxidación – redución. Aspectos cualitativos e revisión de conceptos fundamentais. Aspectos cuantitativos. Potenciais red-ox. Efectos da concentración. Exemplos específicos de oxidantes e redutores.
LECCIÓN 9
O núcleo. Reaccións nucleares. Radioactividade. Estabilidade nuclear. Series radioactivas. Fisión e fusión nuclear. Unidades de radioactividade.
Básica.
• Petrucci R.H., Harwood W.S. y Herring F.G., Química General, 12ª ed.; Pearson, 2017.
Complementaria.
• Brown T.L., LeMay H.E. Jr. y Bursten B.E.; Química. La Ciencia Central, 12ª ed., Pearson, 2013.
• Atkins, P. y Jones, L.: Principios de Química, 3ª ed.; Ed. Médica Panamericana, 2006.
• Goldsbsby, K. y Chang, R: Química, 12ª ed.; McGraw-Hill, 2016.
• Masterton, W.L. y Hurley, C.N.: Química. Principios y reacciones, 4ª ed.; Paraninfo Cengage Learning, 2003.
• Kotz, J.C. y Treichel, P.M.: Química y reactividad química, 5ª ed.; Thomson, 2003
Competencias
Competencias básicas e xerais
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguarda do seu campo de estudo.
CG1 - Que os graduados posúan e comprendan os conceptos, métodos e resultados mais importantes das distintas ramas da Química, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados sobre problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición do plantexamento de problemas e na búsca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de aplicar os principios básicos das distintas ramas da Química a cualquera proceso de transformación química e á resolución de problemas cualitativos e cuantitativos.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
CE13 - Ser capaz de demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE14 - Ser capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE17 - Ser capaz de manipular con seguridade materiais químicos.
CE21 - Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
CE22 - Equilibrio entre teoría e experimentación.
CE24 - Comprensión dos aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
Metodoloxía da ensinanza
1. Clases expositivas en grupo grande. (CE)
Clases impartidas polo profesor sobre os aspectos máis relevantes da materia. O profesor pode contar co apoio de medios informáticos e audiovisuais. A plataforma virtual da USC servirá de soporte e complemento
á docencia teórica. Impartirase a docencia na aula presencialmente, coa distribución actual de alumnos.
2. Clases interactivas en grupo reducido. Seminarios, (S)
Clases teórico/prácticas dedicadas á resolución dos boletíns de cuestións e problemas que, previamente, serán entregados ao alumnado, e que permitirán a este determinar o grao de aproveitamento do traballo persoal levado a cabo. O alumno debe participar activamente nestas clases. Pódense incluír probas avaliadoras. Impartirase a docencia na aula presencialmente con grupos de alumnos inferiores a 50.
3. Clases prácticas de laboratorio. Prácticas (L)
Nestas clases o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar.
O alumnado deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lido atentamente o contido deste manual e realizando previamente os cálculos necesarios para poder levar a cabo o traballo experimental. Ao comenzar cada sesión de prácticas, o alumno deberá demostrar que entende o traballo que vai realizar no laboratorio. Posteriormente realizarse a parte experimental no laboratorio, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan.
Os resultados das prácticas, así como as respostas ás cuestiones plantexadas nos guións, serán avaliados. A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente. As prácticas non realizadas recuperaranse, se é posible, de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia. O alumno non será avaliado se non realiza e aproba as prácticas da materia. As prácticas de laboratorio realizaranse ao 100% de forma síncrona e presencialmente, en grupos de 20 alumnos.
4. Titorías de pizarra (T) Estas titorías están encamiñadas a resolver dúbidas sobre teoría ou as prácticas, pero tamén se poderán plantexar nelas problemas ou exercicios a resolver de forma individual ou en pequenos grupos de traballo. Impartirase a docencia na aula presencialmente con grupos de alumnos inferiores a 50.
• O alumno non será avaliado se non realiza e aproba as prácticas de laboratorio.
• A materia está dividida en dúas partes, teórica e práctica, que se avaliarán por separado.
• A parte teórica da materia será avaliada cunha proba final, que suporá un 80% da cualificación final, constará de preguntas curtas e problemas encamiñados a que o alumno razone sobre a materia estudada. Poderase realizar controis de avaliación ao longo do curso con obxecto de axudar ao alumno no seguemento da materia. (Competencias no examen: C102, C103, C105, C108; CS03, CS04).
• A avaliación da proba teórica complementarase coa valoración que se obteña do alumno nos aspectos relativos á realización dos exercicios e/ou problemas suxeridos polo profesor. Valoraranse as probas de control de avaliación que se realicen e a participación nos seminarios e titorías, así, como a realización de traballos individuais ou en grupo. Na avaliación final estes aspectos suporán un 20% da cualificación final. Para poder acceder á cualificación correspondente á avaliación continua, é requisito indispensable a asistencia ás clases interactivas.
Excepcionalmente, os alumnos que repitan a materia, no terán que asistir ás clases de seminarios interactivos, se así o solicitan por escrito ao/a profesor/a.
Neste caso manterase a cualificación correspondente ás clases interactivas do/dos curso/s anterior/es. (Competencias nas clases interactivas: C101, C103, C105, C109; C110, CP01, CP02).
• Nas prácticas terase en conta a opinión obtida sobre o alumno nas sesións de traballo no laboratorio e o seu caderno de prácticas. Avaliaranse por unha parte cuestións relacionadas co traballo no laboratorio e por outra as relacionadas coa elaboración do diario de laboratorio. A cualificación das prácticas será de “apto” ou “non apto”. Os alumnos non aptos en prácticas terán suspensa a materia. O alumno que non realice todas as prácticas será cualificado como “Suspenso”. Os alumnos que repitan a materia e que teñan a cualificación de APTO en prácticas, non terán que realizalas novamente, se no queren. (Competencias nas prácticas:Q02, Q03, Q04, Q06, Q07, CP01, CP02, CP103, CS01, CS03, CS04, CS08, CS12).
• O alumno debe obter cinco puntos sobre dez e a cualificación de apto nas prácticas para aprobar a materia.
• Na segunda convocatoria do curso académico, solo se realizará o exame da proba teórica, conservándose a cualificación correspondente á avaliación continua obtida durante o curso. A nota máxima sobre a que se cualificará o exame será o mesmo que na primeira convocatoria. Manteranse tamén os requisitos de ter
realizado e aprobado as prácticas.
Tempo de estudo e traballo persoal
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas en grupo grande: 30 horas
Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios): 10 horas
Titorías en grupo moi reducido: 2 horas
Prácticas de laboratorio: 17 horas
Outras actividades: 1 hora
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio: 60 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Estudo autónomo individual ou en grupo: 52.5 horas
Lecturas recomendadas e resolución de exercicios, ou outros traballos: 14 horas
Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da libreta das prácticas: 8.5 horas
Orientación e resolución de dúbidas 1 hora
Preparación, realización e revisión de exame 14 horas
Total horas traballo persoal do alumno: 90 horas.
• É aconsellable asistir ás clases expositivas.
• É importante manter o estudo da materia "ao día".
• Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas que se deben recordar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
• A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identificar as ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor
Plan de continxencia:
Metodoloxía:
Escenario 2: distanciamento (con restriccións parciais á presencialidade física).
2.1. Clases expositivas en grupo grande: impartiranse completamente de forma telemática, facendo uso da aula virtual, e/ou Teams.
2.2. Clases interactivas de seminario e titorías: impartiranse na aula.
2.3. Clases prácticas de laboratorio: 50% docencia presencial síncrona no laboratorio e 50% prácticas asíncronas virtuais, grupos de 10 alumnos.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial).
3.1. Clases expositivas en grupo grande: impartiranse completamente de forma telemática, síncrona/asíncrona, facendo uso da aula virtual e/ou Teams.
3.2. Clases interactivas de seminario e titorías: impartiranse telematicamente, síncrona/asíncrona, utilizando a aula virtual, e/ou Teams.
3.3. Clases prácticas de laboratorio: impartiranse telematicamente (aula virtual, Teams), ,síncronas ou asíncronas ou unha combinación de ambas), caso de ser síncronas en grupos de 20 alumnos.
Avaliación
A valoración será exactamente a mesma independentemente do escenario. Será imprescindible ter superado as prácticas de laboratorio para poder superar a materia en cualquera caso.
As únicas salvedades a ter en conta son:
Escenario 2: distanciamento (con restriccións parciais á presencia física).
- Neste caso a asistencia obrigatoria para poder optar á avaliación continua é asistencia a aula e virtual para aquelas clases que puideran impartirse online.
- A asistencia ás clases prácticas implica asistencia ao laboratorio e ás clases virtuais se non fose posible realizar todas as prácticas no laboratorio.
- Os exames serán preferentemente telemáticos, a través da aula virtual, Teams ou outras plataformas que a Universidade habilite para tal fin, se ben se valorará a posibilidade de realizar exames presenciais sempre que a normativa o permita e se poida cumprir co distanciamento.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial).
- Neste caso contabilizaranse as entregas realizadas como asistencia a aquelas clases nas que se considere obrigatoria a asistencia para poder optar á avaliación continua.
- A asistencia ás clases prácticas implica a visualización das posibles clases alternativas e a realización dos traballos substitutivos plantexados.
- Os exames serán telemáticos a través da aula virtual, Teams ou outras plataformas que a Universidade habilite para tal fin.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas de avaliación será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación
Maria Elena Labisbal Viqueira
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881815089
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Luz Duran Carril
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814952
- Correo electrónico
- marialuz.duran [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Isabel Garcia Santos
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814956
- Correo electrónico
- isabel.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Martinez Calvo
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814238
- Correo electrónico
- miguel.martinez.calvo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
11:10-12:10 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
17:20-18:20 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
11:10-12:10 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
17:20-18:20 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
11:10-12:10 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
17:20-18:20 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
11:10-12:10 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
17:20-18:20 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
11:10-12:10 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
17:20-18:20 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |