Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Proporcionar ao alumnado coñecementos básicos de Fitoterapia: utilización terapéutica de fitomedicamentos e preparados de plantas medicinais.
Formar ao alumnado nos aspectos relacionados co uso racional de preparados e medicamentos a base de plantas: accións, efectos adversos, interaccións, etc.
Capacitar ao alumnado para procurar e analizar información, seleccionar e aplicar protocolos de traballo en Fitoterapia con espírito crítico e para que sexa quen de informar e dar consello profesional aos doentes sobre o emprego axeitado dos preparados a base de plantas.
SECCIÓN I.- PARTE XERAL
Tema 1.- Introdución á Fitoterapia. Concepto e obxectivos. Utilización actual das plantas medicinais na terapéutica. Lexislación sobre plantas medicinais.
Tema 2.- Formulación de preparados en Fitoterapia e formas de administración. Control do produto terminado.
Tema 3.- Principios activos das drogas vexetais. Metabolitos secundarios. Propiedades.
Tema 4.- Seguridade dos medicamentos fitoterápicos. Reaccións adversas. Interaccións dos preparados fitoterapéuticos entre sí ou co resto de medicamentos.
Tema 5.- Toxicidade aguda das plantas medicinais
Tema 6.- Aromaterapia. Concepto. Aceites esenciais en aromaterapia
SECCIÓN II.- FITOTERAPIA E SISTEMA NERVIOSO CENTRAL
Tema 7.- Fitoterapia no tratamento do insomnio e a ansiedade.
Tema 8.- Fitoterapia no tratamento da depresión.
Tema 9.- Fitoterapia no tratamento da astenia e o estrés.
SECCIÓN III.- FITOTERAPIA DAS ENFERMIDADES AUTOINMUNES E INFLAMATORIAS
Tema 10.- Fitoterapia inmunomoduladora e as súas aplicacións.
Tema 11.- Fitoterapia no tratamento de procesos inflamatorios e a hemicrania.
SECCIÓN IV.- FITOTERAPIA DO SISTEMA VASCULAR
Tema 12.- Fitoterapia en enfermidades vasculares periféricas. Venotónicos e venoprotectores.
Tema 13.- Fitoterapia en hipertensión arterial.
Tema 14.- Fitoterapia da insuficiencia vascular cerebral
SECCIÓN V.- FITOTERAPIA NOS TRASTORNOS ENDOCRINOS E METABÓLICOS
Tema 15.- Fitoterapia na diabete.
Tema 16.- Fitoterapia de hiperlipidemias e obesidade.
Tema 17.- Fitoterapia da osteoporose.
SECCIÓN VI.- FITOTERAPIA NO TRATAMENTO DE AFECCIÓNS DO APARELLO RESPIRATORIO
Tema 18.- Fitoterapia no tratamento da tose: antitusivos, expectorantes e mucolíticos.
SECCIÓN VII.- FITOTERAPIA NO TRATAMENTO DE ALTERACIÓNS DIXESTIVAS
Tema 19.- Tratamento fitoterápico da dispepsia, flatulencias, gastrite e úlceras gástricas.
Tema 20.- Trastornos hepatobiliares. Colagogos e coleréticos.
Tema 21.- Tratamento fitoterápico do estreñimento e diarrea.
Tema 22.- Tratamento fitoterápico de nauseas e vómitos. Estimulantes do apetito.
SECCIÓN VIII. FITOTERAPIA NO APARELLO XENITOURINARIO E APARELLO REPRODUCTOR
Tema 23.- Fitoterapia en infeccións urinarias, litiase renal. Diuréticos.
Tema 24.- Fitoterapia en afeccións prostáticas.
Tema 25.- Fitoterapia xinecolóxica. Fitoterapia nos trastornos climatéricos.
SECCIÓN IX. FITOTERAPIA DERMATOLÓXICA
Tema 26.- Fitoterapia no tratamento de queimaduras e patoloxías da pel e mucosas.
Tema 27.- Fitoterapia da dermatite seborreica e alopecia
SECCIÓN X. FITOTERAPIA EN PATOLOXÍAS OCULARES
Tema 28.- Fitoterapia no tratamento de blefarite, conxuntivite e tirizós.
Bibliografía recomendada
BÁSICA
Castillo García, E y Martínez Solís I. Manual de Fitoterapia. Elsevier Doyma, S.L. Barcelona 2017
Pizzorno, J.E., Murray, M., Joiner-Bey, Herb. Manual de Medicina Natural. 2ª edición. Elsevier. 2008.
Herbal Medicines. Pharmaceutical Press, 2009
Cañigueral, S. Vila, R. y Wichtl, M. Plantas Medicinales y drogas vegetales para infusión y tisanas. Edit: OEMF International, 1988
COMPLEMENTARIA
World Health Organization. Monographs on Selected medicinal plants. Ginebra. Vol.1, 2, 3 y 4 1999, 2002, 2007 y 2009
Blumenthal-Goldberg-Brinckmann. Herbal Medicine. Expanded Commission E Monographs. 2000
Real Farmacopea Española.
Catálogo de Plantas Medicinales. Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos.
Vanaclocha, B. Cañigueral, S. Fitoterapia, Vademecum de Prescripción. Ed. Masson.
B02 - Desenvolver habilidades relacionadas co uso dos efectos beneficiosos das plantas medicinais e comprender os riscos sanitarios asociados co seu mal emprego.
B10 - Coñecer as plantas medicinais: diversidade botánica, uso e xestión.
MF07 - Promover o uso racional do medicamento e produtos sanitarios.
Transversais:
CI09 - Resolución de problemas.
CI10 - Toma de decisións.
CP01 - Capacidade crítica e autocrítica.
CS01 - Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Ao longo do curso, e sempre a través da materia do CAMPUS VIRTUAL da USC, o alumnado seguirá en todo momento as directrices indicadas polo equipo docente, para a boa coordinación e desenvolvemento da materia.
Clases expositivas:
Exposición dos conceptos fundamentais dos temas programados, empregando os elementos didácticos necesarios (vídeos, diapositivas, etc.) para axudar á sua comprensión.
Clases interactivas:
1.- O alumnado fará un estudo das plantas medicinais que poidan ser de utilidade nas diferentes afeccións do organismo.
Dentro dunha determinada patoloxía, indicaranse, ademáis, os fitomedicamentos existentes no mercado, seleccionando un deles para tratar en profundidade (principios activos, acción farmacolóxica, usos, interaccións, doses, etc), indicando os consellos e medidas hixiénico-sanitarias que o doente deberá tomar, segundo a patoloxía sometida a estudo. Este traballo exporase e debatase co equipo docente e o estudantado.
Ao comezo de curso realizarase a distribución de traballos entre o alumnado, dacordo coa listaxe de temas ofertada polo equipo docente.
2.- Resolución individual ou en grupo de casos prácticos propostos polo equipo docente que o alumnado entregará a través del Aula Virtual no período establecido.
A calificación final máxima será de 10 puntos e para superar a materia requírese un mínimo de 5 puntos. A calificación final do/a alumno/a será o resultado da valoración do seu rendemento académico nos apartados siguientes:
1.- Exame final dos contidos da materia (60%)
Avaliarase o nivel de coñecementos sobre o temario do curso mediante a realización dun exame escrito. Este levarase a cabo na data prevista no calendario escolar para o exame final da materia, e constará de dúas partes:
- 30 cuestións de tipo test, con catro opcións de resposta das que únicamente unha é correcta. Cada cuestión contestada correctamente suma 0,2 puntos. Cada cuestión contestada incorrectamente resta 0,05 puntos. As cuestións non contestadas non suman nin restan puntuación. A nota máxima que se pode obter nesta parte do exame é, polo tanto, de 6 puntos.
- Dous casos prácticos. A nota máxima que se pode obter nesta parte do exame é de 4 puntos.
A calificación global do exame será a media aritmética das dúas partes (test e casos prácticos), sendo necesario acadar un mínimo de 3 puntos sobre o máximo de 10.
2.- Elaboración de traballos e participación nas sesións de exposicións e debates: 20%.
A realización do traballo e a súa exposición e debate valorarase co 20% da calificación final. A calificación máxima será de 2 puntos.
3.- Participación na resolución de casos prácticos: 20%.
Ao longo do curso realizaranse unha serie de exercicios, en grupos moi reducidos ou individuais, de forma presencial na aula, ou a través da aula virtual, en forma de tarefas. A suma total obtida trala valoración de cada un destes exercicios, terá un valor máximo de 2 punto.
Para o alumnado que acuda á convocatoria de segunda oportunidade, conservaránselle as notas correspondentes á realización e exposición do traballo e resolución de casos prácticos. A nota final será a suma dos tres méritos tidos en conta. Non se conservará a calificación obtida na avaliación continua para cursos sucesivos.
Estudo individual 45h.
Elaboración de traballos 20h.
Recomendacións cara a evaluación.
Asistencia a clases expositivas e interactivas, sendo estas últimas o complemento que axudará ao alumno a resolver dudas no tratamento a base de plantas medicinais.
Acudir as tutorías para resolver dudas.
Recomendacións cara a recuperación.
Completa-los apuntes do curso e acudir ó profesor para resolver dudas.
Os alumnos con dispensa de asistencia a clase non verán afectada a súa cualificación final por este feito. Para os alumnos repetidores, a avaliación continua será a mesma que para os alumnos de nova matrícula.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
María Dolores Viña Castelao
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815424
- Correo electrónico
- mdolores.vina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Araceli Tobio Ageitos
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- araceli.tobio.ageitos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |