Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 92 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 18 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer a estrutura química das moléculas que constitúen o organismo humano.
- Coñecer os mecanismos de ensamblaxe das estruturas supramoleculares, celulares e de tecidos do organismo humano.
- Coñecer as formas de obtención da enerxía necesaria para o mantemento das funcións vitais do organismo humano.
- Coñecer as rutas metabólicas que o organismo humano utiliza para a síntese e degradación de biomoléculas.
- Coñecer os mecanismos de control que coordinan os miles de reaccións químicas que teñen lugar no organismo humano.
- Coñecer os cambios bioquímicos que acompañan ao crecemento, diferenciación, envellecemento e morte das células do organismo humano.
- Coñecer os mecanismos moleculares implicados no funcionamento dos aparellos e sistemas do organismo humano e nas súas alteracións patolóxicas.
ORGANIZACIÓN MOLECULAR DOS SERES VIVOS. Alcance e obxectivos da Bioquímica nos estudos de Medicina. Biomoléculas. A célula e os compartimentos celulares.
AUGA. Estrutura e propiedades da auga. A auga nos seres vivos. Actividade iónica da auga. Ácidos e bases. Tampóns fisiolóxicos
PROTEÍNAS. Aminoácidos: propiedades e métodos de analise. Estrutura das proteínas. Plegamento das proteínas. Métodos para o estudo das proteínas. Proteínas de interese fisiolóxico.
ENZIMAS. Enzimas: caraterísticas e clasificación. Mecanismos da catálisis enzimática. Cinética das reaccións enzimáticas. Inhibición e regulación da actividade enzimática.
LÍPIDOS E MEMBRANAS BIOLÓXICAS. Lípidos de interese biolóxico. Estrutura e características das membranas. Transporte a través de membranas.
INTODUCCIÓN AO METABOLISMO E BIOENERXÉTICA. Características xerais do metabolismo intermediario e a súa regulación. Enerxía libre. Compostos de alto nivel enerxético.
METABOLISMO DOS GLÚCIDOS. Glúcidos: caraterísticas estructurais e clasificación. Glucólise. Gluconeoxénese. Metabolismo do glucóxeno. Vía das pentosas fosfato.
FASES COMÚNS DO METABOLISMO OXIDATIVO. Ciclo dos ácidos tricarboxílicos. Cadea de transporte electrónico mitocondrial e fosforilación oxidativa.
METABOLISMO DOS LÍPIDOS. Oxidación e síntese de ácidos grasos. Metabolismo de lípidos complexos. Metabolismo de eicosanoides. Metabolismo do colesterol.
METABOLISMO DAS LIPOPROTEÍNAS. Composición e características estruturais das lipoproteínas. Funcións das lipoproteínas. Metabolismo de lipoproteínas
METABOLISMO DOS AMINOÁCIDOS. Aspectos xerais do metabolismo de aminoácidos. Metabolismo específico de aminoácidos. Derivados dos aminoácidos de interese fisiolóxico.
Bibliografía básica:
Meisenberg G, Simmons WH. "Principios de Bioquímica Médica". Cuarta ed. Barcelona: Elsevier; 2018.
Ronner P. “Netter. Bioquímica esencial”. Primera ed. Barcelona: Elsevier; 2019.
Feduchi E, Romero C, Yáñez E, Blasco I, García-Hoz C. "Bioquímica. Conceptos Esenciales". Segunda ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2015.
Garzón de la Mora P, González Hita M, Gurrola Díaz CM y cols. “Manual de prácticas de laboratorio de bioquímica”. Tercera ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2014.
Bibliografía complementaria:
Baynes JW, Dominiczac MH. "Bioquímica Médica". Cuarta ed. Barcelona: Elsevier-Saunders; 2015.
McKee T, McKee JR. “Bioquímica. Las bases moleculares de la vida”. Quinta ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2014.
Ferrier DR. Bioquímica. Sexta ed. Barcelona: Woulters Kluwer; 2014.
Stryer L, Berg JM, Tymoczko JL. "Bioquímica". Con Aplicaciones Clínicas. Séptima ed. Barcelona: Editorial Reverté; 2013.
O alumno terá acceso remoto á parte da bibliografía recomendada, mediante o servizo que pon a súa disposición a Biblioteca Universitaria da USC.
Competencias específicas
- Coñecer a estrutura e función celular.
- Biomoléculas.
- Metabolismo.
- Regulación e integración metabólica.
- Manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
- Interpretar unha analítica normal (probas de laboratorio).
Competencias xerais
- Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
- Coñecer e recoñecer as bases da conduta humana normal e as súas alteracións.
- Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
- Comprender e recoñecer os axentes causantes e factores de risco que determinan os estados de saúde e o desenvolvemento da enfermidade.
- Comprender e recoñecer os efectos do crecemento, o desenvolvemento e o envellecemento sobre o individuo e a súa contorna social.
- Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica dispoñible.
- Ser capaz de formular hipótese, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
- Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
Docencia expositiva
A docencia expositiva está concibida co fin de potenciar a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Nas clases teóricas o profesor exporá e explicará os aspectos máis relevantes de cada tema, axudando aos alumnos a que alcancen os obxectivos da materia. Nos escenarios previstos para o curso 2020-2021, este ensino terá as seguintes características:
Escenario 1: docencia presencial.
Escenario 2: docencia presencial e/ou virtual (síncrona), usando ferramentas corporativas (MS Teams, Campus Virtual-Moodle, etc.).
Escenario 3: docencia virtual (síncrona ou asíncrona), usando ferramentas corporativas (MS Teams, Campus Virtual-Moodle, etc.).
Docencia interactiva
Realizaranse seminarios/prácticas de laboratorio sobre temas relacionados cos contidos teóricos da materia e discutiranse casos clínicos. O profesor guiará e orientará ao estudante no proceso de aprendizaxe. Nos escenarios previstos para o curso 2020-2021, este ensino terá as seguintes características:
Escenario 1: tanto seminarios como prácticas serán de carácter presencial.
Escenario 2: tanto seminarios como prácticas serán de carácter presencial e/ou virtual, cunha duración reducida das prácticas ao 50%. Para este fin utilizaranse ferramentas corporativas (Campus Virtual-Moodle, MS Teams, etc.).
Escenario 3: tanto seminarios como prácticas serán de carácter virtual (síncrono ou asíncrono), cunha duración reducida das prácticas ao 50%. Para este fin utilizaranse ferramentas corporativas (Campus Virtual-Moodle, MS Teams, etc.).
Titorías
Esta actividade utilizarse principalmente para a aclaración de dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos relacionados cos contidos da materia. Nos escenarios previstos para o curso 2020-2021, as titorías terán as seguintes características:
Escenario 1: presenciales, sen descartar o uso complementario da forma virtual (MS Teams, Campus Virtual-Moodle, etc.).
Escenario 2: fundamentalmente de carácter virtual (síncrono ou asíncrono), usando ferramentas corporativas (MS Teams, Campus Virtual-Moodle, etc.).
Escenario 3: de carácter virtual (síncrono ou asíncrono), usando ferramentas corporativas (MS Teams, Campus Virtual-Moodle, etc.).
Nos tres escenarios manterase operativa unha aula virtual ao dispor do alumnado, mantendo así mesmo canles de comunicación directa para titorías, foros e sesións virtuais.
Realizarase un exame final, que representará o 80% da nota final. Este exame final será de tipo test e/ou preguntas curtas, abarcando todos os aspectos relacionados cos contidos da materia. O alumno deberá demostrar no exame un coñecemento adecuado de cada unha das parte da materia.
Así mesmo, realizarase unha avaliación continua, que representará o 20% da nota final, e que poderá consistir en controis periódicos da aprendizaxe, asistencia e grao de participación nas distintas actividades realizadas.
Tendo en conta que o exame final achega un máximo de 8,0 puntos e a avaliación continua un máximo de 2,0 puntos, para superar a materia será necesario obter no exame final unha nota mínima de 4,0 puntos (aprobado) e que coa suma da avaliación continua alcance os 5,0 puntos. Isto significa, que á nota do exame final só sélle sumará a nota correspondente á avaliación continua, cando no exame final alcanzáronse os 4,0 puntos. A nota alcanzada na avaliación continua só terá vixencia na convocatoria en curso.
Nos escenarios previstos para o curso 2020-2021, as avaliacións terán as seguintes características:
Escenario 1: como forma de avaliación utilizarase unha proba final presencial, combinada cunha avaliación continua formativa (presencial e/ou virtual). Para este fin poderanse utilizar ferramentas corporativas (Campus Virtual-Moodle, etc.).
Escenario 2: como forma de avaliación utilizarase preferentemente unha proba final telemática presencial, combinada cunha avaliación continua formativa de carácter telemático. Para este fin utilizaranse ferramentas corporativas (Campus Virtual-Moodle, etc.).
Escenario 3: como forma de avaliación utilizarase unha proba final telemática, combinada cunha avaliación continua formativa telemática. Para este fin utilizaranse ferramentas corporativas (Campus Virtual-Moodle, etc.).
Nos casos nos que se detecte a realización fraudulenta de exercicios e probas de avaliación, aplicarase o que recolle a “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial do alumno: 60 horas
Traballo persoal do alumno: 90 horas
Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.
Utilización das tutorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
Para rematar, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.
Plan de continxencia
A metodoloxía do ensino e o sistema de avaliación previstas para os escenarios 2 e 3 axústanse ás “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura para o curso 2020-2021” do 26 de xuño de 2020, na forma que se indica:
Adaptacións da metodoloxía da ensinanza
Escenario 2: a docencia expositiva e interactiva será presencial e/ou virtual (síncrona), utilizando ferramentas corporativas (MS Teams, Campus Virtual-Moodle, etc.). As titorías serán de carácter preferentemente virtual (síncrono ou asíncrono).
Escenario 3: docencia e titorías exclusivamente virtuais, empregando ferramentas corporativas (MS Teams, Campus Virtual-Moodle, etc.).
Adaptacións do sistema de avaliación
Escenario 2: a avaliación realizarase preferentemente de forma telemática presencial, para o que se utilizarán ferramentas corporativas (Campus Virtual-Moodle, etc.).
Escenario 3: a avaliación realizarase de forma telemática, utilizando ferramentas corporativas (Campus Virtual-Moodle, etc.).
Antonio Juan Pazos Castelos
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816056
- Correo electrónico
- antonioj.pazos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Estefania Maria Salome Mendez Alvarez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812210
- Correo electrónico
- estefania.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ramon Soto Otero
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812210
- Correo electrónico
- ramon.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
German Sierra Paredes
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812212
- Correo electrónico
- german.sierra.paredes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Dolores Vazquez Illanes
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812335
- Correo electrónico
- mdolores.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Martes | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Mércores | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Xoves | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Venres | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
26.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 1 |
26.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
26.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Castelao |
26.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 1 |
26.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
26.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
26.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
26.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
26.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
26.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
26.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
26.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 9 |
26.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
26.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
26.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
26.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |