Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 11.5 Horas de Titorías: 4.5 Clínicos EEES: 134 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos destas prácticas son conseguir incorporar valores profesionais de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico, así como a atención aos problemas de saúde máis prevalentes nas áreas de Medicina de Familia e Comunitaria.
A rotación en Servizos de Medicina Familiar e Comunitaria ten lugar no último curso dos estudos de Grado (Curso Rotatorio), unha vez que os alumnos xa adquiriron os coñecementos teóricos que lles permitirán aproveitar esta disciplina.
Os propios da medicina familiar e comunitaria no ambito da atención primaria
Montañés M, Casado V, Bonal PÁX. Medicina de Familia. Guía para estudantes. Ed. Ariel. Barcelona.2005.
1. Actividades preventivas e promoción da saúde.
a. Prevención, promoción e educación na saúde individual e comunitaria.
b. A familia e o seu ámbito na xénese e resolución de problemas de saúde.
c. Identificación de situacións de risco individual e comunitario en Atención Primaria.
2. Toma de decisións clínicas:
a. Anamnese e exploración física. Semioloxía de signos e síntomas principais en Medicina de Familia.
b. Indicacións, interpretación e rendemento de probas diagnósticas complementarias frecuentes en Medicina de Familia.
c. Abordaxe do tratamento farmacolóxico centrado no problema e as persoas.
d. Habilidades instrumentais: cirurxía menor, vendaxes, venopunción e infiltracións.
e. Manexo práctico das enfermidadesmáis prevalentes.
f. Manexo dos problemas urxentes en Atención Primaria.
3. Comunicación e ética:
a. Elementos esenciais da Medicina de Familia, os seus valores profesionais.
b. Bioética nas ecisiónsasistenciais da Atención Primaria.
c. Habilidades instrumentais (comunicación co paciente, familia, comunicar malas noticias).
d. Manexo de situacións difíciles en consulta.
4. Xestión da actividade en Atención Primaria:
a. Metodoloxía práctica para identificar problemas.
b. Coordinación con outrosniveisasistenciais (interconsultas, criterios de derivación, informes).
c. Manexo de sistemas de información e rexistro.
d. Implantación de medidas de promoción da saúde e prevención da enfermidade.
e. Abordaxe da atención domiciliaria.
f. Peculiaridades do traballo do Médico de Familia: incerteza, problemas de saúde complexos, uso racional dos fármacos, relación coa asistencia especializada, traballo en equipo.
g. Xestión e organización da actividade laboral e da burocracia.
Estará baseada na práctica clínica supervisada por facultativos de Atención Primaria en Centros de Saúde.
Avaliación continua dos coñecementos e das aptitudes do estudante polo titor responsable. O titor cualificará ao alumno como apto (6:00) ou non apto, sendo necesario estar apto para poder aprobar e presentarse ao exame a realizar ao final das rotacións polos diferentes servizos, que constará dunha batería de preguntas tipo test con 5 respostas das que soamente unha será válida (as contestacións erróneas restarán puntuación: 1 por cada 3 erróneas).
A avaliación do titor será APTO ou NON APTO. A avaliación como NON APTO supón que o estudante non pode superar a materia nesa oportunidade e irá acompañada dunha nota numérica de 0 a 4,9 para incluir na acta.
O exame será voluntario e imprescindible para obter unha nota superior a 6 co seguinte criterio:
De 0 ao 30% das respostas correctas (descontando os negativos): non añaden nada a nota final.
Do 30 ao 100% das respostas correctas (descontando os negativos): proporcionalmente o número de acertos.
A cualificación final será o resultado de sumar a cualificación do titor (6:00) á do exame, que suporá o 40% da nota final.
Cada alumno fai unha estanza de 3 semanas consecutivas nun Centro de Saúde (consulta de Medicina Xeral), realizando un mínimo de tres gardas (126 horas presenciais e 12 horas de estudo persoal). Unha semana de prácticas representa unha presencialidad de 35 horas (horario de 8.00 a 15.00 horas de luns a venres) ás que hai que engadir 7 horas por cada garda realizada (de 15.00 a 22.00 horas).
María Esther Carballo Arceo
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- mariaesther.carballo.arceo [at] rai.usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Enrique Nieto Pol
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- enrique.nieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Jesús Sueiro Justel
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- jesus.sueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
14.05.2021 18:30-19:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Aulario-Aula 1 |
14.05.2021 18:30-19:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Aulario-Aula 2 |
14.05.2021 18:30-19:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Aulario-Aula 3 |
14.05.2021 18:30-19:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Aulario-Aula 4 |
14.05.2021 18:30-19:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Aulario-Aula Magna |
14.05.2021 18:30-19:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Biblioteca - Aulario Roberto Novoa |
14.05.2021 18:30-19:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Hospital-Aula 1 |
14.05.2021 18:30-19:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Hospital-Aula 2 |
21.06.2021 18:30-19:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Aulario-Aula Magna |