Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 91 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 20 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta materia é familiarizar ao alumnado cos conceptos e técnicas básicas da Estatística Descritiva, da Teoría da Probabilidade, e da Inferencia Estatística.
Preténdese tamén que o alumnado entenda a necesidade e a utilidade da metodoloxía estatística na investigación en Ciencias da Saúde, particularmente en Medicina, facéndose consciente do alcance e das limitacións de dita metodoloxía.
Como obxectivos máis específicos o alumnado ten que:
- coñecer a linguaxe estatística básica: proporcionar ós estudantes os coñecementos teóricos básicos que lles permitan comprender os distintos aspectos estatísticos e probabilísticos implicados na investigación médico/sanitaria;
- coñecer e aplicar algúns métodos estatísticos básicos para representar e analizar conxuntos de datos simples e poder obter conclusións de ditas análises;
- coñecer, expresar, e interpretar correctamente os niveis de precisión, confianza e de erro nas conclusións dun estudo estatístico.
Capítulo 1.- Definición e obxectivos da Estatística. A Estatística na investigación médica. Deseño dun estudo, poboación e mostra. Tipos de datos. Presentación dos datos: táboas de frecuencias. Medidas de centralización, posición, dispersión e forma. Representacións gráficas: diagrama de barras e sectores, histograma e diagrama de caixa.
Capítulo 2.- Experimento aleatorio. Espazo de mostraxe. Sucesos. Definición axiomática de Probabilidade. Probabilidade condicionada. Sucesos independentes. Regra de Bayes. Probas diagnósticas: sensibilidade e especificidade. Prevalencia e incidencia. Medidas de efecto: Risco Relativo (RR) e Odds-Ratio (OR).
Capítulo 3.- Distribucións de probabilidade de variables discretas. Función masa de probabilidade. Función de distribución. Valor esperado. Varianza. Distribución Binomial. Distribución de Poisson.
Capítulo 4.- Distribucións de probabilidade de variables continuas. Función de densidade. Función de distribución. Esperanza. Varianza. A distribución Normal. Intervalos de probabilidade (ou normalidade). Aproximación dunha variable Binomial á Normal. Puntos de corte para o diagnóstico de enfermidades.
Capítulo 5.- Parámetro. Estatístico. Distribución de diferentes estatísticos. Teorema Central do Límite. Distribucións asociadas coa Normal: Chi-Cadrado, T-Student.
Capítulo 6.- Inferencia Estatística. Estimación puntual e por intervalos: definicións e propiedades dos estimadores puntuais. Estimación de medias e varianzas en poboacións normais e proporcións.
Capítulo 7.- Introdución ós contrastes de hipóteses. Hipótese nula e alternativa. Tipos de contraste. Zonas de aceptación e de rexeitamento. Erro de Tipo I, nivel de significación. Erro de Tipo II, potencia dun contraste.
Capítulo 8.- Contrastes cunha mostra: para una media e para unha proporción. Contrastes con dúas mostras: comparación de dúas medias (mostras independentes, mostras apareadas).
Capítulo 9.- Contrastes para datos categóricos: táboas de continxencia. Test Chi-Cadrado.
Capítulo 10.- Introdución ós métodos de regresión. Conceptos xerais. Método de Mínimos Cadrados. Correlación: coeficiente de correlación lineal. Descomposición da varianza na regresión.
- Álvarez Cáceres, R. (2007) “Estadística Aplicada a las Ciencias de la Salud”. Editorial Diaz de Santos.
- Daniel, W.W. (2006) “Bioestadística. Base para el análisis de las ciencias de la salud”. (2ª ed). Editorial LIMUSA. Wiley.
- Douglas G. A. (1997) “Practical Statistics for Medical Research”. Ed. Chapman & Hall.
- Martín Andrés, A. y Luna del Castillo, J. (1994) “Bioestadística para las ciencias de la salud”. (4ª ed). Ediciones Norma.
- Martín Andrés, A. y Luna del Castillo, J. (1995) “50 +/- 10 horas de Bioestadística”. Ediciones Norma.
- Martínez González, M.A; Sánchez, A. y Faulin, J. (2006). “Bioestadística amigable”. 2ª ed. Editorial Diaz de Santos.
- Milton, J.S. (1994) “Estadística para biología y ciencias de la salud”. (2ª ed). Ed. Interamericana, McGraw-Hill.
- Paradis, E. (2003). R para principiantes. R Cran. Dispoñible en https://cran.r-project.org/doc/contrib/rdebuts_es.pdf
- Quesada, V. y otros (1982) “Curso de ejercicios de estadística”. (2ª ed). Editorial Alambra.
- Rosner, B. (2000) “Fundamentals of Biostatistics”. (5ª ed). Wadsworth Publishing Company. Duxbury Press.
- Venables, W.N., Smith, D.M. e the R Core Team (2020). An Introduction to R. Notes on R: A Programming Environment for Data Analysis and Graphics (Version 3.6.3). Dispoñible en https://cran.r-project.org/doc/manuals/r-release/R-intro.pdf.
- Verzani, J. (2005). Using R for Introductory Statistics. Chapman and Hall.
Dentro desta materia trátase de contribuír a que o alumnado acade as competencias recollidas ma memoria do título de Grao en Medicina da USC:
CG28.- Obter e utilizar datos epidemiolóxicos e valorar tendencias e riscos para a toma de decisións sobre saúde.
CG31.- Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
CG33.- Manter e utilizar os rexistros con información do doente para a súa posterior análise, preservando a confidencialidade dos datos.
CG34.- Ter, na actividade profesional, un punto de vista crítico, creativo, con escepticismo construtivo e orientado á investigación.
CG35.- Comprender a importancia e as limitacións do pensamento científico no estudo, a prevención e o manexo das enfermidades.
CG36.- Ser capaz de formular hipóteses, reunir e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
GG37.- Adquirir formación básica para a actividade investigadora.
CEMII.32.- Coñecer os conceptos básicos de bioestatística e a súa aplicación ás ciencias médicas.
CEMII.33.- Ser capaz de deseñar e realizar estudos estatísticos sinxelos utilizando programas informáticos e interpretar os resultados.
CEMII.34.- Entender e interpretar os datos estatísticos na literatura médica.
A docencia expositiva e interactiva será presencial, axustándose a distribución que acorde a Facultade de Medicina, e complementarase co Campus Virtual da materia, no que o alumnado atopará materiais bibliográficos, boletíns de problemas, vídeos explicativos, etc. Mediante o Campus Virtual o alumnado tamén poderá realizar tests e entregas de tarefas para a avaliación continua, como se describe no apartado correspondente.
Docencia expositiva (36 horas): nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Resolveranse algúns problemas tipo, de xeito que o alumnado poida traballar sobre os boletíns de exercicios que lle serán facilitados. Respecto ó material para o seguimento da materia, a maiores da bibliografía recomendada, o alumnado disporá de material docente complementario a través do Campus Virtual da materia. Nas sesións de docencia expositiva traballaranse as competencias xerais CG.07, CG.18, CG.19, así coma a específica CEMII.32 e CEMII.34.
Docencia interactiva (24 horas): a docencia interactiva distribúese en seminarios de resolución de exercicios na aula de clase e prácticas no ordenador. Nestas sesións introducirase ó alumnado o manexo do paquete R para análise estatístico de datos. Traballarase tamén sobre os casos prácticos que terán que resolver. Para o seguimento das sesións de práctica co ordenador, facilitarase ao alumnado os guións de prácticas. Nas sesións de docencia interactiva potenciaranse as competencias: CG.28, CG.31, CG.33, CG.34, CG.36, CEMII.33 y CEMII.34.
Titoría: as titorías están destinadas ao seguimento da aprendizaxe do alumnado. Realizaranse tanto de xeito presencial como a través do correo electrónico ou MS Teams. Nestas sesións traballaranse fundamentalmente aquelas competencias relacionadas co razoamento crítico e a capacidade de comunicación.
Avaliación continua (25%): a avaliación continua realizarase en base á participación en dous tipos de tarefas: as asociadas ás sesións interactivas de seminario (resolución de problemas de xeito individual ou en grupo) e as asociadas a sesións interactivas de laboratorio (resolución de exercicios prácticos co paquete estatístico R). Estas actividades poderanse realizar tanto de xeito presencial coma non presencial.
Exame final (75%): o exame final constará de varias cuestións teórico-prácticas e problemas sobre os contidos da materia, dentro dos que se poderá incluír a interpretación de resultados obtidos co paquete estatístico utilizado na docencia interactiva.
O peso da avaliación continua na oportunidade de recuperación será o mesmo que na convocatoria ordinaria do cuatrimestre.
Nótese que, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e da revisión das cualificacións”.
Nesta materia, o alumnado conta con 60 horas de docencia presencial (36 horas de docencia expositiva e 24 horas de docencia interactiva). Por cada hora de docencia expositiva, considérase necesario adicar ao estudio ao redor de 1.5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
En relación coa docencia interactiva, por cada hora considérase necesaria unha hora para a preparación e posterior revisión dos exercicios e tarefas realizados na clase. A maiores, o alumnado debe ter en conta que é necesario practicar a resolución de problemas (dos boletíns ou da bibliografía recomendada).
Recoméndase o seguimento das sesións expositivas e interactivas, así como das actividades propostas como medios fundamentais para o aproveitamento da materia.
Para superar con éxito a materia tamén é aconsellable o seguimento dos plans de traballo propostos. Tamén é recomendable que o/a alumno/a practique a utilización do paquete estatístico R para explorar as posibilidades das diversas técnicas explicadas ao longo do curso.
O material do curso porase a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da USC. Pretendemos que esta plataforma sexa a principal vía de comunicación co alumnado, reforzada con MS Teams e o correo electrónico.
Plan de continxencia:
ESCENARIO 2 (distanciamento)
Metodoloxía da ensinanza: docencia parcialmente virtual de maneira síncrona, de acordo coa distribución organizada pola Facultade de Medicina. Empregarase o Campus Virtual do curso, con materiais proporcionados polo profesorado, así como a plataforma MS Teams. As titorías atenderanse por correo electrónico ou mediante MS Teams.
Sistema de ensinanza: a avaliación continua consistirá na resolución de problemas, de xeito individual, e na realización de tarefas prácticas empregando a ferramenta estatística R, que poderán ser individuais, tanto presenciais como non presenciais. O exame final será presencial sempre que as condicións sanitarias o permitan. O peso da avaliación continua e do exame final na nota final da materia será o mesmo que se describiu no apartado “Sistema de Avaliación” desta guía, tanto en primeira como en segunda oportunidade.
ESCENARIO 3 (peche das instalacións)
Metodoloxía da aprendizaxe: docencia totalmente en remoto apoiada na plataforma do Campus Virtual e na ferramenta MS Teams, coa substitución dalgunhas actividades presenciais por material asíncrono. Titorías por correo electrónico ou MS Teams.
Sistema de avaliación: a avaliación continua consistirá na resolución de problemas, de xeito individual, e na realización de tarefas prácticas empregando a ferramenta estatística R. As actividades presenciais dos escenarios 1 e 2 serán realizadas de forma non presencial mediante a ferramenta corporativa MS Teams. O peso da avaliación continua e do exame final na nota final da materia será o mesmo que se describiu no apartado “Sistema de Avaliación” desta guía, tanto en primeira como en segunda oportunidade.
Esta guía e os criterios e metodoloxías nela descritos están suxeitos ás modificacións que se deriven de normativas e directrices da USC.
Carmen Maria Cadarso Suarez
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881812282
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Isabel Borrajo Garcia
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- mariaisabel.borrajo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jose Ameijeiras Alonso
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813165
- Correo electrónico
- jose.ameijeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alejandro Saavedra Nieves
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- alejandro.saavedra.nieves [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Maria Alonso Pena
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- mariaalonso.pena [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
08:30-09:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Medicina-Aula 5 |
10:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Medicina-Aula 5 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Medicina-Aula 4 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_04 | Galego | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_04 | Galego | Medicina-Aula 5 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Martes | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Medicina-Aula 4 |
10:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Medicina-Aula 5 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Medicina-Aula 4 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_04 | Galego | Medicina-Aula 5 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
19:30-20:30 | Grupo /CLIS_08 | Galego | Medicina-Aula 2 |
Mércores | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Medicina-Aula 5 |
10:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Medicina-Aula 5 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Medicina-Aula 4 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_04 | Galego | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_04 | Galego | Medicina-Aula 5 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Xoves | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Medicina-Aula 4 |
10:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Medicina-Aula 5 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Medicina-Aula 4 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_04 | Galego | Medicina-Aula 5 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Venres | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Medicina-Aula 5 |
10:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Medicina-Aula 5 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Medicina-Aula 4 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_04 | Galego | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_04 | Galego | Medicina-Aula 5 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
18.12.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
18.12.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
18.12.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
18.12.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
18.12.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
18.12.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
08.07.2022 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
08.07.2022 16:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
08.07.2022 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
08.07.2022 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |