Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 92 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 18 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer a estrutura química das moléculas que constitúen o organismo humano.
- Coñecer os mecanismos de ensamblaxe das estruturas supramoleculares, celulares e de tecidos do organismo humano.
- Coñecer as formas de obtención da enerxía necesaria para o mantemento das funcións vitais do organismo humano.
- Coñecer as rutas metabólicas que o organismo humano utiliza para a síntese e degradación de biomoléculas.
- Coñecer os mecanismos de control que coordinan os miles de reaccións químicas que teñen lugar no organismo humano.
- Coñecer os cambios bioquímicos que acompañan ao crecemento, diferenciación, envellecemento e morte das células do organismo humano.
- Coñecer os mecanismos moleculares implicados no funcionamento dos aparellos e sistemas do organismo humano e nas súas alteracións patolóxicas.
METABOLISMO DOS NUCLEÓTIDOS. Características estruturais e funcións dos nucleótidos. Metabolismo de nucleótidos: purínicos e pirimidínicos.
INTEGRACIÓN E CONTROL DO METABOLISMO. Bases moleculares da comunicación química intercelular. Interrelacións metabólicas entre os tecidos.
VITAMINAS. Conceptos xerais. Vitaminas liposolubles. Vitaminas hidrosolubles.
ASPECTOS BIOQUÍMICOS DA NUTRICIÓN. Metabolismo enerxético. Metabolismo proteico. Metabolismo de glúcidos e graxas. Fibra. Papel da auga na nutrición.
NATUREZA BIOQUÍMICA DOS XENES. Estrutura do DNA. Características do DNA debidas á súa estrutura bioquímica. Estrutura informativa do DNA nuclear e mitocondrial.
ESTRUTURA E CARACTERÍSTICAS BIOQUÍMICAS DOS RNAs. RNA mensaxeiro. RNA de transporte. RNA ribosómico. Outros RNAs
ESTABILIDADE DO XENOMA. Replicación do DNA. DNA polimerasas. Telomerasas.
RECOMBINACIÓN E REPARACIÓN DO DNA. Mecanismos de reparación do DNA. Recombinación homóloga. Transposición. Recombinación específica.
A TRANSCRICIÓN EN EUCARIOTAS. Síntese de RNA mensaxeiro, ribosómico e de transferencia. Procesamento do RNA logo da transcrición. Splicing. Implicacións das variantes de splicing na diversidade celular.
SÍNTESE DE PROTEÍNAS. O código xenético. Síntese de proteínas. Modificacións postraducionais das proteínas.
REGULACIÓN DA EXPRESIÓN GÉNICA. Regulación en procariotas. Regulación en eucariotas. Interacción DNA-proteínas. Recoñecemento de secuencias polos factores de transcrición. Regulación epixenética.
TECNOLOXÍA DO DNA RECOMBINANTE. Secuenciación e amplificación do DNA: PCR, clonación e outras técnicas.
Bibliografía básica:
- Meisenberg G, Simmons WH. "Principios de Bioquímica Médica". Cuarta ed. Barcelona: Elsevier; 2018.
- Ronner P. “Netter. Bioquímica esencial”. Primera ed. Barcelona: Elsevier; 2019.
- Feduchi E, Romero C, Yáñez E, Blasco I, García-Hoz C. "Bioquímica. Conceptos Esenciales". Segunda ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2015.
- Garzón de la Mora P, González Hita M, Gurrola Díaz CM y cols. “Manual de prácticas de laboratorio de bioquímica”. Tercera ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2014.
Bibliografía complementaria:
- Baynes JW, Dominiczac MH. "Bioquímica Médica". Cuarta ed. Barcelona: Elsevier-Saunders; 2015.
- McKee T, McKee JR. “Bioquímica. Las bases moleculares de la vida”. Quinta ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2014.
- Ferrier DR. Bioquímica. Sexta ed. Barcelona: Woulters Kluwer; 2014.
- Stryer L, Berg JM, Tymoczko JL. "Bioquímica". Con Aplicaciones Clínicas. Séptima ed. Barcelona: Editorial Reverté; 2013.
O alumno terá acceso remoto á parte da bibliografía recomendada, mediante o servizo que pon a súa disposición a Biblioteca Universitaria da USC.
Competencias específicas
- Coñecer a estrutura e función celular.
- Biomoléculas.
- Metabolismo.
- Regulación e integración metabólica.
- Manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
- Interpretar unha analítica normal (probas de laboratorio).
Competencias xerais
- Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, de tecidos, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
- Coñecer e recoñecer as bases da conduta humana normal e as súas alteracións.
- Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
- Comprender e recoñecer os axentes causantes e factores de risco que determinan os estados de saúde e o desenvolvemento da enfermidade.
- Comprender e recoñecer os efectos do crecemento, o desenvolvemento e o envellecemento sobre o individuo e a súa contorna social.
- Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica dispoñible.
- Ser capaz de formular hipótese, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
- Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
Docencia expositiva
A docencia expositiva está concibida co fin de potenciar a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Nas clases teóricas o profesor exporá e explicará os aspectos máis relevantes de cada tema, axudando aos alumnos a que alcancen os obxectivos da materia. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais e o espazo virtual da materia (Campus Virtual da USC), así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino.
Docencia interactiva
Realizaranse seminarios/prácticas de laboratorio sobre temas relacionados cos contidos teóricos da materia e discutiranse casos clínicos. O profesor guiará e orientará ao estudante no proceso de aprendizaxe. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais, o espazo virtual da materia (Campus Virtual da USC) e laboratorios, así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino.
Titorías
Esta actividade utilizarse principalmente para a aclaración de dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos relacionados cos contidos da materia. Nesta actividade farase uso de medios audiovisuais, ordenadores, espazo virtual da materia (Campus Virtual da USC) e outros medios que o profesor considere oportunos.
Realizarase un exame final, que representará un 80% da nota final. Este exame final será de tipo test e/ou preguntas curtas, abarcando todos os aspectos relacionados cos contidos da materia. O estudante deberá demostrar no exame un coñecemento axeitado de cada unha das parte da materia.
Do mesmo xeito, realizarase unha avaliación continua, que representará un 20% da nota final,
e que consistirá en controis periódicos da súa aprendizaxe, asistencia e nivel de participación nas distintas actividades realizadas.
Tendo en conta que o exame final aporta un máximo de 8 puntos, e a avaliación continua un máximo de 2 puntos, para superar a materia será necesario obter no exame final unha nota mínima de 4 puntos e obter un mínimo de 5 puntos na suma da nota do exame final máis a nota correspondente a avaliación continua.
Traballo presencial do alumno: 60 horas
Traballo persoal do alumno: 90 horas
Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.
Utilización das titorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
Para rematar, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.
Plan de continxencia:
Metodoloxía da ensinanza
Nos escenarios previstos para o curso 2021-2022 (Escenario 1, Normalidade adaptada; Escenario 2, distanciamento; Escenario 3, Peche das instalacións), o ensino terá as seguintes características:
Docencia expositiva
Escenario 1: docencia presencial
Escenario 2: docencia presencial combinada con virtual, utilizando as ferramentas corporativas para estes fins (Teams, Campus Virtual, etc.)
Escenario 3: docencia virtual, utilizando as ferramentas corporativas para estes fins (Teams, Campus Virtual, etc.).
Docencia interactiva
Escenario 1: os seminarios serán de carácter presencial.
Escenario 2: os seminarios serán de carácter presencial combinado con virtual.
Escenario 3: os seminarios serán de carácter virtual.
Titorías
Escenario 1: presencial, sen descartar a conveniencia de realizalas de forma virtual, utilizando para este último caso as oportunas ferramentas corporativas ( Teams, Campus Virtual, etc.).
Escenario 2: fundamentalmente de carácter virtual.
Escenario 3: de carácter virtual.
Nos tres escenarios manterase operativa unha aula virtual ao dispor do alumnado, mantendo así mesmo canles de comunicación directa, para titorías, foros e sesións virtuais.
Sistema de avaliación
Nos escenarios previstos para o curso 2021-2022, as avaliacións terán as seguintes características:
Escenario 1: como forma de avaliación utilizarase unha proba final presencial, combinada cunha avaliación continua formativa (presencial e telemática).
Escenario 2: como forma de avaliación utilizarase preferentemente unha proba final presencial, combinada cunha avaliación continua formativa (presencial e telemática).
Escenario 3: como forma de avaliación utilizarase unha proba final telemática, combinada cunha avaliación continua formativa telemática
Nos casos nos que se detecte a realización fraudulenta de exercicios e probas de avaliación, aplicarase o que recolle a “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Antonio Juan Pazos Castelos
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816056
- Correo electrónico
- antonioj.pazos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Estefania Maria Salome Mendez Alvarez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812210
- Correo electrónico
- estefania.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ramon Soto Otero
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812210
- Correo electrónico
- ramon.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
German Sierra Paredes
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812212
- Correo electrónico
- german.sierra.paredes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Dolores Vazquez Illanes
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812335
- Correo electrónico
- mdolores.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Maria Varela Rey
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- martavarela.rey [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Joan Blazquez Vicens
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- joan.blazquez.vicens [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-10:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Martes | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Mércores | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Xoves | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Venres | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
14.05.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
14.05.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
14.05.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
14.05.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
14.05.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
14.05.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
25.06.2022 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
25.06.2022 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
25.06.2022 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
25.06.2022 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |