Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 22 Clase Interactiva: 5 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Medicina
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Introducir o alumno nos coñecementos básicos do funcionamento do sistema inmunolóxico humano que lle permitan entender os mecanismos da defensa inmune contra antíxenos propios e foráneos, e as súas patoloxías.
INMUNOLOXÍA BÁSICA
Tema 1. Introdución á Inmunoloxía. Tecidos, células e moléculas do sistema inmunitario.
Tema 2. Inmunidade Innata: especificidade antixénica e receptores. O sistema do complemento.
Tema 3. Anticorpos: estrutura e función. Bases xenéticas da diversidade dos anticorpos.
Tema 4. Estrutura do receptor de antíxeno do linfocito B (BCR) e transdución de sinais.
Tema 5. O complexo maior de histocompatibilidade (CMH): procesamento e presentación de antíxenos aos linfocitos T.
Tema 6. O receptor de antíxeno do linfocito T (TCR). Bases xenéticas da diversidade do TCR e transdución de sinais.
Tema 7. Inmunidade adaptativa celular: desenvolvemento e maduración do linfocito T.
Tema 8. Inmunidade adaptativa celular: activación do linfocito T e mecanismos efectores.
Tema 9. Inmunidade adaptativa humoral: desenvolvemento e maduración do linfocito B.
Tema 10. Inmunidade adaptativa humoral: activación de linfocitos B e síntese de anticorpos.
INMUNOLOXÍA CLÍNICA
Tema 11. Procesos infecciosos. Defensa inmunitaria fronte á infección vírica.
Tema 12. Defensa inmunitaria fronte á infección bacteriana.
Tema 13. Defensa inmunitaria fronte a outros patóxenos. Inmunización e vacuinas.
Tema 14. Inflamación e resposta inmunitaria.
Tema 15. Reaccións de hipersensibilidade na resposta inmunitaria.
Tema 16. Autoinmunidade, inmunodeficiencias e inmunoloxía do trasplante.
Tema 17. Inmunoloxía tumoral.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Abbas, A.K.; Lichtman, A.H.; Pillai, S. “Inmunología celular y molecular”. 10ª Ed. Elsevier España (2022).
Delves, P.; Martin, S. Burton, D.; Roitt, I. “Inmunología. Fundamentos” 12ª Ed. Editorial Médica Panamericana (2015).
Laso Guzmán, F. J. “Introducción a la medicina clínica. Fisiología y semiología”. 4ª Ed. Elsevier España (2020).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Abbas, A.K.; Lichtman, A.H.; Pillai, S. “Inmunología básica. Funciones y trastornos del sistema inmunitario”. 7ª Ed. Elsevier España (2024).
Regueiro, J.R.; González-Rodríguez, S.; Martínez-Naves, E.; López-Larrea, C., Corell, A. “Inmunología. Biología y patología del sistema inmune”. 5ª Ed. Editorial Médica Panamericana (2021).
Murphy, K.; Traves, P.; Walport, M. “Inmunobiología de Janeway” 7ª Ed. MC Graw-Hill Interamericana (2010).
COMPETENCIAS XERAIS
Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
Comprender e recoñecer os axentes causantes e factores de risco que determinan os estados de saúde e o desenvolvemento da enfermidade.
Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica dispoñible.
Ser capaz de formular hipóteses, recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
Coñecer a morfoloxía, estrutura e función do sistema inmunolóxico.
Docencia expositiva (Teoría)
Nestas clases o profesor exporá os principais contidos teóricos da materia en clases maxistrais de 50-55 minutos de duración. O profesor poderá contar co apoio de medios audiovisuais pero, en xeral, o alumno non necesitará manexalos en clase. A plataforma virtual da USC servirá de soporte e complemento a esta docencia teórica.
Docencia interactiva (Seminarios)
Nestas clases, proporánse distintas actividades como seminarios con preguntas de repaso, exercicios a realizar a través da aula virtual, entre outras posibiles actividades, que permitan repasar e discutir diferentes aspectos da teoría. Esta docencia desenvolverase de forma presencial en clases programadas e intercaladas ao longo do curso, inda que tamén poderánse plantexar actividades non presenciais, como a resolución dalgún exercicio ou problema empregando a aula virtual.
Titorías
Esta actividads empregarase principalmente para a aclaración de dúbidas sobre aspectos relacionados cos contidos da materia. O/A profesor/a guiará e orientará ao estudante no proceso de aprendizaxe. Manterase operativa unha aula virtual a disposición do alumno, mantendo asimesmo canles de comunicación directa, para titorías, foros e sesións virtuais.
Teoría: Exame final (75% da nota final)
A avaliación dos coñeceementos teóricos adquiridos polo alumno consistirá nun exame que poderá ter diferentes tipos de preguntas, como preguntas tipo test con varias opcións, preguntas verdadeiro-falso, preguntas de resposta corta e/ou preguntas tema/desenvolvemento. O exame constará de duas partes que se corresponden coas duas partes nas que se divide a materia (Inmunoloxía básica, temas 1-10 e Inmunoloxía clínica, temas 11-17) e hai que obter alomenos un 50% da puntucación máxima en cada parte para superar a teoría. As preguntas incorrectas puntuarán negativo.
Seminarios (25% da nota final)
Para a avaliación continua terase en conta a asistencia aos seminarios programados, así como a participación do alumno a través das respostas dadas nestos. O peso desta parte na avaliación continua será dun 80% do total desta parte. Además, terase en conta a participación do alumno nas actividades que se plantexen a traveso da aula virtual, sendo o peso desta parte da avaliación continua dun 20% do total. A calificación desta parte inteactiva terase en conta sempre e cando se teña superado a parte teórica. A nota alcanzada na avaliación continua só terá vixencia na convocatoria en curso.
Nos casos nos que se detecte a realización fraudulenta de exercicios e probas de avaliación, aplicarase o que recolle a “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O tempo medio de estudo e traballo adicado a cada tema do programa teórico, dependerá das actividades relacionadas con dito tema e da complexidade do mesmo.
Asistencia a todas as actividades presenciais e en liña relativas á docencia da materia.
Seguimiento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo docente.
Utilización das tutorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos do programa.
Para rematar, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos da materia e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.
Oscar Javier Cordero Santamaria
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816935
- Correo electrónico
- oscarj.cordero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Arturo Gonzalez Quintela
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- arturo.gonzalez.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Rubén Varela Calviño
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881814933
- Correo electrónico
- ruben.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mª Del Carmen Vidal Pan
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- mdelcarmen.vidal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Martes | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Xoves | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
Venres | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
20.01.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 10 |
20.01.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
20.01.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
20.01.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
20.01.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
20.01.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
20.01.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
20.01.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
10.06.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
10.06.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
10.06.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
10.06.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
10.06.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |