Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 47 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 9 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Adquirir os coñecementos básicos sobre control de calidade tanto nunca unidade de nutrición dun organismo como no laboratorio de análise.
- Capacitar ao alumno para saber cales son as partes importantes a valorar no control de calidade na nutrición humana, tanto no sector clínico como nunca empresa de alimentación.
Parte teórica:
Tema 1. Introdución ao Control de Calidade.
Tema 2. Calidade na mostraxe e xestión das mostras.
Tema 3. Protocolos de Control de Calidade na nutrición.
Tema 4. Avaliación e control dos métodos de análise.
Tema 5. Sistemas de control da seguridade alimentaria.
Prácticas:
Utilización de distintos programas informáticos (Statgraphics, Excel, etc) para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos a casos prácticos.
Básica:
-CALIDAD Y SEGURIDAD EN EL SECTOR AGROALIMENTARIO. J. A. Serra Belenguer, I. Fernández Segovia. Ed. Unir. Politécnica de Valencia.
-GARANTIA DE LA CALIDAD EN LOS LABORATORIOS ANALITICOS. R. Compañó Beltrán, A. Ríos Castro. Ed. Síntesis
Complementaria:
-GESTIÓN DE LA CALIDAD: CONCEPTOS, ENFOQUES, MODELOS Y SISTEMAS. C. Camisón, S. Cruz, T. González. Ed. Pearson/Prentice Hall
-CONTROL DE LA CALIDAD. Dale H. Besterfield, Ed. Prentice Hall
Competencias Básicas e Xerais:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo|estudio
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo|estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos|estudios posteriores cun alto grao de autonomía
Competencias transversais:
CT1: Capacidade de análise e síntese
CT5: Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación (incluída en CG5)
CT6: Capacidade para xestionar a información (incluída en CG6)
CT10: Capacidade para o razoamento crítico e a argumentación.
CT11: Capacidade para a aprendizaxe autónoma (incluída en CG3)
Competencias específicas:
COP27 - Capacidade para aplicar os conceptos básicos sobre control de calidade así como sobre as actividades de control e avaliación necesarias nun laboratorio
COP28 - Capacidade para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos nun proceso de acreditación nun laboratorio.
Clases presenciais (teoría e seminarios).
O profesor explicará os contidos teóricos fundamentais de cada tema e a súa importancia no contexto da materia. As clases desenvolveranse de xeito interactivo cos alumnos, discutindo con eles os aspectos que resulten máis dificultosos ou especialmente interesantes de cada tema.
Prácticas de laboratorio.
Serán de asistencia obrigatoria. As sesións prácticas dedicaranse á
realización da práctica correspondente e á interpretación dos resultados obtidos.
Titorías.
Nelas preténdese levar a cabo un seguimento próximo do traballo desenvolvido por cada alumno así como aclarar dúbidas e orientar o traballo persoal do alumno.
Utilizarase o Campus Virtual da USC como apoio á docencia
*Farase algunha visita a un centro público ou privado para ver a posta en práctica dun sistema de Xestión da Calidade.
Plan de continxencia para actividades de ensino a distancia baseado nos diferentes escenarios de saúde resultantes da evolución da pandemia COVID-19:
Escenario 1 (Normalidade adaptada). Todas as actividades docentes (clases expositivas, seminarios, titorías e prácticas) realizaranse de xeito presencial nas aulas ou laboratorios asignados pola Facultade nos horarios publicados para este propósito.
Escenario 2 (Distancia): No caso do escenario 2, as actividades docentes realizaranse do seguinte xeito:
- Clases expositivas: Celebraranse, de forma síncrona e asíncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos distintos medios telemáticos dispoñibles na USC, preferiblemente o Campus Virtual da USC e a plataforma MS Teams.
- Seminarios e titorías en grupo: Realizaranse de xeito presencial, en grupos reducidos nas aulas asignadas pola Facultade nos horarios publicados para tal efecto.
- Prácticas: Desenvolveranse de xeito presencial, en grupos reducidos nos laboratorios asignados pola Facultade nos horarios publicados para tal efecto.
Para a realización de titorías personalizadas e atención ao estudante, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre eles e o profesor, o contacto realizarase a través do Campus Virtual, a través de plataforma MS Teams ou vía correo electrónico institucional.
En todos os casos (escenarios 1 e 2), adoptaranse as medidas hixiénico-sanitarias recomendadas (hidrogel, máscara obrigatoria cando non sexa posible garantir a distancia mínima de 1,5 m e calquera outra indicada polas autoridades sanitarias).
Escenario 3 (Peche das instalacións): Todo o ensino será completamente virtual, con mecanismos sincrónicos ou asincrónicos. Todas as actividades realizaranse a través do Campus Virtual da USC, da plataforma Ms. Teams e usando o correo electrónico institucional.
A avaliación levarase a cabo tendo en conta os seguintes aspectos:
* Avaliación continua: 20%.
Competencias avaliadas: CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT5, CT6, CT10, CT11, COP27, COP28
* Exame final: 60%
Competencias avaliadas: CB5, CT1, CT6, CT10, CT11, COP27, COP28
* Memoria das prácticas: 20%
Competencias avaliadas: CB5, CT6, CT10, CT11; COP27, COP28
Na avaliación correspondente a segunda oportunidade, os alumnos terán que repetir a parte da avaliación contínua e a memoria de prácticas,cando non acadaran como mínimo un 1 en cada unha delas, ademais de voltar a facer o exame.
Plan de continxencia para actividades de ensino a distancia baseado nos diferentes escenarios de saúde resultantes da evolución da pandemia COVID-19:
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente do tipo de ensino empregado (presencial ou virtual, nos escenarios 1 a 3), coa única diferenza de que as actividades de avaliación se realizarán, segundo o establecido polas autoridades competentes, ou de xeito presencial na aula ou a distancia usando os medios telemáticos dispoñibles na USC, preferiblemente o Campus Virtual e a plataforma MS Teams.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no “Regulamento para avaliar o rendemento académico dos estudantes e revisar as cualificacións”.
A materia consta de 3 créditos ECTS. O número total de horas de traballo do alumno é de 75 h, das cales o 36.7% son presenciais e o 63.3% son horas de traballo do alumno.
A distribución detallada do tempo de traballo do alumno é a seguinte:
- Clases expositivas: 16 h presenciais/ 32 h traballo alumno
- Clases interactivas de laboratorio: 6 h presenciais
- Clases interactivas de seminario: 2 h presenciales/6 h traballo alumno
- Horas de titorías: 1.5 h presenciais
- Realización do exame: 2 h presenciais/ 9.5 h traballo alumno
É importante consultar a bibliografía recomendada para unha mellor comprensión da materia e para ter unha mellor visión global do campo de acción do Control de Calidade na saúde e a nutrición
Estudo de forma razoada e non só memorística
-Asistir as clases presenciais e levar a materia ao día
- Participar activa, constructiva e respetuosamente nas clases
- Preparar os contidos que se traballen na materia coa bibliografía básica e complementaria recomendada: é importante consultar la bibliografía recomendada para unha mellor comprensión da materia e para ter unha mellor visión global do campo de ación do Control de Calidade na saúde e na nutrición.
- Utilizar axeitadamente as tutorías para coñecer en detalle as recomendacións do profesor e clarexar calquera dubida que xurda no proceso de aprendizaxe
- Consultar con regularidade na aula virtual da materia e facer uso da mesma
-O estudo é convinte centralo na comprensión razoada dos contidos e non só na memorización dos mesmos
As clases impartiranse en castelán.
A asistencia as clases expositivas e interactivas considerase necesaria para superar a materia. O material que se suministrará ao alumno ten como obxetivo facilitar e guiar na aprendizaxe, pero non sustitúe a consulta e o estudo dos textos de referencia recomendados nin constitúen en sí mesmos un manual de referencia pra preparar o examen.
Pra aprobar a materia necesitase ante todo comprendela e manexar os conceptos correctamente.
PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19
METODOLOXÍA
Plan de continxencia para actividades de ensino a distancia baseado nos diferentes escenarios de saúde resultantes da evolución da pandemia COVID-19:
Escenario 1 (Normalidade adaptada). Todas as actividades docentes (clases expositivas, seminarios, titorías e prácticas) realizaranse de xeito presencial nas aulas ou laboratorios asignados pola Facultade nos horarios publicados para este propósito.
Escenario 2 (Distancia): No caso do escenario 2, as actividades docentes realizaranse do seguinte xeito:
- Clases expositivas: Celebraranse, de forma sincrónica e asincrónica e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos distintos medios telemáticos dispoñibles na USC, preferiblemente o Campus Virtual da USC e a plataforma MS Teams.
- Seminarios e titorías en grupo: Realizaranse de xeito presencial, en grupos reducidos nas aulas asignadas pola Facultade nos horarios publicados para tal efecto.
- Prácticas: Desenvolveranse de xeito presencial, en grupos reducidos nos laboratorios asignados pola Facultade nos horarios publicados para tal efecto.
Para a realización de titorías personalizadas e atención ao estudante, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre eles e o profesor, o contacto realizarase a través do Campus Virtual, a través de plataforma MS Teams ou vía correo electrónico institucional.
Escenario 3 (Peche das instalacións): Todo o ensino será completamente virtual, con mecanismos sincrónicos ou asincrónicos. Todas as actividades realizaranse a través do Campus Virtual da USC, da plataforma Ms. Teams e usando o correo electrónico institucional.
AVALIACIÓN
Plan de continxencia para actividades de ensino a distancia baseado nos diferentes escenarios de saúde resultantes da evolución da pandemia COVID-19:
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente do tipo de ensino empregado (presencial ou virtual, nos escenarios 1 a 3), coa única diferenza de que as actividades de avaliación se realizarán, segundo o establecido polas autoridades competentes, ou de xeito presencial na aula ou a distancia usando os medios telemáticos dispoñibles na USC, preferiblemente o Campus Virtual e a plataforma MS Teams.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no “Regulamento para avaliar o rendemento académico dos estudantes e revisar as cualificacións”.
Ana Maria Botana Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- anamaria.botana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
11.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
02.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |