Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coa materia de Dietética, preténdese capacitar os alumnos na elaboración e avaliación de dietas equilibradas de acordou cos criterios actuais e as necesidades individuais e/ou de grupos, tendo en conta diferentes modelos e guías.
Teoría
Tema 1.-Dietética. Concepto. Obxectivos.
Tema 2.-Dieta equilibrada. Normas para elaborar unha dieta san. Recomendacións dietéticas. Inxestas dietéticas de referencia.
Tema 3.-Análises cuantitativo e cualitativo de dietas. Seminario problemas
Tema 4-Concepto de "Guías alimentarias". Modelos.
Tema 5.-Patróns de consumo alimentario saudable.
Tema 6.-Dieta e menús. O menú como unidade dietética diaria.
Tema 7.-Métodos de avaliación de patróns, hábitos alimentarios, e consumo de alimentos.
Tema 8.-Formas alternativas de alimentación. Dietas vexetarianas. Dietas Veganas
Tema 9.-Dietas máxicas. Falsidades e mitos alimentarios.
Tema 10.-Consumos alimentarios en España. Tendencias e evolución. Principais erros da alimentación habitual dos españois.
Tema 11.-Dieta e inmigración. Influencias da multiculturalidade na alimentación. Patróns dietéticos das principais poboacións que emigran ao noso país.
Tema 12.-A alimentación nas familias. Pautas de elaboración de dietas saudables con distintos presupostos.
Prácticas
-Realización de enquisas dietéticas. Aplicación de diferentes metodoloxías
-Manexo de ferramentas básicas en TIC,s utilizadas no campo da Alimentación, Nutrición e Dietética.
-Bello Gutiérrez, J., Delgado, C., Astiasarán Anchía, I. (1998). Tablas de composición para platos cocinados. Ed. Díaz de Santos.
-CERVERA, P.; CLAPES, F.; RIGOLFAS, R. (2010). Dietética y Dietoterapia. 4ª edición. Ed. Emalsa, Interamericana, División de McGraw-Hill. Madrid.
-FARRAN, ANDREU (2004). Tablas de composición de alimentos del CESNID. Centre d'Ensenyament Superior de Nutrició i Dietética (CESNID). Edición 2ª ed.
-MATAIX VERDU, J. y CARAZO MARIN, E. (2005). Nutrición para educadores. Ed. Diaz de Santos. (Ref. ALT-443).
-MATAIX VERDÚ, J. (2009). Nutrición y Alimentación Humana. Vol I.-Nutrientes y Alimentos. Ed ERGON.
-MUÑOZ, M.; ARANCETA, J.; GARCÍA-JALÓN, I. (1999). Nutrición aplicada y dietoterapia. Ed. EUNSA.
-MOREIRAS, O., y col. (2009). Tablas de composición de alimentos. 13ª ed. Pirámide.
-MOREIRAS, O., Varela Moreiras, G., ÁVILA TORRES, J.M., y col. (2007). La alimentación española: características nutricionales de los principales alimentos de nuestra dieta Ed. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, Centro de Publicaciones, D. L.
-PALMA, INMA. (2008). Tablas de composición de alimentos por medidas caseras de consumo habitual en España. Centre d'Ensenyament Superior de Nutrición i Dietética (CESNID).
-RUSSOLILLO FEMENÍAS, G., MARQUES-LOPES, I. (2011). Álbum fotográfico de porciones de alimentos. Ed.
978-84-615-3461-6 / 9788461534616
-SERRA MAJEM, Ll.; ARANCETA BARTRINA, J. (2000). Desayuno y Equilibrio Alimentario.-Estudio enKid. Ed Masson.
-Tablas de composición de alimentos españoles. (1999). Ed. Ministerio de Sanidad y Consumo.
-https://es.openfoodfacts.org/
-http://www.insidemyfood.com/
- http://www.bedca.net/
- http://nutritiondata.self.com/
Competencias básicas
CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a o seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se adoitan demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4:Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5: Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG1: Recoñecer os elementos esenciais da profesión do Dietista-Nutricionista, incluíndo os principios éticos, responsabilidades legais e o exercicio da profesión, aplicando o principio de xustiza social á práctica profesional e desenvolvéndoa con respecto ás persoas, os seus hábitos, crenzas e culturas.
CG2: Desenvolver a profesión con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades para traballar en equipo.
CG3: Recoñecer a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe, de xeito autónomo e continuado, de novos coñecementos, produtos e técnicas en nutrición e alimentación, así como á motivación pola calidade.
CG5: Realizar a comunicación de maneira efectiva, tanto de forma oral como escrita, coas persoas, os profesionais da saúde ou a industria e os medios de comunicación, sabendo utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación especialmente as relacionadas con nutrición e hábitos de vida.
CG6: Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar e aplicar as fontes de información relacionadas con nutrición, alimentación, estilos de vida e aspectos sanitarios.
CG10: Elaborar, interpretar e manexar as táboas e bases de datos de composición de alimentos.
CG21: Ser capaz de participar en actividades de promoción da saúde e prevención de trastornos e enfermidades relacionadas coa nutrición e os estilos de vida, levando a cabo a educación alimentaria- nutricional da poboación.
CG26: Elaborar, controlar e cooperar na planificación de menús e dietas adaptados ás características do colectivo ao que van destinados.
Competencias transversais
CT3.-Capacidade para traballar en equipo (incluída en CG2)
CT5.-Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación (incluída en CG5)
CT6.- Capacidade para xestionar a información (incluída en CG6)
CT9.- Capacidade para transmitir coñecementos (incluída en CG5)
CT11.- Capacidade para a aprendizaxe autónoma (incluída en CG3)
Competencias específicas
CE25: Aplicar as Ciencias dos Alimentos e da Nutrición á práctica dietética.
CE28: Identificar as bases dunha alimentación saudable (suficiente, equilibrada, variada e adaptada).
CE29: Participar no deseño de estudos de dieta total.
CE30: Coñecer, detectar precozmente e avaliar as desviacións por exceso ou defecto,
cuantitativas e cualitativas, do balance nutricional.
CE44: Manexar as ferramentas básicas en TICs utilizadas no campo da Alimentación, Nutrición e Dietética.
ME1: Clases teóricas maxistrais. Nelas o profesor desenvolverá o contido do programa teórico reflectido nesta guía, utilizando os recursos didácticos e audiovisuais que estime oportunos, e favorecendo a participación dos alumnos.
ME2: Seminarios. Exposición de traballos de grupo (ME6).
ME3: Prácticas. Clases prácticas na aula de informática.
ME4: Titorías en grupo. Resolución de problemas relacionados cos contidos teóricos.
ME9: Exames e revisión
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría en grupo (ME4) ou individuais (ME8).
Como recurso fundamental de apoio á docencia utilizarase o Campus Virtual da USC (Moodle).
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto:
Realizaríanse, de forma síncrona/asíncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams.
Debido á natureza e contidos desta materia, así como á metodoloxía empregada, a principal diferenza entre a docencia presencial e a docencia en remoto sería en canto ás clases prácticas no escenario 3. Neste escenario, no que non se poderían realizar as prácticas presencialmente, exporanse diversas actividades para que o alumnado poida realizalas desde o seu fogar.
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
A avaliación do alumno incluirá unha avaliación continua (que supoñerá un 40% da cualificación final) e unha proba escrita e/ou oral (que terá un valor do 60% da nota final). Para poder superar a materia requírese alcanzar unha puntuación mínima na proba dun 45%. A proba permite valorar as competencias: CB2, CB3, CG1, CG10, CG26, CE25, CE28, CE29, CE30, CE42, CE44 y CE47.
A realización dás prácticas e obrigatoria para poder superar a materia.
A avaliación continua (40%), farase en base aos traballos e exercicios propostos nas clases (xa sexan realizados individualmente polos alumnos ou en grupos), así como á participación activa e achegas do alumno na aula.
Do 40% de peso na nota, correspondente á avaliación continua, un 25% obterase da elaboración e exposición de traballos ou casos prácticos individuais ou en grupo e expostos en clase ou nas titorías: CB4, CB5, CG2, CG3, CG5, CG6, CG21, CG10, CT3, CT5, CT6, CT9, CT11, CE44.
O 15% restante obterase pola participación activa nas clases maxistrais e seminarios, realización do informe de prácticas e valoración de coñecementos específicos de clases prácticas, avaliándose as seguintes competencias: CB3, CB5, CT5, CT6.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
O número total de horas de traballo do estudante nunha materia organizada en créditos ECTS é igual a 25 x nº ECTS. As horas presenciais e as horas de traballo do alumno distribuiranse da seguinte forma:
—Clases expositivas: 1,5 horas de traballo por cada hora de clase maxistral (32 h presenciais/48 h de traballo autónomo).
—Seminarios: 2 horas por cada sesión presencial de seminarios (5 h presenciais/10 h de traballo autónomo).
—Prácticas: 1,5 horas por cada sesión presencial (12 h presenciais/ 18 h de traballo autónomo).
—Titorías en grupo: 2 horas por cada sesión presencial de seminarios (2 h presenciais/4 h de traballo autónomo).
—Traballos individuais: 3 horas traballo autónomo.
—Traballos en grupo: 6 horas traballo autónomo.
—Realización de exames e revisión: 4 horas por cada sesión presencial (2 h presenciais/ 8 h de traballo autónomo).
—Horas presenciais totais: 53
—Horas totais de estudo e traballo persoal: 97.
—Participar activa, construtiva e respectuosamente nas clases, seminarios e prácticas.
—Preparar e complementar os contidos que se vaian traballando na materia coa bibliografía básica e complementaria recomendada.
—Desenvolver hábitos de procura autónoma de información científica.
—Aproveitar os recursos dispoñibles para o alumno, da biblioteca universitaria.
—Utilizar adecuadamente as titorías para coñecer en detalle as recomendacións do profesor e aclarar calquera dúbida que xurda no proceso de aprendizaxe.
—Consultar con regularidade a aula virtual da materia e facer uso da mesma.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma.
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto:
Realizaríanse, de forma síncrona/asíncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams.
Debido á natureza e contidos desta materia, así como á metodoloxía empregada, a principal diferenza entre a docencia presencial e a docencia en remoto sería en canto ás clases prácticas no escenario 3. Neste escenario, no que non se poderían realizar as prácticas presencialmente, exporanse diversas actividades para que o alumnado poida realizalas desde o seu fogar.
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC
María Lourdes Vázquez Oderiz
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- lourdes.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
14.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
14.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
28.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |