Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 47 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 6 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Anatomía Patolóxica
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Aprender a valorar a relación risco/beneficio dos procedementos diagnósticos e terapéuticos.
Coñecer as características dos tecidos nas diferentes situacións de lesión, adaptación e morte celular.
Coñecer os mecanismos básicos da inflamación aguda e crónica e as súas manifestacións morfolóxicas.
Descrición das alteracións do crecemento celular.
Coñecer o valor da anatomía patolóxica no diagnóstico, manexo e prognóstico de procesos inflamatorios e neoplásicos de cavidade oral, cabeza e colo.
Coñecer as bases anatomopatolóxicas de enfermidades xerais que teñen repercusión no manexo do paciente odontolóxico.
Saber como obter e procesar unha mostra biolóxica para o seu estudo mediante os diferentes procedementos diagnósticos.
TEMA 1. - FUNDAMENTOS DA ANATOMIA PATOLOXICA. PATOLOXIA CELULAR.
. Introdución á Anatomía Patolóxica. Métodos de estudo e investigación en Anatomía Patolóxica.
. Lesión e morte celular.
. Adaptación celular.
TEMA 2. - TRASTORNOS CIRCULATORIOS
. Trombose e embolia.
. Infarto.
. Shock.
TEMA 3. - INFLAMACION E REPARACION
. Inflamación aguda.
. Inflamación crónica.
. Reparación e rexeneración tisular.
TEMA 4. - TRASTORNOS INMUNITARIOS
. Mecanismos de lesión tisular inmunitaria.
. Enfermidades autoinmunes.
. Inmunodeficiencias.
TEMA 5. - NEOPLASIAS
. Neoplasia: características biolóxicas e morfolóxicas.
. Características moleculares. Carcinoxénesis e progresión tumoral.
. Anatomía patolóxica xeral das neoplasias.
TEMA 6. - PATOLOXÍA CARDIOVASCULAR E LINFOIDE
. Endocardite e vasculite.
. Linfomas e leucemias.
TEMA 7. - ANATOMIA PATOLOXICA DOS TECIDOS BRANDOS DA CAVIDADE ORAL
. Infeccións da mucosa oral.
. Lesións inflamatorias non infecciosas da mucosa oral.
. Neoplasias e lesións preneoplásicas da mucosa oral.
. Neoplasias dos tecidos brandos da cavidade oral (tumores mesenquimais).
TEMA 8. - ANATOMIA PATOLOXICA DOS DENTES, O PERIODONTO E OS MAXILARES
. Lesións inflamatorias e quistes.
. Tumores dos maxilares.
TEMA 9. - ANATOMIA PATOLOXICA DAS GLANDULAS SALIVAIS
. Lesións inflamatorias.
. Tumores.
CLASES PRÁCTICAS
PRÁCTICA 1. - Lesión, morte e adaptación celular
PRÁCTICA 2. - Trastornos circulatorios
PRÁCTICA 3. - Inflamación e reparación
PRÁCTICA 4. - Benignidade e malignidade tumoral
PRÁCTICA 5. - Lesións inflamatorias e tumorais da cavidade oral
PRÁCTICA 6. - Lesións inflamatorias e tumorais das glándulas salivais
Textos de consulta:
- Kumar, Abbas, Fausto, Mitchell. Robbins. Patoloxía Humana. 8ª edición. Elsevier Saunders, 2008.
- Kumar, Abbas, Fausto, Auster. Robbins e Cotran. Patoloxía estrutural e funcional. 8ª edición.
Elsevier Saunders, 2010.
- Stevens, Lowe. Anatomía Patolóxica. 2ª edición. Edicións Harcourt, 2001.
- Cawson RA, Odell E, Porter SR. Essentials of oral pathology and oralmedicine. 8 th edition. Churchill
Livingstone, 2008.
Atlas:
- - Young, Stewart, O'Dowd. Wheater's Basic Pathology: A Text, Atlasand Review of Histopathology,
5 th Edition, 2009.
- Valores profesionais, actitudes e comportamentos éticos:
. Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de xeito autónomo de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
. Desenvolver a práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades de traballo en equipo
- Fundamentos científicos da medicina:
. Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
. Habilidades clínicas:
. Establecer o diagnóstico, prognóstico e tratamento, aplicando os principios baseados na mellor información posible e en condicións de seguridade clínica.
- Manexo da información:
. Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral coma escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
. Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
. Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación nas actividades clínicas, terapéuticas, preventivas e de investigación.
. Manter e utilizar os rexistros con información do paciente para a súa posterior análise, preservando a confidencialidade dos datos.
- Análise crítica e investigación:
. Desempeñar a actividade profesional cun punto de vista crítico, creativo, con escepticismo construtivo e orientado á investigación.
. Comprender a importancia e as limitacións do pensamento científico no estudo, a prevención e o manexo das enfermidades.
. Ser capaz de formular hipótese, recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
. Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
- Clases maxistrais:
A docencia expositiva farase na forma de clases teóricas do tipo lección maxistral de 50 minutos de duración, presenciais o virtuais dependendo do desenrolo do curso. Facilítase un esquema previamente ao desenvolvemento da clase co fin de facer máis cómodo o seguimento desta e a toma de notas por parte dos alumnos. Ademais, servirá de guía á hora do estudo nos textos correspondentes.
- Docencia interactiva:
A docencia interactiva levarase a cabo na aula de prácticas e consistirá no estudo personalizado e discusión co profesor de seccións histolóxicas procedentes de casos reais, seleccionados pola súa utilidade docente. Habitualmente, trátase de exemplos típicos das lesións comentadas nas clases teóricas. Nela encóntranse dispoñibles 42 microscopios binoculares e coleccións de preparacións representativas dos temas previamente indicados. Existe, ademais, un sistema de proxección de vídeo adaptado a un dos microscopios, permite tanto que realizar a descrición das lesións de forma máis dinámica coma resolver dúbidas ou problemas xerais dos alumnos durante a observación persoal ao microscopio.
- Titorías:
Colaboran na solución individualizada de problemas que xurdan durante o proceso de aprendizaxe. Poden empregarse para a resolución de dúbidas ou para a presentación de traballos individualizados ou en grupos.
Método de avaliación:
80% da nota: Proba final obxectiva, escrita ou oral, que poderá ter diferentes formatos e realizarase de forma presencial ou virtual segundo as condicións de desenvolvemento da docencia ao longo do curso.
20% restante: Avaliación continua ao longo do curso mediante a realización de diferentes probas presenciais ou virtuais, sobre materia explicada e con especial atención ao contido práctico.
Estudo individual: 32 h.
Revisión de material de apoio: 7 h.
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 6,5 h.
Total horas traballo non presencial: 45,5 h.
É aconsellable insistir na necesidade de asistir regularmente ás clases teóricas, prácticas e titorías, de por si obrigatorio, independentemente de que se realice control de asistencia. As clases maxistrais serven de guion á hora de estudar a materia e facilitan a aproximación a unha materia ata ese momento descoñecida. As clases prácticas familiarizan o estudante coa morfoloxía dos procesos que se describiron previamente nas clase maxistrais e é moito máis doado facelo a través do microscopio e coa axuda do profesor que coa simple axuda de atlas. Estes resultan, pola contra, útiles para o repaso dos coñecementos adquiridos previamente.
Igualmente, o estudo con regularidade dende o inicio do curso en lugar de concentralo nas últimas semanas.
Maximo Francisco Fraga Rodriguez
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Teléfono
- 881812364
- Correo electrónico
- maximo.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Antonio Varela Duran
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Correo electrónico
- juan.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Adolfo Sobrino Nogueira
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Correo electrónico
- adolfo.sobrino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Suarez Peñaranda
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Correo electrónico
- jm.suarez.penaranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
11:30-12:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Medicina-Laboratorio Microscopía |
Martes | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
19.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
19.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Salón de Actos |
19.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
29.06.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
29.06.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |