Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46 Horas de Titorías: 7 Clase Expositiva: 11 Clase Interactiva: 11 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecemento das novas perspectivas dos parámetros bioquímico en saliva e as súas aplicacións diagnósticas.
- Coñecemento dos aspectos bioquímicos da película adquirida e placa dental.
- Coñecemento das bases bioquímicas das distintas terapias utilizadas para o control da carie dental.
- Coñecemento da base bioquímica das estratexias en uso paral a prevención da formación da placa dental e enfermidades asociadas.
- Coñecemento dos efectos bioquímicos dos compostos fluorados en relación co desenvolvemento de carie, así como na formación de manchas dentais.
- Coñecemento da acción bioquímica dos distintos compoñentes dos produtos destinados á hixiene bucodental.
- Coñecementos dos aspectos bioquímicos que relacionan dieta, nutrición e carie dental.
ESTRUTURA E COMPOSICIÓN QUÍMICA DO DENTE. Elementos constitutivos e estructuración do dente. Tecidos mineralizados e non-mineralizados Propiedades do hidroxiapatito, fosfatooctocálcico pentahidratado e fosfatos cálcicos amorfos.
ESMALTE. Composición e propiedades do esmalte. Tipos de esmalte. Características estruturais e propiedades do mineral do esmalte. Desmineralización e remineralización do esmalte.
DENTINA E PULPA. Características xerais da dentina e tipos de dentina. Compoñentes inorgánicos da dentina. Compoñentes orgánicos da dentina e funcións. Características xerais e composición da pulpa. Aspectos bioquímicos do envellecemento pulpar.
CEMENTO E ÓSO ALVEOLAR. Composición e características estruturais do cemento. Funcións do cemento. Composición e características estruturais do óso alveolar.
LIGAMENTO PERIODONTAL. Estrutura e composición molecular do ligamento periodontal. Funcións das proteínas constituíntes do ligamento periodontal. Mobilidade dental e perda dental.
BIOQUÍMICA DA SALIVA. Características xerais e funcións. Composición inorgánica da saliva e tampones salivales. Composición orgánica da saliva. Parámetros bioquímico en saliva de utilidade clínica.
BIOQUÍMICA DA PELÍCULA ADQUIRIDA E PLACA DENTAL. Características e composición da película adquirida e da placa dental. Procesos bioquímicos que se desenvolven na placa dental.
BIOQUÍMICA DA CARIE E ENFERMIDADE PERIODONTAL. Definición de carie dental. Requisitos necesarios para a aparición de carie. Efecto do pH sobre o apatito do esmalte e desmineralización cariogénica. Aspectos bioquímicos relacionados con nutrición e carie. Bioquímica da enfermidade periodontal.
ASPECTOS BIOQUÍMICOS DA ACCIÓN DOS DENTÍFRICOS. Requisitos mínimos dos dentífricos. Compoñentes maioritarios, minoritarios e opcionais dos dentífricos. Mecanismo de actuación dos distintos compoñentes dos dentífricos.
BIOQUÍMICA DO FLÚOR. Propiedades do flúor. Fontes dietéticas. Metabolismo e toxicidade do flúor. Incorporación do flúor á rede cristalina do hidroxiapatito.
Facilitarase ao alumno a bibliografía e documentación necesaria para abordar os contidos e actividades relacionadas coa materia.
Competencias específicas
- Coñecer a bioquímica na que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
- Ter coñecemento dos procesos moleculares fundamentais do aparello estomatognático.
- Proporcionar un coñecemento das bases bioquímicas nas que se fundamentan os coidados orais e a prevención das enfermidades buco-dentarias.
Competencias xerais
- Promover a aprendizaxe de xeito autónomo de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
- Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
- Comprender as ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
- Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do aparello estomatognático, a nivel molecular, nas distintas etapas da vida.
- Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar as fontes de información biomédicas para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
- Coñecer do método científico e ter capacidade para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipótese,colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
Docencia expositiva
A docencia expositiva ten o fin de potenciar a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Nas clases teóricas o profesor explicará os aspectos máis relevantes de cada tema, axudando aos alumnos a que alcancen os obxectivos da materia.
Nos escenarios previstos para o curso 2020-2021, este ensino terá as seguintes características:
Escenario 1: docencia presencial.
Escenario 2: docencia presencial virtual (síncrona), utilizando ferramentas corporativas (Teams, Campus Virtual, etc.).
Escenario 3: docencia virtual (síncrona ou asíncrona), utilizando ferramentas corporativas (Teams, Campus Virtual, etc.).
Docencia interactiva
Realizaranse seminarios sobre temas relacionados cos contidos teóricos da materia. O profesor guiará e orientará ao estudante no proceso de aprendizaxe.
Nos escenarios previstos para o curso 2020-2021, este ensino terá as seguintes características:
Escenario 1: as clases interactivas serán de carácter presencial.
Escenario 2: as clases interactivas serán de carácter virtual (síncrono ou asíncrono).
Escenario 3: as clases interactivas serán de carácter virtual (síncrono ou asíncrono).
Titorías
Esta actividade utilizarase principalmente para a aclaración de dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos relacionados cos contidos da materia.
Nos escenarios previstos para o curso 2020-2021, as titorías terán as seguintes características:
Escenario 1: presenciales, sen descartar o uso complementario da forma virtual (Teams, Campus Virtual, etc.).
Escenario 2: fundamentalmente de carácter virtual (síncrono ou asíncrono).
Escenario 3: de carácter virtual (síncrono ou asíncrono).
Nos tres escenarios manterase operativa unha aula virtual ao dispor do alumnado, mantendo así mesmo canles de comunicación directa para titorías, foros e sesións virtuais.
Exame final (60% da nota final)
Utilizarase como proba evaluatoria exame tipo test/pregunta curta que abarcará todos os aspectos relacionados cos contidos da materia.
Avaliación continua (40% da nota final)
Valorarase a asistencia, actitude e nivel de coñecementos.
Nos escenarios previstos para o curso 2020-2021, as avaliacións terán as seguintes características:
Escenario 1: como forma de avaliación utilizarase unha proba final presencial, combinada cunha avaliación continua formativa (presencial virtual)
Escenario 2: como forma de avaliación utilizarase preferentemente unha proba final telemática presencial, combinada cunha avaliación continua formativa de carácter telemático
Escenario 3: como forma de avaliación utilizarase unha proba final telemática, combinada cunha avaliación continua formativa telemática
Nos casos nos que se detecte a realización fraudulenta de exercicios e probas de avaliación, aplicarase o que recolle a “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial do alumno: 30 horas
Traballo persoal do alumno: 45 horas
Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
Utilización das tutorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
Para rematar, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa posible aplicación no campo da odontoloxía, non limitándose nunca á simple asimilación da información.
Antonio Juan Pazos Castelos
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816056
- Correo electrónico
- antonioj.pazos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Estefania Maria Salome Mendez Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812210
- Correo electrónico
- estefania.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ramon Soto Otero
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812210
- Correo electrónico
- ramon.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Salón de Actos |
12:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
01.06.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
01.06.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
06.07.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
06.07.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |