Créditos ECTS Créditos ECTS: 24
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 122 Horas de Titorías: 8 Clase Interactiva: 20 Clínicos EEES: 450 Total: 600
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Estomatoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A actual Guía Docente está desenvolvida en base ao documento "Bases para unha docencia presencial segura no curso académico 2020-2021", aprobada polo Consello de Administración do 19 de xuño de 2020, o que define na súa base tres escenarios posibles que temos que consider para adaptala guía a cada un dos escenarios definidos: Escenario 1: normalidade adaptada; Escenario 2: distanciamento; e Escenario 3: peche das instalacións.
Obxectivos
Mostar unha actitude favorable e con capacidade para traballar en equipo.
Fomentar a importancia da atención odontolóxica integral do paciente.
Desarrollar comportamentos éticos na práctica odontolóxica.
Establecer co paciente unha relación de respeto e axuda.
Ser capaz de diagnosticar e propoñer un plan de tratamento ideal e alternativas de compromiso.
Desarrollar unha filosofía clínica baseada na prevención das enfermidades bucodentais.
Conocer as técnicas actuais de tratamento odontolóxico de acordo coa mellor evidencia científica.
Adecuar o tratamento integrado individualizado para cada paciente.
Razonar os procedementos terapéuticos plantexados en base a criterios científicos, expoñendo as razóns de por qué é un tratamento óptimo respecto doutro.
Adquirir e desenvolver as habilidades manuais clínicas.
Determinar críticamente a calidade do tratamento realizado.
Establecer o protocolo adecuado de mantemento da saúde oral do paciente.
A asignatura de Prácticas Tuteladas é troncal e obrigatoria, encádrase no 5º ano do Grao de Odontoloxía. Distínguense nesta materia tres subcategorías, atendendo ao tipo de pacientes que se tratan: Prácticas Tuteladas en Pacientes Adultos (representa o 50% dos créditos totais de Prácticas Tuteladas), Prácticas Tuteladas en Pacientes con Patoloxía Sistémica e discapacidade (representa o 25% dos créditos totais), e Prácticas tuteladas en Pacientes Pediátricos (representa o 25% dos créditos totais).
Os contidos desta materia son eminentemente prácticos e integrarán todas as competencias que o estudante logrou o longo dos cursos académicos precedentes. Recibiranse pacientes tanto adultos como nenos e con patoloxía sistémica e discapacidade e farase o diagnóstico, planificación e tratamento da súa enfermidade bucodental. Os tratamentos multidisciplinares que debido a súa complexidade non se podan tratar na nosa materia serán derivados a unidades de tratamento específicas.
Por outra banda, esta materia promove a actualización de coñecementos nos seminarios, que poderán ser en forma de resolución de casos-problema, exposición de casos clínicos ou busca da mellor evidencia dun tema clínico.
Na materia de Prácticas Tuteladas o alumno pon en práctica todos os coñecementos adquiridos durante o grao, de forma integrada, secuencial e ordenada, para establecer un diagnóstico e realizar un plan de tratamento ao paciente. O alumno será capaz de realizar un xuízo diagnóstico da patoloxía bucodental que presente o paciente adulto, o paciente infantil e o paciente con patoloxía sistémica e CON diverso grao de discapacidade. Para poder levar esto a cabo ten que coñecer a secuencia básica de exploración oral, realizar unha historia clínica detallada e interpretar correctamente as probas radiolóxicas, analíticas e análises de modelos. Podería plantexar un plan de tratamento ideal, así como alternativas de compromiso, cando o caso o precise. Ademais, ten que ser capaz de executar cada fase do plan de tratamento cunha orde lóxica (tratamento urxente, motivación, tratamento médico quirúrxico, tratamento conservador, tratamento prostodónico e mantemento da saúde bucodental).
Estas Prácticas Tuteladas teñen un carácter profesionalizante para os futuros odontólogos, xa que é o que lles enseña a tratar o paciente de xeito integrado.
A bibliografía engloba aquelas fontes de información relacionadas coas distintas partes que compoñen Prácticas Tuteladas.
• Adultos
Libros non electrónicos:
• Echeverría García J, Pumarola Suñé J. El Manual de Odontología. Ed. Elsevier Masson, Amsterdam, 2008.
• Bain CA. Treatment Planning in General Dental Practice. A Problem-based Approach. Ed. Churchill Livingstone, Edinburg, 2003.
• Del Río Highsmith. Odontología Integrada para Adultos. Ed PUES, Madrid, 1999 y 2003.
• Calvo Guirado JL. Prácticum en Clínica Odontológica Integrada de Adultos, 2011.
• Kay E, Shearer AC, Humphris G. Integrated Dental Treatment Planning. A case-based approach. Ed. Amazon, Oxford, 2005.
• Cohen M. Interdisciplinary Treatment Planning. Ed. Quintessence Publ, Chicago, 2008-2012.
• Mallat Callís E. Reconstrucción de dientes endodonciados: una pauta de actuación clínica. Ed. Ediciones Especializadas Europea, 2007.
Libros electrónicos de acceso libre dende a BUSC ou PDFs de acceso libre dende Google:
• Cydulka RK et al. Emergencias orales y dentales. En: Manual de Medicina de Emergencias, 5º edición 2018. Ed. Mc Graw-Hill/Interamericana.
• Ahmad N et al. Infecciones dentales y periodontales. En: Microbiología Médica, 6º edición 2017. Ed. Mc Graw-Hill/Interamericana.
• Adams and Victor. Dolor facial de origen dental o sinusal. En: Principios de Neurología, 2017. Ed. Mc Graw-Hill/Interamericana.
• Consejo de Dentistas de España. Plan estratégico de acción para el periodo posterior a la crisis creada por el COVID-19. 2020.
• Ministerio de Sanidad. Directrices de Buenas Prácticas en las Clínicas Dentales. 2020.
• Gutmann, James L. Solución de problemas en endodoncia: prevención, identificación y tratamiento. 2012. Ed. Elsevier.
• Fradeani M, Barducci G. Tratamiento protésico: aproximación sistemática a la integración estética, biológica y funcional. 2006. Ed. Quintessence.
Web relacionadas:
• American Dental Association. https://www.ada.org/en
• European Centre for Disease Prevention and Control. Infection prevention and control in dentistry. https://www.ecdc.europa.eu/
• Council of European Dentists. The voice of dentists and oral health in Europe. https://cedentists.eu/
• American Association of Endodontics. https://www.aae.org/specialty/ Coronavirus Disease 19 (COVID-19): Implications for Clinical Dental Care; Root Canal Safety; Guide to Clinical Endodontics; Treatment Planning; Cone Beam Computed Tomography; Regenerative Endodontics
• Infantil
Recursos bibliográficos básicos.
Revistas electrónicas con acceso dende a BUSC:
• European Archives of Paediatric Dentistry
https://link-springer-com.ezbusc.usc.gal/journal/40368/volumes-and-issu…
• Dental Traumatology
https://onlinelibrary-wiley-com.ezbusc.usc.gal/journal/16009657
• Pediatric Dental Journal
https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/journal/pediatric-dental-j…
• International Journal of Pediatric Dentistry
https://onlinelibrary-wiley-com.ezbusc.usc.gal/journal/1365263x
Protocolos en páxinas web de sociedades científicas:
• https://www.odontologiapediatrica.com/
• https://www.eapd.eu/index.php/policies-and-guidelines
• https://www.aapd.org/research/oral-health-policies--recommendations/
A medida que se detecten outras fontes de información en formato aberto incorporaranse a bibliografía e comunicaranse a través da Aula Virtual.
Bibliografía Complementaria (disponible en formato físico na biblioteca do Centro):
• McDonald RE, Avery DR. Odontología Pediátrica y del Adolescente. 6ª ed.Mosby/ Doyma Libros, Madrid, 1995.
• Van Waes HJM, Stöckli PW. Atlas de Odontología Pediátrica. Ed Masson, Barcelona, 2002.
• Cameron A, Widmer R. Manual de Odontología Pediátrica.Ed. Harcourt Brace, Madrid, 1998.
• Barbería E. Odontopediatría. Ed Masson, Barcelona, 1995.
• Varela M. Problemas Bucodentales en Pediatría. Ed Ergón, Madrid, 1999.
• Andlaw RJ, Rock WP. Manual de Odontopediatría. 4ª ed. McGraw-Hill Interamericana, México, 1999.
• Pinkham JR. Odontología Pediátrica. 3ª ed. McGraw-Hill Interamericana, México, 1999.
• Canut JA. Ortodoncia Clínica y Terapéutica. 2ª ed. Masson, Barcelona, 2000.
• Proffit W. Ortodoncia Contemporánea. Teoría y Práctica. 3ª ed. Ed Harcourt, Madrid, 2001.
• Pacientes Especiais
Libros:
• Litle J, Falace D, Mille C, Rhodus N. Tratamiento odontológico del paciente bajo tratamiento médico. 5ª Edición. Harcourt y Mosby, 1998.
• Machuca Portillo G, Bullon Fernández P. Tratamiento Odontológico en Pacientes Especiales. 3ª edición. Laboratorios Normon, Madrid, 2013.
• Dias de Andrade E, Ranali J, Pierro Neisser M, Korytnicki D. Emergencias médicas en Odontología. Sao Paulo. Artes Médicas Latinoamericana, 2004.
• Urraco Rodríguez A, Díaz Alonso MT. Complicaciones médicas en la consulta dental. SmithKline Beecham, Madrid, 1995.
• Durán C, Feijoo JF, Limeres J et al. Guía de Prescripción farmacológica en odontología. (Editor Pedro Diz. ISBN. 987-84-695-5471-5. (se podrá solicitar a los profesores de la materia).
• Scully, Diz-Dios, Kumar. Special Care in Dentistry Handbook of Oral Healthcare.
E-Book, 1st Edition. Churchill Livingstone, 2006.
Revistas especializadas (con contenidos sobre Pacientes Especiais):
• Bristish Dental Journal
• Gerodontology
• Journal of Disability and Oral Health
• Journal of the American Dental Association (JADA)
• Medicina Oral, Patología Oral y Cirugía Bucal
• Special Care in Dentistry
Enlaces de interés:
• International Association for Disability and Oral Health (http://www.iadh.org/)
• Sociedad Española de Odontoestomatología para Pacientes con Necesidades Especiales (http://www.seoene.es/)
• British Society for Disability and Oral Health (http://www.bsdh.org.uk/)
• American Association of Hospital Dentists (http://www.scdaonline.org/?HospitalDentistryFel)
• Special Care Dentistry Association (www.scdonline.org/)
• American Academy of Developmental Medicine and Dentistry (http://aadmd.org/)
As competencias básicas e xerais da materia son as seguintes:
CG.01. - Coñecer os elementos esenciais da profesión de odontólogo, incluíndo os principios éticos e as responsabilidades legais.
CG.02. - Comprender a importancia de tales principios para o beneficio do paciente, da sociedade e da profesión, con especial atención ao segredo profesional.
CG.03. - Saber identificar as inquedanzas e expectativas do paciente, así como comunicarse de forma efectiva e clara, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, os medios de comunicación e outros profesionais.
CG.04. - Comprender e recoñecer os aspectos sociais e psicolóxicos relevantes para o tratamento dos pacientes.
CG.05. - Saber aplicar os principios de control da ansiedade e do estrés sobre un mesmo, sobre os pacientes e sobre outros membros do equipo odontolóxico.
CG.06. - Comprender a importancia de desenvolver unha práctica profesional con respeto á autonomía do paciente, as súas creencias e cultura.
CG.07. - Promover o aprendizaxe de xeito autónomo de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
CG.08. - Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
CG.09. - Comprender a importancia de manter e usar os rexistros con información do paciente para a súa análise posterior, preservando a confidencialidade dos datos.
CG.10. - Conocer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar aos estudantes na prevención, a detección precoz, a asistencia e a rehabilitación das víctimas desta forma de violencia.
CG.11. - Comprender as ciencias básicas biomédicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
CG.12. - Comprender e reconfigurar a estrutura e a función normal do aparato estomatognático, a nivel molecular, celular, tisular e orgánico, nas distintas etapas da vida.
CG.13. - Comprender e reconocer as ciencias dos biomateriais fundamentais para unha práctica odontolóxica, así como para o manexo inmediato das alerxías posibles derivadas dos mesmos.
CG.14. - Conocer os procesos xerais da enfermidade, entre os que inclúe a infección, a inflamación, as alteracións do sistema inmune, a dexeneración, a neoplasia, as alteracións metabólicas e as desórdenes xenéticas.
CG.15. - Estar familiarizado coas características xerais patolóxicas das enfermidades e trastornos que afectan aos sistemas orgánicos, especialmente aqueles que teñen repercusión bucal.
CG.16 - Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia dos fármacos e outras intervencións terapéuticas, coñecendo as súas contraindicacións, interaccións, efectos sistémicos e interaccións sobre outros órganos, baseándose na evidencia científica dispoñible.
CG.17. - Comprender e reconocer os principios de ergonomía e seguridade no traballo (incluíndo control de infeccións cruzadas, protección radiolóxica e enfermidades ocupacionais e biolóxicas).
CG.18. - Coñecer, valorar críticamente e saber usar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
CG.19. - Coñecer o método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información novedosa. Pode ser capaz de formular hipótesis, recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
CG.20. - Obter e elaborar unha historia clínica que conteña toda a información relevante.
CG.21. - Saber realizar un exame bucal completo, incluíndo as oportunidades de probas radiográficas e de exploración complementarias, así como a obtención de referencias clínicas adecuadas.
CG.22. - Tener capacidade para elaborar un xuízo diagnóstico inicial e establecer unha estratexia diagnóstica razonada, vendo competencia no recoñecemento das situacións que precisan unha atención odontolóxica urxente.
CG.23. - Establecer o diagnóstico, pronóstico e unha planificación terapéutica adecuada en todas as áreas clínicas da Odontoloxía, sendo competente no diagnóstico, o pronóstico e na elaboración do plan de tratamento odontolóxico do paciente que requira coidados especiais, incluídos os pacientes médicamente comprometidos (como diabéticos, hipertensos, inmunodeprimidos, anticoagulados, entre outros) e pacientes con discapacidade.
CG.24. - Recoñecer as situacións de risco vital e saber facer maniobras de soporte vital básico.
CG.25. - Coñecer e aplicar o tratamento básico da patoloxía buco-dentaria máis habitual en pacientes de todas as edades. Os procedementos terapéuticos deberían basarse no concepto de invasión mínima e nun enfoque global e integrado do tratamento buco-dental.
CG.26. - Saber planificar e realizar tratamentos odontolóxicos multidisciplinares, secuenciais e integrados, de complexidade limitada, en pacientes de todas as idades e condición e dos pacientes que requiran coidados especiais.
CG.27. - Plantexar e propoñer as medidas preventivas adecuadas a cada situación clínica.
CG.28. - Adquirir experiencia clínica baixo a adecuada supervisión.
CG.29. - Recoñecer os determinantes da saúde bucal na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
CG.30. - Recoñecer o papel do dentista nas accións de prevención e protección ante enfermidades bucais, así como o mantemento e a promoción da saúde, tanto a nivel individual como comunitario.
CG.31. - Coñecer o Sistema Nacional de Saúde, así como aspectos básicos da lexislación sanitaria, xestión clínica e utilización adecuada dos recursos sanitarios, comprendendo a importancia do papel do dentista no ámbito da Atención Primaria de Saúde.
Os estudantes da materia Prácticas Tuteladas adquirirán e desenvolverán as habilidades clínicas que cubran as necesidades do seu exercicio profesional, atendendo ás expectativas globais do paciente odontolóxico desde un enfoque integrado.
A metodoloxía de ensino é a seguinte:
PRÁCTICAS CLÍNICAS.
É unha actividade de práctica clínica tutelada, onde o alumno adquirirá as competencias que permiten integrar os coñecementos, habilidades e destrezas adquiridas nos módulos previos, para aplicar sobre un paciente adulto, pediatrico ou con patoloxía sistémica e / ou discapacidade.
O profesor actuará como titor, guiando e axudará ao alumno nas súas decisións clínicas e na aplicación do tratamento.
No escenario 1 as prácticas desenvólvense de forma presencial nos boxes da segunda planta da facultade. Estas prácticas nos boxes poden combinarse con discusións de casos clínicos, que reciben na facultade, a través da plataforma TEAMS.
SEMINARIOS.
Fundamentalmente vanse adquirir as competencias de avaliación da investigación, actualización continuada e traballo grupal e cooperativo. O tempo estimado para os seminarios é de 20 horas, das cales 10 pertencen a Prácticas Tuteladas de Adultos, 5 a Prácticas Tuteladas en Pacientes con Patoloxía Sistémica e Discapacidade e 5 a Prácticas Tuteladas en Pacientes Pediátricos. Os seminarios que se imparten en Pacientes Especiais teñen unha duración media de 1 hora (rango, 45-75 minutos) e estructuranse dende unha perspectiva xerárquica, onde o profesor interacciona cos alumnos, xa que os temas que se abordan son en boa parte descoñecidos para eles e non se inclúen entre os contidos das materias impartidas con anterioridade. Os seminarios teñen unha característica diferencial que é a súa imbricación coa actividade clínica.
No escenario 1, desenvolvérase de forma presencial na Aula 5 e na Aula de Seminario da facultade.
TUTORÍAS.
Servirán para contrastar os avances na adquisición de competencias, seguimento continuo, aclarar dudas da práctica clínica, aportar información e orientar sobre actividades investigadoras.
As tutorías poderán ser preferentemente presenciais, aínda que por acordo mutuo un profesor-alumno poderán realizarse de forma virtual. A titoría solicitarase a través do correo electrónico da USC e a cita asignarse no horario que cada profesor ten asignado para as titorías. A plataforma preferente para a titoría será a plataforma TEAMS de microsoft, pero poden empregarse outras ferramentas de comunicación como o propio correo electrónico ou o contacto telefónico. O estudante trasladará aos profesores as súas dúbidas e a necesidade da titoría.
É importante que o estudante revise a frecuencia e o correo electrónico da USC e a Aula Virtual que se use para as notificacións
EVALUACIÓN CONTINUA
A avaliación continua será o método maioritario de avaliación e inclúe:
1) A avaliación individual das prácticas clínicas realizadas sobre pacientes, referentes a aptitudes, actitudes e habilidades. Para o seguimento desta avaliación empregaranse as rúbricas que estarán dispoñibles para o alumnado na Aula Virtual da materia.
Por medio das rúbricas levarase a cabo un rexistro dos tratamentos realizados polos estudantes, e das competencias e destrezas desenvolvidas a medida que transcurran a materia. É necesario obter como mínimo a calificación de APTO nas prácticas clínicas para poder presentarse ao exame final.
O suspenso en prácticas clínicas supón repetir ditas prácticas durante o seguinte curso académico. Cando isto ocorre, farase unha avaliación das prácticas clínicas durante o primeiro semestre do curso no que o alumno repite e se é favorable o alumno estará en disposición de solicitar unha Convocatoria Extraordinaria Fin de Carreira. Nesta convocatoria o exame será escrito (tipo test) e terá lugar no período de exámenes do mes de xaneiro.
2) SEMINARIOS
Prácticas Tuteladas Adultos
Resolución de casos-problema. Farase unha avaliación individual e grupal sobre a participación nos seminarios. Darase unha puntuación por seminario.
Prácticas Tuteladas Infantís
Avaliaranse os seminarios de diagnóstico, plan de tratamento e exposición oral de casos de pacientes con maloclusións. Valorarase de xeito individual e grupal por boxes de práctica clínica.
Prácticas Tutelais Especiais
Nos seminarios avaliarase a capacidade do alumnado na análise, no planteamento das distintas probas diagnósticas e na toma de decisións de tratamento nos distintos casos clínicos plantexados. Valorarase a capacidade de traballo en grupo e a claridade das exposicións que teña que facer o alumnado.
PROBA FINAL
Aquelos alumnos que superaran as prácticas clínicas poderán acceder ao exame final. Para aprobar a materia o alumno ten que superar este exame basado na resolución de casos clínicos. En caso de suspender, este exame poderá recuperarse na convocatoria de xullo. O exame será presencial no día, data e lugar establecido no calendario de exámenes do Centro.
Ponderación para o cálculo da nota final
En cada unha das partes de Prácticas Tuteladas (Adultos, Especiais e Infantís) a nota de prácticas clínicas terá unha ponderación do 70% na cualificación final, os seminarios dun 10% e o exame dun 20%.
A calificación final de alumno realizarase mediante unha ponderación das notas das distintas partes da materia da seguinte forma: 50% nota de Odontoloxía en pacientes Adultos, 25% nota de Odontoloxía en pacientes con Patoloxía Sistémica e discapacidade e 25 % nota de Odontoloxía en pacientes Infantís. É necesario superar cada unha das tres partes da materia para poder facer as medias.
O traballo individual do alumno nesta asignatura e de 120 horas.
É conveniente que o alumno repase as asignaturas do primeiro ciclo e as que fan prelación coa materia. Ademais, recoméndase utilizar a bibliografía recomendada e algún artigo que proporcione o profesor.
PLAN DE CONTINXENCIA
O cambio de escenario non afectará ás competencias a adquirir nin aos coñecementos. Tampouco repercutirá no nivel de esixencia que o alumnado debe alcanzar. Sen embargo, pode afectar á Metodoloxía da Enseñanza e ao sistema de avaliación polo que se detallan deseguido as medidas que se adoptan en cada escenario:
ESCENARIO 2. DISTANCIAMENTO
Metodoloxía da ensinanza
Unha entrada ao escenario 2 pode modificar o tamaño dos boxes de traballo, ou o número deles que poden estar traballando simultaneamente. En caso de darse esta circunstancia o tempo de traballo que non se pode pasar na área clínica reemplazarase por traballo na aula de natureza clínica: discusión de casos clínicos.
Se hai que reducir a presencialidade no Centro, esta parte realizarase a través da plataforma TEAMS, mantendo o horario da materia.
Sistema de avaliación
O cambio de escenario non afectará á ponderación dos diferentes elementos da avaliación: prácticas, seminarios e exame final. Os cambios que poidesen darse serían:
- Que o exame teña que facerse en remoto, se non pode ser presencialmente.
- Que algunhas prácticas clínicas e / ou seminarios tivesen que reemplazarse por actividades en remoto. Neste caso non se pode avaliar mediante unha rúbrica senón que empregaríamos cuestionarios ou tarefas para realizar a avaliación continua.
ESCENARIO 3. PECHE DAS INSTALACIONES
Metodoloxía da ensinanza
O escenario 3 implica que todas as actividades docentes faranse en remoto. Resulta imposible realiza as prácticas por medios virtuais. Para paliar esto faranse sesións de casos clínicos e situacións de simulación clínica que reproduzan a maior cantidade de aspectos que se desenvolven nas prácticas clínicas, respetando o horario establecido para a materia.
Sistema de avaliación
Igual que no escenario 1 e 2 non se modificará a ponderación das distintas partes da avaliación.
O exame realizarase con total certeza por medios telemáticos
A avaliación das actividades docentes en remoto farase de forma continua mediante cuestionarios ou táreas específicas.
Maria Mercedes Gallas Torreira
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812354
- Correo electrónico
- mercedes.gallas.torreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Mercedes Suarez Cunqueiro
Coordinador/a- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812437
- Correo electrónico
- mariamercedes.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Carlos Alvarez Brasa
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Del Carmen Garcia Alvarez
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812351
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Javier Fernández Feijoo
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- javier.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Cesar Emilio Alvarez Congost
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812346
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Carmen Bahillo Gonzalez
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- mcarmen.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
José Miguel Castro Ferreiro
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- miguel.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Francisco Javier Alvarez Alvarez
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- franciscojavier.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Santiago Seoane Trigo
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Urbano Antonio Santana Penin
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812349
- Correo electrónico
- urbano.santana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Teresa Abeleira Pazos
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- maite.abeleira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mercedes Outumuro Rial
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- mercedes.outumuro.rial [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Gonzalo Lopez Castro
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- gonzalo.lopez.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Dolores Reboiras Lopez
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- mariadolores.reboiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Jose Manuel Pose Rodriguez
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- josemanuel.pose [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Jacobo Limeres Posse
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- jacobo.limeres [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Márcio Diniz Freitas
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- marcio.diniz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.1 |
09:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.10 |
09:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.2 |
09:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.3 |
09:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.4 |
09:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.5 |
09:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.6 |
09:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.7 |
09:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.8 |
09:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.9 |
16:00-21:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.7 |
Mércores | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.1 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.10 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.2 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.3 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.4 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.5 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.6 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.7 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.8 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.9 |
Venres | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES03 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.1 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES03 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.10 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES03 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.2 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES03 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.3 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES03 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.4 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES03 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.5 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES03 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.6 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES03 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.7 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES03 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.8 |
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES03 | Castelán | Odontoloxía-Box 1.9 |
09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | - | Odontoloxía-Aula 3 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Salón de Actos |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
16.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
16.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |