Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 92 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 22 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana, Histoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
1) Coñecer a organización da materia viva a nivel celular e tisular.
2) A nivel celular, coñecer a bioloxía celular da célula eucariota, poñendo especial énfase en todos aqueles aspectos propios das células humanas.
3) Coñecer como e onde se atopa o material xenético e como se transmiten os xenes.
4) Coñecer como se produce o desenvolvemento elemental do ser humano.
5) Saber como se relacionan as células para formar tecidos e distinguir as características diferenciais dos distintos tecidos que forman parte do corpo humano.
6) Coñecer que tecidos se atopan na cavidade oral e que tecidos forman parte do aparato estomatognático.
7) Saber distinguir a estrutura normal da patolóxica e entender que do tipo de estrutura microscópica que se atopa en cada paciente pódense desprender distintos patróns de tratamentos odontolóxicos e estomatolóxicos.
DOCENCIA EXPOSITIVA
Bioloxía
Tema 1.- Introducción á célula.
Tema 2.- Superficie celular: Estrutura e función da membrana plasmática
Tema 3.- Citoesqueleto
Tema 4.- Orgánulos da ruta biosintética e secretora.
Tema 5. -Orgánulos enerxéticos: Mitocondrias e Peroxisomas.
Tema 6. -Núcleo celular.
Tema 7.- Destinos celulares: División e morte celular
Tema 8. O material hereditario: os xenes. Herdanza monoxénica ou mendeliana
Tema 9. Hedanza polixénica e multifactorial
Tema 10. Mutacione e alteraciones cromosómicas.
Tema 11.- Gametoxénesis e Fecundación.
Tema 12.- Etapas fundamentais do desenvolvemento embrionario
Histoloxía
Tema 13.- Concepto de histoloxía e tecido biolóxico. Fundamentos instrumentais e técnicos. Perspectivas de futuro: enxeñería tisular.
Tema 14.- Tecido epitelial I. Epitelios de revestimento.
Tema 15.- Tecido epitelial II. Epitelios glandulares exócrinos: glándulas salivares. Epitelios glandulares endócrinos.
Tema 16.- Tecido conxuntivo: compoñentes e principais variedades. Tecido adiposo: tipos.
Tema 17.- Tecido cartilaxinoso: variedades maiores e menores. Cartilaxes da articulación temporomandibular. Mostras de farinxe, traquea, esófago, estómago e intestino.
Tema 18.- Tecido óseo I: compoñentes e variedades.
Tema 19.- Tecido óseo II: osteoxénese e reparación ósea. Ósos alveolares.
Tema 20.- Tecido muscular. Características diferenciais dos tecidos musculares (esquelético, cardíaco e liso).
Tema 20.- Tecido nervioso I: a neurona. Sinapses.
Tema 22.- Tecido nervioso II: fibras nerviosas e nervios periféricos. Neuroglía.
Tema 23.- Sangue e hematopoese. Plasma, corpúsculos e células sanguíneas. Hematopoese.
Tema 24.- Sistema cardiovascular. Estrutura microscópica das arterias, veas e capilares.
DOCENCIA INTERACTIVA
Prácticas de laboratorio
1.- Microscopio óptico: instrucións para o seu manexo.
2-3.Técnicas citolóxicas fundamentais: realización dun frotis de sangue.
4.- Mitose e cromosomas metafásicos. Observación de preparacións representativas.
5.- Determinación do sistema sanguíneo ABO.
6.- Gametoxénese: observación de preparacións representativas da ooxénese e espermatoxénese.
7.- Tecido epitelial I. Epitelios de revestimento. Mostras de intestino, traquea, ril e labio.
8.- Tecido epitelial II. Epitelios glandulares exócrinos e endócrinos. Mostras de glándulas salivares, páncreas, tiroide e hipófise.
9.- Tecidos conxuntivo e de sustentación. Mostras de pel (derme), mama, traquea e costela.
10.- Tecido muscular. Mostras de lingua e outro músculo esquelético, parede intestinal ou estomacal (músculo liso).
11.- Tecido nervioso. Mostras de medula espiñal, cerebelo e córtex cerebral.
12.- Aparatos dixestivo e respiratorio. Estrutura básica do tubo dixestivo e das vías respiratorias superiores. Mostras de farinxe, traquea, esófago, estómago e intestinos.
Seminarios
S1-S5: Seminarios de Bioloxía. Estudo de casos e resolución de problemas.
S6-10: Seminarios de Histoloxía. Observación e discusión de imaxes de microscopia óptica e electrónica
TEXTOS PARA BIOLOXÍA
-Calvo A. Biología Celular Biomédica. 1ª ed. Elsevier; 2015.
-Jorde LB, Carey JC, Bamshad MJ. Genética Médica. 5ª ed. Elsevier; 2016.
-Karp G. Biología celular y molecular. Conceptos y experimentos. 7ª ed. McGraw-Hill; 2017.
-Paniagua R. Biología celular y molecular. 4ª ed. McGraw-Hill; 2017.
-Sadler TW. Langman. Embriología médica. 13ª ed. Madrid: Lippincott, Williams & Wilkins Wolters Kluwer Health; 2016.
TEXTOS E ATLAS PARA HISTOLOXÍA:
- Fortoul TI, Histología y Biología Celular, 3ª ed, McGraw-Hill; 2017.
- Gartner LP, Texto de Histología. Atlas a color, 4ª ed, Elsevier; 2017.
- Kierszenbaum AL, Tres LL, Histología y Biología Celular, 5ª ed, Elsevier; 2020.
- Pawlina W, Ross Histologia Texto y Atlas 7ª ed, Wolters-Kluver;2015.
- Young B, Woodford P, O'Dowd G. Wheater. Histología Funcional, 6ª ed, Elsevier, 2014.
Competencias xerais:
CG.07. Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
CG.08. Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
CG.11. Comprender as ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia bucodental.
CG.12. Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do aparato estomatognático, a nivel molecular, celular, tisular e orgánico, nas distintas etapas da vida.
CG.19. Coñecer o método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipóteses, recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
Competencias específicas:
CEMI.01. Coñecer as ciencias biomédicas nas que se fundamenta a odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia bucodental. Entre estas ciencias deben incluírse contidos apropiados de:
- Embrioloxía, anatomía, histoloxía e fisioloxía do corpo humano.
- Xenética, bioquímica, bioloxía celular e molecular.
- Microbioloxía e inmunoloxía.
CEMI.02. Coñecer a morfoloxía e función do aparato estomatognático, incluíndo contidos apropiados de embrioloxía, anatomía, histoloxía e fisioloxía.
DOCENCIA EXPOSITIVA
O profesor/profesora desenvolverá os contidos teóricos do programa, apoiándose en esquemas realizados no encerado, en proxeccións dixitais ou/e noutros medios audiovisuais. Abrirase unha aula virtual para a materia e establecerase un foro de titoría pública.
As titorías serán presenciais ou virtuais.
DOCENCIA INTERACTIVA:
Nas sesións interactivas os alumnos analizarán e comprobarán os contidos expostos nas leccións maxistrais e adquirirán competencias no campo das habilidades e destrezas (simulacións interactivas, problemas de Xenética, preparación e análise de células e tecidos ó microscopio, etc.). No laboratorio, cada alumno, provisto da súa correspondente bata, realizará todos os pasos que se sinalarán no programa práctico. Na observación de mostras microscópicas o alumno observará co microscopio óptico diversas mostras de tecidos e aprenderá a describilos e recoñecelos. Para complementar a docencia teórica, se farán seminarios relacionados cos contidos da materia, realizando exercicios prácticos e proxectando imaxes de preparacións microscópicas con unha metodoloxía activo-participativa dos alumnos.
A asistencia ás clases expositivas e interactivas será obrigatoria
A avaliación da docencia expositiva e interactiva realizarase con probas presenciais. A nota final comprenderá:
1) A docencia expositiva (60 % da nota final): será unha proba presencial final tipo test de preguntas obxectivas de elección múltiple cunha única resposta válida.
2) A docencia interactiva (40 % da nota final) será a suma das avaliacións continuas realizadas ao longo do semestre. Estas probas poderan ser presenciais ou virtuais empregando os recursos das plataformas digitais (Virtual Classroom-Moodle e Microsoft Teams, etc.) e constarán de:
- Probas na sala de seminarios e no laboratorio (interpretación de imaxes citolóxicas ou histolóxicas).
- Resolución de problemas e realización de traballos tutelados.
- Participación activa nas clases interactivas.
A cualificación final será a suma das cualificacións da docencia expositiva e da docencia interactiva. Para que esta suma sexa efectiva, os estudantes deben obter un mínimo do 40 % da nota máxima en cada unha destas seccións, é dicir, na docencia expositiva 2,4 puntos e na avaliación continua interactiva 1,6 puntos.
Traballo presencial: 58 horas, distribuídas en 30 horas expositivas, 22 horas de docencia interactiva e 6 horas de titorías.
Traballo persoal: 92 horas de estudo e preparación de traballos.
É recomendable que o alumno prepare con antelación os temas que se tratarán nas sesións teóricas e prácticas. Tamén se considera importante que o alumno leve ao día a materia, o que aseguraría unha mellor comprensión dos conceptos, posto que o programa está encadeado de tal forma que a comprensión e a integración do corpo doutrinal esixe saber o tema anterior para entender o seguinte.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Tendo en conta a situación xerada pola COVID-19 e as disposicións das autoridades sanitarias levaranse a cabo as adaptacións da metodoloxía do ensino e sistema de avaliación previstas para os escenarios 2 e 3, segundo o “Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22” aprobado polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2021.
Adaptacións dos contidos:
Os contidos serán os mesmos nos tres escenarios, aínda que poderán ser reorganizados, especialmente no escenario 3 (peche das instalacións) para adaptalos a unha docencia completamente en remoto.
Adaptacións á metodoloxía do ensino nos escenarios 2 e 3:
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Combinarase a docencia presencial e telemática, preferentemente por mecanismos síncronos, a fin de aplicar as medidas de distanciamento social en vigor nese momento. Para iso empregaranse as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3: peche das instalacións
A docencia, tanto expositiva como interactiva, será exclusivamente virtual, empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Adaptacións á avaliación da aprendizaxe nos escenarios 2 e 3:
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
As probas finais serán presenciais. Para a avaliación continua poderanse utilizar os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3: peche das instalacións
As probas finais levarán a cabo empregando recursos que garantan a identificación do alumno, así como o carácter persoal da realización da proba. No caso de que non se dispoña dos medios técnicos que garantan o cumprimento destas premisas recorrerase a unha proba final oral. A avaliación continua realizarase mediante a realización de actividades en remoto empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Resolución do 15 de xuño de 2011, DOG do 21 de xullo de 2011).
Luis Alberto Gomez Segade
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- 881812298
- Correo electrónico
- luisalberto.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Tomas M. M. Garcia-Caballero Parada
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- tomas.garcia-caballero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Begoña Villar Cheda
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812299
- Correo electrónico
- bego.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Salón de Actos |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Salón de Actos |
Venres | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Salón de Actos |
21.01.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
21.01.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
15.07.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
15.07.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |