Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 92 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 40 Clase Interactiva: 14 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Concienciar ó alumno da importancia da materia de Farmacoloxía na profesión odontolóxica.
- Dar a coñecer os principios xerais da Farmacoloxía.
- Proporcionar unha información actualizada dos grupos farmacolóxicos máis relevantes en odontoloxía, adquirindo un coñecemento razoable do seu perfil farmacolóxico, mecanismo de acción, reaccións adversas, interaccións farmacolóxicas e as súas posibles implicacións odontolóxicas.
A.1. PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS DE FARMACOLOXÍA
Tema 1.- Concepto de farmacoloxía, fármaco e medicamento. Partes da farmacoloxía.
Tema 2.- Conceptos básicos sobre os mecanismos de acción dos fármacos. Receptores e sitios de acción dos medicamentos: tipos e localización. Interacción fármaco-receptor. Agonistas e antagonistas.
Tema 3.- Concepto de farmacocinética. Procesos xerais de paso a través de membranas. Absorción dos fármacos. Vías de administración e formas farmacéuticas. Eliminación presistémica. Biodispoñibilidade e bioequivalencia.
Tema 4.- Distribución dos fármacos no organismo. Concepto de distribución. Factores que modulan a distribución de medicamentos. Unión a proteínas plasmáticas e concepto de volume aparente de distribución. Compartimentos farmacocinéticos. A cavidade oral como compartimento.
Tema 5.- Metabolismo de fármacos: vías metabólicas e factores que inflúen. Excreción de fármacos: principais vías e mecanismos de excreción. A cavidade oral e a excreción de medicamentos. Cinéticas de eliminación. Parámetros farmacocinéticos elementais.
Tema 6.- Reaccións adversas a medicamentos. Índice terapéutico. Tipos de reaccións adversas e mecanismo de produción. Detección de reaccións adversas. Farmacovixilancia.
Tema 7.- Interaccións farmacolóxicas. Factores que inflúen na aparición de interaccións e mecanismos de produción. Interaccións farmacolóxicas de interese en odontoloxía.
A.2.- FARMACOLOXÍA DA NEUROTRANSMISIÓN
Tema 8.- Concepto de neurotransmisión. Principais neurotransmisores no sistema nervioso central e periférico. Modulación farmacolóxica da neurotransmisión. Fármacos adrenérxicos: agonistas adrenérxicos, simpaticomiméticos de acción indirecta e antagonistas adrenérxicos. Concepto e clasificación segundo o seu mecanismo de acción. Accións farmacolóxicas, reaccións adversas e indicacións terapéuticas. Implicacións en odontoloxía.
Tema 9. - Fármacos colinérxicos e anticolinérxicos; bloqueantes neuromusculares. Concepto e clasificación segundo o seu mecanismo de acción. Accións farmacolóxicas, reaccións adversas e indicacións terapéuticas. Implicacións en odontoloxía.
Tema 10.- Farmacoloxía dos autacoides. Eicosanoides. Histamina e fármacos antihistamínicos.
A.3. GRUPOS FARMACOLÓXICOS DE USO COMÚN EN ODONTOLOXÍA.
Tema 11.- Anestésicos locais. Estrutura, clasificación, accións farmacolóxicas e reaccións adversas. Asociación de anestésicos locais e vasoconstritores. Implicacións en odontoloxía.
Tema 12.- Anestésicos xerais. Características físico-químicas. Accións farmacolóxicas e reaccións adversas. Anestesia xeral en odontoloxía.
Tema 13.- Antiinflamatorios non esteroides (AINE). Clasificación, mecanismos de acción, propiedades comúns e características diferenciais. Reaccións adversas e indicacións terapéuticas.
Tema 14.- Analxésicos opioides: clasificación, accións farmacolóxicas e reaccións adversas. Antagonistas opioides. Uso de fármacos opioides en odontoloxía.
Tema 15.- Glicocorticoides. Mecanismo de acción, accións farmacolóxicas, reaccións adversas e indicacións terapéuticas. Usos e implicacións en odontoloxía.
Tema 16.- Concepto de ansiolítico e hipnótico. Benzodiazepinas: clasificación, mecanismo de acción, accións farmacolóxicas e reaccións adversas. Usos en odontoloxía.
Tema 17.- Axentes branqueadores dentais, fármacos desensibilizantes e antiplaca. Aspectos farmacolóxicos do tratamento da carie. Flúor. Vehículos máis frecuentes de administración: pastas dentífricas e colutorios.
Tema 18.- Farmacoloxía da coagulación: fármacos hemostáticos. Fármacos anticoagulantes: tipos de heparinas, mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos e uso clínico. Anticoagulantes orais: mecanismos de acción, accións farmacolóxicas, reaccións adversas e indicacións terapéuticas. Implicacións en odontoloxía.
Tema 19.- Farmacoloxía da agregación plaquetaria e da fibrinólise. Antiagregantes plaquetarios. Fibrinolíticos e antifibrinolíticos. Implicacións en odontoloxía.
Tema 20. - Antisépticos e desinfectantes: concepto e clasificación. Actividade antibacteriana e uso clínico dos diferentes grupos.
Tema 21. - Xeneralidades da quimioterapia antiinfecciosa: concepto, orixe e clasificación. Resistencia aos antimicrobianos. Consideracións xerais sobre o uso de antimicrobianos en odontoloxía.
Tema 22. - Antibióticos inhibidores da síntese da parede bacteriana: antibióticos betalactámicos: penicilinas e cefalosporinas. Monobactámicos, carbapénems e inhibidores de betalactamases. Mecanismo de acción. Espectro antimicrobiano, farmacocinética, reaccións adversas e indicacións en odontoloxía.
Tema 23.- Antibióticos inhibidores da síntese de proteínas: aminoglicósidos, macrólidos e tetraciclinas. Características estruturais, espectro antimicrobiano, farmacocinética, reaccións adversas e indicacións en odontoloxía.
Tema 24.- Sulfamidas e quinolonas. Outros antibióticos: lincosamidas, cloranfenicol, vancomicina, metronizadol. Espectro antimicrobiano, farmacocinética, reaccións adversas e indicacións en odontoloxía.
Tema 25.- Antifúnxicos. Clasificación e mecanismo de acción, farmacocinética, espectro de acción, reaccións adversas e indicacións.
A.4. FÁRMACOS QUE PODEN INTERFERIR NA PRÁCTICA ODONTOLÓXICA.
Tema 26. - Conceptos xerais sobre grupos farmacolóxicos que actúan no sistema nervioso central. Implicacións en odontoloxía de antiparkinsonianos, antipsicóticos, antidepresivos, antimaníacos e antiepilépticos.
Tema 27. - Farmacoloxía cardiovascular. Implicacións en odontoloxía dos fármacos que producen inotropismo positivo, antiarrítmicos, antianxinosos, bloqueantes de canles de calcio, antihipertensivos e hipolipemiantes.
Tema 28.- Farmacoloxía do aparato respiratorio. Implicacións na práctica odontolóxica dos antiasmáticos, antitusíxenos, expectorantes e mucolíticos. Tratamento farmacolóxico da asma bronquial.
Tema 29.- Farmacoloxía do aparato dixestivo: inhibidores da secreción gástrica, antiácidos, protectores da mucosa gástrica. Farmacoloxía da motilidade gástrica: fármacos antieméticos. Farmacoloxía intestinal: laxantes e antidiarreicos.
Tema 30.- Farmacoloxía endócrino-metabólica. Insulina e outros hipoglicemiantes. Hormonas sexuais. Hormonas tiroides. Farmacoloxía do calcio e do óso. Implicacións na práctica odontolóxica.
Tema 31.- Quimioterapia antineoplásica e fármacos inmunomoduladores. Implicacións na práctica odontolóxica.
A.5. OUTROS TEMAS DE INTERESE
Tema 32. - Reaccións adversas dos fármacos sobre a cavidade oral
Tema 33. - Terapéutica farmacolóxica da dor orofacial
Tema 34. - Terapéutica farmacolóxica das infeccións bacterianas e micóticas orofaciais
Programa de clases interactivas:
SEMINARIOS
Seminario 1.- Uso de fármacos en situacións especiais
Seminario 2.- Elaboración e manexo dun pequeno vademécum odontolóxico
PRÁCTICAS
Práctica 1.- Análise do efecto farmacolóxico: curvas dose-resposta (simulación informática de experimento de órgano illado)
Práctica 2.- Farmacoloxía da inflamación (simulación informática de experimento in vivo).
Práctica 3.- Efecto de fármacos sobre a presión arterial e frecuencia cardíaca (simulación informática de experimento in vivo).
Bibliografía básica e complementaria
BÁSICA:
1.- Farmacología en Odontología. Tripathi. Ed. Médica Panamericana, Madrid, 2008
2.- Rang y Dale Farmacología. J.M. Ritter, R. Flower, G. Henderson, Y.K. Loke, D. MacEwan D, H.P. Rang, editores. 9ª ed. Barcelona: Elsevier, 2020. Acceso temporal on-line USC ClinicalKey Student Medicine – Elsevier: https://biblioteca-usc.gal/clinicalkey-student-elsevier/
3.- Guía de prescripción farmacológica en odontología. P. Durán Parrondo, J. Fernández Feijoo, J. Limeres Posse, C. Rodríguez Moreno, D. López Fernández, P. Diz Dios. Diz Dios P. editor. Santiago de Compostela, 2012. Acceso aberto on-line: http://www.seoene.es/wp-content/uploads/2018/08/guia_de_prescripcion.pdf
4.- Farmacología Humana. Flórez J., Armijo J., Mediavilla Á. editores. Elsevier Masson, S.A., Barcelona, 6ªEd, 2013. Acceso temporal on-line USC ClinicalKey Student Medicine – Elsevier: https://biblioteca-usc.gal/clinicalkey-student-elsevier/
COMPLEMENTARIA:
5.- Velazquez. Farmacología Básica y Clínica. Lorenzo P, Moreno A, Leza JC, Lizasoain I, Moro A, Portolés A, editores. 19ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana, 2018.
6.- Farmacología. Texto y Atlas. H. Lüllmann, K. Mohr, L. Hein. 6ª ed. Editorial Médica Panamericana, 2010
7.- Guía de Terapéutica Antimicrobiana 2020. Mensa J., Soriano A., García-Sánchez J., Marco F., Letang, E., Llinares P, López-Suñé E., Barberán J. 30ª ed. Barcelona: Antares, D.L. 2020
8.- Goodman & Gilman: Las bases farmacológicas de la terapéutica. BRUNTON LL, HILAL-DANDAN R, KNOLLMANN BC, editores. 13ª ed: McGraw-Hill. 2019. Acceso electrónico USC: McGraw-Hill AccessMedicina Spa: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=24…
9.- Fichero farmacológico. C. Rodríguez Palomares, G.T. Obrador Vera. McGraw-Hill. 2013. Acceso electrónico USC: McGraw-Hill AccessMedicina Spa: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=15…
10.- B.G. Katzung. Farmacología básica y clínica, 14 ed. Ed. McGRAW-HILL, 2017. Acceso electrónico USC: McGraw-Hill AccessMedicina Spa: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=27…
11.- Frank Dowd, Bart Johnson, Angelo Mariotti. Pharmacology and Therapeutics for Dentistry. 7ª ed. Ed. Elsevier Mosby, 2016.
12.- KD Tripathi. Essentials of Pharmacology for Dentistry. 3ª ed. Ed. JAYPEE, 2016
Competencias da titulación ás que contribúe a materia
- Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia dos fármacos e outras intervencións terapéuticas, coñecendo as súas contraindicacións, interaccións, efectos sistémicos e interaccións sobre outros órganos, baseándose na evidencia científica dispoñible.
- Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
Competencias específicas da materia
- Coñecer a farmacoloxía xeral e clínica na práctica odontolóxica.
- Coñecer as bases farmacolóxicas das distintas técnicas anestésicas tanto locais coma xerais, así como o papel da sedación e a anestesia xeral no manexo do paciente odontolóxico.
- Ser quen de levar a cabo un plan de tratamento odontolóxico en pacientes que requiran coidados especiais, incluídos os pacientes medicamente comprometidos (diabéticos, hipertensos, inmunodeprimidos, anticoagulados, etc) e pacientes con discapacidades.
- Prescrición apropiada de fármacos, coñecendo as súas contraindicacións, interaccións, efectos sistémicos e repercusións sobre outros órganos.
- Manexar infeccións agudas, incluíndo a prescrición farmacolóxica e os aspectos cirúrxicos sinxelos.
- Realizar tratamento non cirúrxico das desordes témporo-mandibulares e dor oro-facial.
Docencia expositiva: consistirá no desenvolvemento, por parte do profesor, dos contidos teóricos do programa cunha orientación bibliográfica; mediante a utilización de medios audiovisuais e informáticos.
Docencia interactiva: nas clases prácticas o alumno desenvolverá, analizará e comprobará os contidos expostos na lección maxistral e adquirirá competencias no campo das habilidades e destrezas.
Nos seminarios preténdese fomentar o desenvolvemento da actitude crítica, o traballo en grupo, a selección e análise de información, así como a comunicación e a discusión de aspectos relacionados coa materia.
Os alumnos realizarán traballos individuais e/ou en grupo, xeralmente en torno a formulacións do profesor, a partir de cuxo análise elaborarán materiais con contidos propios da materia.
Titorías: realizaranse para resolver as dúbidas do alumno con respecto á docencia expositiva e interactiva
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física): As actividades formativas (docencia expositiva e interactiva (seminarios, prácticas) e titorías) desenvolverase de forma presencial no aula.
Escenario 1 (normalidade adaptada): Realizarase avaliación continua e unha proba final de coñecementos teórico-prácticos complementaria á avaliación continua.
• Avaliación continua: coa avaliación continua preténdese avaliar o nivel de coñecementos e resultados de aprendizaxe adquiridos polo alumno en cada momento do tempo. A avaliación continua valorará a asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas, a preparación e execución dos seminarios, a participación activa nas prácticas, así como a participación activa do alumno noutras actividades individuais e/ou grupais así como en probas obxectivas de seguimento que se susciten ao longo do curso. A nota obtida na avaliación continua será o 30% da cualificación final.
• Proba final: avaliaranse competencias específicas mediante un exame tipo test. A nota obtida nesta avaliación de coñecementos será o 70% da cualificación final.
• Cualificación final. Na cualificación final outorgada ao alumno, teranse en conta as notas da avaliación continua (30%) e a obtida na proba final (70%), tendo en conta que na proba final o alumno debe alcanzar un mínimo do 30% da máxima puntuación da proba para superar a materia. Esta ponderación será aplicable aos tres escenarios.
• Alumnos non aptos para avaliación continua serán avaliados soamente mediante proba final, nese caso o alumno debe alcanzar un mínimo do 50% da máxima puntuación da proba para superar a materia.
• Avaliación na segunda oportunidade do curso: en sucesivas convocatorias utilizaranse os mesmos criterios de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Presenciais: 60 horas distribuídas en 40 horas expositivas; 14 horas de docencia interactiva e 4 horas de titorías.
Traballo persoal: 90 horas
Para os tres escenarios previstos danse as seguintes recomendacións para o estudo da materia:
Asistencia e participación activa en todas as actividades formativas da docencia da materia.
Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.
Utilización das titorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
Por último, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa aplicación práctica en odontoloxía.
Plan de continxencia. Recóllense aquí as adaptacións correspondentes aos apartados de Metodoloxía do ensino e de Sistema de avaliación previstas para os escenarios 2 e 3.
Metodoloxía do ensino
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física). A docencia expositiva desenvolverase total ou parcialmente de forma virtual, mediante mecanismos síncronos e/ou asíncronos, de acordo coa distribución de docencia presencial e virtual definida polo centro. As horas de docencia interactiva (seminarios, prácticas) desenvolveranse garantindo presencialidade física polo menos nun 50% das horas prácticas da materia, completándose con presencialidade física e/ou telemática. As titorías programaranse prioritariamente de forma telemática. A docencia desenvolverase mantendo os horarios programados. Para as actividades formativas en contorna virtual empregarase o Campus Virtual e outras ferramentas institucionais dispoñibles como MS Teams/MS Forms e/ou outras que se poidan habilitar ao efecto.
Escenario 3: peche das instalacións. Tanto a docencia expositiva como a interactiva (seminarios, prácticas) e titorías desenvolverase de forma completamente virtual, mediante mecanismos síncronos e/ou asíncronos, nos horarios programados. Para as actividades formativas empregarase o Campus Virtual e outras ferramentas institucionais dispoñibles como MS Teams/MS Forms e/ou outras que se poidan habilitar ao efecto.
O seguimento das actividades formativas individuais ou grupais desenvolvidas con soporte virtual en calquera dos escenarios levarase a cabo mediante os mecanismos dispoñibles nas plataformas empregadas, tales como rexistros de participación e programación de entregas.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Escenarios 2 (pechadura das instalacións) e 3 (pechadura das instalacións): Realizarase avaliación continua e unha proba final de coñecementos teórico-prácticos complementaria á avaliación continua.
• Avaliación continua: coa avaliación continua preténdese avaliar o nivel de coñecementos e resultados de aprendizaxe adquiridos polo alumno en cada momento do tempo. A avaliación continua valorarase a asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas, a preparación e execución dos seminarios, a participación activa nas prácticas, así como a participación activa do alumno noutras actividades individuais e/ou grupais así como en probas obxectivas de seguimento que se susciten ao longo do curso. A nota obtida na avaliación continua será o 30% da cualificación final.
• Proba final: avaliaranse competencias específicas mediante un exame tipo test. A nota obtida nesta avaliación de coñecementos será o 70% da cualificación final.
• Cualificación final. Na cualificación final outorgada ao alumno, teranse en conta as notas da avaliación continua (30%) e a obtida na proba final (70%), tendo en conta que na proba final o alumno debe alcanzar un mínimo do 30% da máxima puntuación da proba para superar a materia. Esta ponderación será aplicable aos tres escenarios.
• Alumnos non aptos para avaliación continua serán avaliados soamente mediante proba final, nese caso o alumno debe alcanzar un mínimo do 50% da máxima puntuación da proba para superar a materia.
• Avaliación na segunda oportunidade do curso: en sucesivas convocatorias utilizaranse os mesmos criterios de avaliación.
En canto ás probas finais, no Escenario 2 realizaranse de forma presencial/telemática en función da situación sanitaria, e no Escenario 3 realizaranse de forma soamente telemática.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maria De Los Angeles Castro Perez
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815457
- Correo electrónico
- marian.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
Mércores | |||
10:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
12:30-14:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 2 |
11.01.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
11.01.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
23.06.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
23.06.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |