Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 30 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 22 Clase Interactiva: 13 Clínicos EEES: 8 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Estomatoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Que o alumno teña un coñecemento das técnicas utilizadas como probas complementarias en patoloxía oral.
- Que o alumno coñeza cada unha das técnicas e coas súas indicacións específicas nos distintos procesos morbosos da patoloxía oral.
Tema 1.- Historia clínica en patoloxía oral e técnicas de exploración.
Tema 2.- Probas radiolóxicas: Radiografa periapical/oclusal. Radiografa panorámica. Proxección de Waters (seos). Sialografía. Escintigrafía. Ecografía. TAC. RNM. PET.
Tema 3.- Probas bioquímicas. Hematimetría: reconto total de eritrocitos: concentración de Hb. Hematócrito. Índices eritrocitarios: HCM: hemoglobina corpuscular media. CHCM: concentración de hemoglobina corpuscular media. VCM: volume corpuscular medio. Reconto leucocitario. Total: leucocitose e leucopenia. Diferencial: nos cinco tipos de leucocitos
Exame dun frotis de sangue tinguido. Alteracións da serie vermella. Alteracións da serie branca
Tema 4.- Valoración da coagulación. Tempo de protrombina. Tempo parcial de tromboplastina TTP: reconto de plaquetas
Tema 5.- Bioquímica sérica ou plasmática: glicemia: curva de glicemia; glicosa en sangue capilar; hemoglobina glicada. Ferro sérico e capacidade total de fixación do ferro. Vitamina B12 e ácido fólico. Calcio, fósforo e fosfatase alcalina: hipoproteinemias e nefropatías. Ácido úrico. Albumina, globulina e proteínas totais. Colesterol e triglicéridos. Bilirrubina. Probas da función renal: creatinina sérica e BUN e en ouriños: exame microscópico do sedimento
Tema 6.- Análise de saliva
Tema 7.- Probas inmunolóxicas: estudo das inmunoglobulinas en soro e noutros líquidos biolóxicos. Gammapatías monoclonais ou paraproteinemia. Determinación cuantitativa das IG en soro e outros líquidos mediante nefelometría nas inmunodeficiencias. Inmunoelectroforese do soro e outros líquidos. Determinación das IG E total e específica mediante RIA e ELISA
Tema 8.- Estudo do complemento. As enfermidades con lesións por inmunocomplexos. Detección de inmunocomplexos circulantes
Tema 9.- Crioglobulinas. Inmunopatías monoclonais
Tema 10.- Autoanticorpos. Inmunofluorescencia indirecta, hemaglutinación e RIA. Anticorpos antinucleares (ANO): LES e conectivopatías
Tema 11.- Identificación e reconto de poboacións linfocitarias en sangue periférico: diagnóstico de inmunodeficiencias primarias e secundarias, e síndromes linfoproliferativos
Tema 12.- Avaliación da inmunidade celular. Probas de hipersensibilidade retardada. Proliferación linfocitaria a mitóxenos e fronte a aloantíxenos
Tema 13.- Tipaxe de Ag do sistema HLA. Compatibilidade de órganos
Tema 14.- Biopsia: incisional; excisional; citoloxía exfoliativa; PAAF
Tema 15.- Expresión xenética diferencial no carcinoma de células escamosas da cavidade oral
Tema 16.- Probas microbiolóxicas. Identificación micótica e tipificación das diferentes especies achadas na boca. Frotis de mucosa e cultivo. Antifunxigrama. Identificación vírica. Identificación bacteriana. Cultivo e antibiograma
Tema 17.- Métodos moleculares. Principios. PCR. Hibridación. Citometría de fluxo. Fluorescencia in situ. Hibridación xenómica
Tema 18.- Métodos inmunohistoquímicos. Fundamentos. Principios e técnicas. Aplicacións inmunohistoquímicas. Marcadores moleculares. Marcadores tumorais
Tema 19.- Inmunofluorescencia. Principios e técnicas. Preparación para IFD. Aplicacións para diagnóstico e diagnóstico diferencial en enfermidades orais
Bibliografia básica
Bagán Sebastián JV, Ceballos Salobreña A, Bermejo Fenol A, Aguirre Urizar JM, Peñarrocha Diago M. Medicina Oral. Barcelona: Masson. 1995.
Bascones A, Llanes F. Medicina Bucal. 3ª ed. Madrid: Ariel, 2004.
Blanco Carrión A. Liquen Plano Oral. Madrid: Ediciones Avances, 2000.
Cawson RA, Odell EW. Cawso´s essentials of oral pathology and oral Medicine. 7ªed. Churchill Livingstone, 2002.
Ceballos Salobreña A, Bullón Fernández P, Gándara Rey JM, Chimenos Kustner E, Blanco Carrión A, Martínez Sauquillo A, García García A. Medicina Bucal Práctica. Santiago de Compostela: Editorial Danú, 2000.
Ceballos A. Medicina Bucal. Granada: Ed. Gráficas Anel, 1993.
Chimenos E. La Historía clínica en odontología. Barcelona: Masson, 1999.
Regezi JA, Sciubba JJ. Patología Bucal: Correlaciones clinicopatológicas. 3ª ed. México: Ed. Interamericana McGraw-Hill, 2000.
Saap JP, Eversole LR, Wysocki GP. Patología Oral y Maxilofacial Contemporánea. 2ª ed. Madrid: Mosby, 2005.
Wood NK, Goaz PW. Diagnóstico diferencial de las lesiones orales y maxilofaciales. 5ª ed. Madrid: Harcourt Brace, 1998.
Libros electrónicos disponibles a través de ClinicalKey*Student
Abbas, Abul K., MBBS; Lichtman, Andrew H., MD, PhD; Pillai, Shiv, MBBS Inmunología celular y molecular. Novena Edición, PhD.Copyright © 2018 Elsevier España, S.L.U.
Prieto Valtueña, Jesús M.; Yuste Ara, José R. Balcells. La clínica y el laboratorio 23.a edición. Copyright ©2019 Elsevier España, S.L.U.
Swartz, Mark H., md, facp. Tratado de semiología. Séptima edición.Copyright © 2015 Elsevier España, S.L.U.
Montuenga Badía, Luis; Esteban Ruiz, Francisco J.; Calvo González, Alfonso .Técnicas en histología y biología celular. 2.ª edición.Copyright © 2014 Elsevier España, S.L.
Murray, Patrick R., PhD; Rosenthal, Ken S., PhD; Pfaller, Michael A., MD.Microbiología médica.8.ª Edición.Copyright © 2017 Elsevier España, S.L.U
Bibliografia complementaria
Material aportado polos docentes a través da aula virtual.
Competencias grao en que o suxeito contribúe
CG.01 para CG.10., CG.11. para CG.19, CG.20. para CG.24., CG.25. para CG.28., CG.29. para CG.31.
Competencias específicas
IV.01 CEM, CEM IV.02.01, IV.02.03 CEM, CEM IV.02.04, IV.02.05 CEM, CEM IV.02.06, IV.03.01 CEM, CEM IV.03.02, IV.03.03 CEM, CEM IV.03.04, IV.03.05 CEM, CEM IV.03.06, IV.03.07 CEM, CEM IV.03.018
Competencias xenéricas
• Capacidade de análise e síntese.
• Coñecemento sólido da súa profesión.
• Resolución de problemas.
• A toma de decisións.
• Capacidade de pensamento crítico e autocrítica.
• Traballo en equipo.
• Habilidades nas relacións interpersoales.
• Compromiso ético.
• Capacidade para aplicar a teoría á práctica.
• Capacidade de adaptación a novas situacións.
• Capacidade de traballar de forma autónoma.
• Preocupación coa calidade.
A parte teórica levarase a cabo mediante á presentación dunha clase expositiva por parte dos profesores da disciplina e facilitarase parte do material empregado a través da aula virtual así coma un test de autoavaliación de cada tema.
A aprendizaxe independente é incentivada polo desempeño do traballo sobre un tema do curso que será entregado o primeiro día de clase.
Nas prácticas clínicas e de laboratorio aplicaranse dunha forma práctica o coñecemento adquirido.
Empregaremos a aula virtual para a realización dun foro para discusión de casos clínicos que permiten aplicar a aprendizaxe na práctica diaria.
Nas tutorias o profesor atenderá persoalmente aos alumnos para orientalos e resolver calquera dúbida que xurda. E liderar e orientar o traballo que ten que ser feito para aprobar a materia. Levaranse a cabo de forma presencial.
No apartado observacions podes encontrar información relativa ós escenarios un e dous.
Levarase a cabo unha avaliación continua dos estudantes pola súa participación e atitude ó longo do desenrolo das clases teóricas e prácticas.
Examen teórico (60% da nota total): levaranse a cabo exames test (PEM) ó longo do curso empregando a aula virutal ó rematar cadanseu tema (50%) e un exame final (50%) tamén test (PEM).
O traballo presentado (25%) evaluarase empregando rúbricas tanto pola parte do profesor como dos compañeiros.
O 15% restante dependerá da participación activa no foro de discusión de casos clínicos, e a participación activa na clase e nas prácticas
E imprescindible cumplir uns requisitos para aprobar á disciplina (só evaluarase positivamente a aqueles alumnos que os cumplan)
-Realización das probas de avaliación da aula virtual
-Presentar ó traballo que se lle asignou.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliaxión do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
No apartado observacions podes encontrar información relativa ós escenarios un e dous.
Traballo presencial
Clase expositiva 20
Practicas clinicas 8
Practicas de laboratorio e seminarios: 13
Titorías 2
Examen 2
Traballo persoal do alumno: elaboración do traballo, estudo individual, lecturas recomendadas e asistencia a actividades recomendadas: 30
Recomendase a todos os alumnos o estudio da asignatura diariamente esto permitirá o máximo rendemento a hora de participar nas clases teóricas y nas clases prácticas.
PLAN DE CONTINXENCIA
Seguindo ás recomendación da Universidade no documento “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura” para ó curso 2021-22 establécese a continuación á adaptación da metodoloxía da ensinanza e o sistema de avaliación ós escenarios 2 e 3.
Estas modificacions no desenvolvemento da materia poderán ser implementados se a Universidades dota ó profesorado dos medios materiais precisos para levalos a cabo.
Escenario 2
Metodoloxía da ensinanza
A docencia teórica levarase a cabo mediante clase expositiva por parte dos profesores da disciplina de forma síncrona e asíncrona empregando a plataforma Teams e facilitarase parte do material empregado a través da aula virtual así coma un test de autoavaliación de cada tema
A realización do traballo non suporá cambio na metodoloxía, llevarase a cabo a exposición oral presencial por parte do alumno implicado na aula así coma do 50% dos alumnos matriculados, o restante 50% seguirán de forma virtual a través da plataforma Teams a exposición.
Nas prácticas clínicas con pacientes e de laboratorio dividirase a clase en dous grupos y serán llevadas a cabo de forma presencial.
Nos seminarios o 50% dos alumnos asistirán de forma presencial e o 50% en remoto. Estes grupos iranse alternando na sua presencialidade.
Empregaremos a aula virtual para a realización dun foro de discusión de casos clínicos que permitan aplicar o aprendido á clínica diaria.
As tutorías terán lugar mediante a plataforma Teams.
Sistema de avaliación
Levarase a cabo unha avaliación continua dos alumnos pola sua participación e actitude durante o desenvolvemento das clases teóricas e prácticas.
Examen teórico(60% da nota total): Faranse exames tipo test (PEM) ó longo do curso empregando a aula virtual ó finalizar cada tema (50%) e un exame final tamén a través da aula virtual (50%) de preguntas test.
Traballo presentado (25%): será avaliado mediante o uso de rúbricas tanto pola parte do profesor coma por parte dos compañeiros.
O 15% vai depender da participación activa no foro de resolución de casos clínicos así como na clase e nas prácticas.
Requisitos para aprobar á materia (só evaluarase positivamente a aqueles alumnos que os cumplan)
-Realización das probas de avaliación da aula virtual
-Presentar ó traballo que se lle asignou
Escenario 3
Metodología da ensinanza
A docencia teórica levarase a cabo mediante clase expositiva por parte dos profesores da disciplina de forma síncrona e asíncrona empregando a plataforma Teams e facilitarase parte do material empregado a través da aula virtual así coma un test de autoavaliación de cada tema
A realización do traballo non suporá cambio na metodoloxía, levarase a cabo a exposición oral a través da plataforma Teams.
As prácticas clínicas con pacientes e as prácticas de laboratorio serán sustituídas pola discusión de casos clínicos a través da plataforma Teams.
Os seminarios realizaranse a través da plataforma Teams.
Empregaremos a aula virtual para a realización dun foro de discusión de casos clínicos que permitan aplicar o aprendido á clínica diaria.
As tutorías tenrán lugar mediante a plataforma Teams.
Sistema de avaliación
Levarase a cabo unha avaliación continua dos alumnos pola sua participación e actitude durante o desenvolvemento das clases teóricas e prácticas.
Examen teórico(60% da nota total): Faranse exames tipo test (PEM) ó longo do curso empregando a aula virtual ó finalizar cada tema (50%) e un exame final tamén a través da aula virtual (50%) de preguntas test.
Traballo presentado (25%): será avaliado mediante o uso de rúbricas tanto pola parte do profesor coma por parte dos compañeiros.
O 15% vai depender da participación activa no foro de resolución de casos clínicos así como na clase e nas prácticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliaxión do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Requisitos para aprobar á materia (só evaluarase positivamente a aqueles alumnos que os cumplan)
-Realización das probas de avaliación da aula virtual
-Presentar ó traballo que se lle asignou
Jose Manuel Somoza Martin
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- jmanuel.somoza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Pilar Gandara Vila
Coordinador/a- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812357
- Correo electrónico
- pilar.gandara [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula Informática |
17.01.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
17.01.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
27.06.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
27.06.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |