Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 60 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 5 Clínicos EEES: 50 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1 .-Coñecer os riscos e aplicar as medidas preventivas ao traballo do odontólogo.
2.- Coñecer as medidas de promoción da saúde e incorporalas no tratamento nas enfermidades bucodentais.
3.-Coñocer e incorporar ás prácticas preventivas na actividade do odontólogo a nivel individual e comunitario
4.- Saber interpretar os principais índices de avaliación de afectación das enfermidades bucodentais.
5.- Describir a estrutura e funcionamento dos servicios sanitario Galego e Español
6.- Coñecer os pasos do proceso de planificación sanitaria
Programa teórico
Parte I. INTRODUCCIÓN A ODONTOLOXÍA PREVENTIVA E COMUNITARIA:
-Odontoloxía Preventiva e Odontoloxía Comunitaria: Evolución histórica e concepto actual. Niveis de prevención. Relacións con outras materias odontolóxicas
-Educación sanitaria: evolución histórica. Concepto. Campos de acción. Métodos de educación sanitaria. Educación sanitaria e saúde bucal. O hixienista e o odontólogo como educadores sanitarios
-Riscos derivados da profesión do odontólogo. Radiacións ionizantes. Radiacións non ionizantes. Transmisión de enfermidades no consultorio dental. Medidas de limpeza, desinfección e esterilización no consultorio dental. Manexo de residuos. Ergonomía no traballo.
Parte II.- HIXIENE BUCODENTAL. A PLACA BACTERIANA:
- Cubertas adquiridas na superficie do esmalte. Película adquirida. Placa bacteriana. Cálculo supra e subxinxival. Composición e metabolismo. Efectos patóxenos da placa dental. Visualización. Índices de avaliación
Control mecánico da placa dental. Técnicas de cepillado dental. Seda dental. Cepillos interproximais. Irrigadores. Cepillos eléctricos. Control químico da placa dental. Indicacións e contraindicacións
Tártaro: Detartraxe manual. Ultrasons. Sprai con bicarbonato. Emprego e contraindicacións.
Parte III. EPIDEMIOLOXÍA E PROFILAXE XERAL DAS ENFERMIDADES BUCODENTAIS:
- A carie dental: Axentes etiolóxicos. Formas clínicas. Factores dependentes do axente causal: a placa dental e os microorganismos como causa de carie dental. Dentífricos e enxuagues: composición e efectos terapéuticos. Indicacións e contraindicacións.
-Factores dependentes do ambente. A dieta. Influencia da nutrición no desarrollo dos dentes. Relación zúcre-caris. Estudos epidemiolóxicos. Medidas dietéticas na prevención e control da carie dental. Análise nutricional e consellos dietéticos.
- Factores dependentes do huéspede: a saliva. Morfoloxía e composición dental. Probas de actividade e susceptibilidade da carie dental. Reconto bacteriano. Medición do fluxo salivar. Hipomineralización Incisivo Molar (HIM): .
- Relación de flúor coas enfermidades dentais: carie e fluorose. Métodos de administración e efectos sobre a saúde dos floruros. Seladores de fosas e fisuras. Materiais e tipos. Indicacións, contraindicacións, técnicas de aplicación e control
- Estudos epidemiolóxicos da caries dental. Prevalencia, índices de afectación e de atención odontolóxica. Análise da situación. Patróns evolutivos da carie dental. A carie dental en Galicia. Diagnóstico de severidade da carie dental. Protocolo CAMBRA. Aspectos clínicos, protocolos preventivos e terapéuticos Tratamento mínimamente invasivo. Sistema ICDAS. Tratamento da caries en función do risco.
- Enfermidade periodontal. Concepto. Epidemioloxía. Etiopatoxenia das periodontopatías. Factores de risco. Índices de estudo da enfermidade periodontal. Prevención e control da enfermidade periodontal e da periimplantite. Mantemento periodontal.
- Maloclusións. Epidemioloxía das maloclusións. Control dos hábitos orais. Medidas preventivas nos pacientes con maloclusións.
- Traumatismos dentais agudos e crónicos. Epidemioloxia e prevención. Atención dental nos pacientes con actividades de risco. Deporte e saúde oral. Medidas preventivas en pacientes mais susceptibles: pacientes con minusvalías físicas e mentais
- Prevención do cancro oral. Lesións precancerosas na cavidade oral. Factores de risco. Diagnóstico precoz r prevención. Prevención nos pacientes irradiados.
Parte IV : ORGANIZACIÓN DOS SERVICIOS COMUNITARIOS:
- Organización e xestión dos servicios de asistencia sanitaria. Organización e xestión do sistema sanitario de Galicia. Análise dos sistemas de asistencia odontolóxica. A asistencia odontolóxica en Europa e España. Atención Primaria de Saúde. A odontoloxía na atención primaria de saúde en España e Galicia. Xestión de área.
- Planificación e programación en odontoloxía. Análise de costes. Programas preventivos individuais e comunitarios. Obxectivos de saúde oral. Programa de saúde oral da Xunta de Galicia. Protocolos.
Programa de prácticas de Odontoloxía Preventiva e Comunitaria
Práctica 1.- Gabinete odontolóxico: Actitude postural dos profesionais, traballo con visión indirecta
Práctica 2.- Historia clínica preventiva. Medidas de actividade de carie
Práctica 3.- Técnicas de motivación e control da hixiene oral. Técnicas de tartrectomía
Práctica 4.- Técnicas de motivación e control da dieta
Práctica 5.- Métodos clínicos de fluoración
Práctica 6.- Realización de seladores de fosas e fisuras
Práctica 7.- Realización de protectores bucais para o deporte
Práctica 8.- Odontoloxía comunitaria: enquisas de saúde bucodental e necesidades de tratamento en poblacións.
- Cuenca Sala E.; Baca García.P: Odontología Preventiva y Comunitaria. Principios, métodos y aplicaciones. 3ª edición. Ed Masson. 2005.
- Rioboo R.: Higiene y Prevención en Odontología individual y comunitaria. Ed Avances 2ª es¡dición. 2002
- Katz S.; McDonald J.; Stookey G.: Odontología Preventiva en Acción. 3ª edición. Ed Panamericana. 1991
- OMS Encuestas de salud bucodental. Métodos básicos. 5ª ed Ginebra 2013
- Xunta de Galicia. Programa de saúde Bucodental en atención primaria. 2002
- http://www.sespo
- http://www.sergas.es
Os alumnos deberán:
- Ter una actitude postural e de organización do traballo axeitada na clínica odontoloxica,
- Avaliar a historia clínica dos pacientes, identificando o factores de risco de enfermar;
- Aplicar as medidas preventivas na terapeútica odontoloxica;
- Facer educación sanitaria cos pacientes;
- Interpretar os principais indicadores de afectación e aplicalos nos programas comunitarios.
- Leccións expositivas buscando a participación dos alumnos.
- Ao longo do curso realizanse traballos puntuais sobre temas de actualidade.
- Ao remate do curso presentaran un traballo que defenderan ante os compañeiros, este traballo deben inscribilo no primer mes da materia, o presentaran en formato pwp e doc.
A asistencia ás prácticas é obrigatoria:
Faranse as prácticas na sala de Fantomas e nos gabinetes clínicos.
Podrán facerse prácticas extramurais nas escolas.
- Exame final tipo test e un tema a desenvolver: Suporá o 50% da nota final. para superalo o alumno deberá acadar o 60% das repostas correctas.
- Traballos puntuais, suporan o 5% da nota final
- Traballo final, avaliarase a presentación , orixinalidade, contidos e bibliografia empregada, supón o 15% da nota final
- A avaliación das prácticas farase mediante a supervisión continua dos alumnos. Supoñendo o 30% da nota final. Ó remate do curso os alumnos presentarán un informe coas fichas realizadas, empregando os principais indicadores de saúde oral aplicados a seus pacientes.
A non realización das prácticas e entrega do informe leva a non ser avaliado.
O aprobado das prácticas gárdase nas convocatorias de ese ano.
Actividades presenciales Horas Trabajo personal del/a estudiante Horas
Clases expositivas:
presentación e explicación temas 24 Búsqueda y estudio de materiales 54
Prácticas clínicas 24 Resolución de problemas 20
Tutorías 6 Elaboración trabajos 20
Evaluación 2
Total horas presenciales 56 Total horas de trabajo personal 94
- Se recomenda ter coñecementos das materia saúde pública, bioestatística e introducción á investigación, riscos laboráis do odontólogo e educación para a saúde bucodental
- Recoméndase a participación activa nas clases.
- A realización dos traballos ao longo do curso.
Procurarase realizar prácticas extramurais de Odontoloxía Comunitaria.
Mª De La Almudena Rodríguez Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- almudena.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Marta Mulero De Caso
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- marta.mulero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Paula Fernandez Riveiro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- paula.fernandez.riveiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 3 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Odontoloxía-Box 2.1 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Castelán | Odontoloxía-Box 2.2 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES03 | Castelán | Odontoloxía-Box 2.3 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES04 | Castelán | Odontoloxía-Box 2.4 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES05 | Castelán | Odontoloxía-Box 2.5 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES06 | Castelán | Odontoloxía-Box 2.6 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES07 | Castelán | Odontoloxía-Box 2.7 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES08 | Castelán | Odontoloxía-Box 2.8 |
20.12.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
20.12.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 4 |
27.06.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
27.06.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |