Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O alumno deberá posuír, ó superar esta materia, unha visión completa do globo ocular e os seus anexos así como dos pares craniais e vías nerviosas implicadas na visión que lle permita acceder á formación clínica, que implica:
1.-Comprender o concepto de Anatomía e Histología e o papel da mesma na súa formación profesional.
2.-Coñecer a terminoloxía anatómica con exactitude.
3.-Coñecer a disposición e organización do contido da cavidade orbitaria.
4.-Coñecer a morfoloxía externa e interna do Sistema Nervioso, especialmente en relación ao Sistema Visual.
5. Coñecer as tendencias actuais e as fontes bibliográficas básicas para o estudo da morfoloxía humana, referida os Sistemas Visual e Nervioso.
6. Comprender os textos científicos e interpretar as ilustracións habituais dos estudos morfológicos.
UNIDADE TEMÁTICA I: Introdución ao estudo da Anatomía Humana. Xeneralidades.
1.Concepto de Anatomía. A súa división. Nómina anatómica. Posición anátómica e eixos e planos do corpo humano.
2.Introdución á Histología Humana. Concepto de tecido. Tecidos básicos.
UNIDADE TEMÁTICA II: APARELLO DA VISIÓN
3.Anatomía topográfica da órbita: Morfoloxía xeral. Antropometría orbitaria. Paredes da órbita. Base e vértice orbitario.
4.Aparello da visión: aspectos xerais do sistema visual.
5.Globo ocular e os seus anexos.
6.Capa Esclero Corneal:
? A córnea. Estrutura. Inervación.
? A esclerótica. Estrutura. Vascularización e inervación.
? Limbo esclerocorneal.
7.Capa músculo ? vascular (Úvea) do globo ocular:
? Coroides propiamente dita.
? Corpo ciliar. Procesos ciliares. Músculo ciliar.
? Iris. Músculo do iris.
? Estrutura da úvea.
? Vascularización e inervación.
8.Rexión do ángulo esclerocorneal. Compoñentes.
9.Túnica nerviosa do globo ocular:
? Mácula e Papila óptica.
? Estrutura da retina.
? Anatomía Funcional.
? Vascularización.
10.Medios refringentes do globo ocular:
? A córnea e cámara anterior. Morfometría e a súa importancia.
? Humor acuoso: formación, circulación e reabsorción.
? O cristalino. Anatomía funcional e clínica. Estrutura.
? Humor vítreo. Anatomía funcional e clínica. Estrutura
11.Musculatura ocular extrínseca:
? Músculos rectos e músculos oblicuos.
? Anatomía Funcional da musculatura ocular no mecanismo da visión.
? Relacións dos músculos orbitarios. Aponeurosis e vainas musculares da órbita. Cápsula de Tenon.
12.Concepto de aparello protector do globo ocular:
? Anatomía das pálpebras. Estrutura. Vascularización e inervación.
? Conjuntiva. Estrutura. Vascularización e inervación.
? Glándulas e vías lacrimales. Estrutura. Vascularización e inervación.
? Cellas.
13.Organización xeral da vascularización do globo ocular e os seus anexos:
? Arterias da cavidade orbitaria.
? Veas da cavidade orbitaria.
? Linfáticos orbitarios.
14. Desenvolvemento embriológico do órgano da visión e os seus anexos. Malformacións congénitas máis frecuentes.
15.Aspectos xerais da organización do Sistema Nervioso.
16.Anatomía funcional da medula espinal. Centros medulares relacionados co aparello da visión.
17.Anatomía funcional do tronco cerebral. Centros tronco-encefálicos relacionados coa visión.
18.Anatomía funcional do diencéfalo. Centros diencefálicos relacionados coa visión.
19.Anatomía funcional do telencéfalo. Areas corticales. Areas corticales relacionadas coa visión.
20.Anatomía funcional dos pares craniais. Clasificación.
21.Concepto de nervio óptico-fascículo óptico. Vainas do nervio óptico.
22.Nervios motores oculares:
? Nervio motor ocular común.
? Nervio patético.
? Nervio motor ocular externo.
23.Organización do sistema sensitivo do globo ocular e os seus anexos. Nervio trigémino.
24.Neuroanatomía do aparello protector do globo ocular. Nervio facial. Bases neuroanatómicas das alteracións do mecanismo protector.
25.Vías ópticas:
? Vía da visión.
? Vías ópticas reflictes.
? Vías da oculomotricidad extrínseca.
26. Sistema oculomotor: circuítos de coordinación.
BOUCHET, A. y CUILLERET, J. Anatomía Descriptiva, Topográfica y Funcional. Cara, cabeza y órganos de los sentidos. Ed. Médica Panamericana. Buenos Aires.
BENNINGHOFF Y DRENCKHALN: Compendio de Anatomía. Ed. Panamericana
FENEIS, H.: Nomenclatura anatómica ilustrada. Ed. Masson. BarcelonaSARAUX, H.; LEMASSON, C.; OFFRET, H.; RENARD G.. Anatomía e Histología del ojo. Ed. Masson. París.
GOSLING, J.A. Anatomía Humana. Texto y Atlas en color. Ed. Interamericana McGraw - Hill. Madrid.
GRAY: Anatomía para estudiantes. Ed. Elsevier
LATARJET-RUIZ LIARD. Anatomía humana, tomos I y II. Ed. Panamericana. México.
NETTER, F.H.(1999). Atlas de Anatomía Humana. Ed. Masson, S.A. Barcelona
SOBOTTA, J.;. Atlas de Anatomía humana. Ed. Panamericana. Madrid.
THIBODEAU, G.A.; PATTON, K.T. Anatomía y Fisiología. Ed. Harcourt Brace. Barcelona.
CD-Rom:
• Sobotta (Anatomía).
• Gray (Anatomía).
• Stevens & Lowe (Histología).
• Wheaters Functional Histology.
COMPETENCIAS
5.5.1.5.1 BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
5.5.1.5.2 TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT3 - Que adquiran capacidade de comunicación oral e escrita na lingua nativa.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Que adquiran capacidades na toma de decisións.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT12 - Que adquiran habilidades nas relacións interpersoais.
CT14 - Que o alumno adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico.
CT15 - Que o alumno manteña un compromiso ético.
CT16 - Que o estudante sexa capaz de realizar un apendizaje autónomo.
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse a novas situacións.
5.5.1.5.3 ESPECÍFICAS
CE4 - Que o alumno sexa capaz de reflexionar criticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica-Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica-Optometría.
CE5 - Que o alumno sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE6 - Que o estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
5.5.1.6 ACTIVIDADES FORMATIVAS
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS PRESENCIALIDAD
Clase de lousa en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia,...). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Inclúense aquí as horas dedicadas a exames. 38 100
Clases con ordenador/laboratorio en grupo reducido:Inclúese aquí a realización de prácticas de Laboratorio. O alumno debe preparar o desenvolvemento da práctica con axuda do profesor e/ou os alumnos titores, realizar as medidas e a correspondente análise de datos. Tamén se inclúen as probas de avaliación se as houbese. 5 100
Tutorías con ordenador/laboratorio en grupo reducido: Considéranse aquí as actividades de proposición e supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría, problemas, exercicios, programas, lecturas ou outras tarefas propostas, presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos sempre que sexa necesario o uso de computador ou o laboratorio por parte dos alumnos. 8 100
METODOLOXÍA DE ENSINO
Escenario 1 A docencia desenvolverase en clases expositivas que consistirán na exposición dos contidos teóricos do programa cunha orientación bibliográfica e clases prácticas e seminarios nas que o alumno desenvolvese, analizará e comprobase os contidos expostos na lección maxistral e adquerirá competencias no campo das habilidades e destrezas (disección anatomíca, realización de debuxos, etc.) Abrirase unha aula virtual para a materia e establecerase un foro de titoría pública.
Escenario 2 Combinarase docencia presencial e en remoto a fin de promover as medidas de distanciamento social en vigor nese momento. Para iso, empregaranse ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3 A docencia será exclusivamente virtual, empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams)”.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Escenarios 1 e 2 As probas finais terán CARÁCTER PRESENCIAL.
-Valoración de coñecementos, aptitudes e habilidades: Proba final. Proba práctica. Asistencia a clase. Preparación e exposición de traballos. Cadernos de prácticas e traballos de prácticas. Tamén poderán utilizarse para avaliación continua os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
- O estudante para aprobar a materia necesitará superar os contidos da parte teórica e da parte práctica por separado. A cualificación final da materia será o resultado da suma da nota do exame teórico (supoñerá un 50% da nota total) e da nota das clases interactivas (un 30% da nota total dos seminarios e un 20% o exame das prácticas de laboratorio)
-O profesor terá en conta a asistencia as clases teóricas e prácticas de cada estudante, de forma que a non asistencia as mesmas supoñerá unha puntuación negativa na cualificación final (a partir de 5 faltas sen xustificar nas clases expositivas ou interactivas comezarase a restar puntuación). O estudante deberá xustificar diariamente a súa asistencia a clase.
- Realizaranse controis teóricos e prácticos da materia que permitirán controlar a asistencia e ter un seguimento do estudante e que contabilizarán en caso de ter que realizar exame en xullo.
-A avaliación continua do estudante durante todo o curso permitirá que aínda que non se examine dunha das partes da materia, clases expositivas e interactivas, conservar esta avaliación ata Julio (figurará como non presentado). Igual se non se presenta a ningunha das partes. A cualificación obtida de seminarios, prácticas e dos controis das clases expositivas será conservada ata Julio.
Escenario 3 As probas finais levarán a cabo empregando recursos que garantan a identificación do alumno, así como o carácter persoal da realización da proba. No caso de que non se dispoña dos medios técnicos que garantan o cumprimento destas premisas recorrerase a unha proba final oral “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
36 horas de estudo individual.
36 horas para a realización de traballos, lecturas e busqueda bibliográfica
18 horas de traballo persoal para a elaboración dos traballos e memorias de prácticas
Total de traballo autónomo: 90 horas
Utilización dos apuntamentos e os Atlas de anatomía recomendados na clase.
Realización de debuxos das estruturas e as súas relacións.
Visualización dos vídeos recomendados nas clases teóricas.
Utilización de programas informáticos específicos da materia.
As titorías terán carácter presencial e/ou telemático e os recursos bibliográficos poderán ser utilizados en versión papel (escenario 1 ) e/ou dixital (2 e 3)
Tanto nos seminarios como nas prácticas é obrigatoria a participación dos alumnos, é por tanto necesaria a preparación previa dos contidos do programa que se desenvolvesen neles.
Para as prácticas cada alumno deberá levar os apuntamentos correspondentes, un atlas de anatomía, material de debuxo, e bata branca de laboratorio
METODOLOXÍA DE ENSINO
Escenario 1 Abrirase unha aula virtual para a materia e establecerase un foro de titoría pública. Escenario 2 Combinarase docencia presencial e en remoto a fin de promover as medidas de distanciamento social en vigor nese momento. Para iso, empregaranse ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3 A docencia será exclusivamente virtual, empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams)”.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Escenarios 1 e 2 As probas finais terán CARÁCTER PRESENCIAL…. Tamén poderán utilizarse para avaliación continua os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3 As probas finais levarán a cabo empregando recursos que garantan a identificación do alumno, así como o carácter persoal da realización da proba. No caso de que non se dispoña dos medios técnicos que garantan o cumprimento destas premisas recorrerase a unha proba final oral “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Maximino Quintans Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812226
- Correo electrónico
- maximino.quintans [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
14.01.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
14.01.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
24.06.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
24.06.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |