Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Matemática Aplicada
Áreas: Astronomía e Astrofísica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O curso ten un carácter práctico pero sen esquecer os mínimos conceptos teóricos esixibles. Neste senso, no desenvolvemento de cada tema, as clases prácticas mesturaranse coas de teoría co obxecto de utilizar inmediatamente os coñecementos obtidos.
Paralelamente o alumnado participará nas distintas actividades de observación astronómica e de gabinete, a fin de familiarizarse cos métodos básicos empregados en Astronomía.
- Leis de Kepler .
- A Terra: forma e movementos.
- A esfera celeste. Sistemas de coordenadas astronómicas.
- Nocións sobre a medida do tempo.
- Obxectos observables.
- Instrumentación astronómica.
- Iniciación á Astrofísica
- ABAD, A.; DOCOBO, J. A. e ELIPE A.: “Curso de Astronomía”, Prensas Universitarias de Zaragoza, Ed.2017.
- ARRANZ, P.: “Guia de campo de las constelaciones” Equipo Sirius 2003.
- BAKULIN, P. I.; KONONOVICH,E. V. e MOROZ, V. I.: "Curso de Astronomía General", Editorial MIR, Moscova, 1985.
- DOCOBO, J. A. y ELIPE, A. “280 problemas resueltos” Ed. 1998.
- GALADI, D. e GUTIERREZ, G.: “Astronomía general: teoría y práctica” Omega 2001.
- GRAY, R. O. and CORBALLY, CH. J. “Stellar spectral classification” Princeton University Press, 2009.
- LING, J. F.: "Coordenadas astronómicas. Medida do tempo". Unidade didáctica 5. Ed. Vicerreitoría de Estudantes ,Cultura e Formación Continua e Servizo de Publicacións da USC 2013.
- MARTINEZ, V. e outros “Astronomía Fundamental” Univ. Valencia 2005.
- ORUS, J. J. e outros: "Astronomía esférica y mecánica celeste" . Pub. Universitat de Barcelona, 2007
- PASACHOFF, J. M.: Astronomy : from the Earth to the Universe Philadelphia [etc.] : Saunders College, cop.1991.
- VORONTOSOV-VELIAMINOV, B.A. : “Problemas y ejercicios prácticos de Astronomía”. Moscú Mir. 1979
As competencias que o alumnado debe adquirir na materia Astronomía Básica, de acordo á memoria oficial de Grao en Óptica e Optometría, son:
Básicas e xerais
Todas: CB1 ,CB2, CB3 ,CB4.CB5 e CG1 (Memoria do Grao en Óptica e Optometría páxina 5)
Transversais
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e de planificación.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Que adquiran capacidade na toma de decisións.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT12 - Que adquiran habilidades nas relacións interpersoais.
CT14 - Que o/a alumno/a adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico.
CT16 - Que o/a estudante sexa capaz de realizar un aprendizaxe autónomo
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse a novas situacións.
CT22 - Que estean motivados pola calidade
Específicas
CE5 - Que o/a alumno/a sexa capaz de expresar opinións, informes e enquisas sempre que sexa necesario.
CE6 - Que o/a estudante poda avaliar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o bo desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o/a estudante poda ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a educación continuada.
Específicas da materia
- Realizar unha primeira toma de contacto cos aspectos básicos da Astronomía.
- Coñecer o instrumental óptico destinado á Astronomía.
- Capacitar o alumnado para a realización de diversas observacións astronómicas.
1.-Introdución. Leis de Kepler, lei da gravitación, tipos de órbitas.(2 horas expositivas)
2. A Terra: forma e dimensións, movementos. Coordenadas xeográficas (2 horas expositivas)
3. A esfera celeste movemento diúrno. Movemento anual. Eclíptica (2 horas expositivas)
4. Coordenadas astronómicas. Medida do Tempo. (5 horas expositivas)
5. Obxectos observables. A Lúa. O Sol. Planetas, satélites e planetas ananos.
Cometas, asteroides e meteoroides. Unidades de distancia (3 horas expositivas)
Estrelas, constelacións e a Vía Láctea. Cúmulos estelares, nebulosas e galaxias (2 horas expositivas)
6. Instrumentación astronómica. Telescopios. Prismáticos. Receptores y accesorios (3 horas expositivas)
7. Radiación electromagnética. Formula de Planck e Lei de Boltzmann.
Lei de Weber-Fechner. (2 horas expositivas)
Magnitudes estelares. Luminosidade. Tipos espectrais. (4 horas expositivas)
Os temas anteriores repartiranse do xeito seguinte:
Parte I, impartida pola profesora Ling, corresponde aos temas 1, 2, 3 e 4
Parte II, impartida polo profesor Tamazian, corresponde aos temas 5, 6 e 7
A docencia darase de xeito presencial no aula co uso de máscaras faciais.
Haberá 4 prácticas a realizar nas instalacións do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, de xeito presencial e atendendo ás medidas de seguridade sanitarias establecidas por devandito centro e a USC.
3 Prácticas nocturnas:
- Observación telescópica de varios obxectos (2 horas laboratorio)
- Manexo de Planisferio e Identificación de constelacións. (2.5 horas laboratorio). Esta práctica adoitase facer nun lugar con ceo escuro, fora do casco urbano, onde hai que desprazarse en autobús.
- Manexo dun telescopio Altacimutal automatizado (1.5 horas laboratorio)
1 Práctica diúrna:
- Montaxe e desmontaxe dun telescopio (2 horas laboratorio)
PARTE I
A cualificación da materia non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua, dándolle a esta última un peso do 30%.
A avaliación continua valorarase segundo os seguintes criterios (cun peso do 10% para cada un deles):
a) Asistencia e participación activa nas clases
b) Entrega de memorias de prácticas.
c) Control liberatorio de materia, para o que deberá obterse unha cualificación igual ou superior a 5 puntos. Tanto o control como o exame final, constará de 10 preguntas curtas, onde cada unha delas valerá 1 punto, aínda que as que se contesten de forma errónea cualificaranse negativamente ata 0,5 puntos.
Parte II
A cualificación final calcularase en base á avaliación continua, sen exame final, e realizarase tendo en conta os criterios seguintes:
a) Asistencia e participación activa nas clases expositivas e prácticas (máx. 1 punto)
b) Elaboración de memorias das prácticas (máx. 1 punto)
c) Traballos voluntarios propostos polo profesor e/ou alumno/a ata un máximo de tres traballos (máx. 4 puntos en total)
d) Control voluntario do contido teórico (máx. 4 puntos)
Para aprobar a materia é obrigatorio asistir ás prácticas da disciplina.
A cualificación da materia terá carácter de “non presentado” cando no estudante déanse todas as seguintes circunstancias: non asistir a máis do 75% das clases expositivas sen causa debidamente xustificada, a máis do 50% das prácticas e non entregar as memorias, non realizar o control de Parte I e non presentarse aos exames finais.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais:
Expositivas: 25
Titorías: 5
Prácticas: 8
Horas non presenciais:
2h á semana (13 semanas) de teoría e problemas
8 h de prácticas
10h preparación exame final
Elaboración dun traballo individual: 20h
Horas de avaliación: 5h
Total volume de traballo: 107 horas
A materia dispón dunha aula virtual (AV) no Campus Virtual da USC, onde as persoas matriculadas teñen acceso directo o material esencial no seguimento da mesma e os recursos multimedia que permiten mellorar a visión espacial de conceptos explicados na aula, así como a posibilidade de poñerse en contacto cos profesores a través das ferramentas de comunicación para resolver dubidas puntuais
Plan de continxencia para a adaptación desta guía ao documento “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021”, aprobado polo Consello de Goberno da USC en sesión ordinaria celebrada o día 19 de xuño de 2020.
Adaptacións correspondentes á metodoloxía do ensino e sistema de avaliación previstas para:
Escenario 2
- A docencia expositiva impartirse na aula da facultade polo profesorado, seguindo as normas de seguridade establecidas pola universidade. Con todo, o alumnado que non desexe asistir de xeito presencial poderá seguir as clases a tempo real a través de MS Teams, co cal reduciríase o aforo no espazo físico.
- As prácticas presenciais realizaranse en quendas alternas con redución de grupos ao 50%. Aínda que algunhas poderanse substituír por outras de contido online (por exemplo “Manexo dun planisferio virtual”)
- O sistema de avaliación será presencial seguindo o esquema descrito no apartado xeral “Sistema de avaliación” (correspondente ao Escenario 1).
- O exame da segunda oportunidade realizarase con carácter presencial. A Parte I de acordo co mesmo formato descrito para o control. A Parte II constará de 2-3 preguntas teóricas (máx. 7 puntos) e un ou dous exercicios (máx. 3 puntos).
Escenario 3
- A docencia expositiva será de carácter telemático.
- As prácticas presenciais serán substituídas pola elaboración de traballos propostos polo equipo docente e/ou algunha práctica de contido online como a citada para o escenario 2.
- O sistema de avaliación levarase a cabo por medios telemáticos (Teams, AV ou correo electrónico).
- O exame da segunda oportunidade realizarase por medios telemáticos. A Parte I de acordo co mesmo formato descrito para o control. A Parte II constará de 2-3 preguntas teóricas (máx 7 puntos) e un ou dous exercicios (máx 3 puntos)
Josefina F. Ling Ling
Coordinador/a- Departamento
- Matemática Aplicada
- Área
- Astronomía e Astrofísica
- Teléfono
- 881815011
- Correo electrónico
- josefinaf.ling [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Vakhtang Tamazian Arzakanyan
- Departamento
- Matemática Aplicada
- Área
- Astronomía e Astrofísica
- Teléfono
- 881815029
- Correo electrónico
- vakhtang.tamazian [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
13.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
28.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |