Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Dotar ao alumnado das técnicas estatísticas indispensables na experimentación en Óptica e Optometría. Capacitalo para a análise de datos e para o razoamento estatístico. Aprender o manexo de software estatístico e da folla de cálculo pola súa propia utilidade e para a resolución de problemas estatísticos.
Tema 1. Estatística descritiva
Introdución á Estatística. Variables. Distribucións de frecuencias. Representacións gráficas. Medidas de posición e de dispersión. Medidas de forma.
Tema 2. Probabilidade
Experimento aleatorio. Espazo mostral. Sucesos. Probabilidade. Probabilidade condicionada. Independencia de sucesos. Regra do produto, lei de probabilidades totais e teorema de Bayes. Sensibilidade, especificidade, valores preditivos positivo e negativo.
Tema 3. Variables aleatorias
Variables aleatorias discretas e continuas. Distribucións de probabilidade: función de masa, función de densidade e función de distribución. Medidas dunha variable aleatoria. Independencia entre variables aleatorias. A distribución binomial e a distribución normal. Aproximación da distribución binomial pola distribución normal.
Tema 4. Estimación e intervalos de confianza
Introdución á Inferencia Estatística. Estimación de parámetros. Intervalos de confianza para a proporción e para a media e a varianza dunha poboación normal.
Tema 5. Contrastes de hipóteses
Introdución. Hipóteses nula e alternativa. Tipos de erros nun contraste de hipóteses. Nivel de significación e potencia dun test. Etapas na resolución dun contraste de hipóteses. O nivel crítico ou "p-valor". Contrastes de hipóteses para unha proporción e para a media e a varianza dunha poboación normal.
Tema 6. Comparación de poboacións
Comparación de dúas medias, con varianzas coñecidas e descoñecidas. Comparación de dúas proporcións. Análise da varianza cun só factor.
Tema 7. Modelos de regresión
Introdución aos modelos de regresión: o modelo lineal simple. Estimación dos parámetros: o método dos mínimos cadrados. Inferencia sobre os parámetros. Descomposición da variabilidade. O test F. Coeficiente de correlación e coeficiente de determinación. Predición.
O profesor distribuirá, a través do curso virtual, apuntamentos adaptados aos contidos do programa. Son suficientes para seguir a materia en calquera escenario.
Recoméndase tamén, con carácter complementario, a consulta dos seguintes libros:
Cao, R. e outros. (2001): “Introducción a la Estadística y sus aplicaciones”, Ed. Pirámide.
Daniel, W.W. (2002): “Bioestadística. Base para el análisis de las ciencias de la salud”, Limusa Wiley.
Milton, J.S. (2007): “Estadística para Biología y Ciencias de la Salud”, McGraw-Hill-Interamericana.
Rosner, B. (2005): “Fundamentals of Biostatistics”, Duxbury Press.
1. BÁSICAS
CB1 - Que os/as estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
2. XERAIS
CG1 - Que os/as estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
3. TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Que adquiran capacidades na toma de decisións.
CT10 - Que saiban traballar nun equipo de carácter interdisciplinario.
4. ESPECÍFICAS
CE6 - Que o/a estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o/a estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
CE13 - Que o/a estudante poida demostrar e implementar métodos de análise crítica, desenvolvemento de teorías e a súa aplicación ao campo disciplinar da Optometría.
Escenario 1 (normalidade adaptada)
• Impartiranse 24 horas expositivas en aula con encerado, onde se aprenderán os contidos teóricos da materia e os procedementos de resolución dos problemas prácticos.
• Inclúense tamén dúas clases interactivas semanais, a maioría (18 horas) en aula de informática (complementada con contidos online), onde se aprenderá o uso de software para a aplicación das técnicas estatísticas. Outras clases interactivas (6 horas) serán en aula con encerado, nas que se resolverán exercicios e se debaterán os conceptos da materia.
• Recolleranse e corrixiranse as tarefas propostas nas actividades interactivas, o que formará parte da avaliación.
• Utilizarase a USC Virtual, para a publicación de apuntamentos, exercicios, utilización de ferramentas de comunicación asíncrona e entrega de actividades.
• O alumnado con dispensa de asistencia a clase deberá preparar os mesmos contidos e actividades, aos que poderá acceder a través do curso virtual.
Escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións)
• Modificase o anterior no sentido de que cando non resulte posible impartir a docencia presencial, será substituída por docencia síncrona a través da plataforma TEAMS, complementada con orientacións e exercicios resoltos no curso virtual.
• A cualificación final será o resultado dun exame final teórico-práctico, que corresponderá ao 70% da cualificación final, e da avaliación das actividades interactivas, que será o 30% restante na cualificación final.
• O exame terá carácter presencial ou telemático dependendo do escenario.
• O alumnado con dispensa de asistencia a clase deberá realizar o exame final de modo presencial (ou, no seu caso, telemático) e enviar as actividades interactivas en soporte electrónico para a súa avaliación.
• Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
En xeral, catro horas adicionais por semana, de estudo e traballo persoal, que complementen a asistencia a clases, deberían resultar suficientes.
Para superar con éxito a materia é conveniente a asistencia ás clases, tanto expositivas como interactivas. Así mesmo, a resolución e revisión dos exercicios propostos ao longo do curso deberán servir para acadar os obxectivos.
Plan de Continxencia
1. No caso de que non resulte posible a docencia presencial, será substituída por docencia síncrona a través da plataforma TEAMS, complementada con orientacións e exercicios resoltos no curso virtual.
2. O exame final terá carácter presencial ou telemático dependendo do escenario.
Luis Coladas Uria
Coordinador/a- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813218
- Correo electrónico
- luis.coladas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 3 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula de Informática |
11:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 3 |
11:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula de Informática |
Venres | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 3 |
10:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula de Informática |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula de Informática |
19.05.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
19.05.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
05.07.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
05.07.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |