Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Todos os escenarios
Coñecer os parámetros e modelos oculares.
Coñecer o ollo como detector de enerxía radiante.
Coñecer os aspectos espaciais y temporais da visión.
Coñecer e comprender os factores que limitan a calidade da imaxe retiniana e da imaxe percibida.
Coñecer e aplicar as técnicas de avaliación da calidade da imaxe retiniana e da imaxe percibida.
Ser capaz de realizar probas psicofísicas para determinar os niveis de percepción visual.
Programa teórico:
Todos os escenarios
Bloque I: O ollo como sistema óptico
Tema 1 Formación de imaxe: modelos esquemáticos de ollo
1. Introdución
2. Tipos de modelos esquemáticos de ollo
3. Ollo teórico completo de Le Grand non acomodado
4. Outros modelos de ollo esquemático
5. Ollo emétrope e amétrope
6. Ollo acomodado
Tema 2 Acomodación
1. Estímulo da acomodación
2. Ollo non acomodado: punto remoto
3. Ollo acomodado: punto próximo
4. Zona de visión nítida
5. Medida da acomodación. Amplitude de acomodación
6. Variacións da amplitude de acomodación coa idade: presbicia
7. Afacia
Tema 3 Imaxes retinianas
1. Introdución
2. Tamaño da imaxe retiniana dun obxecto puntual
3. Tamaño da imaxe retiniana dun obxecto extenso
4. Profundidade de campo
Tema 4 Ametropías esféricas
1. Introdución
2. Fundamentos da compensación de ametropías
3. Corrección con lente delgada
4. Corrección da presbicia
5. Corrección con lente grosa
6. Corrección con lente de contacto
7. Visión baixo a auga
Tema 5 Ametropías astigmáticas
1. Introdución
2. Lentes astigmáticas
3. O feixe astigmático
4. Astigmatismo ocular
5. Imaxes retinianas. Ampliación de lente
Bloque II: O ollo como detector de imaxes
Tema 6 Características básicas do sistema detector
1. A retina humana
2. Fotometría
3. Iluminación retiniana
4. Limiares de luminancia
Tema 7 Visión espacial: características, mecanismos e límites
1. Introdución
2. Resolución espacial
3. Calidade de imaxe retiniana
4. Mostraxe espacial e detección nos fotorreceptores
5. Mecanismos da visión espacial
6. Visión de formas
7. Ilusións ópticas
Tema 8 Visión temporal
1. Introdución
2. Estímulos breves
3. Estímulos periódicos
4. Percepción do movemento
Tema 9 Visión cromática
1. Percepción cromática
2. Espazo tricromático
3. Base fisiolóxicas da visión cromática
4. Anomalías da visión cromática
5. Test para detectar as anomalías
Programa práctico:
Escenario 1 e 2
-Estudio do efecto das ametropías e correccions sobre a calidade da imaxe retiniana en ollo artificial.
-Probas de visión de color en ollos reais.
-Observación da PSF ocular
Escenario 3
O alumnado recibirá instrucións a través da Aula Virtual da materia, para a realización de experiencias prácticas sinxelas, nos seus domicilios. Deberán enviar un informe escrito das experiencias realizadas en formato pdf.
Aguilar, M. et al: "Optica Fisiológica" U. Politecnica de Valencia. 1996
Arne Valberg: Light vision color. John Wiley & Song Ltd. 2005
Artigas, J.M. et al: "Optica Fisiológica. Psicofisica de la vision" Interamericana McGraw-Hill. 1995
Atchison, D.A. et al : "Optics of the human eye”. Butterworth-Heinemann, Melbourne, 2000
Le Grand, Y. : " Optica Fisiológica". S.E.D.O. 1999
Romero, J. et al: "Curso Introductorio a la Optica Fisiológica". Ed Comares. 1996
Schwartz, S.H. : "Visual Perception: A Clinical Orientation". McGraw-Hill Medical. 2010
Tunnacliffe, A. : "Introduction to Visual Optic". ABDO. 2001
Wyszecki, G. et al : “Colour science: concepts and methods, quantitative data and formulae”. John Willey & Sons. 1982.
Material bibliográfico electrónico:
No momento de aprobar esta programación docente, ante a perspectiva dun posible escenario 2 ou 3, está a solicitarse a adquisición de novo material bibliográfico electrónico; por iso, o profesorado da materia especificará no Campus Virtual que material bibliográfico pode atopase en formato electrónico na biblioteca da USC cando estean dispoñibles os fondos, así como outros recursos como páxinas webs, blogues etc.
Todos os escenarios
BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT12 - Que adquiran habilidades nas relacións interpersoais.
CT14 - Que o alumno adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico.
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse a novas situacións.
CT18 - Que sexan creativos.
ESPECÍFICAS
CE4 - Que o alumno sexa capaz de reflexionar críticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica- Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica- Optometría.
CE5 - Que o alumno sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE6 - Que o estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
CE11 - Que o estudante saiba situar a información nova e a interpretación desta no seu contexto.
Escenario 1
Clases teóricas e de seminarios presenciais , para desenvolver de forma lóxica e consistente o programa docente da materia, mostrando a súa relación con outras materias da titulación e procurando fomentar a participación activa dos alumnos.
A aula Virtual empregarase como ferramenta de comunicación, intercambio de documentos e información.
Nas clases interactivas de laboratorio os grupos redúcense ao 50%.
As titorías poden ser presenciais ou telemáticas con cita previa.
Escenario 2
Clases teóricas e de seminarios presencial e telemática en quendas alternas con redución dos grupos ao 50%
A aula Virtual empregarase como ferramenta de comunicación, intercambio de documentos e información.
Nas clases interactivas de laboratorio os grupos redúcense ao 50%.
As titorías poden ser presenciais ou telemáticas con cita previa.
Escenario 3
A docencia será totalmente telemática. As clases serán síncronas e respectarán o horario oficial.
As titorías serán telemáticas con cita previa.
CUALIFICACIÓN FINAL: a cualificación final corresponderase nun 85% coa cualificación da/s proba/s teóricas e nun 15% á cualificación das prácticas de laboratorio, unha vez superadas ambas as partes de forma independente.
AVALIACIÓN TEÓRICA: A avaliación da parte teórica pode facerse de dous modos:
-Avaliación Continua: Os alumnos que asistan regularmente ás clases presenciais (asistencia mínima acreditada mediante firma do 80%) poderán ser avaliados mediante exames parciais. Para aprobar a parte teórica con esta modalidade é imprescindible obter en cada un dos exames parciais unha nota mínima de 4 sobre 10, e unha nota media ponderada igual ou superior a 5 sobre 10. En caso contrario a avaliación continua considérase suspensa.
A cualificación de aprobado ou superior na avaliación continua exime da obrigación de presentarse ao exame final.
-Exame Final: Os alumnos que non superasen a avaliación continua, os que teñen dispensa de asistencia, e os que voluntariamente opten por esta modalidade de avaliación, teñen dereito a ser avaliados mediante un exame final escrito nas datas aprobadas oficialmente polo centro.
AVALIACIÓN DAS PRÁCTICAS: A cualificación da parte práctica basearase no informe de prácticas que o alumno debe elaborar e presentar (por escrito e/ou en defensa oral) e na súa participación activa no laboratorio (avaliación continua). A asistencia a todas as sesións de laboratorio é condición necesaria para aprobar a materia.
De non superar a materia na oportunidade ordinaria de febreiro, conservarase a nota das prácticas para a oportunidade de xullo e no seu caso para a convocatoria extraordinaria correspondente a ese curso académico.
Na oportunidade de xullo e na convocatoria extraordinaria, o alumno con prácticas suspensas deberá, segundo indicación do profesor/a, ou ben refacer o informe de prácticas ou ben realizar un exame práctico que terá lugar o mesmo día que o exame teórico.
Horas presenciais: 51
Horas de traballo persoal: 99
Plano de contixencia derivado da covid-19
Nos distintos escenarios previsibles aplicaranse as normas vixentes en cada momento, incluíndo o "Acordo da Comisión de Asuntos Económicos, Administración, Servizos e Espazos (15/07/2020) da Facultade de Óptica e Optometría, en relación a metodoloxía docente para o próximo curso, tendo en conta as “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021”", ou disposicións que o substitúan.
Con carácter xeral, no escenario 3 a avaliación será continua, e a cualificación teórica estará baseada nun 20% na asistencia a clase ata o momento no que a docencia presencial fose suspendida (ou nun traballo escrito sustitutorio da mesma, a xuízo do profesor responsable) e no 80% restante ás tarefas encargadas polo profesor responsable da materia, que poderán incluír a entrega de traballos específicos e/ou de problemas resoltos, en proporción variable.
A porcentaxe na nota final da avaliación teórica e práctica non se modifica.
No escenario 2, en función da evolución da situación e a xuizo do profesor responsable, poderán aplicarse de forma total ou parcial estes criterios.
Rosa María González Fernández
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813518
- Correo electrónico
- rosa.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Salvador Xurxo Bara Viñas
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813525
- Correo electrónico
- salva.bara [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 2 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 4 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
18.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
18.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
12.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
12.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |