Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Segundo do plan de estudos:
- Coñecer a composición e a estrutura das moléculas que forman os seres vivos.
- Coñecer a estrutura celular, o desenvolvemento embrionario e a organoxénese.
- Estudar as bases moleculares do almacenamento e da expresión da información biolóxica.
- Coñecer e manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
TEMA 1.- Introdución. Breve historia da Citoloxía e Histoloxía. A Teoría Celular. A Citoloxía e Histoloxía actual e a súa relación con outras ciencias (0,5 horas).
TEMA 2.- Organización estrutural dos seres vivos. Células e tecidos (1 hora).
Membrana plasmática (3 horas).
TEMA 3.- Composición e estrutura da membrana plasmática.
TEMA 4.- Intercambios da célula co medio externo I. Transporte de pequenas moléculas e ións a través da membrana plasmática.
TEMA 5.- Intercambios da célula co medio externo II. Transporte de macromoléculas e partículas.
O núcleo, ribosomas e mecanismos xenéticos (6 horas).
TEMA 6.- Organización estrutural do núcleo celular interfásico.
TEMA 7.- Cromatina e cromosomas.
TEMA 8.- Replicación. Transcrición.
TEMA 9.- Ribosomas e síntese de proteínas.
Variabilidade dos seres vivos (1 hora).
TEMA 10.- Mutacións. Xenética de poboacións.
Sistemas de endomembranas (4 horas).
TEMA 11.- Retículo endoplasmático.
TEMA 12.- Aparato de Golgi.
TEMA 13.- Sistema lisosomal e vacúolos.
Conversión da enerxía (3,5 horas).
TEMA 14.- Mitocondrias.
TEMA 15.- Plastos.
TEMA 16.- Peroxisomas.
Citosol.
TEMA 17.- O citosol. Inclusións citoplamáticas (0,5 horas).
Motilidade celular e citoesqueleto (4 horas).
TEMA 18.- Citoesqueleto. Microfilamentos.
TEMA 19.- Microtúbulos.
TEMA 20.- Filamentos intermedios.
O ciclo celular e a división celular (3,5 horas).
TEMA 21.- O ciclo celular eucariota.
TEMA 22.- División celular.
TEMA 23.- Meiose.
Determinación, diferenciación e morte celular (3,5 horas).
TEMA 24.- Determinación e diferenciación celular.
TEMA 25.- Avellentamento e morte celular.
Relación das células entre si e co medio (3,5 horas).
TEMA 26.- Sinalización celular.
TEMA 27.- Matriz extracelular e unións intercelulares.
TEMA 28.- A parede celular vexetal.
Sistema inmunitario (3 horas).
TEMA 29.- Características e funcionalidade das moléculas, células e tecidos implicados na resposta inmunitaria. Resposta inflamatoria local.
TEMA 30.- Mecanismos de defensa fronte a axentes infecciosos.
Alteracións do sistema inmunitario e as súas manifestacións oculares.
TEMA 31.- Manifestacións oculares nos procesos alérxicos.
TEMA 32.- Manifestacións oculares nas enfermidades autoinmunitarias.
TEMA 33.- Manifestacións oculares nas inmunodeficiencias.
Sistema visual nos animais.
TEMA 34.- Sistema visual e visión nos animais non mamíferos.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
PRÁCTICA 1.- Práctica laboratorio. Libros de texto na rede. Páxinas na rede relacionadas coa Bioloxía Celular. Manexo do microscopio óptico. Observación de orgánulos celulares: aparato de Golgi en neuronas dun ganglio raquídeo.
PRÁCTICA 2.- Práctica de laboratorio. Observación de orgánulos celulares: retículo endoplasmático en motoneuronas da medula espiñal. Observación e interpretación de micrografías electrónicas de distintos orgánulos celulares.
PRÁCTICA 3.- Práctica de laboratorio. Procesado de mostras biolóxicas para a súa observación ao microscopio óptico e electrónico. Observación de seccións de ollo de troita e da mitose en seccións da raíz da cebola.
SEMINARIOS
Cada alumna/o, co seu respectivo grupo, elaborará obrigatoriamente un seminario sobre os catro últimos temas do temario. É dicir, cada alumna/o traballará en grupo para preparar un seminario durante o curso.
O profesor suministrará ou indicará onde localizar a materia que terá que ser procesada para realizar o seminario (revisións científicas, libros, páxinas na rede).
Recomendada como texto.
COOPER, G. M.; HAUSMAN, R.E. (2017). La Célula. 7ª ed. Editorial Marbán, Madrid.
Outros libros recomendados.
ALBERTS, B.; BRAY, D.; HOPKIN, K.; JOHNSON, A.; LEWIS, J.; RAFF, M.; ROBERTS, K.; WALTER, P. (2011). Introducción a la Biología Celular. 3ª ed. Editorial Médica Panamericana, México.
ALBERTS, B.; JOHNSON, A.; LEWIS, J.; MORGAN, D.; RAFF, M.; ROBERTS, K.; WALTER, P. (2016). Biología Molecular de la Célula. 6ª edición. Editorial Omega, Barcelona.
IWASA, J.; MARSHALL, W. (2019). Karp Biología celular y molecular: conceptos y experimentos. 8ª ed. MacGraw-Hill Interamericana, México.
LODISH, H.; BERK, A.; KAISER, C.A.; KRIEGER, M.; BRETSCHER, A.; PLOEGH, H.; AMON, A.; SCOTT, M.P. (2016). Biología celular y molecular. 7ª ed. Editorial Médica Panamericana, Buenos Aires.
Técnicas.
MONTUENGA, L.; ESTEBAN, F.J.; CALVO, A. (2009). Técnicas en Histología y Biología Celular. Editorial Elsevier Masson, Barcelona.
KIERNAN, J.A. (2008). Histological and Histochemical Methods. Theory and Practice. 4º ed. Scion Publishing Limited, Oxfordshire.
Revistas.
- Investigación y Ciencia.
- Mundo Científico.
- Nature.
- Nature Cell Biology.
- Science.
- Current Biology.
- Current Opinion in Cell Biology.
- International Review of Cytology.
- Cell.
- Journal of Cell Biology.
Competencias básicas
CB1 - Que o/a estudante demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se soe encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda de seu campo de estudo.
CB2 - Que o/a estudante saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o/a estudante teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o/a estudante poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público, tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o/a estudante teña desenvolvidas aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG1 - Que o/a estudante teña capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros más específicos, os principios de respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e, os valores democráticos e dunha cultura de paz.
Competencias específicas
CE5 - Que o/a estudante sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE9 - Que o/a estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
CE11 - Que o/a estudante saiba situar a información nova e a interpretación desta no seu contexto.
CE13 - Que o/a estudante poida demostrar e implementar métodos de análise crítico, desenvolvemento de teorías e a súa aplicación ao campo disciplinar da Optometría.
Competencias transversais
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT10 - Que saiban traballar nun equipo de carácter interdisciplinar.
CT14 - Que o/a estudante adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico.
CT15 - Que o/a estudante manteña un compromiso ético.
Utilizaranse:
- Clases maxistrais.
- Seminario obrigatorio realiazado polo alumnado. O alumnado traballará en grupos de 3 e presentará por escrito, a través do Campus Virtual da USC, o traballo realizado sobre os 4 últimos temas do temario.
- Prácticas de laboratorio. Faranse grupos de prácticas ata completar 6 h de prácticas de laboratorio por grupo.
- Titoría obrigatoria (unha titoría de 1 h).
Seguindo o plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 21-22 debido á situación xerada pola COVID-19, o tipo de docencia está elaborada tendo en conta o escenario 1:
Escenario 1: Normalidade adaptada.
As clases expositivas, seminarios e titoría terán carácter presencial.
As prácticas serán presenciais. No caso de que nos grupos de prácticas se decida optar por quendas rotatorias máis curtas, garantirase polo menos un 50% das horas de prácticas.
- O alumnado debe superar un exame dos contidos explicados nas clases maxistrais que representará o 60% da nota final. Realizarase, se o permite o calendario, un parcial que se se supera, elimina a materia das probas oficiais establecidas en cada ano académico. A nota será un promedio dos exames superados realizados. O aprobado está en 5 sobre 10.
Competencias avaliadas: CB1, CB5, CG1, CE5, CE9, CE11, CT1, CT2, CT14, CT15.
- O alumnado tamén debe realizar obrigatoriamente o seminario, o que suporá o 20% da nota final. Realizarase un exame da materia preparada no seminario ou unha avaliación mediante rúbrica. Deste 20%, a nota do exame ou da rúbrica representará o 14% e a nota do traballo entragado polo grupo o 6%. A nota final do seminario será a suma de ambalas dúas notas. A non asistencia aos seminarios tamén se terá en conta.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CE5, CE9, CE11, CE13, CT1, CT2, CT6, CT7, CT9, CT10, CT14, CT15.
- Así mesmo, é obrigatoria a asistencia a prácticas, sendo necesaria para a superación das mesmas. Realizarase un exame das prácticas que determinará o 12% da nota final.
Competencias avaliadas: CB2, CB3, CB5, CG1, CE5, CE11, CE13, CT2, CT5, CT6, CT7, CT14, CT15.
- A asistencia a clase e a participación a través do Campus Virtual tamén se terán en conta e suporá o 8% da nota final.
Competencias avaliadas: CB2, CB4, CB5, CG1, CE5, CE9, CE11, CE13, CT2, CT5, CT6, CT7, CT14, CT15.
- Unha vez superado o exame (nas probas oficiais ou por parciais) dos contidos explicados nas clases maxistrais sumaránse as cualificacións obtidas no seminario, prácticas e asistencia-participación.
- Se non se realiza o seminario ou non se fan as prácticas, non se poderá superar esta materia.
- A non asistencia á titoría obrigatoria terase en conta na nota final.
- O alumnado repetidor non terá que facer as prácticas nin o seminario se xa os realizaron nos anos anteriores. Aínda que repetirá as prácticas e o seminario se así o considera e se quere superar (ou baixar) a nota que xa ten, poderá facer o exame de prácticas e/ou do seminario.
Seguindo o plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 21-22 debido á situación xerada pola COVID-19, o sistema de avaliación está elaborado tendo en conta o escenario 1:
Escenario 1: Normalidade adaptada.
Todos os exames serán presenciais.
- Teoría: 37 horas presenciais e 71 horas de traballo persoal.
- Titoría obrigatoria e preparación de seminarios: 8 horas presenciais e 22 horas de traballo persoal.
- Prácticas de laboratorio: 6 horas presenciais e 2 horas de traballo persoal.
- Realización de exames: 4 horas presenciais.
- Total de horas de traballo presencial na aula: 55 horas.
- Total de horas de traballo persoal: 95 horas.
- Asistencia e participación activa na clase.
- Por cada hora de clase unha hora de estudo, empregando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase (é fundamental que a hora de estudo sexa o máis próxima posible á hora de clase).
- Estudo e revisión semanal da materia dada.
- Aclaración co profesor de posibles dúbidas.
- Repaso para o exame final.
Plan de continxencia:
Adaptacións correspondentes aos escenarios 2 e 3:
Escenario 2: distanciamento, restricións parciais á presencialidade física.
Clases expositivas, seminarios e titoría: semipresenciais por quendas (metade do alumnado presencial e metade do alumnado vía telemática síncrona a través de Teams).
As prácticas serán presenciais con quendas rotatorias máis curtas nos grupos de prácticas para garantir polo menos un 50% das horas de prácticas.
Todos os exames serán presenciais. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Escenario 3: Peche das instalacións.
Toda a docencia realizarase en liña a través de Teams.
Todos os exames serán en liña no Campus Virtual. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O sistema de avaliación aplicable para os escenarios 2 e 3 será como o indicado para o escenario 1.
Manuel Noia Guldrís
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816948
- Correo electrónico
- manuel.guldris [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna |
21.12.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
21.12.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
21.12.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
21.06.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
21.06.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |