Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Proporcionar os coñecementos necesarios para seleccionar adecuadamente as técnicas e probas de avaliación psicolóxica dentro do proceso de avaliación.
2. Presentar as principais orientacións e instrumentos de avaliación no campo da intelixencia.
3. Presentar as principais orientacións e instrumentos de avaliación no ámbito da personalidade.
4. Presentar os métodos de avaliación máis importantes para distintos trastornos psicolóxicos.
5. Presentar as peculiaridades do proceso de avaliación no contexto educativo e das organizacións.
Programa teórico:
Bloque I: Coordenadas e contextos da avaliación psicolóxica
Tema 1. A natureza, uso e valor das probas psicolóxicas
Tema 2. O proceso de avaliación en diferentes ámbitos
Bloque II: Avaliación de capacidades básicas
Tema 3. Avaliación da intelixencia
Tema 4. Avaliación da personalidade
Tema 5. Avaliación da motivación
Bloque III. Avaliación no ámbito clínico: algúns trastornos psicolóxicos
Tema 6. Avaliación dos trastornos de ansiedade
Tema 7. Avaliación dos trastornos do espectro esquizofrénico
Bloque IV: Avaliación no ámbito escolar e das organizacións
Tema 8. Avaliación no contexto educativo
Tema 9. Avaliación no ámbito das organizacións
Manuais de referencia:
• Alonso Tapia, J. (2011). Evaluación psicológica: Coordenadas, contextos, procesos y garantías. Madrid: Ediciones UAM.
• Caballo, V. E. (2016). Manual para la evaluación clínica de los trastornos psicológicos. Estrategias de evaluación, problemas infantiles y trastornos de ansiedad. Madrid: Pirámide.
• Caballo, V. E. (2019). Manual para la evaluación clínica de los trastornos psicológicos. Trastornos de la edad adulta e informes psicológicos. Madrid: Pirámide.
• Cohen, R. J. & Swerdlik, M. E. (2018). Psychological testing and assessment. An introduction to tests and measurement (ninth edition). New York: McGraw Hill Education.
Referencias complementarias:
• Aiken, L.R. (2003). Tests psicológicos y evaluación. México. Prentice Hall.
• Anastasi, A. y Urbina, S. (1998). Tests psicológicos. Mexico: Prentice Hall.
• Angera, M. T., Chacon, S. y Blanco, A. (2008). Evaluación de programas sociales y sanitarios. Madrid: Síntesis.
• Buela, G. y Sierra, J. C. (1997). Manual de evaluación psicológica. Madrid: Siglo XXI.
• Cohen, R. J. y Swerdlik, M. E. (2000). Pruebas y evaluación psicológica Introducción a las pruebas y a la medición (sexta edición). México: McGraw-Hill Interamericana.
• Del Barrio, V. (2010). Evaluación psicológica aplicada a diferentes contextos. Madrid: UNED.
• Fernández Ballesteros, R. (2005). Introducción a la evaluación psicológica II. Madrid: Pirámide.
• Fernández Ballesteros, R. (2011). Evaluación psicológica. Conceptos, métodos y estudio de casos. Madrid: Pirámide.
• Kirchner, T., Torres, M. y Forns, M. (2007). Evaluación psicológica: modelos y técnicas. Barcelona: Paidós.
• Moreno Rosset, C. (2005). Evaluación Psicológica. Concepto, proceso y aplicación en las áreas del desarrollo y de la inteligencia. Madrid: Sanz y Torres.
• Muñoz, M. (2014). Manual práctico de evaluación psicológica clínica. Madrid: Pirámide.
• Muñoz, M., Roa, A., Pérez, E., Santos-Olmo, A. B. y de Vicente, A. (2002). Instrumentos de evaluación en salud mental. Madrid: Pirámide.
• Sternberg, R. J. y Detterman, D. K. (Eds.) (2004). ¿Qué es la inteligencia?: Enfoque actual de su naturaleza y definición. Madrid: Pirámide.
Xerais da titulación:
• Que os estudantes teñan a capacidade para reunir e interpretar datos relevantes relativos ao comportamento humano, para emitir xuízos fundamentados sobre problemas de orde psicolóxica.
• Poder identificar as características relevantes do comportamento mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
• Ser capaces de transmitir información sobre ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas ao comportamento humano a un público tanto especializado como non especializado.
• Saber utilizar as fontes documentais relevantes en Psicoloxía, con capacidade de síntese e de análise crítica.
• Elaborar informes psicolóxicos dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
Específicas da materia:
• Saber planificar a avaliación de persoas e intervencións en distintos ámbitos de intervención psicolóxica.
• Ser capaz de seleccionar e administrar técnicas e instrumentos de avaliación psicolóxica no campo da intelixencia e a personalidade, así como de interpretar e informar sobre os resultados desas probas.
• Ser capaz de avaliar diferencias, problemas e necesidades dos destinatarios en diferentes ámbitos de aplicación.
• Adquirir coñecementos sobre as peculiaridades do proceso de avaliación orientado á selección e clasificación de persoas en distintos contextos de actuación psicolóxica.
• Adquirir coñecementos sobre as peculiaridades do proceso de avaliación orientado á avaliación clínica dos trastornos psicolóxicos.
• Adquirir coñecementos sobre as peculiaridades do proceso de avaliación nos contextos educativos e das organizacións.
• Coñecer e comprender o proceso de avaliación orientado ao deseño e avaliación de programas e intervencións nos distintos contextos de actuación psicolóxica.
• Respectar os dereitos das persoas e as obrigas deontolóxicas no proceso de avaliación psicolóxica.
A materia teórica será impartida durante o primeiro semestre ao longo de dúas horas de clase á semana. Nas clases levarase a cabo unha exposición teórica dos temas, así como debates e discusións de lecturas relacionadas co temario. As presentacións dos temas realízanse sobre material dispoñible para os estudantes a partir de diferentes capítulos de libros de texto e explícanse co apoio dos medios audiovisuais dispoñibles nas aulas.
As clases interactivas levaranse a cabo en sesións de hora e media nas que se traballará sobre distintos aspectos prácticos da materia. Nalgúns casos o traballo na aula deberá ser complementado con traballo non presencial para realizar a actividade proposta.
Como apoio á materia estará dispoñible para todos os alumnos unha Aula Virtual no Campus Virtual da USC. Neste espazo poderase atopar material de apoio relevante para a materia, foros de debate sobre temas relevantes, ferramentas de comunicación cos profesores e entre os alumnos da materia.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que permitan adaptacións a escenarios de ensino telemáticos ou de semipresencialidade (ver Observacións).
A avaliación dos contidos teóricos da materia realizarase a través dunha proba obxectiva consistente nun exame de 40 preguntas tipo test con catro opcións de resposta. O exame final terá lugar nas datas e lugar establecidos oficialmente. Esta proba representa un 60% da nota final da materia.
O sistema de avaliación complementarase cun sistema de avaliación continua para o cal se terá en conta a participación dos alumnos nas actividades que se vaian realizando ao longo do curso nas clases teóricas e prácticas, así como na Aula Virtual da materia. Este sistema de avaliación representará un 40% da nota final da materia.
Para superar a materia terase que conseguir unha nota mínima de 4,5 (sobre 10) na proba obxectiva e ter completado e entregado polo menos a metade das tarefas propostas no bloque interactivo.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan adaptacións a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
Ademais da asistencia ás horas de clases expositivas e ás clases prácticas, estímase que o tempo de traballo persoal do estudante requirido para superar a materia é de 80 horas.
- Asistir regularmente ás actividades presenciais da materia.
- Participar e implicarse activamente nas clases.
- Levar ao día a materia e realizar as actividades que se programen.
- Ter coñecementos xerais da avaliación psicolóxica (ter superada a materia Avaliación Psicolóxica I).
Plan de continxencia:
* Metodoloxía da ensinanza: Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, ou inclusive poderán ser eliminados do temario que será obxecto de avaliación; calquera destas circunstancias será debidamente informada a través do Campus Virtual da materia. En caso de requirirse docencia telemática (tanto expositiva como interactiva) poderán empregarse as ferramentas Teams (para docencia síncrona) e o Campus Virtual (para docencia asíncrona). As actividades levadas a cabo a través do Campus Virtual serán obxecto de seguimento, realizando unha programación das entregas, controlando o nivel de participación do alumnado e outorgando unha cualificación ás diferentes tarefas que se expoñan.
* Sistema de avaliación en escenarios 2 (docencia semipresencial) ou 3 (docencia en remoto):
- Avaliación teórica: O exame final terá lugar telemáticamente coa ferramenta "Cuestionario" do Campus Virtual. Consistirá nunha proba obxectiva de 30 ítems e dúas opcións de resposta (verdadeira / falsa). Realizarase de xeito síncrono na data establecida polo Decanato (nos casos de probas fraudulentas aplicarase o disposto na "Avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión das cualificacións"). Esta proba obxectiva ten un peso na nota final do 60%.
- Avaliación de prácticas: As actividades relacionadas coas sesións interactivas e os traballos propostos a través da aula virtual, pesarán un 40% se estamos en escenarios de ensino semipresencial ou telemático (2 ou 3). Nestas circunstancias, as tarefas interactivas realizadas anteriormente no escenario 1 (presencial) terán o mesmo peso que as tarefas realizadas e entregadas a través do Campus Virtual nos escenarios 2 ou 3.
Estrella Romero Triñanes
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813921
- Correo electrónico
- estrella.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luis Fernandez Rios
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Correo electrónico
- luis.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Jose Santiago Mariño
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813775
- Correo electrónico
- mariajose.santiago [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Paula Villar Torres
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813920
- Correo electrónico
- paula.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-09:50 | Grupo B (M-Z) | Castelán | Aula 9 |
11:00-11:50 | Grupo A (A-L) | Castelán | Aula 8 |
Xoves | |||
10:00-10:50 | Grupo B (M-Z) | Castelán | Aula 9 |
11:00-11:50 | Grupo A (A-L) | Castelán | Aula 8 |
22.01.2021 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 1 |
22.01.2021 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 1 |
22.01.2021 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 5 |
22.01.2021 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 5 |
22.01.2021 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 6 |
22.01.2021 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 6 |
22.01.2021 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 7 |
22.01.2021 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 7 |
01.07.2021 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 4 |
01.07.2021 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 4 |
01.07.2021 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 5 |
01.07.2021 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 5 |
01.07.2021 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 6 |
01.07.2021 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 6 |