Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer as bases neuroquímicas das accións dos fármacos sobre a conducta
• Identificar os principais grupos de psicofármacos, coñecer os seus mecanismos de acción, as súas accións farmacolóxicas principais e os seus usos terapéuticas
• Manexar as fontes de información e documentación sobre psicofármacos para facer posible a actualización dos coñecementos adquiridos
CONTIDOS TEÓRICOS
1. Introducción a farmacoloxía do comportamento. Aspectos xerais.
Bases neuroquímicas dos efectos conductuais dos fármacos
2. Farmacoloxía do comportamento emocional e motivado
Depresión e fármacos antidepresivos
Ansiedade e fármacos ansiolíticos
Farmacoloxía do sono e dos estados de alerta
Fármacos para o trastorno obsesivo compulsivo
3. Farmacoloxía das funcións cognitivas e da interacción persoal co medio
Psicoses e fármacos antipsicóticos
Farmacoloxía da memoria, aprendizaxe e funcións cognitivas
Demencias e farmacoloxía das doenzas neurodexenerativas
ASPECTOS PRÁCTICOS
1. Coñecementos prácticos xerais sobre fármacos e drogas
Xenéricos e fórmulas. Presentacións.
Documentación sobre fármacos. Uso do vademecum
Tipificación legal. Receita e dispensa de fármacos
Sistemas de farmaco-vixiancia
2. Principios de farmacocinética. Vías de administración. Dosificación de fármacos
3. Introdución á terapéutica psicofarmacolóxica.
LIBROS DE TEXTO RECOMENDADOS:
• STAHL, S.M. (2014): PSICOFARMACOLOGÍA ESENCIAL DE STAHL. BASES NEUROCIENTÍFICAS Y APLICACIONE PRÁCTICAS. 4ª ED. MADRID. ED. UNED UNIVERSIDAD NACIONAL DE EDUCACION A DISTANCIA
• SILBERSTEIN, S.D.; MARMURA, M.J.; STAHL, S.M. (AS.ED.) (2010): NEUROFARMACOLOGÍA ESENCIAL. GUIA DE PRESCRIPCIÓN. MADRID. AULA MEDICA
• STAHL, S.M. (2009): PSICOFARMACOLOGÍA ESENCIAL. BARCELONA, ARIEL
Facilitarase bibliografía temática complementaria ao longo do curso
COMPETENCIAS QUE FIGURAN ENTRE AS PROPIAS DA TITULACIÓN AS QUE ESTA MATERIA CONTRIBUIRÁ:
Coñecer as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía
Coñecer os fundamentos biolóxicos da conduta humana e das funcións psicolóxicas
Coñecer os distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo-
Identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas da actuación psicolóxica
Promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria
Definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os seus resultados
Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía
COMPETENCIAS MAIS ESPECÍFICAS DA MATERIA
• Complementar a formación troncal da titulación para a definición, articulación e resolución de problemas de índole psicolóxica e a intervención en ámbitos específicos.
• Desenvolver as competencias transversais comúns ao conxunto da titulación.
• Coñecer as bases neuroquímicas das accions dos fármacos e das drogas de abuso sobre a conduta.
• Identificar os principais grupos de psicofármacos, coñecer os seus mecanismos de acción, as súas accions farmacolóxicas principais e so seus usos terapéuticos.
• Adquirir os coñecementos básicos sobre os psicofármacos e as drogas de abuso que permitan informar ao destinatario sobre os seus efectos, deseñar e aplicar o plan de intervención pertinente en cada caso e contexto e facer previsión das implicacions no entorno correspondente (clínico, educativo, laboral, social).
• Manexar as fontes de información e documentación sobre psicofármacos e drogas de abuso para facer posible a actualización dos coñecementos adquiridos.
Relación actividades/competencias:
Prográmanse clases de tipo expositivo para presentar e explicar os contidos do programa, que se complementan con sesións de carácter máis activo por parte dos e as estudantes como algún debate sobre implicacións do uso e abuso de fármacos; prácticas para traballar con materiais específicos, manexo de fontes de información. Organízanse actividades de autoevaluación ao longo do cuadrimestre para faciliar retroalimentación sobre o avance nas aprendizaxes e apóiase o desenvolvemento destas actividades mediante tutorías. Estímase en 60 horas o tempo de estudo necesario para a materia.
En función da situación sanitaria a metodoloxía da ensinanza pode sufrir cambios que permitan adaptacións a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
En torno ao 25-30% da avaliación derivarase do seguimento do traballo dos/as estudantes a través das prácticas e das actividades de avaliación, que servirán para valorar o grao de asimilación e comprensión dos contidos da materia; o restante 70-75% derivarase do rendemento nunha proba tipo exame, que valorará sobre todo o dominio dos contidos de coñecemento.
O cumprimento do programa de prácticas presenciais é requisito imprescindible para poder presentarse a exame.
Establecerase un procedemento especial para a avaliación do cumprimento do programa de prácticas para os alumnos Erasmus (ou situacións equiparables) que tivesen cursado a materia noutra universidade.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan adaptacións a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
Actividades formativas en horas, metodoloxías de ensinanza - aprendizaxe e a súa relación coas competencias que debe acadar o/a estudante:
Actividades presenciais Módulo degrupo Horas Traballo persoal Horas
Clases teóricas expositivas Aula 19.00 Estudo 60.00
Sesións debate e discusión Aula 1.00 Preparación prácticas 12.50
Sesións de autoavaliación Aula 5.00
Prácticas expositivas Lab 2.00
Prácticas manexo de fontes/resolución
de problemas Laboratorio 4.00
Prácticas táboas de recursos/datos en
re/traballo en grupo Lab 6.00
Titoría Despacho 1.00
Exames Aula Aula 2.00
Total horas presenciais 40,00 Total horas T persoal 72,50
É conveniente ter estudado as materias da área de Psicobioloxía dos tres primeiros cursos. Os coñecementos adquiridos noutras materias, como en Psicopatoloxía, serán complementarias desta materia..
PLAN DE CONTINXENCIA
A metodoloxía e o sistema de avaliación poderán sufrir cambios que permitan adaptar ambos procedementos a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade.
Con carácter xeral, para todas as actividades que se desenvolvan en formato telemático, as plataformas informáticas a empregar poderán ser o Teams de Microsoft e/ou o Campus Virtual de Moodle. Sempre mediante o usuario corporativo e sen detrimento do uso do correo-e (igualmente corporativo) para comunicación simple e individualizada.
Metodoloxía da ensinanza
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, poderá ter lugar a substitución dalgunha (ou toda) a docencia presencial por docencia telemática. Ademáis, parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual da materia.
Sistema de avaliación
No caso de que por razóns sanitarias non se poideran realizar algunha das avaliacións de xeito presencial realizarase telemáticamente utilizando as ferramentas proporcionadas pola USC para a docencia "en remoto".
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maria Concepcion Losada Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813768
- Correo electrónico
- mconcepcion.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Santiago Galdo Alvarez
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813701
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:25 | I7.1 I8.1 | Castelán, Galego | Laboratorio docente de Psicoloxía Clínica II |
10:35-12:00 | I5 I7.2 | Galego, Castelán | Laboratorio docente de Psicoloxía Clínica II |
Mércores | |||
10:35-12:00 | I6 I8.2 | Galego, Castelán | Laboratorio docente de Psicoloxía Clínica II |
Xoves | |||
09:00-10:25 | I3 I4.2 | Galego, Castelán | Laboratorio docente de Psicoloxía Clínica II |
10:35-12:00 | I1 I2.1 | Galego, Castelán | Laboratorio docente de Psicoloxía Clínica II |
12:10-13:30 | CLE_01 | Galego | Aula 10 |
12:10-13:30 | CLE_02 | Castelán | Aula 10 |
12:10-13:30 | CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
12:10-13:30 | CLE_01 | Galego | Aula 11 |
Venres | |||
09:00-10:25 | I2.2 I4.1 | Castelán, Galego | Laboratorio docente de Psicoloxía Clínica II |
12:10-13:30 | CLE_02 | Castelán | Aula 10 |
12:10-13:30 | CLE_01 | Galego | Aula 10 |
12:10-13:30 | CLE_01 | Galego | Aula 11 |
12:10-13:30 | CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
25.03.2021 16:30-18:30 | CLE_01 | Aula 1 |
25.03.2021 16:30-18:30 | CLE_02 | Aula 1 |
25.03.2021 16:30-18:30 | CLE_02 | Aula 3 |
25.03.2021 16:30-18:30 | CLE_01 | Aula 3 |
25.03.2021 16:30-18:30 | CLE_02 | Aula 6 |
25.03.2021 16:30-18:30 | CLE_01 | Aula 6 |
25.06.2021 12:30-15:00 | CLE_01 | Aula 1 |
25.06.2021 12:30-15:00 | CLE_02 | Aula 1 |
25.06.2021 12:30-15:00 | CLE_01 | Aula 2 |
25.06.2021 12:30-15:00 | CLE_02 | Aula 2 |
25.06.2021 12:30-15:00 | CLE_01 | Aula 3 |
25.06.2021 12:30-15:00 | CLE_02 | Aula 3 |