Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
General: Reflexionar sobre alguns dos procesos relacionados coa realidade familiar como contexto de socialización e desenvolvemento humanos.
Específicos:
- Caracterizar as principais funcións, procesos e influencias que o contexto familiar exerce no desenvolvemento sociopersonal.
- Aproximarse á familia dende unha perspectiva evolutiva-educativa como modelo de construcción conxunta.
- Analizar os ámbitos en que o contexto familiar é susceptible de intervención e aportar criterios e ferramentas de intervención sobre eles
- Xerar orientacions e criterios de optimización educativa no ámbito familiar
- Desenvolver unha capacidade crítica frente á problemática familiar actual
- Saber analizar, sintetizar, resumir e comunicar a información que sobre o contexto familiar derívanse de textos científicos e profesionais
- Saber contribuir ó trabajo en equipo
1. Familia, marcos e modelos.
2. Escenario-evolutivo-educativo familiar.
3. Importancia dos estudos bidireccionais nas relacións padres-fillos.
4. Orientación familiar: contextos, funcións e perfil profesional.
5. Familias non convencionais. Divorcio e familias reconstituidas. Familias homoparentais.
6. Familias de risco. Situacions de maltrato. Situacions de dependencia.
7. Orientación e mediación familiar. Adopción. Acollemento familiar.
Bibliografía básica:
Arranz, E. (Coord.) (2004). Familia y desarrollo psicológico. Madrid: Alianza Editorial.
Arranz, E. & Oliva, A. (2008). Desarrollo psicológico en las nuevas estructuras familiares. Madrid: Pirámide.
Gracia, E. y Musitu, G. (2000). Psicología social de la familia. Barcelona: Paidós.
Jiménez, A.B. (2005). Modelos y realidades de la familia actual. Madrid: Fundamentos.
López, F. (2008). Necesidades en la infancia y en la adolescencia: Respuesta familiar, escolar y social. Madrid: Pirámide
López, F., Etxebarria, Y., Fuentes, M. J. y Ortiz, M. J. (Coords.) (1999). Desarrollo afectivo y social. Madrid: Pirámide.
Maganto, J. M. y Bartau, I. (2004). Corresponsabilidad familiar. Fomentar la cooperación y responsabilidad de los hijos. Madrid: Pirámide.
Martínez, M.C. (2015). Orientación familiar: contextos, evaluación e intervención. Madrid: Sanz y Torres.
Rodrigo, M. J. y Palacios, J. (Coords.) (1998). Familia y desarrollo humano. Madrid: Alianza Editorial
Bibliografía complementaria:
Al, C. M. W., Stams, G. J. J. M., Bek, M. S., Damen, E. M., Asscher, J. J., & Van der Laan, P. (2012). A metaanalysis of intensive family preservation programs: Placement prevention and improvement of family functioning. Children and Youth Services Review, 34(8), 1472–1479.
Al, C.M. W., Stams, G.J. J. M., van der Laan, P.H., & Asscher, J.J. (2011). The role of crisis in family crisis intervent ion: Do crisis experience and crisis change matter? Children and Youth Services Review, 33(6), 991–998.
Fine, M.J. y Lee, S.W. (Eds.) (2001). Handbook of diversity in parent education: The changing faces of parenting and parent education. San Diego, CA: Academic Press.
Golombok, S. (2006). Modelos de familia ¿Qué es lo que de verdad importa? (M. Jiménez,Trad.). Barcelona: Graó.
Matos, A.R. y Sousa, L.M.(2004). How multiproblem families try to find support in Social Services. Journal of Social Work Practice, 18 (1), 65-80.
Noortje M. Pannebakker, Paul L. Kocken, Meinou H.C. Theunissen, Krista van Mourik, Matty R. Crone, Mattijs E. Numans, Sijmen A. Reijneveld. (2018) Services use by children and parents in multiproblem families. Children and Youth Services Review , 84, 222-228.
Rodrigo, M.J. y Máiquez, M.C. (2015). Manual Práctico de Parentalidad Positiva. Madrid: Síntesis.
Rodrigo, M. J., Máiquez, M.L., Martín, J.C. y Rodríguez, G. (2005). El asesoramiento a familias con riesgo psicosocial. En C. Monereo y J. I. Pozo (Eds.), La práctica del asesoramiento educativo a examen . Barcelona: Graó
Rodrigo, M.J., Máiquez, M.L., Martín, J.C. y Byrne, S. (2008). Preservación familiar. Un enfoque positivo para la intervención con familias. Madrid: Pirámide.
Tausendfreund, T., Knot-Dickscheit, J., Schulze, G.C., Knorth, E. & & Grietens, H. (2016). Families in multi-problem situations: Backgrounds, characteristics, and care services. CHILD & YOUTH SERVICES, 37(1), 4-22.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA TITULACIÓN
-As funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
- Definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os seus resultados.
- Transmitirlles aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación.
- Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
CE1- Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, achegas e limitacións dos diferentes modelos teóricos de Psicoloxía.
CE12- Saber definir os obxectivos, preparar o plan e as técnicas de intervención segundo as necesidades e demandas dos destinatarios e avaliar os resultados obtidos.
CE13- Saber transmitir aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación.
CE15- Saber cumprir as obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de síntese
CT2- Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións
CT3- Capacidade de traballo en equipo e colaboración con outros profesionais
CT4- Capacidade de autocrítica
CT5- Capacidade de comunicación
CT6- Capacidade de desenvolvemento e mantemento actualizado das competencias, destrezas e coñecementos propios da profesión destrezas y conocimientos propios de la profesión.
A metodoloxía docente ten que ver cos procesos de ensinanza/aprendizaxe e, polo tanto, debe planificarse de modo que conduza á consecución das competencias e dos obxectivos formulados. Para iso, propoñemos unha metodoloxía activa e reflexiva que combine as actividades individuais e grupais e promova a resolución construtiva das dificultades que xurdan na materia. Esta metodoloxía esixe tanto unha análise teórica como unha aproximación práctica á materia, polo que os métodos que incluímos responden a unha serie de modalidades de ensinanza que se reparten entre un horario presencial obrigatorio, de asistencia a clases e un horario non presencial ou de traballo autónomo por parte dos alumnos.
Co fin de facilitar o seguimento das explicacións, o alumnado disporá previamente dunha guía didáctica de cada un dos temas, na que se especifican pormenorizadamente as competencias e obxectivos a obter, os contidos a traballar, os traballos titorizados a realizar e a bibliografía que se recomenda consultar. Do mesmo modo, inclúense unha serie de actividades con ditos contidos que guiarán ao alumnado de cara a unha mellor comprensión dos mesmos. Na medida do posible tratarase de promover a discusión colectiva na aula.
A proposta docente contempla:
1. Clases expositivas, que teñen por obxectivo presentar unha primeira visión actualizada e organizada dos datos e conceptos que configuran cada un dos temas.
2. Traballos titorizados: En torno a unha serie de contidos do programa, o profesor presenta obxectivos, orienta e titoriza o traballo en equipo. Cada grupo deberá integrar e sintetizar a información en torno a unha dsas unidades temáticas para, posteriormente presentala oralmente.
As actividades de traballo persoal do estudante incluen a leitura de materiais de carácter tanto básico como complementario sobre diferentes tópicos recollidos nos contidos da asinatura, a elaboración e preparación do traballo titorizado que os estudantes presentarán oralmente.
A documentación sobre distintos temas será posta a disposición do alumnado na aula virtual.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
Realizarase un exame (proba obxectiva con preguntas tipo test), ó final do cuadrimestre, destinado a avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, e cun peso de evaluación do 60%. Este exame incluirá o explicado nas clases expositivas e nos documentos de lectura obrigatoria analizados nos traballos titorizados. Levarase a caso na data fixada no calendario oficial de exames.
O 40% da calificación final descansará na avaliación das actividades desenvoltas ó longo do cuadrimestre (informe de traballo titorizado, exposición do trabajo e actividades de avaliación formativa) nas que se terá en conta a realización puntual dos traballos programados dentro dos prazos e datas establecidos, capacidade para comunicar a información, capacidade para traballar en grupo e dominio conceptual da temática.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
Ademais das clases expositivas e traballos titorizados, se estiman 30 horas de traballo persoal para lectura de textos, 22,50 horas para elaboración de traballos titorizados e 20 horas de estudo individual.
Implicación activa na dinámica de clase.
Asistencia a clase de forma continuada.
Seguimento continuado das actividades propostas.
Antes do inicio de cada tema, os alumnos disporán na aula virtual do material de apoio para o seguimento das clases.
Plan de continxencia.
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de
maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual da materia.
En caso de requerir o uso de docencia telemática utilizaremos presentacións narradas para a docencia expositiva e a ferramenta Teams para a presentación dos traballos titorizados. O seguimento das actividades non presencias serán controlado mediante listaxes de participación nas sesións de Teams e a entrega de traballos titorizados mediante o control de entrega os mesmos no Campus Virtual.
Dependendo das circunstancias sanitarias as probas de avaliación poderán ter lugar de maneira telemática usando os recursos do Campus Virtual e Forms. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos, aínda que serán traballados na materia, poderán non ser obxecto de avaliación, o que será debidamente informado con tempo suficiente a través do Campus Virtual da materia.
María Fernanda Páramo Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813727
- Correo electrónico
- mfernanda.paramo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
14:10-15:00 | Grupo único | Castelán | Aula 1 |
Martes | |||
14:10-15:00 | Grupo único | Castelán | Aula 10 |
21.12.2020 09:30-12:00 | Grupo único | Aula 1 |
21.12.2020 09:30-12:00 | Grupo único | Aula 2 |
21.12.2020 12:30-15:00 | Grupo único | Aula 1 |
21.12.2020 12:30-15:00 | Grupo único | Aula 5 |
21.12.2020 12:30-15:00 | Grupo único | Aula 6 |
21.12.2020 12:30-15:00 | Grupo único | Aula 7 |
11.06.2021 09:30-12:00 | Grupo único | Aula 1 |
11.06.2021 09:30-12:00 | Grupo único | Aula 2 |
11.06.2021 09:30-12:00 | Grupo único | Aula 3 |