Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Básica, Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Este curso pretende ser unha introdución xeral á teoría e investigación actuais en temas de percepción e temas de percepción e atención. Estudaremos como os organismos biolóxicos adquiren, procesan, seleccionan e utilizan información acerca de obxectos e eventos no ambiente. A visión será o único sistema sensorial estudado con certa profundidade, aínda que tamén se explicarán os principios xerais de funcionamento doutros sistemas sensoriais. Un tema recorrente no curso será a relación entre fenómenos neurais e consciencia. Ademais, os problemas abordados renitirannos tamén a temas filosóficos, incluíndo as orixes do coñecemento.
EXPOSITIVAS
1. Introdución aos sistemas sensoriais.
Clasificación dos sistemas sensoriais (propioceptivos, interoceptivos e exteroceptivos)
Estructura xeneral e principios básicos de operación (Período crítico de desenvolvemento, Selectividade, Sensibilidade, Adaptación)
Métodos (psicofísica, fisioloxía…)
Percepción e novas tecnoloxías
2. Psicofísica básica da visión. Receptores sensoriais
Sumación espacial e resposta á iluminación
Adaptación á oscuridade
Sensibilidade espectral
Vía visual primaria
Función de sensibilidade ao contraste
Percepción e consciencia (rivalidade binocular, agnosia, “visión cega”)
3. Cor.
Psicofísica básica da cor
Teoría tricromática
Teoría dos procesos opoñentes
4. Percepción do movemento.
Psicofísica do movemento
Detectores do movemento
Teoría da descarga corolaria
Ilusions de movemento
5. Percepción do espazo.
Indicios monoculares
Indicios binoculares
Constancia do tamaño e profundidad
6. Atención e organización perceptual.
Principios de organización perceptiva (principios ou leis da gestalt)
Teoría da integración de características
Atención baseada en obxectos
Atención e memoria
7. Atención selectiva
Reflexo de orientación
Saliencia e búsca visual
Control visual: atención pasiva vs. Activa
Atención encuberta
Alteracions da atención visual
8. Atención sostida
Tarefa de vixilancia
Fluctuacións e lapsus da atención
Déficit de atención
Atención e meditación
INTERACTIVAS
1. Introducción os sistemas sensoriais: psicofísica (comenzo semana 17/9/2018).
Elaboración de informe.
2. Métodos psicofísico (comenzo semana 8/10/2018).
Descripción: Estudo dun método para o cálculo dos umbrais sensoriais. Recollida de datos, análise e representación gráfica mediante software libre.
3. Medida da atención (comenzo semana 29/10/2018).
Medida do rendemento nunha tarefa atencional. Recollida de datos e análise.
Bibliografía Básica
Goldstein, B.E. (2006). Sensación y Percepción. Paraninfo (6ª edición). O 80% da materia da asignatura póde estudarse por este libro (en concreto, os capítulos do 1 ao 8, ambos os dous inclusive, corresponderíanse cos contidos que se tratan nos 5 primeiros temas e parte do 6º). O resto do material de estudo serán apuntamentos de clase o material da bibliografía complementaria.
Bibliografía complementaria
Arnheim, (1979). Arte y Percepción Visual. Madrid: Alianza.
Artigas, J. M. y otros (1995): Óptica fisiológica. Psicofísica de la visión. Madrid: Interamericana McGraw-Hill.
Botella, J. (1999). El estudio experimental de la atención. En E. Munar, J. Roselló y A. Sánchez-Cabaco (Coors.), Atención y percepción. Madrid: Alianza Editorial.
Coren, S., Ward, L. y Enns, J.T. (2001) Sensation and perception. McGrawHill.
Crick, F. (1994). La búsqueda científica del alma. Madrid: Debate.
Eagleman, D. (2012). Incognito. Las vidas secretas del cerebro. Madrid: Anagrama.
Fuentes, L. y García Sevilla, J. (2008). Manual de Psicología de la atención. Una perspectiva neurocientífica. Madrid: Síntesis.
Koch, Ch. (2005). La consciencia. Barcelona: Ariel.
Luna, D. y Tudela, P. (2006). Percepción Visual, Madrid: Trotta. (2ª edición 2007, reimpresión corregida, 2011).
Macknik, S.L. y Martínez-Conde, S. (2013). Los engaños de la Mente. Madrid: Destino.
Palmer, S. E. (1999). Vision science. MIT Press.
Ramachandran, V.S. y Blakeslee, S. (1999). Fantasmas en el cerebro. Madrid: Debate.
Ramachandran, V.S. (2012). Lo que el cerebro nos dice. Madrid: Paidos.
Seckel, A. y Hofstadter, D.R. (2004). Masters of deception: Escher, Dalí & the Artists of Optical Illusion. Sterling Publishing Company.
webs de interese
- www.michaelbach.de/ot/. A mellor páxina de ilusións visuais
- www.purveslab.net. Laboratorio de Dale Purves (Universidad de Duke, USA). Interesantes fenómenos relacionados co brillo. Purves ten publicado en español “Invitación a la Neurociencia” (Panamericana)
- www.ilusionario.es Boa recompilación de ilusións visuais. Ben actualizada.
- www.viperlib.com. Curso de visión (e outros procesos psicolóxicos básicos) con excelentes imaxes.
- blogdepercepcion.es. Blog do profesor.
- https://www.facebook.com/Percepcionpsicologia?fref=ts
Das competencias establecidas para o Título, nesta materia abórdanse as seguintes:
Basicas
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base do ensino secundario xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecemento procedente da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que se adoitan demostrar coa elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (xeralmente dentro da súa área de estudo) para facer xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan as destrezas de aprendizaxe necesarias para realizar estudos posteriores cun alto grado de autonomía
CG1 - Que teñan capacidade de achegar súa actividade profesional e formativa dende o respecto ao Código Deontolóxico do psicólogo, que inclúe, entre outros mais específicos, os principios de respecto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade e deseño universal para todos e os valores democráticos e unha cultura en paz.
Tansversales
CT1 – Capacidade de síntese
CT2 – Capacidade para resolver problemas e toma de decisións
CT3 – Capacidade para traballar en equipo e colaborar con outros profesionais
CT4 – Capacidade de autocrítica
CT5 – Capacidade de comunicación
CT6 – Capacidade de desenvolvemento e mantemento actualizado das competencias, destrezas e coñecementos propios da profesión
Específicas
CE1 - Coñecer e comprender as función, características, achegas e limitacións dos diferentes modelos teóricos da Psicoloxía
CE2 - Demostrar coñecementos e comprensión das leis básicas dos diferentes procesos psicolóxicos
CE4 - Demostrar coñecementos e comprensión dos fundamentos biolóxicos do comportamento humano e das función psicolóxicas
CE9 – Coñecer como identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos a través dos métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica
CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en diferentes ámbitos de actuación, dirixidos os destinatarios e outros profesionais
Sesións Expositivas coas que se introducen e explican os contidos principais do programa utilizando os materiais de apoio que sexan pertinentes e estean disponibles. Prográmanse un total de 24 sesións dunha hora.
Sesións Interactivas nas que se traballan en profundidade aqueles contidos relacionados coas técnicas e instrumentos de avaliación dos procesos perceptivos e atencionales. Prográmanse un total de 10 sesións de hora e media cada unha e os traballos desenvolvidos nestas sesións deberanse presentar de forma oral e/ou a través dun informe escrito.
Os horarios nos que se realizarán estos dous tipos de sesións pódense consultar no taboeiro de anuncios da facultade ou na páxina web do centro: http://www.usc.es/gl/centros/psicoloxia/index.jsp.
Traballo Autónomo dos Estudantes. Alén da asistencia ás actividades presenciais, o/a estudante deberá dedicar un tempo á lectura de materiais complementarios, a elaboración dos informes asociados ás sesións interactivas e ao estudo dos contidos. Este traballo require de 67'5 horas
Tutorias: os profesores da materia están dispoñibles en titorías para atender dúbidas e calquera cuestión respecto do desenvolvemento da materia e os seus contidos.
Manuel J. Blanco (Despacho 2 Módulo B): m.blanco [at] usc.es (m[dot]blanco[at]usc[dot]es), 881813708. Luns e Martes de 9 a 12 h.
Dolores Ponte (Despacho 1 Módulo B): dolores.ponte [at] usc.es (dolores[dot]ponte[at]usc[dot]es), 881813792. Mércores de 9 a 12 e Venres de 10-13 h.
Utilización da USC virtual. O programa xeral da materia, os programas específicos de cada tema e os materiais de apoio utilizados nas clases expositivas e interactivas estarán a disposición dos estudantes a través do Campus Virtual da USC.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións)
Os contidos tratados nas sesións interactivas avaliánse a través do informe (cunha ponderación de un 15%) e da exposición oral realizada ou proba de evaluación continua (cunha ponderación de un 15%). En ambos os dous casos terase en conta a corrección dos datos recollidos e a súa interpretación. Ademais, nas exposicions orais considerarase a presentación e defensa que se faga do traballo realizado e, nos informes escritos avaliarase a calidade da redacción (corrección terminolóxica, calidade expresiva, esforzo na redacción).
Non se aceptarán -nin avaliarán- informes correspondentes a prácticas ás que non se asistise.
Unha vez finalizadas as clases expositivas realizaráse unha proba de evaluación formativa que incluira cuestións relacionadas cos temas tratados nas sesións expositivas e podería incluir cuestión tratadas nas sesións interactivas. Dita proba terá dúas partes: unha constará de varias preguntas curtas e outra será tipo test (varias alternativas de resposta, unha delas correcta), e ponderarase en un 70%.
A calificación final será a seguinte:
nota da proba de evaluación formativa + nota dos informes.
Aqueles estudantes que non superen a materia a través da evaluación continua terán a oportunidade de superala nas convocatorias de exames finais fixadas polo centro
A realización/entrega de calquera das probas implica a incorporación ao proceso de avaliación, polo que levará consigo unha cualificación final da materia aínda no caso de non concorrer ao exame final.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
A materia consta de 4,5 créditos, o que corresponde a un total estimado de 112,5 h de traballo do/a estudante, que se estiman repartidas do seguinte xeito:
Asistencia a actividades presenciais (docencia e avaliación):
- Asistencia a clases expositivas = 24 horas (24 clases x 1 hora)
- Asistencia a clases interactivas = 15 horas (10 clases x 1.5 horas)
- Tutoria de actividades do curso = 2
- Tempo dedicado a avaliación = 4 horas
Traballo autónomo dos estudantes:
-Traballo non presencial dedicado ao estudo dos diferentes temas: 2 horas de estudo por clase x 24 clases = 48 horas
- Tempo dedicado a traballo en grupo: 19'5 horas (13'5 horas de elaboración de informes, 6 horas de preparación das sesións interactivas)
alumno ao longo do cuadrimestre. Para facilitar o estudo, os estudantes dispoñerán dende principios do cuadrimestre dunha guía docente, así como de guías de estudo correspondentes a cada tema nas que se recollen -ademais dos contidos básicos e a bibliografía recomendada- as principais actividades a desenvolver nas clases interactivas e un resumo dos conceptos clave.
En función da situación sanitaria, as recomendacións para o estudo da materia poden sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
Plan de continxencia: Dada a incerteza causada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual da materia. Nese caso, a docencia levariase a cabo por medios telemáticos (preferentemente a través das aplicacións do Campus Virtual, correo electrónico e Teams). Para todas as actividades programadas dentro da materia estableceranse os prazos adecuados para a sua realización/entrega os cales serán informados con a suficiente antelación no campus virtual. Naqueles casos en que sexa necesario realizar traballos en grupo, a súa formación respectará as directrices establecidas pola comisión docente da facultade, e ademáis, estableceranse as sesiones de traballo a través de Teams.
No que respecta ao sistema de avaliación, no caso de ter que recorrer a un escenario non presencial ou semipresencial, as probas de avaliación programadas realizaranse con Moodle a través do Campus virtual, mantendo unhas condicións de avaliación similares ás que terían lugar de xeito presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, e posible que parte dos contidos non sexan obxecto de avaliación, aínda que serán traballados na materia. Esto será debidamente informado con tempo suficiente a través do Campus Virtual da materia.
Dolores Ponte Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813710
- Correo electrónico
- dolores.ponte [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Jose Blanco Rial
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813708
- Correo electrónico
- m.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:10-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 |
13:10-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Venres | |||
12:10-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 |
13:10-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |