Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos formulados para esta materia atenden tanto á adquisición de coñecementos sobre datos e nocións da disciplina, como á práctica de destrezas relacionadas con ditos coñecementos e á adquisición de certas disposicións valorativas. Considérase prioritario que os alumnos/as cheguen a:
a) Coñecer o desenvolvemento humano ao longo da adolescencia e adultez xove, media e tardía.
b) Coñecer e valorar as diferencias individuais e a diversidade social e cultural que inflúen no desenvolvemento nestas etapas.
c) Familiarizarse coas potenciais aplicacións do coñecemento destas etapas para unha intervención que contribúa a un desenvolvemento exitoso.
d) Iniciarse no coñecemento de diferentes aproximacións e técnicas para a avaliación dos cambios evolutivos nestas etapas.
e) Adestrarse na obtención de novos coñecementos mediante o manexo de bibliografía relevante e das fontes documentais máis importantes.
Tema 1. Natureza e significado da adolescencia.
- Aproximacións teóricas e perspectiva actual.
- Pubertade e as súas repercusións psicosociais.
- O pensamento formal.
- Comprensión lectora e razoamento proposicional.
- Desenvolvemento metacognitivo.
- Coñecemento de si mesmo e identidade persoal.
- Desenvolvemento relacional.
- Desenvolvemento moral.
- Problemas de adaptación e conductas de risco.
Tema 2. Adultez emerxente
- A transición á adultez.
- Desenvolvemento biosocial.
- O pensamento posformal.
- Cognición práctica e cognición social.
- Flexibilidade cognitiva e razoamento dialéctico.
- Amizades e relacións de parella.
- Hábitos e riscos.
Tema 3. Desenvolvemento adulto
- Cambio e desenvolvemento durante a adultez.
- Cambios nas relacións de amizade.
- Vínculos e desafíos familiares.
- Desenvolvemento profesional.
Tema 4. O proceso de envellecemento.
- Envellecemento en Psicoloxía Evolutiva. Desenvolvemento e envellecemento.
- Perspectiva histórica e teorías actuais.
- Problemas metodolóxicos específicos.
- O envellecemento biolóxico.
- Influencias do envellecemento na saúde física e mental.
Tema 5. Envellecemento cognitivo.
- Factores sensoriais e motrices, e repercusións adaptativas.
- Atención, memoria, linguaxe e procesos executivos.
- Intelixencia multidimensional.
- Creatividade e sabedoría.
- Intervención cognitiva na vellez.
Tema 6. Envellecemento e desenvolvemento persoal e psicosocial.
- Principais estudos sobre o desenvolvemento persoal no proceso de envellecemento.
- Relacións persoais, familiares e sociais.
- A viudedade.
- Desenvolvemento emocional.
- Xubilación e autorrealización.
- Educación permanente e implicación social.
- Intervención psicosocial.
Tema 7. Morte e dó.
- Perspectivas multidisplinares acerca da morte.
- A morte no ciclo vital humán.
- Morte digna.
- Concepto de morte en nenos, adolescentes e adultos.
- O proceso de dó.
Bibliografía básica
Arnett, J. J. (2008). Adolescencia y adultez emergente. Un enfoque cultural México: Pearson Educación.
Berger, K.S. (2009). Psicología del desarrollo: Adultez y vejez. Madrid: Ed. Médica Panamericana.
Triadó, C. e Villar, F. (2006). Psicología de la vejez. Madrid: Alianza editorial.
Bibliografía complementaria
Bayés, R. (2006). Afrontando la vida, esperando la muerte. Madrid: Alianza.
Belsky, J. (2001). Psicología del envejecimiento. Madrid: Paraninfo.
Birren, J.E. e Schaie, K.W. (2006.). Handbook of the psychology of aging (5ª ed.). San Diego,CA: Academic Press.
Craig, G.C. e Baucum, D. (2009). Desarrollo psicológico (9ª ed.). México: Pearson.
Feldman, R.S. (2007). Desarrollo Psicológico a través de la vida. México: Prentice Hall.
Fernandez Ballesteros, R. (Ed.) (2000). Gerontología social. Madrid: Pirámide.
Fernández-Ballesteros, R. (2009). Envejecimiento activo: contribuciones de la psicología. Madrid: Pirámide.
Hansen. B. (2003). Desarrollo en la edad adulta. México: Manual Moderno.
Kübler-Ross, E. (2001). Sobre la muerte y los moribundos. Barcelona: Grijalbo.
Mariscal, S., Giménez-Dasi, M., Carriedo, N., e Corral, A. (Coords.) (2009). El desarrollo psicológico a lo largo de la vida. Madrid: McGraw Hill.
Lojo Seoane, C., Campos Magdaleno, M., Facal Mayo, D., Mallo López, S., Riaño Lueiro, N., Santamaría Gargamala, P. (2018). Programa de entrenamiento para envejecer activamente. Madrid: CCS Ediciones.
Palacios, J., Marchesi, A. e Coll, C. (Comps.) (2014). Desarrollo psicológico y educación: Vol. 1 Psicología evolutiva (2ª ed.). Madrid: Alianza.
Papalia, D.E., Sterns, H.L., Feldman, R.D. e Camp, C.J. (2009). Desarrollo del adulto y vejez. México: McGraw Hill.
Pereiro Rozas, A. X., Juncos Rabadán, O. e Pérez Fernández, A. (2012). Proceso de envejecimiento (I). Adultez. En A. Dosil (Coord.), Manual de Desarrollo cognitivo, afectivo, lingüístico y social (pp. 279-342). Madrid: Centro de Estudios Financieros.
Pinazo, S. e Sánchez, M. (Dirs.) (2005). Gerontología, actualización, innovación y propuestas. Madrid: Pearson.
Santrock, J. (2004). Adolescencia (9ª ed). Madrid. McGraw-Hill.
Schaie, K. W. e Willis, S. L. (2003). Psicología de la edad adulta y la vejez. Madrid: Pearson
Shaffer, D. R. e Kipp, K. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. México: Thomson.
Stuart-Hamilton, I. (2002). Psicología del envejecimiento. Madrid: Morata.
• CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
• CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
• CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
• CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
• CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
• CG1 - Que teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa dende o respecto ao Código Deontolóxico do psicólogo, que inclúe, entre outros máis específicos, os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
• CT1 - Capacidade de síntese
• CT2 - Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións
• CT3 - Capacidade de traballo en equipo e colaboración con outros profesionais
• CT4 - Capacidade de autocrítica
• CT5 - Capacidade de comunicación
• CT6 - Capacidade de desenvolvemento e mantemento actualizado das competencias, destrezas e coñecementos propios da profesión.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA TITULACIÓN GRAO EN PSICOLOXÍA:
• CE1 - Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
• CE2 - Demostrar coñecementos e comprensión das leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos
• CE3 - Demostrar coñecementos e comprensión dos procesos e etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo do ciclo vital nos seus aspectos de normalidade e anormalidade.
• CE9 - Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica
• CE10 - Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria
• CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
• CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais
• CE15 - Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
A exposición de cada tema por parte dos profesores (clases expositivas) completarase con lecturas obrigatorias. As clases interactivas adicaranse a actividades que promovan a aplicación dos coñecementos adquiridos, ao tempo que se familiariza os alumnos coas técnicas e instrumentos básicos de investigación na área ou de uso no exercicio profesional.
Os alumnos disporán dos materiais necesarios para o seguimento do transcurso da materia no Campus Virtual da USC.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
A avaliación realizarase respecto ao nivel de logro ponderado e descansará nun exame final (cun peso do 60% no cómputo global) e nos traballos de curso, correspondentes as clases interactivas (40% da cualificación global).
O exame constará de 60 preguntas tipo test (con catro posibles respostas, sendo correcta unicamente unha) sobre os contidos dos temas tratados nas clases expositivas e/ou recollidos nas lecturas obrigatorias.
Os traballos de curso introduciranse nas sesións interactivas e realizaranse individualmente ou en grupo segundo indiquen os profesores. A súa entrega farase a través da aula virtual, na que figurarán os prazos previstos.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
Actividades presenciais (total: 51 horas)
Clases expositivas: 35 horas
Clases expositivas: 15 horas
Titorías en grupos reducidos: 1 hora
Traballo autónomo do estudante (total: 99 horas)
Traballos de curso: 60 horas
Estudo: 39 horas
É importante que o alumno se implique dende o principio na dinámica e funcionamento que se seguirá na materia (asistencia, lectura dos textos, elaboración das prácticas, etc.). Ademais, debe facer un estudo comprensivo, non memorístico, que dea lugar a unha organización clara dos conceptos.
Esta materia debe cursarse necesariamente con posterioridade á de Psicoloxía do Desenvolvemento I.
Plan de Continxencia
Tendo en conta as características dos tres escenarios previstos nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021”, aplicaranse segundo o caso, as seguintes medidas:
Escenario 1: normalidade adaptada
- As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, se ben poderanse programar titorías por vía telemática (a través de Teams).
- O exame final terán carácter presencial.
- Os estudantes que participen nalgún programa de mobilidade ou teñan concedida a exención de docencia poderán realizar as tarefas programadas en modo non presencial e titorizado.
Escenario 2: distanciamento
- A docencia expositiva poderá realizarase total ou parcialmente de xeito virtual, segundo se determine na Facultade.
- Na docencia interactiva, combinarase a presencialidade na aula (cando menos o 50% das horas programadas) coa asistencia virtual (a través de Teams), manténdose os horarios oficiais.
- As titorías terán preferentemente carácter telemático (a través de Teams).
- O exame final terán carácter telemático e realizaranse a través da aula virtual.
- O peso do exame final e os traballos de curso na cualificación global será o mesmo.
Escenario 3: peche das instalacións
- Proporcionaranse os materiais audiovisuais necesarios para a adecuada asimilación dos contidos da materia.
- Programaranse sesións expositivas (a través de Teams), segundo o horario de clases previsto, nas que se proporcionarán organizadores previos sobre os contidos e orientacións para o manexo dos materiais audiovisuais proporcionados.
- Adaptaranse as sesións interactivas a un formato virtual.
- As titorías terán carácter telemático.
- Os exame final terán carácter telemático.
- O peso do exame final na cualificación global será do 40%, reservándose o 60% para os traballos de curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Carolina Tinajero Vacas
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813859
- Correo electrónico
- carolina.tinajero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Arturo Jose Pereiro Rozas
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813651
- Correo electrónico
- arturoxose.pereiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eva Villar García
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813949
- Correo electrónico
- evavillar.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
12:10-13:20 | GRUPO B (M-Z) | Galego, Castelán | Aula 5 |
13:30-14:40 | GRUPO A (A-L) | Galego, Castelán | Aula 6 |
Martes | |||
12:10-13:20 | GRUPO A (A-L) | Castelán, Galego | Aula 6 |
13:30-14:40 | GRUPO B (M-Z) | Galego, Castelán | Aula 5 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | I5 I6 | Castelán, Galego | Laboratorio docente de Psicoloxía do Desenvolvemento e Intervención Psicoeducativa |
25.05.2021 12:30-15:00 | GRUPO B (M-Z) | Aula 1 |
25.05.2021 12:30-15:00 | GRUPO A (A-L) | Aula 1 |
25.05.2021 12:30-15:00 | GRUPO B (M-Z) | Aula 2 |
25.05.2021 12:30-15:00 | GRUPO A (A-L) | Aula 2 |
25.05.2021 12:30-15:00 | GRUPO A (A-L) | Aula 3 |
25.05.2021 12:30-15:00 | GRUPO B (M-Z) | Aula 3 |
25.05.2021 12:30-15:00 | GRUPO B (M-Z) | Aula 7 |
25.05.2021 12:30-15:00 | GRUPO A (A-L) | Aula 7 |
06.07.2021 12:30-15:00 | GRUPO A (A-L) | Aula 1 |
06.07.2021 12:30-15:00 | GRUPO B (M-Z) | Aula 1 |
06.07.2021 12:30-15:00 | GRUPO B (M-Z) | Aula 2 |
06.07.2021 12:30-15:00 | GRUPO A (A-L) | Aula 2 |
06.07.2021 12:30-15:00 | GRUPO A (A-L) | Aula 3 |
06.07.2021 12:30-15:00 | GRUPO B (M-Z) | Aula 3 |