Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
INTRODUCION
A materia de Psicometría está ubicada no primeiro cuadrimestre de 2º do Grao. Xunto coas materias: Análise de Datos en Psicoloxía , Deseños de Investigación en Psicoloxía (1º do Grao) e Análise Multivariante (2º do Grao 2º cuadrimestre) forma parte da Área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento. Ditas materias completan a formación metodolóxica ofertada os estudantes de Grao en Psicoloxía na USC.
OBXETIVOS
Aínda que a Psicometría se ocupa, en xeral, de todo o relacionado coa medición en Psicoloxía, nesta materia centrarémonos no que se denomina Teoría dos Tests. Abordárase a lóxica dos modelos matemáticos máis relevantes subxacentes a construción e uso dos tests: a Teoría Clásica dos Test (TCT), que se desenvolverá en profundidade, e unha introdución a Teoría de Resposta aos Items (TRI).
O obxectivo que se pretende e que os estudantes coñezan o proceso que se ha de seguir para a construción dun test, coñezan os métodos e técnicas implicadas en dito proceso e, ademais, adquiran as destrezas necesarias para poder entender e valorar a información psicométrica relativa aos tests que xa están comercializados e facer un uso axeitado dos mesmos.
PROGRAMA CLASES EXPOSITIVAS
I. INTRODUCIÓN
Tema 1.- Delimitación do campo da Psicometría.
Tema 2.- Os tests: Definición, historia e clasificación.
II. DESEÑO E ANÁLISE DE ITEMS
Tema 3.- Introdución. Elaboración de items: Redacción dos items, Formato de resposta. Cuantificación das respostas. Análises de items: índices de dificultade, homoxeneidade e validez. Relación entre as puntuacións totais no test e a proporción de acertos no item.
III. MODELO CLÁSICO E FIABILIDADE
Tema 4.-Formulación do modelo lineal clásico: Métodos para obter a fiabilidade dun Test. Fiabilidade absoluta e relativa. Métodos para obter a fiabilidade relativa. Error de medida: concepto, tipos e definición estatística.
Tema 5.- Fiabilidade e tests paralelos. Error típico de medida: Introdución. Definición de tests paralelos. rxx como proporción de varianza verdadeira. Límites da fiabilidade dun test. Índice de fiabilidade. Error típico de medida.
Tema 6.- Estimación das puntuacións verdadeiras. Fiabilidade e diferencias:
Introdución. Estimación puntual de V. Estimación por intervalos de V. Sesgo das puntuacións empíricas. Fiabilidade e diferencias.
Tema 7.- Fiabilidade e consistencia interna: Introdución. Coeficiente alpha de Cronbach. Fiabilidade dun test complexo. Outras formas de obter a fiabilidade como consistencia interna (Rulon, Flanagan-Guttman). Factores que afectan a fiabilidade dos tests.
IV. VALIDEZ
Tema 8.- Concepto e evidencias de validez. Introdución. Concepto de validez. Evidencias de validez: evidencias baseadas no contido do test, na estrutura interna do test e nas relacións con outras variables.
Tema 9.- Análise factorial exploratorio. Introdución. Visión xeral do AFE. Pasos do AFE: matriz de correlacións, extracción de factores, rotación de factores e puntuacións factoriais.
Tema 10.- O coeficiente de validez. Introdución. Coeficiente de validez e a súa interpretación. Predición do criterio a partir do test: o análise de regresión. Factores que afectan a validez.
V.- BAREMACIÓN E INFORME
Tema 11.- Introdución. Transformacións das puntuacións directas dun test: percentiles, puntuacións típicas Z e puntuacións típicas derivadas. Informe das propiedades psicométricas dun test.
VI. INTRODUCIÓN A TEORÍA DE RESPOSTA AOS ITEMS.
Tema 12. Introdución. Vantaxas fronte ao modelo clásico. Supostos.
PROGRAMA CLASES INTERACTIVAS
1. Recollida e preparación de datos para a análise psicométrica dun test.
2. Análise de ítems.
3. Fiabilidade.
4. Análise Factorial.
5. Validez referida o criterio.
6. Transformación de puntuacións.
7. Informe das propiedades psicométricas dun test.
BÁSICA
Abad, F. J., Olea, J., Ponsoda, V., y García, C. (2011). Concepto y evidencias de validez. En F. J. Abad, J. Olea, V. Ponsoda, y C. García (coord.), Medición en Ciencias Sociales y de la Salud, cap. 5, 161-204. Madrid: Síntesis.
Colegio Oficial de Psicólogos (COP). Comisión Internacional de Tests (ITC). Directrices internacionales para el uso de los tests. http://www.cop.es/index.php?page=directrices-internacionales
Elosúa, P. (2011). Psicometría. Conceptos básicos y aplicaciones prácticas con R Commander. http://hdl.handle.net/10810/15581 https://addi.ehu.es/bitstream/handle/ 10810/15581/UWLGPS5661.pdf?sequence=1&isAllowed=y
Martínez-Arias, R. (1995). La medición mediante tests. En Martínez-Arias, R. (coord.), Teoría de los tests psicológicos y educativos, cap.1, 27-44. Madrid: Síntesis.
Martínez Arias, R., Hernández Lloreda, M.J., y Hernández Lloreda (2014). Psicometría. Madrid: Alianza. (Libro-e: Texto completo dispoñible vía PRELO).
Muñiz, J. (2010). Las teorías de los tests: Teoría Clásica y Teoría de Respuesta a los Items. Papeles del Psicólogo, 31(1), 57-66.
Muñiz, J. y Fonseca-Pedrero, E. (2019). Diez pasos para la construcción de un test. Psicothema, 31(1), 7-16. doi: 10.7334/psicothema2018.29
Navas, M.J. (2001). La medición de lo psicológico. En Navas, M.J. (coord.) Métodos, diseños y técnicas de investigación, cap. 2, 67-82. Madrid: UNED
Prieto, G. y Delgado, A.R. (2010). Fiabilidad y validez. Papeles del Psicólogo, 31(1), 67-74.
Seoane, G. y Rodríguez, M.S. (2001). Análisis factorial. En C. Arce y E. Real, Introducción al análisis estadístico con SPSS para Windows, cap. 14, 189-204). Barcelona: PPU.
COMPLEMENTARIA
Abad, F.J. Olea, J., Ponsoda, V., y García, C. (2011). Medición en ciencias sociales y de la salud. Madrid: Síntesis.
American Psychological Association, American Educational Research Association, & National Council on Measurement in Education (2014). Standards for educational and psychological testing. Washington, DC: American Educational Research Association.
Arce, C. y Seoane, G. (1985). Correlación y regresión lineal: una introducción aplicada a la Psicología. Santiago de Compostela: Tórculo.
Barbero, M.I., Vila, E., y Holgado, F.P. (2010). Psicometría. Madrid: Sanz y Torres.
García, E. (1993). Introducción a la psicometría. Madrid: Siglo XXI.
Miller, L.A. y Lovier, R.L. (2016). Foundations of Psychological Testing. A Practical Approach. 5th ed.Thousand Oaks, California : SAGE.
Muñiz, J. (2018). Introducción a la Psicometría. Teoría clásica y TRI. Madrid: Pirámide.
Santiesteban Requena, C. (2009). Principios de Psicometría. Madrid: Síntesis.
Competencias específicas da titulación ás que contribúe a materia:
CE1 • Coñecer e comprender as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
CE7 • Coñecer e comprender os distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo-.
CE9 • Identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
CE11 • Seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
CE14 • Elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
CE15 • Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
Competencias específicas da materia. As competencias específicas da titulación concrétanse nas seguintes competencias especificas da materia:
• Coñecer os diferentes modelos e métodos de construción de instrumentos de medida en Psicoloxía, así como a súa aplicación e as técnicas para a súa valoración psicométrica.
• Coñecer as estratexias fundamentais para o deseño, cuantificación e análise das propiedades métricas dos distintos tipos de ítems; para seleccionar os procedementos máis adecuados para o estudo da fiabilidade e validez; e para optimizar as propiedades psicométricas dos diferentes instrumentos de medida.
• Manexar software básico para analizar as propiedades psicométricas dos tests (SPSS).
• Saber elaborar informes técnicos sobre as propiedades psicométricas dos instrumentos de medida utilizando unha linguaxe precisa.
• Entender e saber interpretar os indicadores psicométricos que achegan os instrumentos de avaliación utilizados nas distintas áreas da Psicoloxía, así como os que poidan recollerse nas distintas publicacións científicas.
SESIÓNS EXPOSITIVAS nas que se expoñerán os diferentes temas dos que consta o programa (temas 1 a 12), distribuídas ao longo do primeiro cuadrimestre en dúas sesións semanais. Para o seguimento destas clases o/a estudante contará con material de apoio a través do Campus Virtual da USC, ademais de bibliografía básica (de acceso libre ou formato electrónico).
SESIÓNS INTERACTIVAS cuxa finalidade será complementar os contidos das clases expositivas mediante aplicacións prácticas. Desenvolveranse nun laboratorio da Facultade con dotación informática na que se traballará co paquete estatístico SPSS. Estas sesións terán unha duración de 2 horas en semanas alternas. Para o seguimento destas clases o estudante dispoñerá tamén dun material de apoio (cadernos de prácticas).
TRABALLO AUTÓNOMO DO/A ESTUDANTE. Ademais da asistencia ás actividades indicadas nos parágrafos anteriores, o/a estudante deberá dedicar un tempo á lectura de materiais complementarios, á realización de exercicios prácticos, e ao estudo dos contidos que se vaian desenvolvendo durante o curso. É preciso que o alumno domine os contidos teóricos necesarios para o adecuado desenvolvemento e aproveitamento das sesións interactivas.
A ASISTENCIA A CLASES E ACTIVIDADES: considérase fundamental para poder alcanzar os obxectivos da materia. Controlarase a asistencia na totalidade das sesións interactivas. A consideración da asistencia na avaliación do/a estudante indícase no apartado correspondente do programa.
TITORÍAS: as profesoras da materia están dispoñibles en titorías (a través dos medios, lugares e horas que se indicarán a comezo de curso) para atender dúbidas e calquera cuestión respecto do desenvolvemento da materia e os seus contidos.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que permitan adaptala a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidad (ver Observacións).
A avaliación da aprendizaxe e das competencias adquiridas realizarase en base a varios elementos, cuxo peso relativo no resultado final exprésase a continuación:
1. Avaliación continua (30%)
• 0,5 puntos pola asistencia e participación en todas as sesións interactivas impartidas.
• 2,5 puntos pola resolución de exercicios vinculados coas clases prácticas.
Esta puntuación máxima de 3 puntos só aplicarase a aqueles estudantes que teñan no apartado 2 (probas parciais ou exame final), unha puntuación maior ou igual a 3,5.
2. Probas parciais ou exame final (70%) que constarán de preguntas sobre contidos teórico/prácticos recollidos no programa relacionados cos resultados da análise psicométrico dun test (SPSS). Como material de apoio poderase utilizar o formulario e a calculadora. Aqueles/as estudantes que suspendan por parciais non poderán ir ao exame final.
A realización /entrega de calquera das probas recollidas nos apartados precedentes implica a incorporación ao proceso de avaliación, polo que levará unha cualificación final da materia.
Aqueles/ as estudantes que non opten pola avaliación por parciais, poderán acollerse á avaliación final de toda a materia na que se avalían os contidos tanto teóricos como prácticos, cun peso de 7 puntos. A data do exame correspóndese co calendario oficial publicado na WEB da Facultade e no taboleiro de anuncios do centro.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
Os estudantes repetidores poderán conservar a puntuación acumulada nas actividades de cursos anteriores (ponderada sobre 3 puntos) que será sumada á nota que obteñan no apartado 2.
Na segunda oportunidade de superación da materia, prevista no mes de xullo para aqueles/as estudantes que non aprobasen ao final do 1º cuadrimestre, realizarase un exame final das mesmas características do descrito anteriormente. A puntuación obtida na avaliación continua (ata un máximo de 3 puntos) terase en conta na nota final.
Para aprobar a materia, os estudantes deberán de obter polo menos un 5.
En función da situación sanitaria, a avaliación pode sufrir cambios que permitan adaptala a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidad (ver Observacións).
A materia consta de 6 créditos, o que corresponde a un total estimado de 150 horas de traballo do/a estudante, repartidas do seguinte modo:
Asistencia a actividades presenciais e/ou virtuais (docencia, avaliación): 50 horas.
Traballo non presencial: 100 h. Este deberá distribuírse en preparación previa para o seguimento das clases, lecturas, resolución de exercicios e estudo de materiais.
Para un correcto seguimento desta materia recoméndase:
(1) Lograr os obxectivos establecidos no plan de estudos para o 1er curso do Grao, especialmente no relativo ás materias máis directamente relacionadas con esta: Análise de Datos en Psicoloxía e Deseños de Investigación.
(2) Seguimento continuado da materia: realización das actividades que se programen, lectura dos materiais e estudo dos contidos. Asistencia a titorías para a resolución de dúbidas ou a orientación no proceso de aprendizaxe.
Plan de continxencia
Metodoloxía:
Dada a incerteza pola situación sanitaria actual da COVID-19, a metodoloxía da ensinanza prevista para a normalidade adaptada pode sufrir cambios nos escenarios 2 e 3. No escenario 2 (distanciamento) a docencia presencial convivirá coa virtual de modo que parte dos contidos serán impartidos con recursos telemáticos (presentacións narradas, textos, clases en TEAMS), e a través do traballo autónomo do estudante coas debidas indicacións a través do Campus Virtual da materia. No escenario 3 (confinamento) a docencia expositiva e interactiva realizarase de forma virtual, ben con mecanismos síncronos como asíncronos. É posible que parte da docencia (interactiva) non poida ser abordada e eses contidos non serían obxecto de avaliación. No Campus Virtual informarase coa antelación suficiente dos contidos que serán obxecto de avaliación en función da situación.
Contémplase para os tres escenarios o mesmo tipo de avaliación, tempo de estudo e traballo persoal do estudante, así como as mesmas recomendacións para o estudo da materia. Con todo, en función da situación sanitaria, as probas presenciais de avaliación formativa e finais deberán ser substituídas por probas telemáticas de carácter síncrono ou asíncrono. Ademais, a planificación das probas parciais estará condicionada ao calendario de actividades das outras materias de segundo curso, cuxa coordinación levará a cabo ao comezo de curso.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións (Resolución 15 xuño 2011).
Maria Soledad Rodriguez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813793
- Correo electrónico
- msoledad.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Gloria Seoane Pesqueira
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813849
- Correo electrónico
- mgloria.seoane [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:10-13:00 | Grupo B (M-Z) | Castelán | Aula 7 |
13:10-14:00 | Grupo A (A-L) | Castelán | Aula 6 |
Martes | |||
12:10-13:00 | Grupo A (A-L) | Castelán | Aula 6 |
13:10-14:00 | Grupo B (M-Z) | Castelán | Aula 7 |
22.01.2021 12:30-15:00 | Grupo A (A-L) | Aula 1 |
22.01.2021 12:30-15:00 | Grupo B (M-Z) | Aula 1 |
22.01.2021 12:30-15:00 | Grupo B (M-Z) | Aula 5 |
22.01.2021 12:30-15:00 | Grupo A (A-L) | Aula 5 |
22.01.2021 12:30-15:00 | Grupo B (M-Z) | Aula 6 |
22.01.2021 12:30-15:00 | Grupo A (A-L) | Aula 6 |
22.01.2021 12:30-15:00 | Grupo A (A-L) | Aula 7 |
22.01.2021 12:30-15:00 | Grupo B (M-Z) | Aula 7 |
01.07.2021 12:30-15:00 | Grupo A (A-L) | Aula 1 |
01.07.2021 12:30-15:00 | Grupo B (M-Z) | Aula 1 |
01.07.2021 12:30-15:00 | Grupo B (M-Z) | Aula 2 |
01.07.2021 12:30-15:00 | Grupo A (A-L) | Aula 2 |
01.07.2021 12:30-15:00 | Grupo A (A-L) | Aula 3 |
01.07.2021 12:30-15:00 | Grupo B (M-Z) | Aula 3 |