Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer os fundamentos teóricos e alcanzar a terminoloxía especifica da psicopatoloxía.
2. Coñecer e manexar os principais sistemas de clasificación diagnóstica
3. Coñecer os diferentes trastornos psicolóxicos.
4. Proporcionar as bases teóricas que fundamentan os diferentes trastornos e presentar as
líñas de investigación mais recentes sobre os temas tratados.
5. Saber describir e explorar a conducta anormal
6. Saber formular hipótesis diagnósticas en función da clinica presente.
7. Saber propoñer a xustificación dos diagnósticos diferenciales
8. Chegar a unha base conceptual na etioloxía específica de trastornos mentais ea súa relación co seu tratamento
PROGRAMA TEÓRICO:
PSICOPATOLOXIA.
1. Trastornos por Ansiedade
Concepto e Categorización dos Trastornos de Ansiedade. Fobia Específica.Trastorno de ansiedade social. Agorafobia. Trastorno do Pánico. Trastorno de Ansiedade Xeneralizada. Definición e características clinicas. Diagnóstico diferencial. Teorías explicativas.
2. Trastorno obsesivo-compulsivo e trastornos relacionados.
Trastorno obsesivo-compulsivo. Trastorno dismórfico corporal. Trastorno de acumulación. Tricotilomanía. Trastorno de excoriación. Definición e características clínicas. Diagnóstico diferencial. Epidemioloxía. Teorías explicativas.
3. Trastornos relacionados con traumas e factores de estrés.
Trastorno de estrés postraumático. Trastorno de estrés agudo. Trastornos de adaptación.
Definición e características clínicas. Diagnóstico diferencial. Epidemioloxía. Teorías explicativas.
4. Trastornos de síntomas somáticos.
Trastorno de síntomas somáticos.Trastorno de ansiedade por enfermedad.Trastorno de conversión. Factores psicolóxicos que influyen en outras afecciones médicas. Trastorno facticio. Simulación. Definición e características clínicas. Diagnóstico diferencial. Epidemioloxía. Teorías explicativas.
5. Trastornos disociativos.
Amnesia disociativa. Trastorno disociativo de la identidade. Trastorno de despersonalización/desrealización. Outro trastorno disociativo especificado. Definición e características clínicas. Diagnóstico diferencial. Epidemioloxía. Teorías explicativas.
6.Trastornos da Personalidade.
Trastorno paranoide, trastorno esquizoide y trastorno esquizotípico de la personalidade. Trastorno antisocial de la personalidade, trastorno límite, trastorno histriónico y trastorno narcisista de la personalidade. Trastorno de la personalidade por evitación, trastorno de la personalidade por dependencia, trastorno obsesivo-compulsivo de la personalidade. Trastorno no especificado Características clínicas. Epidemioloxía.Teorías explicativas.
7. Trastornos do control de impulsos.
Trastornos por consumo de sustancias: Características clínicas. Diagnóstico e diagnóstico diferencial. Epidemioloxía, comorbilidade, curso e pronóstico.
7. PROGRAMA DE PRÁCTICAS.
1.- Lectura de artígos e/ou capítulos relacionados co tema exposto na clase.
2.- Coñecemento teórico e práctico da organización e características dos sistemas de clasificación actuais.
3.- Análise de casos clínicos que ilustren os contidos das clases teóricas, centrándose na identificación e rotulado dos síntomas, xustificación diagnóstica e diagnóstico diferencial.
4.- Avaliación dos trastornos psicolóxicos: presentación de alguns instrumentos de avaliación dos trastornos.
Bibliografía Básica:
American Psychiatric Association (APA) (2014). Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales.( DSM 5). Editorial Médica Panamericana
American Psychiatric Association (APA) (2013). Guía de consulta de los criterios diagnósticos del DSM-5. Editorial Médica Panamericana
Belloch, A., Sandín, B., y Ramos, F. (Eds.) (2008). Manual de Psicopatología (2 vols.).
Madrid:McGraw Hill.
Caballo,V., Salazar,I. y Carrobles, J.A. (2011). Manual de Psicopatología y Trastornos Psicológicos. Madrid: Pirámide.
Bibliografía Complementaria:
Asociación Americana de Psiquiatría(1999). Estudio de casos. DSM-IV. Barcelona: Masson.
Baños,R. y Perpiñá,C. (2002). Exploración Psicopatológica. Madrid:Síntesis.
Barlow, D.H. y Durand, V.M. (2003). Psicopatología. Madrid: Thomson.
Bulbena, A., Guimón, J., e Berrios, G. (2000). Medición clínica en psiquiatría y psicología. Barcelona: Masson.
Butcher, J.N., Mineka, S., e Hooley, J.M. (2007). Psicología Clínica. Madrid: Pearson.
Fuentenebro, F. y Vázquez, C. (Eds.) (1990). Psicología médica, psicopatología y psiquiatría. (2 vols.). Madrid: McGraw Hill.
Hales, R.E. Y Yudofsky, S.C. (2005). Tratado de psiquiatría clínica (4ª ed.). Barcelona: Masson.
Hamilton, M. (1985). Psicopatología clínica de Fish (2ª ed.). Madrid: Emalsa/Interamericana.
Lemos,S. (2000). Psicopatología. Madrid: Síntesis.
Organización Mundial de la Salud (1992). CIE-10. Trastornos mentales y del Comportamiento. Madrid:Meditor.
Vallejo, J. (Ed.) (2011). Introducción a la psicopatología y psiquiatría (7ª ed.). Barcelona: Elsevier/Masson.
Vazquez,C. y Muñoz,M. (2003). Entrevista Diagnóstica en Salud Mental. Madrid: Síntesis
Competencias específicas da titulación:
1. Coñecer e comprender as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
2. Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios dos diferentes campos de aplicación e establecer as metas de actuación psicolóxica.
3. Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
4. Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
Competencias específicas da materia:
1. Ser capaz de describir e analizar os síntomas fundamentais dos distintos trastornos mentais.
2. Ser capaz de identificar os diferentes trastornos mentais segundo as clasificacións propostas dende o ámbito científico.
3. Ser capaz de formular hipóteses diagnósticas en función da clínica presente.
4. Ser capaz de realizar diagnósticos diferenciais.
5. Coñecer a psicopatoloxía dende o marco de desenvolvemento evolutivo centrada nos trastornos de inicio na infancia e adolescencia.
6. Ser capaz de relacionar a teoría e evidencia empírica para cada un dos trastornos mentais.
7. Realizar e interpretar un informe clínico tomando como base os sistemas de clasificación e diagnóstico.
7. Coñecer e cumprir a normativa ética propia da profesión e da investigación psicolóxica
1.-Clases Expositivas:
As clases expositivas teñen como cometido organizar e introducir os contidos máis relevantes dos diferentes temas do programa.
2.- Clases Interactivas:
As clases interactivas estructuranse en torno á descripción, análise e discusión de casos clínicos que ilustren algunhas das alteracions presentadas na clase. Estas actividades prácticas desenvólvense de xeito conjunto, en pequenos grupos ou perante traballo individual.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios para adaptarse a escenarios de docencia telemática ou semipresencial (ver Observacións).
Realizarase un único exame onde se avaliarán os coñecementos adquiridos respecto ao contido do programa teórico e práctico.
O sistema de avaliación distribuirase do modo seguinte: O exame teórico (proba de tipo test) supoñerá o 70%; o exame práctico (comentario razoado dun caso clínico) o 20%; e o 10% restante corresponderá á valoración dos informes das actividades interactivas
realizados na aula. Para aprobar a materia, así como para que se poida sumar a puntuación das actividades interactivas, é necesario superar o exame teórico e o exame práctico.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan a súa adaptación a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
ACTIVIDADES PRESENCIAIS:
* Clases Expositivas: 25 horas
* Clases interactivas: 13.5 horas
* Avaliación: 2 horas
Total horas presenciais: 40.5
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS:
* Lecturas previas as clases interactivas e/ou expositivas: 17 horas
* Elaboración de informes de prácticas: 17 horas
* Preparación do examen: 40 horas.
Total horas non presenciais: 74
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, recomendáse levar ao día os contidos da materia e facer seguimiento continuado da actividade que se rexistre na aula virtual, pois certos contidos e tarefas que serán obxecto de avaliación poden ser propostos para traballarse por medios telemáticos.
'PLAN DE CONTINXENCIA'
Metodoloxía da ensinanza:
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual.
No caso de que certos contidos teóricos non poidan tratarse en clases expositivas presenciais, serán impartidos a través de Microsoft Teams de xeito sincrónico ou ben a través da aula virtual de xeito asincrónico (p. ex., presentacións guiadas, textos e/ou cuestionarios de autoavaliación). En canto á docencia interactiva que deba impartirse de xeito telemático, as actividades a realizar proporanse a través da aula virtual e serán organizadas en función dunha programación de entregas e seguimiento coa oportuna retroalimentación.
Sistema de avaliación:
Dependendo das circunstancias sanitarias, o exame teórico-práctico poderá ter lugar de xeito telemático. Neste caso, ante a realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos, aínda que serán traballados na materia, poderán non ser obxecto de avaliación, o que será debidamente informado con tempo suficiente a través do Campus Virtual da materia.
O sistema de avaliación adaptarase, de ser o caso, aos escenarios de docencia semipresencial ou telemática: O exame teórico (proba de tipo test) supoñerá o 40%; o exame práctico (comentario razoado dun caso clínico) o 20%; e o 40% restante corresponderá á avaliación continua.
Hipolito Merino Madrid
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813742
- Correo electrónico
- hipolito.merino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Isabel Del Mar Hita Millán
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Correo electrónico
- isabeldelmar.hita [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-09:50 | GRUPO B (M-Z) | Castelán | Aula 9 |
10:00-10:50 | GRUPO A (A-L) | Castelán | Aula 8 |
Xoves | |||
09:00-09:50 | GRUPO B (M-Z) | Castelán | Aula 9 |
10:00-10:50 | GRUPO A (A-L) | Castelán | Aula 8 |
04.06.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 1 |
04.06.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 1 |
04.06.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 5 |
04.06.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 5 |
04.06.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 6 |
04.06.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 6 |
04.06.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 7 |
04.06.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 7 |
09.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 4 |
09.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 4 |
09.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 5 |
09.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 5 |
09.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 6 |
09.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 6 |