Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer os distintos trastornos que poden presentar as persoas en relación co seu desenvolvemento evolutivo.
• Detectar-diagnosticar as necesidades das persoas basándose en diferentes procedementos e instrumentos.
• Coñecer os principais modelos para deseñar e implementar a avaliación e intervención psicoeducativas nos distintos trastornos do desenvolvemento.
• Manexar estratexias de asesoramento dirixidas tanto aos profesores para facilitar a atención a diversidade como as familias e en concreto ao desenvolvemento e ás características das persoas con trastornos do desenvolvemento.
• Planificar, deseñar e implementar programas e intervencións no ámbito educativo e familiar.
BLOQUE I: MARCO TEÓRICO-CONCEPTUAL
Tema 1: Trastornos do Desenvolvemento. Aspectos conceptuais.
Tema 2: A intervención nos Trastornos do Desenvolvemento no ciclo vital
BLOQUE II: PRINCIPAIS TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO.
Tema 3: Discapacidade intelectual.
Tema 4: Trastorno do Espectro do Autismo.
Tema 5: Trastornos da linguaxe.
BLOQUE III: DISCAPACIDADES SENSORIAIS E MOTORAS
Tema 6: Os trastornos visuais: aspectos evolutivos e educativos.
Tema 7: Os trastornos auditivos: aspectos evolutivos e educativos.
Tema 8: Os trastornos motóricos: aspectos evolutivos e educativos.
Para cada un dos temas, colgarase na aula virtual Moodle lecturas complementarias consistentes en guías, artigos ou algún capítulo dos máis relevantes da bibliografía básica e complementaria.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Ezpeleta, L. (2014). Psicopatología del desarrollo (1 ed.). ES: Ediciones Pirámide.
Buceta, M. J. (coord). (2011). Manual de Atención Temprana. Madrid: Editorial Síntesis
López -Justicia, M.D. & Polo-Sánchez, M.T. (2015). Trastornos del desarrollo infantil. Ediciones Pirámide
Marchesi, A., Coll, C., & Palacios, J. (2014). Desarrollo psicológico y educación.: 3. Trastornos del desarrollo y necesidades educativas especiales. Alianza Editorial
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Alegre, J.R. & Pérez, M. (2008). Guía práctica de los trastornos del lenguaje. Descripción e intervención. Barcelona: Lebón.
American Psychiatric Association (2013). Diagnostic and statistical manual of mental disorders (5ª ed.) DSM-5. Washington: American Psychiatric Publishing
Artigas-Pallarés &Narbona (2011). Trastornos del neurodesarrollo. Barcelona: Viguera,
Asociación Americana de Discapacidades Intelectuales y del Desarrollo (AAIDD) (2011). Discapacidad intelectual. Definición, clasificación y sistemas de apoyo. Madrid: Alianza Editorial.
Barón-Cohen, S. (2010). Autismo y síndrome de Asperger. Madrid: Alianza.
Buceta, M. J., y García, M. (2000). Estimulación Temprana en el Niño Sordo. Santiago de Compostela: Nino.
García, J.M., Pérez, J., & Berruezo, P.P. (2005). Discapacidad intelectual. Desarrollo, comunicación e intervención. Madrid. CEPE.
Latorre, A. & Bisetto, D. (2009). Trastornos del desarrollo motor. Madrid: Pirámide.
López-Justicia, M.D. (2004). Aspectos evolutivos y educativos de la deficiencia visual. A Coruña: Netbiblo.
Molina, S. (1994). Deficiencia mental: aspectos psicoevolutivos y educativos. Málaga: Aljibe.
Peña-Casanova, J. (2001) (3ª ed.). Manual de Logopedia. Barcelona: Elsevier Masson.
Pérez-Pereira, M. (2019). Dificultades sensoriales y desarrollo del lenguaje. En E. Aguilar-Mediabvialla y A. Igualada (eds), Dificultades del lenguaje en los trastornos del desarrollo (Vol. I: Pérdida sensorial y daño neurológico). UOC
Pérez-Pereira, M. & Conti-Ramsden, G. (2020). Language Development and Social Interaction in Blind Children. Psychology Press.
Rivière, A. (2005). Autismo. Orientaciones para la intervención educativa. Barcelona: Trotta.
Rodríguez, J.M., Torres, S., Santana, R., & González, A. (1995). Deficiencia auditiva: aspectos evolutivos y educativos. Málaga: Aljibe.
Rosa, A., & Ochaíta, E. (1993). Psicología de la ceguera. Madrid: Alianza
Verdugo, M.A. (Dir.) (2005). Personas con discapacidad. Perspectivas psicopedagógicas y rehabilitadoras. Madrid: Pirámide
Verdugo, M.A. (Dir.) (2009). Discapacidad intelectual: adaptación social y problemas de comportamiento. Madrid: Pirámide.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS:
CB1 - Que os estudantes demostren poseer e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén alguns aspectos que
implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan mostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da sua área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudiantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CX1 - Que teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa dende o respeto ao Código Deontolóxico do psicólogo, que inclúe, entre outros máis específicos, os principios del respeto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de síntese.
CT2 - Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
CT3 - Capacidade de traballo en equipo e colaboración con outros profesionais.
CT4 - Capacidade de autocrítica.
CT5 - Capacidade de comunicación.
CT6 -Capacidade de desenvolvemento e mantemento actualizado das competencias, destrezas e coñecementos propios da profesión.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
CE3 - Demostrar coñecementos e comprensión dos procesos e etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo do ciclo vital nos seus aspectos de normalidade y anormalidade.
CE6 - Demostrar coñecementos e comprensión dos métodos e deseños de investigación e as técnicas de análise de datos propios da Psicoloxía.
CE7 - Demostrar coñecementos e comprensión dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía –clínico e da saude, social, educativo.
CE8 - Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas de actuación psicolóxica.
CE9 - Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizaciones e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
CE10 - Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e
Comunitaria.
CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
CE12 - Saber definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os resultados obtidos.
CE13 - Saber transmitir aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación.
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
CE15 - Saber axustarse ás obligacións deontolóxicas da Psicoloxía.
A metodoloxía a empregar conxuga o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, potenciando o traballo autónomo do estudante. As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para promover a significatividade das aprendizaxes. Os materiais empregados nelas estarán a disposición do alumnado no servicios na aula virtual.
As actividades que se realizarán nas clases interactivas irán dirixidas a profundizar en conceptos e procedementos concretos na intervención nos distintos Trastornos do Desenvolvemento. Con elas preténdese que o alumnado adquira dominio no manexo das diferentes fontes de información, realice traballos cooperativos, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construir significados compartidos axudados da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requeridas e os materiais necesarios serán presentados o alumnado nas correspondentes sesións de clase e na aula virtual. “En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).”
A cualificación global do estudante na materia procederá:
-Un 40% da cualificación dos resultados de distintas tarefas de carácter individual (4 puntos) que poden consistir en probas de autoavaliación, informes escritos, presentacións audiovisuais, respostas/reflexións curtas sobre algunha cuestión….
-O 50% da cualificación do traballo grupal(5 puntos) que se vai a ir elaborando nas sesión interactivas.
-O 10 % de participación nas distintas actividades, no grupo de traballo e no campus virtual
É preceptivo obter, alo menos, a metade de puntuación tanto na parte das tarefas individuais como na parte do traballo grupal para aprobar a materia. Cando non se supere xa sexa algunha das partes, a cualificación que figurará en actas será de "suspenso" co valor numérico máis próximo ao 5 obtido nun ou outro apartado de avaliación.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado nos primeiros 15 días de curso para,
de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.
Os aspectos relacionados coa avaliación na segunda oportunidade, así como do alumnado de convocatorias anteriores e con dispensa de asistencia serán concretados oportunamente a inicios do semestre.
“En función da situación sanitaria,o sistema de avaliación pode sufrir cambios que o permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).”
A materia ten en torno a 48 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas, actividades en grupo mediano en seminarios, titorías, actividades de avaliación formativa e exame. Estímase que o alumnado deberá dedicar 102 horas de traballo persoal para poder superar a materia, incluíndo lectura de materiais, elaboración de informes e traballos, e horas de estudo
Recomendacións Previas: Será recomendable que o alumnado teña superado e estableza relacións cos coñecementos propios das materias de Psicoloxía do Desenvolvemento I e II, Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación, e Dificultades no Desenvolvemento e a Aprendizaxe.
Recomendacións para superar a materia: 1. Asistencia e implicación activa na dinámica de clase. 2. Interese polo estudo da disciplina en relación coa titulación. 3. Dominio básico da lingua inglesa. 4. Posuír certos rudimentos informáticos como o manexo dun procesador de textos e de Internet, así como outras ferramentas e programas informáticos. 5. Realización puntual dos traballos. 6. Seguimento continuado da materia. 7. Busca de claridade e organización dos coñecementos.
NOTA: Co comezo da materia, facilitarase ao alumnado a guía docente, onde se ampliará a información contida neste programa
“Plan de continxencia atendendo a situación sanitaria”
Tendo en conta as “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021” da USC, e. no caso de que a situación sanitaria requira adaptarnos aos Escenarios de traballo 2 ou 3, realizaranse o seguintes axustes neste programa:
a. Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual da materia”. Estos contidos, tanto expositivos como interactivos, serán impartidos con recursos telemáticos síncronos ou asíncronos (presentacións narradas, clases e titorías mediante a plataforma MS Teams...). Terase en conta a participación nas distintas actividades telemáticas que se programen tanto na plataforma teams (mediante a asistencia) como no campus virtual (completando e entregando as distintas actividades).
b. Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos, aínda que serán traballados na materia, poderán non ser obxecto de avaliación, o que será debidamente informado con tempo suficiente a través do Campus Virtual da materia.
Miguel Perez Pereira
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813733
- Correo electrónico
- miguel.perez.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Cristina Lojo Seoane
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813908
- Correo electrónico
- cristina.lojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:10 | GRUPO A (A-L) | Galego, Castelán | Aula 8 |
10:20-11:35 | GRUPO B (M-Z) | Castelán, Galego | Aula 9 |
Martes | |||
09:00-10:10 | GRUPO B (M-Z) | Galego, Castelán | Aula 9 |
10:20-11:35 | GRUPO A (A-L) | Galego, Castelán | Aula 8 |
02.06.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 1 |
02.06.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 1 |
02.06.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 5 |
02.06.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 5 |
02.06.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 6 |
02.06.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 6 |
02.06.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 7 |
02.06.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 7 |
08.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 4 |
08.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 4 |
08.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 5 |
08.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 5 |
08.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 6 |
08.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 6 |