Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria I forma parte do módulo formativo, "Intervención en Psicoloxía social", que se imparte en terceiro e cuarto curso da titulación de Grao en Psicoloxía. Neste sentido, farase especial fincapé na continuidade da mesma coa materia Psicoloxía Social e Intervención Comunitaria II, ambas referidas á intervención social e comunitaria.
Para a materia Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria I propóñense os seguintes obxectivos:
-Coñecer a un nivel básico, o obxecto de estudo desta disciplina, así como os seus antecedentes.
-Coñecer os principais modelos teóricos da Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria, así como as súas contribucións e limitacións.
-Promover a aprendizaxe significativa sobre a relación entre a intervención no contexto social e comunitaria e o benestar e calidade de vida nas comunidades.
CLASES EXPOSITIVAS
TEMA 1. Introdución á Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria. Orixe e desenvolvemento.
TEMA 2. Sentido de comunidade. Definición. Compoñentes. Avaliación.
TEMA 3. Empowerment e desenvolvemento social e comunitario.
TEMA 4. Apoio social. Definición. Modelos explicativos. Aplicacións.
TEMA 5. Afrontamento. Modelos teóricos. O afrontamento na intervención social e comunitaria.
TEMA 6. Habilidades sociais e mediación comunitaria. Enfoque comunitario: definición, adestramento y aplicacións en contextos sociocomunitarios.
CLASES INTERACTIVAS
TEMA 1. Psicoloxía Comunitaria: definición intencional e efectiva.
TEMA 2. Avaliación del sentido de comunidade e intervención social.
TEMA 3. Empowerment: Niveis de análise e intervención.
TEMA 4. O efecto mitigador de apoio social.
TEMA 5. Estratexias de afrontamento na intervención social.
TEMA 6. Programas de adestramento en habilidades sociais.
BÁSICA:
Blanco, A., e Rodríguez, J. (2007). Intervención psicosocial. Madrid: Pearson Prentice Hall.
Fernández, I., Morales, F., e Molero, F. (2011) (Coords). Psicología de la Intervención Comunitaria. Bilbao: Desclée de Brouwer.
Gracia, E. (1997). El apoyo social en la intervención comunitaria. Barcelona: Paidós.
Hombrados, M. I. (1996). Introducción a la Psicología Comunitaria. Málaga: Aljibe.
Hombrados, M. I. (2013) Manual de psicología comunitaria. Madrid: Síntesis
Musitu, G., Herrero, J., Cantera, L.M., e Montenegro, M. (2004). Introducción a la Psicología Comunitaria. Barcelona: Editorial UOC.
Rappaport, J., e Seidman, E. (2000). Handbook of Community Psychology. Nueva York: KA/PP.
Sánchez Vidal, A. (2007). Manual de Psicología Comunitaria: Un enfoque integrado. Madrid: Pirámide.
Vilariño, M., Novo, M. y Arce, R. (2021). Manual de prácticas de Psicología Comunitaria. Granada: GEU Editorial.
COMPLEMENTARIA:
Dalton, J.H., Ellias, M.J., e Wandersman, A. (2001). Community Psychology. Linking individuals and communities. Stamford: Wadsworth, Thomson Learning.
Fernández-Ríos, L. (1997). Psicología preventiva: avances recientes en técnicas y programas de prevención. Madrid: Pirámide.
Folkman, S., y Tedlie, J. (2004). Coping: Pitfalls and Promise. Annual Review of Psychology, 55, 745-774
Gracia, E., Herrero, J.,e Musitu, G. (1995). El apoyo social. Barcelona: PPU.
Hombrados, I., Gómez, L. e Dominguez, J.M. (2009). The impact of inmigrants on the sense of community. Journal of Community Psychology, 37, (6), 671-683.
Hombrados-Mendieta, I., Gómez-Jacinto, L., Domínguez-Fuentes, J. M. y García-Leiva, P. (2013). Sense of community and satisfaction with life among immigrants and the native population. Journal of Community Psychology, 41, 601-614.
Maya, I., García, M., e Santolaya, F. J. (2007). Estrategias de intervención Psicosocial. Casos prácticos. Madrid: Pirámide.
Orford, J. (2008). Community psychology: Challenges, controversies and emerging consensus. Chichester: John Wiley & Sons.
Novo, M., Redondo, L., Seijo, D., y Arce, R. (2016). Diseño y validación de una escala para la evaluación del sentido de comunidad en grupos académicos virtuales. Revista de Investigación en Educación, 14(2), 126-140
Pepe, S., Sobral, J., Gómez, J. A., e Villar, P. (2008). Spanish adaptation of the adolescents' perceived collective family efficacy scale. Psicothema, 20(1), 148-154.
Ramos, I., y Maya, I. (2014). Sentido de comunidad, empoderamiento psicológico y participación ciudadana en trabajadores de organizaciones. Psychosocial Intervention, 23, 169-176.
Seijo, D., Novo, M., Arce, R., Fariña, F., e Mesa, M. C. (2005). Programa de intervención basado en el entrenamiento de habilidades sociocognitivas (Programa EHSCO). Guía de actividades para educación secundaria obligatoria. Granada: Ministerio de Educación y Ciencia.
Zimmerman, M.A. (2000). Empowerment theory: psychological, organizational and community levels of analysis. En J. Rappaport y E. Seidman (Ed.), Handbook of Community Psychology (pp. 43-64). Nueva York: Kluwer Academic Plenum.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN NAS QUE INCIDE A MATERIA
CE1 - Amosar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
CE5 - Amosar coñecementos e comprensión dos principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos e no funcionamento dos grupos e das organizacións.
CE7 - Amosar coñecementos e comprensión dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía –clínico e da saúde, social, educativo
CE8 - Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas de actuación psicolóxica
CE9 - Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica
CE10 - Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e dá saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria
CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
CE12 - Saber definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os resultados obtidos
CE13 - Saber transmitir aos destinatarios, de forma adecuada e precisa, os resultados da avaliación
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outra profesionais
CE15 - Saber axustarse ás obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
-Que o alumnado coñeza e comprenda os principios básicos e as bases conceptuais da Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria.
- Que o alumnado coñeza e comprenda os modelos teóricos propios da Psicoloxía de Intervención Social e Comunitaria e sexa capaz de desenvolver as súas aplicacións a un nivel básico.
- Que o alumnado coñeza e comprenda a perspectiva social e comunitaria no estudo do comportamento humano.
- Que o alumnado desenvolva actitudes que favorezan o compromiso de ética profesional.
- Que o alumnado desenvolva actitudes que promovan o traballo colaborativo.
As clases teóricas son sesións expositivas e / ou de demostración, nas que explican e expoñen os contidos principais do programa. Pola súa banda, as clases interactivas inclúen seminarios de apoio ás clases expositivas, que promoven a construción do coñecemento a través da participación compartida (profesor-alumno), en base a lecturas especializadas. Tamén nas clases interactivas, desenvolveranse supostos prácticos que ilustran os modelos e técnicas de intervención social e comunitaria.
As titorías desenvolveranse nos lugares e horarios indicados nos horarios do profesorado, para atender dúbidas e aclarar todas as cuestións relativas ao desenvolvemento da materia.
Para a avaliación da aprendizaxe e das competencias adquiridas polo alumnado teranse en conta na cualificación final os seguintes elementos:
-Exame final. Realizarase mediante unha proba na que se valorará o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. Este exame terá un peso dun 70% na cualificación final e poderá incluír unha parte de proba obxectiva. Versará sobre os contidos explicados nas clases tanto expositivas como interactivas.
-Asistencia e participación nas actividades presenciais. A asistencia a clase terase en conta na avaliación final. Dita asistencia será obrigatoria nas sesións interactivas, realizándose un control de asistencia. As sesións interactivas serán avaliadas cun 30% da puntuación global, a través dos criterios de calidade no informe individual e grupal, segundo corresponda a cada práctica. O peso da asistencia ás prácticas será dun 10%. Pola súa parte, o informe suporá o 20% da cualificación da parte práctica.
Cada un deste elementos poderá ponderarse na cualificación final, sempre que se alcance un mínimo de 3.5 puntos no exame e un 1.5 nas clases interactivas.
Para os estudantes con exención de docencia, o 100% da nota será determinado polo exame final. Estes alumnos poderán asistir durante todo o curso ás titorías que necesite.
A cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
As datas e horas da revisión do exame estableceranse e desenvolveranse de acordo co regulamento interno da USC.
O mesmo sistema de avaliación aplicarase a todas as convocatorias. Así, no caso de non superar a materia na convocatoria de maio a xuño (1ª oportunidade), na convocatoria de xullo (2ª oportunidade) só se repetirá a proba obxectiva, mantendo a puntuación obtida nas actividades desenvolvidas ao longo do curso. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As horas presenciais da materia distribúense como segue: 26 horas de sesións expositivas, 11,5 h. sesións interactivas e 1 hora de titoría. O tempo de traballo non presencial é estimado ao redor de 67,50 horas, para lectura e preparación de material de apoio para as sesións, preparación e elaboración de informes individuais e grupais, e preparación para a proba de coñecementos.
- Asistencia a clases
- Lectura dos materiais facilitados polo equipo docente para a materia
Plan de continxencia
Escenario 2: Distanciamento
Neste escenario, con respecto a metodoloxía de ensinanza, as clases impartiranse de xeito presencial e virtual, empregando a plataforma Microsoft Teams e o soporte do campus virtual da USC. En calquera caso, a docencia desenvolverase de xeito síncrono e prevalecendo a modalidade presencial sempre que resulte posible. O contido e desenvolvemento das clases expositivas serán os mesmos que na modalidade presencial, adaptando os materiais de soporte ao modo en remoto. No caso de sesións interactivas, estas realizaranse preferentemente de xeito presencial (mínimo o 50% das horas), seguindo a mesma metodoloxía que no escenario 1, combinando tarefas individuais e grupais. As titorías desenvolveranse preferentemente por vía telemática a través da plataforma TEAMS. Pola súa banda, o sistema de avaliación será análogo ao establecido no escenario 1, respectando asemade a ponderación alí establecida, e con preferencia presencial para a realización do exame.
Escenario 3: Peche das instalacións
En canto a metodoloxía docente, a docencia expositiva e interactiva será de carácter virtual, empregándose para iso a plataforma TEAMS e o Campus Virtual da USC. No caso das sesións expositivas, o seu contido será o mesmo que nos escenarios anteriores. En canto ás sesións interactivas, o contido adaptarase de xeito que os estudantes podan levalos a cabo de xeito non presencial. En calquera caso, a docencia desenvolverase de xeito síncrono. Os materiais necesarios facilitaranse a través do Campus Virtual da USC. As titorías desenvolveranse por completo de xeito virtual a través da plataforma TEAMS. En relación co sistema de avaliación da aprendizaxe, este será análogo ao indicado para o escenario 1 e 2 (respectarase a mesma ponderación sobre a nota), excepto que o exame se desenvolverá de xeito non presencial mediante a plataforma TEAMS e o campus virtual da USC.
Nos escenarios 2 e 3, como no escenario 1, aplicarase o mesmo sistema de avaliación para todas as convocatorias. Así, no caso de non superar a materia na convocatoria de maio-xuño (1ª oportunidade), na convocatoria de xullo (2ª oportunidade) só se repetirá a proba obxectiva, mantendo a puntuación obtida nas actividades realizadas ao longo do curso.
Os estudantes que, en virtude dun acordo adoptado pola Xunta da Facultade de Dereito, obteñan a exención docente para esta materia, deberán realizar, ademais da proba final, un traballo de investigación empírico sobre un tema relacionado cos contidos do curso. Este será tutelado e substituirá a súa presenza física e participación nas clases interactivas.
De igual xeito a como sucedía no escenario 1, tamén nos escenarios 2 e 3 para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Mercedes Novo Pérez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813932
- Correo electrónico
- mercedes.novo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Vilariño Vazquez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Patricia Navas Sanchez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Correo electrónico
- mariapatricia.navas [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo A | Castelán | Aula 8 |
11:00-12:00 | Grupo B | Galego, Castelán | Aula 9 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo A | Castelán | Aula 8 |
11:00-12:00 | Grupo B | Castelán, Galego | Aula 9 |
02.06.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 1 |
02.06.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 1 |
02.06.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 5 |
02.06.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 5 |
02.06.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 6 |
02.06.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 6 |
02.06.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 7 |
02.06.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 7 |
30.06.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 4 |
30.06.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 4 |
30.06.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 5 |
30.06.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 5 |
30.06.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 6 |
30.06.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 6 |