Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.Coñecer e comprender os fundamentos teóricos da disciplina e dominar a terminoloxía especifica da psicopatoloxía.
2. Saber describir e explorar a conduta anormal.
3. Ser capaz de identificar e diferenciar os diferentes trastornos psicolóxicos ao longo do ciclo vital.
4. Proporcionar as bases teóricas que fundamentan os diferentes trastornos e presentar as liñas de investigación actual sobre os temas tratados.
PROGRAMA TEÓRICO
I. Introdución á psicopatoloxía: bases conceptuais da anormalidade
1. Definición. Criterios acerca da conduta anormal. Modelos explicativos.
2. Sistemas de clasificación. Cuestións conceptuais. Desenvolvemento dos sistemas de clasificación. DSM e CIE.
II. Psicopatoloxía do adulto
3.Trastornos depresivos.Trastornos bipolares. Clasificación. Características clínicas e criterios diagnósticos. Avaliación e diagnóstico diferencial. Epidemioloxía. Teorías psicolóxicas explicativas.
4. Esquizofrenia e outros trastornos psicóticos. Clasificación. Características clínicas e criterios diagnósticos. Avaliación e diagnóstico diferencial. Epidemioloxía.
5. Trastornos relacionados con necesidades básicas: conduta alimentaria, sono e sexo. Clasificación. Características clínicas e criterios diagnósticos. Diagnóstico diferencial. Epidemioloxía.
II. Psicopatoloxía da nenez e adolescencia
6. Cuestións conceptuais e históricas relativas ao diagnóstico de problemas psicolóxicos en nenos e adolescentes. Desenvolvemento psicolóxico normal e problemático. O proceso diagnóstico en psicopatoloxía infanto-xuvenil.
7. Alteracións emocionais e conductuais en nenos e adolescentes. Aspectos descritivos, etiolóxicos e clínicos.
8. Outras alteracións psicolóxicas con incidencia na infancia. Aspectos descritivos, clínicos e etiolóxicos.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS.
1.- Lectura de artigos e/ou capítulos que se relacionen co tema exposto nas clases expositivas.
2.- Coñecemento teórico e práctico da organización e características dos sistemas de clasificación actuáis.
3.- Análise de casos clínicos que ilustren os contidos das clases expositivas, destacando a identificación e clasificación de síntomas, xustificación diagnóstica e diagnóstico diferencial.
Bibliografía Básica
Psicopatoloxía adultos:
-Asociación Americana de Psiquiatría (2014). Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales, DSM-5 (5ª ed.). Washington: APA.
-Belloch, A., Sandín, B. y Ramos, F. (Eds.) (2020), Manual de psicopatología. Volúmenes I y II (3ª ed.). Madrid: McGraw-HiIl.
-Caballo, V., Salazar, I.C. y Carrobles, J.A. (2014). Manual de psicopatología y trastornos psicológicos. Madrid: Pirámide; 2ª edición. Edición versión digital (Kindle).
-Talarn, A. y Jarne, A. (2015). Manual de psicopatología clínica. Barcelona: Herder. 1ª edición versión digital (Epub)
Infanto-juvenil:
-López-Soler, C y Romero, A. (2014). TDAH y trastornos del comportamiento en la infancia y la adolescencia. Pirámide. Colección: Psicología; 1ª edición. Formato: Digital, PDF.
Bibliografía Complementaria
-Artigas-Pallarés, J e Narbona,J (Eds)(2011). Trastornos del neurodesarrollo. Barcelona: Viguera
-American Psychiatric Association (APA) (2002). DSM-IV-TR. Breviario. Criterios diagnósticos. Barcelona: Masson.
-Baron-Cohen,S. (2010). Autismo y Síndrome de Asperger. Madrid: Alianza
-Butcher, J.N., Mineka, S., Caballo, V.E. Salazar, I.C. e Carrobles, J.A. (Dirs.) (2011). Manual de psicopatología y trastornos psicológicos. Madrid: Pirámide.
-Caballo, V.E. e Simon, M.A. (2002). Manual de psicologia Clinica Infantil y del adolescente. Trastornos especificos. Madrid: Pirámide
-Cervilla, J.A. e García, C. (2000). Fundamentos biológicos en psicopatología. Barcelona: Masson. Organización Mundial de la Salud (1992). CIE-10. Trastornos mentales y del comportamiento. Madrid: Meditor.
-Lorenzo Pontevedra, M.C. (2015). Trastorno bipolar. Madrid: Síntesis
-Mendez Carrillo, F.X. (2003). El niño Miedoso. Madrid: Ediciones Pirámide
-Mendez Carrillo, F.X., Orgiles, M. y Espada, J. (2008). Ansiedad por separación. Psicopatología, evaluación y tratamiento. Madrid: Pirámide.
Perpiñá, C. e Baños, R.M. (2019). Manual básico de exploración psicopatológica. Madrid: Síntesis.
-Rodríguez-Testal, J.F. (Coord.) (2017). Material audiovisual para la enseñanza práctica en psicopatología clínica (2ª ed.). Madrid: EOS.
-Vallejo, J. (Ed.) (2011). Introducción a la psicopatología y psiquiatría (7ª ed.). Barcelona: Elsevier/Masson.
Competencias específicas da titulación:
1. Coñecer e comprender as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
2. Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios dos diferentes campos de aplicación e establecer as metas de actuación psicolóxica.
3. Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
4. Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
Competencias específicas da materia:
1. Ser capaz de describir e analizar os síntomas fundamentais dos distintos trastornos mentais.
2. Ser capaz de identificar os diferentes trastornos mentais segundo as clasificacións propostas dende o ámbito científico.
3. Ser capaz de formular hipóteses diagnósticas en función da clínica presente.
4. Ser capaz de realizar diagnósticos diferenciais.
5. Coñecer a psicopatoloxía dende o marco de desenvolvemento evolutivo centrada nos trastornos de inicio na infancia e adolescencia.
6. Ser capaz de relacionar teoría e evidencia empírica para cada un dos trastornos mentais.
7. Realizar e interpretar un informe clínico tomando como base os sistemas de clasificación e diagnóstico.
8. Coñecer e cumprir a normativa ética propia da profesión e da investigación psicolóxica.
1.-Clases Expositivas:
As clases expositivas teñen como cometido organizar e introducir os contidos máis relevantes dos diferentes temas do programa.
2.- Clases Interactivas:
As clases interactivas estructuranse en torno á descripción, análise e discusión de casos clínicos que ilustren algunhas das alteracions presentadas na clase. Estas actividades prácticas desenvólvense en pequenos grupos ou perante traballo individual.
Ademáis, como complemento ás clases presenciais, proporanse distintas actividades de avaliación continua a través dá Aula Virtual dá materia que deberán entregarse na data programada por este mesmo medio.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios para adaptarse a escenarios de docencia telemática ou semipresencial (ver Observacións).
Na avaliación da aprendizaxe terase en conta tanto a valoración dos coñecemento adquiridos en relación aos contidos teóricos e prácticos do programa, como a valoración das tarefas e actividades propostas ao largo do curso.
O cómputo de avaliación distribuirase do modo seguinte: O exame teórico (proba de tipo test) supoñerá o 40%; o exame práctico (comentario razoado dun caso clínico) o 20%; e o 40% restante corresponderá á avaliación continua formativa en base ás actividades propostas e informes realizados, así como a asistencia ás sesións interactivas.
Para aprobar a materia é necesario superar o exame teórico e o exame práctico.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan a súa adaptación a escenarios de docencia telemática ou semipresencial (ver Observacións).
ACTIVIDADES PRESENCIAIS:
* Clases Expositivas: 25 horas
* Clases interactivas: 13.5 horas
* Avaliación: 2 horas
Total horas presenciais: 40.5
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS:
* Leituras previas as clases interactivas e/ou expositivas: 17 horas
* Elaboración de informes de prácticas: 17 horas
* Preparación do examen: 40 horas.
Total horas non presenciais: 74
Asistir a clase con regularidade.
Participación activa na aula.
En función da situación sanitaria, as recomendacións para o estudo da materia pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou semipresencial (ver Observacións)
'PLAN DE CONTINXENCIA'
Metodoloxía da ensinanza:
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Aula Virtual.
No caso de que algúns contidos teóricos non poidan tratarse en clases expositivas presenciais, serán impartidos a través de Microsoft Teams de xeito sincrónico, ou ben a través da aula virtual de xeito asincrónico (p. ex., presentacións guiadas, textos e/ou cuestionarios de autoavaliación). En canto á docencia interactiva que deba impartirse en remoto, as actividades a realizar proporanse a través da aula virtual e serán organizadas en función dunha programación de entregas e seguimiento coa oportuna retroalimentación.
Sistema de avaliación:
Dependendo das circunstancias sanitarias, o exame teórico-práctico poderá ter lugar de maneira telemática. Neste caso, ante a realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na' Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións'.
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos, aínda que serán traballados na materia, poderán non ser obxecto de avaliación, o que será debidamente informado con tempo suficiente a través do Aula Virtual da materia.
O sistema de avaliación rexirase polos mesmos criterios que o indicado no apartado precedente referido a 'Sistema de avaliación da aprendizaxe'.
Recomendacións para o estudio:
Recomendáse levar ao día os contidos da materia e facer seguimiento continuado das actividades que se rexistren na Aula Virtual, pois certos contidos e tarefas que serán obxecto de avaliación poden ser traballados por medios telemáticos.
Carmen Senra Rivera
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813767
- Correo electrónico
- carmen.senra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Paula Villar Torres
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813920
- Correo electrónico
- paula.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mariana Aimé Castro Isdahl-Troye
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Correo electrónico
- mariana.castro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Maria Barroso Hurtado
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Correo electrónico
- maria.barroso.hurtado [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-09:50 | Grupo B | Castelán | Salón de Actos |
10:00-10:50 | Grupo A | Castelán | Aula 8 |
Venres | |||
10:00-10:50 | Grupo A | Castelán | Aula 8 |
11:00-11:50 | Grupo B | Castelán | Salón de Actos |
17.01.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 1 |
17.01.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 1 |
17.01.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 5 |
17.01.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 5 |
17.01.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 6 |
17.01.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 6 |
17.01.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 7 |
17.01.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 7 |
23.06.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 4 |
23.06.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 4 |
23.06.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 5 |
23.06.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 5 |
23.06.2022 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 6 |
23.06.2022 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 6 |