Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Adquirir un coñecemento básico de contextos persoais, organizativos e educativos no ámbito da Psicoloxía Educacional, cara á súa aplicación na práctica educativa.
• Establecer obxectivos para a saúde e calidade de vida dos diferentes actores no contexto educativo.
• Desenvolver pautas para a optimización do proceso educativo e das variables, tanto persoais como contextuais, que interveñen en devandito proceso.
• Favorecer a integración de tódolos educandos nos diferentes contextos educativos
• Detectar necesidades educativas e establecer prioridades de intervención psicolóxica no ámbito educativo
Módulo 1. Aspectos introductorios
- Introducción á Psicoloxa da Educación. O Psicólogo da Educación na sociedade actual
- Intervención psicoeducativa: Análise de necesidades, obxectivos, actividades, avaliación
Módulo 2. Contextos de aprendizaxe.
- Psicoloxía escolar. Ensinar e aprender no contexto da aula.
- A PE nos contextos educativos non formais: Familia
Módulo 3. Procesos, variables e factores psicolóxcos
- Autoconcepto, autoestima e aprendizaxe.
- Percepción de autoeficacia. Aprendizaxe autorregulado
- Estratexias de aprendizaxe e estilos cognitivos e de aprendizaxe
- Motivación e aprendizaxe.
- Intereses, e emocions e a sua relación coa aprendizaxe
- Intelixencia e capacidade de aprendizaxe. Modificabilidade cognitiva.
- Pensamento diverxente e pensamento creativo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA.
Alexander, P.; Winne, P. (2006). Handbook of educational Psychology. Lawrence Erlbaum Associates: N.J.
Pintrich, P., Schunck, D. (2006). Motivación en contextos educativos: Teoría, investigación y aplicaciones. Pearson Ed.: Madrid
Renninger, K.A., Hidi, S.E. (2019). The Cambridge handbook of motivation and learning. Cambridge University Press
Sternberg, R., Williams, W. (2010). Educational Psychology. Pearson Ed.: N.J.
Wentzel, K. y Miele, D. (ed.) (2016). Handbook of Motivation at School. N.Y.: Routledge
Woolfolk, A. (2014). Psicología Educativa. (12ª edición). Pearson Educación: Madrid.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA.
Carrasco, J. (2004). EStrategias de aprendizaje para aprender más y mejor. Rialp: Madrid
Coll, C., Palacios, J. y Marchesi, A. (2007). Desarrollo Psicológico y Educación. Psicología de la Educación Escolar. Madrid: Alianza Editorial.
Cozier, W. (2001). Diferencias individuales en el aprendizaje: personalidad y rendimiento escolar. Madrid: Narcea
Mestre, J. (coord.) (2007). Manual de inteligencia emocional. Pirámide. Col. Psicología
Pellón, R., Huidobro, A. (2004). Inteligencia y aprendizaje. Ariel Psicología: Madrid
Suares, J.M. (2004). El aprendizaje autorregulado: variables estratégicas, motivacionales, evaluación e intervención. UNED: Madrid
Villa, A. y cols. (2005). Estilos cognitivos y autoconcepto en estudiantes universitarios: desarrollo de instrumentos de medida e impacto en el ajuste psicológico. ICE: Universidad de Deusto
CE6 - Demostrar coñecementos e comprensión dos métodos e deseños de investigación e as técnicas de análise de datos propios da Psicoloxía
CE7 - Demostrar coñecementos e comprensión dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía –clínico e da saúde, social, educativo
CE8 - Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas de actuación psicolóxica
CE9 - Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediantes os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica
CE10 - Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacions nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria
CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
CE12 - Saber definir os objetivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os resultados obtidos
CE13 - Saber transmitir aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais
CE15 - Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía
A metodoloxía empregada combina o formato da clase expositiva con metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo, seguindo a filosofía do plan Bolonia.
As sesións de clase expositiva terán como obxectivo ontroducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, dar unha visión global dos contidos dos diferentestemas e relacionar o coñecemento para facilitara significatividade das aprenizaxes. Para elo a exposición acompañarase, cando sexa pertinente, de material visual e recursos en red.
Co traballo en seminarios (clases interactivas) preténdese que os estudantes aprendan a manexar diferentes fontes de información, promovan a transferencia da teoría á práctica, aprendan a preparar e presentar informes, confronten diferentes puntos de vista e sexan capaces de construír significados compartidos axudados polo traballo de mediador da profesora. A realización das tarefas requiridas e os materiais necesarios presentarase aos estudantes a través das sesións de conferencias e seminarios correspondentes.
O estudante disporá dos documentos necesarios para o desenvolvemento da materia no campus virtual.
Utilizarase MS Teams en caso necesario.
Tendo en conta o carácter presencial da Universidade de Santiago de Compostela, a asistencia ás sesións de traballo (expositivas e interactivas) será unha "condición sine qua non" para aprobar a materia. Esta asistencia debe computar un mínimo do 75% das horas asignadas (expositivas e interactivas), a non ser que estea debidamente xustificado (é dicir, certificado médico).
A avaliación do contido teórico da materia realizarase mediante probas obxectivas e suporá o 60% da nota final. É obrigatorio obter unha puntuación total mínima de 3 sobre 6 nestas probas para superar a materia.
A avaliación dos informes e traballos do curso terá unha puntuación máxima global de 4 puntos. Para poder aprobar a materia será necesario ter unha puntuación mínima de 2 puntos na avaliación das actividades e traballos. A non asistencia ás sesións de traballo, sen causa debidamente xustificada, implica unha redución do 50% na avaliación das actividades presentadas correspondentes a esas sesións.
Aqueles estudantes que teñan exención de docencia deberán superar as probas de avaliación de contidos teóricos, así como as actividades prácticas, que neste caso se realizarán de xeito individual.
A non realización do examen ou das probas de avaliación continua, suporá ser calificado exclusivamente en base ás actividades interactivas realizadas; aa puntuación final será “Suspenso” a a puntuación numérica corresponderá á suma das puntuaciones das actividades.
A calificación de “Non presentado” se dará a aqueles estudantes que nos se presentaran ao examen ni realizarán ningunha das actividades propostas
A avaliación de segunda oportunidade farase a través de examen na data oficial establecida. Será necesario ter entregados os informes e traballos solicitados
Psicoloxía da educación e unha materia de 6 créditos que equivalen a 150 horas de trabballo do estudante, que se reparten da seguinte forma:
- 57 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas (35h), actividades grupais en seminarios medianos 15h.), titorias, actividades de avaliación e revisión.
- Estímase que os alumnos deben adicar 93 horas de traballo individual para superar a materia: 20 horas de lectura de materiais, 45 horas de elaboración de informes e traballos e 28 horas de estudio.
Coñecer o ámbito de estudo da psicoloxía do desenvolvemento e da educación. Para iso, é recomendable ter cursadas as materias "G2011104 - Psicoloxía do desenvolvemento e da educación" e "G2011109 - Psicoloxía do Desenvolvemento I" do Grao de Psicoloxía.
Recoméndase facer uso do horario de titorías:
- M. Carmen Torres: Luns, Mércores e Xoves de 12-14h.
- Sabela Mallo: Mércores e Xoves de 9-12h.
Este horario pode estar suxeto a modificacións
- Uso obrigatorio da conta de correo electrónico RAI, para a comunicación co profesor fóra do horario de clase.
- Uso obrigatorio das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas proporcionadas polo profesorado e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se pode usar o teléfono móbil, excepto cando se usa como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesor, sendo o alumnado o responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do uso indebido do mesmo.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e/ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
"A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes".
Maria Del Carmen Torres Maroño
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813884
- Correo electrónico
- mcarmen.torres [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sabela Carme Mallo López
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813736
- Correo electrónico
- sabelacarme.mallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:15 | Grupo A | Castelán | Aula 8 |
10:15-11:30 | Grupo B | Castelán | Aula 9 |
Mércores | |||
09:00-10:15 | Grupo B | Castelán | Aula 9 |
10:15-11:30 | Grupo A | Castelán | Aula 8 |
23.01.2023 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 3 |
23.01.2023 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 3 |
23.01.2023 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 5 |
23.01.2023 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 5 |
23.01.2023 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 6 |
23.01.2023 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 6 |
23.01.2023 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 7 |
23.01.2023 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 7 |
27.06.2023 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 1 |
27.06.2023 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 1 |
27.06.2023 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 2 |
27.06.2023 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 2 |
27.06.2023 16:30-18:30 | Grupo B | Aula 3 |
27.06.2023 16:30-18:30 | Grupo A | Aula 3 |