Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Acceso a un coñecemento suficiente dos temas desenvolvidos no programa.
- Comprensión integrada dos distintos procesos de comunicación social.
- Adquisición de capacidades para analizar mensaxes e valorar a eficacia dos mesmos.
- Coñecemento e utilización de instrumentos de investigación sobre comunicación social.
Contidos para as sesións Expositivas:
1. Introdución ao estudio da Psicoloxía Social da comunicación. Marcos e modelos teóricos no estudio da comunicación. Procesos intrapersoais, interpersoais e intergrupais en comunicación. A comunicación informal.
2. Persuasión, influencia e comunicación. Modelos duais e persuasión. Principios básicos de influencia. A cor, a forma e os aspectos visuais na publicidade.
3. Comunicación e novas tecnoloxías. As Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Os novos códigos de comunicación nas TIC. Problemas psicosociais derivados das Novas Tecnoloxías.
4. Medios de comunicación de masas. Os efectos dos medios e a súa reinterpretación. O establecemento da axenda ("agenda-setting"). Priming y framing. Campañas de comunicación. Desinformación e fake news.
Contidos para as sesións Interactivas
1. Contextualizando unha campaña.
2. Mensaxes, formato, cores, emocións.
3. Planificación da estratexia.
4. Elaboración da campaña.
5. Presentación pública da campaña.
Bibliografía básica
Rodríguez, M. (2020). Apuntes de psicología social de la comunicación. Santiago de Compostela. Campus na Nube
Outros materiais
Castells, M. (2015). Redes de indignación y esperanza: Los movimientos sociales en la era de Internet (2ª ed.). Alianza Editorial.
Cebreiros, J. (2015). Olvida tu lenguaje corporal. Una nueva forma de entender la comunicación. Barcelona. Plataforma Editorial
Cuesta, U. (2000) Psicología Social de la Comunicación. Madrid. Cátedra.
Cialdini, R. B. (2022). Influencia: La psicología de la persuasión (Nueva edición actualizada). HarperCollins.
Durán, A. (1987) Psicología de la Publicidad y de la Venta. Barcelona. CEAC.
Durán, M. y Baña, M. (coords.) (2016). Comportamiento social inclusivo. Santiago. Tórculo Comunicación Gráfica.
D'Adamo, O., García-Beaudoux, V. y Freidenberg, F. (2007). Medios de comunicación y opinión pública. Madrid. McGraw-Hill.
Mittelstaedt, M. (2020). Psicología del consumidor: Psicología de ventas, sesgos cognitivos, economía conductual y neuromarketing simplemente explicado. Scientific Economics.
Heller, E. (2004). Psicología del color. Barcelona. Editorial Gustavo Gili
Moral, F. e Igartua, J.J. (2005). Psicología Social de la Comunicación. Málaga. Ediciones Aljibe.
Morales, J.F. (coord.) (2021). Comunicación y Psicología. Madrid. Sanz y Torres.
Pastor, Y. (2006) (coord.) Psicología Social de la Comunicación. Madrid. Pirámide
Quintanilla Pardo, I. (2002). Psicología del consumidor. Prentice Hall.
Sabucedo, J.M. y Morales, J. F. (2015). Psicología Social. Madrid: Editorial Médica Panamericana (Disponible en su versión electrónica en https://www.medicapanamericana.com/mx/libro/psicologia-social-sabucedo-…)
Sabucedo, J.M. e Rodríguez, M. (1997). Medios de comunicación de masas y conducta política. Madrid. Editorial Biblioteca Nueva.
Competencias específicas da titulación ás que contribúe a materia:
CE1 - Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
CE5 - Demostrar coñecementos e comprensión dos principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos e no funcionamento dos grupos e das organizacións.
CE7 - Demostrar coñecementos e comprensión dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo.
CE8 - Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas da actuación psicolóxica.
CE11 Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
CE13 - Saber transmitirlles aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais
Competencias Específicas da materia:
- Adquirir unha visión dos procesos de comunicación de modo integrado, tanto conceptual como aplicadamente
- Coñecer os medios de comunicación de masas e seus efectos sobre persoas e grupos
- Entender e comprender a perspectiva psicosocial da publicidade
- Coñecer e aplicar métodos de análise dos fenómenos comunicativos
- Adquirir un primeiro nivel de adestramento en habilidades de comunicación
- PARTE EXPOSITIVA
As sesións expositivas contarán con apoio de medios audiovisuais. Os materiais necesarios estarán dispoñibles na aula da materia no campus virtual.
- PARTE INTERACTIVA
Están planificadas 5 sesións nas que se intentará profundar sobre contidos teóricos das sesións expositivas, de cara á aplicación a un caso concreto de elaboración de material para unha campaña de concienciación e potenciación do voluntariado dunha organización non gubernamental.
Parte teórica:
Para as competencias informacionais ou de coñecemento, realizarase un exame final, en data aprobada por Xunta de Facultade. Para aprobar a materia é requisito indispensable aprobar esta parte da avaliación. A cualificación nesta parte teórica suporá o 60% da cualificación final do/a estudante.
Parte interactiva:
Valorarase ata 4 puntos. Entregarase un único informe que constará de dúas partes: unha coa campaña e outra coa xustificación teórica da mesma. Haberá unha rúbrica para a avaliación. A entrega deste informe, farase vía Campus Virtual da materia.
Avaliarase tamén a exposición pública da compaña.
En caso de dispensa de asistencia a clase: a parte teórica pódese preparar atendendo aos materiais e tarefas que se incluirán no campus virtual e ao manual recollido na bibliografía básica, tendo que realizar o exame final en data aprobada pola xunta de facultade. Para a parte interactiva deberá entregar un único informe sobre unha campaña en redes sociais e a xustificación teórica da mesma; recibirán información e/ou material na mesma semana que se realicen as sesións presenciais na aula.
Cada estudante debe adicar un total de 112.5 horas, das cales 37 serán presenciais e 75.5 serán dun traballo máis persoalizado.
Horario de titorías do profesorado desta materia:
Cristina Gómez Román:
Luns, mércores e xoves de 8h a 10h
Mauro Rodríguez Casal:
Luns, mércores e xoves de 8h a 10h
Mauro Lucio Rodriguez Casal
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813765
- Correo electrónico
- mauro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cristina Gómez Roman
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813796
- Correo electrónico
- cristina.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |
25.03.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
25.03.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
25.03.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
25.03.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
25.03.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
25.03.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
25.06.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 1 |
25.06.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
25.06.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
25.06.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2 |