Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Adquirir un coñecemento adecuado sobre a organización anatómica dos mamíferos domésticos, utilizando unha abordaxe sistemática, comparada e topográfica. Aprender os fundamentos da Anatomía Animal orientada ás aplicacións clínicas, de produción e de hixiene e industrialización alimentaria.
Ao final do curso o alumno debe ser capaz de identificar os sistemas corporais e os seus constituíntes, localizalos no animal vivo e realizar unha disección.
PROGRAMA TEÓRICO: 37 sesións expositivas de 50 minutos.
TEMA 1.-Historia e concepto da Anatomía. Terminoloxía anatómica. Planos anatómicos. Rexións corporais.
TEMA 2.-Aparato locomotor: partes das que consta. OSTEOLOXÍA. Introdución e xeneralidades. Constitución e tipos de ósos. Detalles que se estudan nas superficies óseas.
TEMA 3.-ARTROLOXÍA. Introdución e xeneralidades. Clasificación das articulacións e características fundamentais de cada variedade (cinemática articular).
TEMA 4.-Esqueleto e partes de que consta. Columna vertebral. Vértebra tipo. Vértebras consideradas polos caracteres rexionais: cervicais, torácicas, lumbares, sacras e caudais.
TEMA 5.-Tórax. Costelas, cartilaxes costais e esterno. Caixa torácica. Articulacións da columna vertebral e do tórax.
TEMA 6.- Esqueleto da cabeza. Ósos do cranio e ósos da cara.
TEMA 7.-Cavidades cranial e nasal. Senos paranasais. Articulacións da cabeza.
TEMA 8.- Ósos do membro torácico. Articulacións do membro torácico.
TEMA 9.-Ósos do membro pelviano. Articulacións do membro pelviano.
TEMA 10.-MIOLOXÍA. Introdución e xeneralidades. Constitución, formas e tipos de músculos. Órganos auxiliares do aparello locomotor activo: fascias musculares, bolsas e vainas sinoviais.
TEMA 11.-Músculos cutáneos. Músculos da cabeza: sistema facial; sistema auricular; sistema da mastigación; sistemas recto e oblicuo. Vasos e nervios.
TEMA 12.- Músculos do pescozo: sistema hioideo; sistemas superficial e profundo. Vasos e nervios.
TEMA 13.-Músculos do dorso: sistema lateral ou superficial; sistema medial ou profundo. Músculos da cola. Vasos e nervios.
TEMA 14.-Músculos do tórax: pectorais e da rexión costal. Diafragma. Músculos abdominais. Vasos e nervios.
TEMA 15.-Músculos do membro torácico. Cinto escapular e brazo. Antebrazo e man.
TEMA 16.-Músculos do membro pelviano. Cinto do membro pelviano. Coxa e perna. Pé.
TEMA 17.- Vasos e nervios destinados aos membros torácico e pelviano
TEMA 18.-SISTEMA NERVIOSO. Introdución e xeneralidades. Constitución e organización do mesmo.
TEMA 19.-Sistema nervioso central. Medula espiñal: configuración macroscópica externa e interna.
TEMA 20.-Nervios espiñais. Vascularización da medula espiñal.
TEMA 21.-Encéfalo. Mielencéfalo, metencéfalo e mesencéfalo. Cuarto ventrículo. Cerebelo.
TEMA 22. Nervios craniais.
TEMA 23. Sistema nervioso autónomo. Partes simpática e parasimpática.
TEMA 24.-Diencéfalo. Terceiro ventrículo.
TEMA 25.-Telencéfalo. Ventrículos laterais. Hemisferios cerebrais. Corpo estriado. Neopalio.
TEMA 26. Paleopalio e arquipalio. Rinencéfalo. Vascularización do encéfalo.
TEMA 27. Medios de protección do sistema nervioso central. Meninxes. Líquido cefalorraquídeo ou cerebroespiñal.
TEMA 28.-ÓRGANOS DOS SENTIDOS. Introdución e xeneralidades. Receptores sensoriais.
TEMA 29.-Sentido da vista. Partes de que consta. Globo ocular: túnicas e contido.
TEMA 30.-Órganos accesorios do ollo. Músculos do ollo e fascias orbitais. Pálpebras. Túnica conxuntiva. Aparello lacrimal.
TEMA 31.-Órgano vestíbulo-coclear . Partes de que consta. Oído externo. Oído medio. Tuba auditiva.
TEMA 32.-Oído interno. Labirintos óseo e membranoso.
TEMA 33.- Órgano do olfacto. Órgano vomeronasal. Órgano do gusto. Sentido do tacto.
TEMA 34.-Integumentum commune (cuberta protectora do corpo). Cutes (pel): epidermes, dermes e tela subcutánea. Pelos. Glándulas cutáneas. Estudio da Mama (glándula mamaria).
TEMA 35.-Formacións cornificadas da pel. Almofadas carpianas, tarsianas, metacarpianas, metatarsianas e dixitais. Cornos.
TEMA 36.- Formacións cornificadas da pel (continuación). Uña, pezuño e casco.
PROGRAMA PRÁCTICO: 15 sesións interactivas de 2,5 horas
Osteoloxía- Estudo comparado dos ósos das rexións corporais; Artroloxía.
P1. Vértebras, costelas e esterno.
P2. Cabeza.
P3. Extremidade torácica.
P4. Extremidade pelviana.
P5. Articulacións.
Disección- Estudo dos sistemas musculares, vasos e nervios.
P6-P15. Disección do can; disección da man/pe do cabalo.
________________________________________
Moitos dos textos suxeridos teñen sucesivas edicións, sendo válida para consulta calquera delas. Pola contra, outros son libros clásicos dos que xa non hai reedicións, pero que non por iso perderon validez.
Polo que se refire á gran cantidade de atlas virtuais e de consulta en liña que calquera buscador de internet proporciona, tan só aconsellar un pouco de prudencia á hora de confiar en materiais que non conten cun respaldo recoñecido (sexa dunha editorial, universidade ou asociación científica). En xeral, e calquera que sexa a fonte consultada, hai que ser moi coidadosos á hora de empregar aquelas que tratan a anatomía humana, xa que non todos os aspectos son comúns coa anatomía animal. De ningún xeito poden servir as imaxes, agás as que fagan referencia á estrutura ou á histoloxía.
Básica:
BARONE, R. (1986). ANATOMIE COMPARÉE DES MAMMIFÈRES DOMESTIQUES. TOMO 1: OSTÉOLOGIE. (3ª ED.) VIGOT, PARIS.
BARONE, R. (1980). ANATOMIE COMPARÉE DES MAMMIFÈRES DOMESTIQUES. TOMO 2: ARTHROLOGIE ET MIOLOGIE. (2ª ED.) VIGOT, PARIS.
BUDRAS, K., W. FRICKE E I. SALAZAR (1989). ATLAS DE ANATOMÍA DEL PERRO. ED. INTERAMERICANA, MADRID.
DE LAHUNTA, A. AND E.N. GLASS (2008) VETERINARY ANATOMY AND CLINICAL NEUROLOGY. 3RD. ED. SAUNDERS, PHILADELPHIA.
DYCE, K.M., W.O. SACK AND C.J.G. WENSING. (2009). TEXTBOOK OF VETERINARY ANATOMY. 4RD ED. SAUNDERS, PHILADELPHIA.
EVANS, H.E. Y G.C. CHRISTENSEN (1993). MILLER'S ANATOMY OF THE DOG. 3RD ED. SAUNDERS, PHILADELPHIA.
KÖNIG, H.E. & H.G. LIEBICH. (2004). ANATOMÍA DE LOS ANIMALES DOMÉSTICOS. TOMO 1. APARATO LOCOMOTOR. ED. MÉDICA PANAMERICANA
KÖNIG, H.E. & H.G. LIEBICH. (2004). ANATOMÍA DE LOS ANIMALES DOMÉSTICOS. TOMO 2. ÓRGANOS, SISTEMA CIRCULATORIO Y SISTEMA NERVIOSO. ED. MÉDICA PANAMERICANA
NICKEL, R., A. SCHUMMER & E. SEIFERLE (1986). THE ANATOMY OF THE DOMESTIC MAMMALS. VOL.1: THE LOCOMOTOR SYSTEM OF THE DOMESTIC MAMMALS. PAUL PAREY, BERLÍN.
NICKEL, R., A. SCHUMMER & E. SEIFERLE (1981). THE ANATOMY OF THE DOMESTIC MAMMALS. VOL.3: THE CIRCULATORY SYSTEM, THE SKIN AND THE CUTANEOUS ORGANS OF THE DOMESTIC MAMMALS. PAUL PAREY, BERLÍN.
NICKEL, R., A. SCHUMMER UND E. SEIFERLE (1992). LEHRBUCH DER ANATOMIE DER HAUSTIERE. BAND IV: NERVENSYSTEM. SINNESORGANE. ENDOKRINE DRÜSEN. 3ª ED .PAUL PAREY, BERLÍN.
NOMINA ANATOMICA VETERINARIA 5ª ED. (2005). W.A.V.A. ZÜRICH & ITHACA, N.Y.
POPESKO, P. (1998). ATLAS DE ANATOMÍA TOPOGRÁFICA DE LOS ANIMALES DOMÉSTICOS. 2ª EDICIÓN. TOMOS 1, 2 Y 3. ED. MASSON, BARCELONA.
SCHALLER, O. (EDITOR) (1992). ILLUSTRATED VETERINARY ANATOMICAL NOMENCLATURE. FERDINAND ENKE VERLAG, STUTTGART.
Complementaria:
BOYD, J.S. (2008) ATLAS EN COLOR DE ANATOMÍA CLÍNICA DEL PERRO Y EL GATO. 2ª EDICIÓN. ED. ELSEVIER MOSBY, BARCELONA.
CLAYTON, H.M., FLOOD, P.F., ROSENSTEIN, D.S. (2007) ANATOMÍA CLÍNICA DEL CABALLO. ED. ELSEVIER MOSBY, BARCELONA.
DONE, S.H., P.C. GOODY, S.A. EVANS & N.C. STICKLAND(2010) ATLAS EN COLOR DE ANATOMÍA VETERINARIA. EL PERRO Y EL GATO. ED. ELSEVIER MOSBY, BARCELONA.
GETTY, R. (SISSON & GROSSMAN) (1982). ANATOMÍA DE LOS ANIMALES DOMÉSTICOS. SALVAT, BARCELONA.
SALAZAR, I. (1994) ANATOMÍA PRÁCTICA DEL GANADO VACUNO. GRASS-IATROS EDICIONES. BARCELONA.
SCHEBITZ, H. & H. WILKENS (1986). ATLAS OF RADIOGRAPHIC ANATOMY OF THE DOG AND CAT. PAUL PAREY, BERLÍN.
Competencias Xenéricas do grao en veterinaria.-
GVUSC 01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC 02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC 05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC 06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
Competencias Específicas disciplinares:
CEDVUSC 02. Adquirir o coñecemento sobre a estrutura e función dos animais sans.
Competencias Específicas profesionais
D1VUSC01. Realizar a historia e a exploración clínica dos animais.
DIVUSC12. Realizar a inspección dos animais ante e post mortem e dos alimentos destinados ao consumo humán.
Competencias Específicas académicas
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais
CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e internet, e analizala dun xeito crítico.
CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
Metodoloxía da ensinanza
NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DO ESCENARIO 1 DESCRITO, VER AS MOFIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIAS DO APARTADO FINAL DE OBSERVACIÓNS
Escenario 1 (normalidade adaptada):
1. Sesións expositivas con apoio das TIC e con emprego sistemático do Campus Virtual como soporte da docencia. A presencialidade requirirá da aplicación das medidas hixiosanitarias determinadas polas autoridades (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial, distancia mínima de seguridade). De forma excepcional, a docencia presencial poderá combinarse coa docencia virtual ata un 10% das horas totais da materia.
1. Sesións Expositivas: clases teóricas na aula 1.
A disciplina ten asignadas 37 horas de sesións expositivas de 50 minutos de duración; son clases teóricas tradicionais con apoio das TIC non só na aula, senón polo emprego sistemático do campus virtual como apoio á docencia. É necesario asistir regularmente a esta actividade.
O reparto destas sesións é como segue:
•10 clases adícanse ao estudo do aparello locomotor pasivo (ósos e articulacións),
•7 nas que se tratarán os músculos,
•4 para a pel e as formacións derivadas,
•16 sesións para sistema nervioso e máis os órganos dos sentidos.
2. Sesións Interactivas: prácticas na sala de disección, pavillón 3-soto.
100% de presencialidade con aplicación das medidas hixiosanitarias determinadas polas autoridades (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial, distancia mínima de seguridade).
Os estudantes desenvolven o traballo práctico en grupos de 5 ou 6 persoas baixo a supervisión dun profesor por cada dous grupos (10-12 alumnos), en sesións de 2,5 horas cada día, durante tres semanas (15 sesións). Durante a primeira traballan ósos e articulacións, e as 2 restantes son empregadas para a disección dun cadáver de can e unha mano/pé de cabalo, nos que estudar os músculos, vasos e nervios.
Para a realización destas sesións, o alumno necesitará a guía de prácticas da disciplina que se completa coas notas tomadas nas clases expositivas, e cos contidos descargados da aula virtual. Os atlas (impresos ou en formato electrónico) son moi aconsellables para axudar a clarexar dúbidas concretas de xeito que o estudante se inicie no emprego de bibliografía especializada.
Ademais das medidas de hixiene establecidas polas autoridades, é obrigatorio o uso de bata branca de laboratorio e luvas desbotables, así como material básico de disección: bisturí, pinzas e tesoiras. Tamén é aconsellable empregar gafas de seguridade e botas de goma, xa que o traballo ten lugar nun espazo catalogado como «sucio» pola actividade que se desenvolve nel. Á entrada da sala figuran as normas básicas de seguridade que o alumnado debe observar no recinto, aínda que calquera dúbida ao respecto será resolta polo profesorado presente en cada sesión práctica.
A asistencia ás prácticas é obrigatoria e imprescindible para poder realizar o exame final da materia. En caso de non superala, a cualificación obtida na actividade práctica consérvase para cursos posteriores, salvo que voluntariamente se manifeste o desexo de repetir as prácticas, o que implica renunciar á puntuación obtida.
No caso das actividades que se podan realizar de forma non presencial, a actividade “en remoto” será mediante as plataformas definidas a nivel institucional e de maneira síncrona respectando os horarios vixentes, agásque se especifique outra cousa.
A información relativa a súa definición, seguimento e avaliación indicaranse nas normas da materia publicadas na aula virtual ao comezo do curso.
3. Titorías.
As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, porén poderanse programar titorías virtuais pero respectando as franxas horarias que figuran no horario 2020-21.
Existen dous tipos de titoría no actual plan de estudos: a titoría grupal e a individual. A grupal terá lugar na aula de clase teórica ao comezar o semestre; nela explícanse as normas xerais que rexerán para a disciplina.
A segunda é o modelo tradicional, moi recomendable para clarexar cantas dúbidas e dificultades podan xurdir durante o semestre. É necesario fixar una data co profesorado antes de acudir a esta titoría que adoita ter lugar no despacho do docente.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DO ESCENARIO 1 DESCRITO, VER AS MOFIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIAS DO APARTADO FINAL DE OBSERVACIÓNS
Escenario 1 (normalidade adaptada)
A proba final será presencial mediante a realización dun exame escrito cuxa nota supón o 65 % da cualificación global. A avaliación continua esencialmente baseada no traballo práctico representa o 35 % restante.
O total da disciplina divídese en tres bloques con distinto peso na nota final e co requisito de obter un mínimo de cinco (5) puntos sobre dez para que as tres notas se podan sumar:
• 35% polo traballo realizado nas prácticas que será obxecto da avaliación continua por parte do profesor encargado de cada grupo. Terase en conta a implicación e actitude de cada alumno, a destreza adquirida co traballo manual e os coñecementos que se demostran durante as sesións; ademais, ao final das dúas quendas de prácticas haberá unha proba global de recoñecemento e identificación sobre as pezas traballadas por cada grupo. Se non se acada o mínimo de catro puntos para sumar cos outros dous terzos, haberá que facer unha parte complementaria no exame final, baseada principalmente nunha colección de imaxes nas que identificar ou recoñecer os contidos traballados nas prácticas.
• 30% correspondente aos conceptos relativos ao aparello locomotor en conxunto, e que non son tratados en prácticas, máis a pel. Esta parte se avaliará no exame final na data oficial fixada no calendario académico de cada ano.
• 35% do sistema nervioso e os órganos dos sentidos, sempre no exame final na data oficial fixada no calendario académico de cada ano.
O exame final escrito no que se avalían conceptos relativos a estes dous últimos terzos, consta dunha combinación de preguntas cortas, preguntas de tipo test con respuesta única ou múltiple, frases para identificar como verdadeiras ou falsas, figuras para completar, listados de términos para relacionar según un determinado criterio, etc. Se nalgun destes modelos houbera respostas que descontan, faríase saber ao comezo do exame.
Se a materia non se supera na primeira oportunidade de exame, só gardaríase para a segunda oportunidade a nota das prácticas.
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA... 75 Horas
------------------------------------------
- Sesións expositivas ......................... 37
- Sesións interactivas ........................ 37
- Titoría ............................................ 1
TRABALLO PERSONAL DO/A ESTUDANTE...75 Horas
------------------------------------------------
- Estudo individual ...................................... 55
- Elaboración de memorias de prácticas .......... 7
- Realización de exames ............. 4
- Outras tarefas propostas polo profesor .................... 9
TOTAL HORAS DE TRABALLO DO/A ESTUDANTE : 150
A asistencia ás sesións expositivas (clase teórica) resulta moi aconsellable para entender e poder asimilar a materia.
A asistencia ás sesións interactivas (prácticas) é obrigatoria.
Resolver as dúbidas mediante as titorías é de gran valor para preparar os exames.
Observacións
PLAN DE CONTINXENCIAS NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO AOS ESCENARIOS 2 OU 3
Escenario 2 (distanciamiento)
Metodoloxía da ensinanza:
• Clases maxistrais impartidas telemáticamente mediante Ms Teams ou calquera outra plataforma aprobada para tal fin. Estas sesións contarán co Campus Virtual como apoio á docencia.
• Traballo práctico autónomo en grupos reducidos e supervisado polo profesor. O tempo de presencialidade en prácticas poderá ser reducido ata un 50%, en función das recomendacións sanitarias, de modo que permita potenciar as medidas de seguridade e se manteñan as mismas franxas horarias para cada grupo de prácticas. Neste caso, a docencia interactiva será complementada con actividades formativas telemáticas. Serán de obrigada aplicación, e reforzaranse, as medidas hixiosanitarias en función da recomendación das autoridades no momento (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial, distancia de seguridade ou outras).
• Estudo independente de cada alumno.
• Titorías, únicamente telemáticas.
No caso das actividades que se podan realizar de forma non presencial, a actividade “en remoto” será mediante as plataformas definidas a nivel institucional e de maneira síncrona respectando os horarios vixentes, agásque se especifique outra cousa.
A información relativa a súa definición, seguimento e avaliación indicaranse nas normas da materia publicadas na aula virtual ao comezo do curso.
Sistema de avaliación:
• Asistencia regular ás sesións teóricas telemáticas e obrigatoria ás actividades prácticas programadas. Para poder realizar o exame é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas –tanto o traballo presencial como o realizado de forma telemática a través das plataformas habilitadas–.
• A avaliación continua da actividade práctica realizarase mediante a combinación de probas presenciais e telemáticas.
• O exame final da materia realizarase de forma telemática ou, se as circunstancias o permitiran, de forma presencial.
O resto de condicións non cambia co respecto ao descrito no Escenario 1.
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Escenario 3 (peche de instalacións)
Metodoloxía da ensinanza:
• Todas as actividades docentes realizaranse de forma telemática mediante as plataformas habilitadas para tal fin, complementadas co uso do Campus Virtual e respectando os horarios establecidos no calendario académico 2020-21.
• Mantense o requisito de asistencia regular para as sesións teóricas telemáticas, e obrigatoria para as actividades prácticas virtuais programadas.
Sistema de avaliación:
• O exame final da materia realizarase de forma telemática síncrona, e terá un peso do 65% da nota global.
A avaliación continua da actividade práctica realizarase mediante probas telemáticas –síncronas e /ou asíncronas- e aportará o 35% restante da cualificación global.
O resto de condicións non cambia co respecto ao descrito no Escenario 1.
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Patricia Fernandez Troconiz Revuelta
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- patricia.troconiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pablo Sanchez Quinteiro
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- pablo.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Nuria Vicenta Alemañ Posadas
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- nuria.alemany [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Matilde Lombardero Fernandez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- matilde.lombardero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roberto Bermudez Pose
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Teléfono
- 982822341
- Correo electrónico
- roberto.bermudez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Auditorio |
21.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
21.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
21.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
01.07.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
01.07.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
01.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 3 |