Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Botánica, Zooloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Formar ó alumno en aspectos técnicos e legais relativos á diversidade de especies animais e vexetais e á súa conservación no medio natural.
- Capacitar ó alumno para a diagnose e valoración dos compoñentes territoriais da biodiversidade, así como entender a necesidade do establecemento das áreas e redes de espazos protexidos.
A materia abrangue os seguintes contidos: A biodiversidade: definición, orixe e estado actual. Medida da biodiversidade. Distribución xeográfica da biodiversidade: puntos quentes. A conservación da biodiversidade: natureza e importancia. Especies e áreas protexidas: status legal e figuras de protección. Estratexias para a conservación da biodiversidade: conservación in situ e ex situ. As reservas e áreas protexidas: espazos naturais protexidos en Galicia. Estes contidos desenvolveranse no seguinte programa teórico e práctico.
Temario teórico
Tema 1. A biodiversidade: definición, orixe e estado actual. Medida da biodiversidade. Distribución xeográfica da biodiversidade: os puntos quentes. (1h)
Tema 2. A conservación da biodiversidade: natureza e importancia. Concepto de conservación in situ e ex situ. O convenio Cites. As categorías da IUCN. (1h)
Tema 3. A conservación da biodiversidade (cont.). Conservación ex situ de especies animais: o rol dos zoolóxicos e centros de cría en catividade. (2h)
Tema 4. A conservación a nivel específico. As especies animais protexidas é o seu estatus legal. (2h)
Tema 5. A conservación a nivel específico. Especies vexetais protexidas e o seu estatus legal. Conservación ex situ de plantas. (2h)
Tema 6. Espazos naturais protexidos. Categorías e criterios. Normativa. (1h)
Tema 7. Ameazas á biodiversidade: as especies exóticas é invasoras. (1h).
Prácticas
As 15 horas de prácticas distribúense en saídas campo cunha duración global de 12 horas. Do total de horas prácticas resérvanse 3 horas para a presentación oral e discusión dos traballos dos alumnos.
O contido da práctica de campo centrarase na identificación dos compoñentes da Biodiversidade e as medidas destinadas á conservación do Medio Natural, o que obriga a un desprazamento fóra da cidade de Lugo. As prácticas discorrerán nun espazo protexido ou unha zona de interese para a conservación onde se analizarán os compoñentes da biodiversidade en distintos medios e escenarios de xestión e confrontánse os datos obtidos cos contidos teóricos da materia
Bibliografía básica accesible en servidores oficiales.
Bacchetta, G. et al. (eds.), 2008- Conservación ex situ de plantas silvestres. Principado de Asturias/La Caixa.
Bañares, Á. et al., (eds.), 2004- Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España. Dirección General de Conservación de la Naturaleza
Bañares, Á. et al. (eds.), 2009- Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España. Adenda 2008.Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino-Sociedad Española de Biología de la Conservación de Plantas
Blanco, J.C. & González, J.L., (Eds.), 1992- Libro Rojo de los Vertebrados de España. ICONA. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación
Capdevila, L. et al., 2006- Especies Exóticas Invasoras: Diagnóstico y bases para la prevención y el manejo. Ministerio Ministerio de Medio Ambiente, OAPN
Delibes, M. 2005- La Naturaleza en peligro. Destino
Doadrio, I., (ed.), 2001- Atlas y Libro Rojo de los Peces Continentales de España. DGCN-Museo Nacional de Ciencias Naturales
Groom, M.J, Meffe, G.K. & Carroll C.R., 2006- Principles of Conservation Biology. Sinauer
IUCN/SSC, 2014- Guidelines on the Use of Ex Situ Management for Species Conservation. 2.0. IUCN Species Survival Commission
Jiménez, I. & Delibes, M., 2005- Al borde de la extinción Una visión integral de la recuperación de fauna amenazada en España
Madroño, A., C. González & J.C. Atienza (eds.), 2004- Libro Rojo de las Aves de España, Dirección General para la Biodiversidad- SEO/BirdLife
Merino, A. et al. 2019- Training on land restoration: Impact analysis on “green employment”. Monografías do Ibader
Palomo, L.J. & l.G. Gisbert (eds.), 2002- Atlas de los Mamíferos Terrestres de España. Dirección General de Conservación de la Naturaleza-SECEM-SECEMU
Pineda, F.D, J.M. de Miguel, M.A. Casado & J. Montalvo (coord.), 2002- La Diversidad Biológica de España, Pearson Educación
Pleguezuelos, J.M. et al. (eds.), 2002- Atlas y libro rojo de los anfibios y reptiles de España. Ministerio de Medio Ambiente-Asociación Herpetológica Española
Primack, R.B. & J. Ros (eds.), 2009- Introducción a la Biología de la Conservación. MMA
Primack, R.B., 2014- Essentials of Conservation Biology. Sinauer Associates
Ramil-Rego, P. & Ferreiro da Costa, J., 2015- Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega. IBADER - Observatorio Galego do Territorio - Asociación Científica Horreum
Ramil-Rego et al. (eds.), 2017- Conservación e xestión de humidais en Galicia.
Ramil-Rego, P., Vales, C. (Eds.), 2019- . Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigación. Monografías do Ibader
Ramil-Rego, P. et al., 2008- Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrición e Valoración Territorial. Monografías do IBADER
Ramil-Rego et al., 2012- Reseña do Patrimonio Natural e a Biodiversidade de Galicia: año 2012. Monografías do IBADER
Tellería, J.L., 2012- Introducción a la conservación de las especies. Tundra ediciones
UICN, 2001- Categorias y Criterios de la Lista Roja de la UICN: V 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies de la UICN. UICN
Vilà M, Valladares et al. (Eds.), 2006- Invasiones Biológicas. CSIC
Verdú, J.R. E. Galante (eds.), 2009- Atlas de los Invertebrados Amenazados de España (Especies En Peligro Crítico y En Peligro). Ministerio de Medio Ambiente
VV.AA., 2003- Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España. Taxones Prioritarios. D.G.C.N.. Ministerio de Medio Ambiente
Competencias Xerais
- GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
- GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
- GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
- GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
- GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
- GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
- GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
- GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias Específicas
A.-Competencias específicas disciplinares (saber).
- CEDVUSC 11. Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente.
- CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e deberes do veterinario, facendo especial incidencia nos principios éticos.
B.- Competencias Específicas profesionais (saber facer)
- D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
- D1VUSC 14. Realizar análise de riscos, incluíndo os medioambientais e de bioseguridade, así como a súa valoración, xestión e supervisión de sistemas de xestión da calidade.
- D1VUSC 16. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
- D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
C.- Competencias Específicas Académicas (querer facer)
- CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
- CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario/a.
- CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
- CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
- CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
D.- Competencias transversais
- CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
- CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
- CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
- CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
- CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
- CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
- CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
As clases teóricas levarán a cabo utilizando a exposición oral soportada nas TICs. Tamén se abrirá unha aula virtual como apoio á docencia presencial (USC Virtual) ou outra plataforma en liña. Facilitarase a documentación correspondente ás clases e poñerase ao dispor do alumno diferente material complementario (vídeos, bibliografía específica e outras lecturas de carácter científico ou divulgativo) que axudarán no proceso de aprendizaxe da materia.
Nas prácticas o alumno deberá realizar un pequeno informe en relación aos contidos expostos na xornada, remarcando aqueles aspectos directamente relacionados cos obxectivos da materia.
Os alumnos han de desenvolver un traballo individual relacionado coa temática da materia, de elección libre e previamente aceptada polos profesores. Será orientado nun formato de titorías para establecer unha comunicación fluída profesor-alumno e adecuarase a un traballo científico en estrutura e redacción, co fin de que o alumno familiarícese co manexo da información, a procura bibliográfica e a redacción científica. Da mesma forma utilizaranse as ferramentas achegadas pola plataforma virtual da USC para facilitar aos alumnos o material necesario para o desenvolvemento deste traballo (artigos, normativa e lexislación actualizada, textos de apoio, bibliografía, etc.)
Ao longo do curso realizarase o seguimento da asistencia e participación do alumnado na totalidade das actividades docentes programadas, así como dos traballos que deben realizar
Para aprobar a materia deben superarse as dúas partes, teoría e prácticas, e presentar un traballo.
En referencia ao plaxio ou uso indebido das tecnoloxías por parte do alumnado, terase en conta que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Na nota final da materia terase en conta o seguinte cómputo:
- Teoría: Exame dos contidos da materia (45%): competencias GVUSC01; GVUSC02; GVUSC03; GVUSC05; GVUSC09; GVUSC10; CEDVUSC 11; CTVUSC 01; CTVUSC 07
- Prácticas: Realización e presentación do informe (15%): competencias GVUSC01; GVUSC02; GVUSC03; GVUSC04; GVUSC05; GVUSC06; GVUSC10; D1 VUSC 16; CEAVUSC 03; CEAVUSC 05; CTVUSC 01; CTVUSC 03; CTVUSC 05
- Traballo: Elaboración e Presentación oral (30%): competencias GVUSC01; GVUSC02; GVUSC03; GVUSC04; GVUSC06; GVUSC09; D1 VUSC 03; CEAVUSC 03; CEAVUSC 04; CEAVUSC 05; CEAVUSC 06; CTVUSC 01; CTVUSC 02; CTVUSC 03; CTVUSC 04; CTVUSC 05; CTVUSC 06; CTVUSC 07
Avaliación por parte do profesor da asistencia, actitude e participación nas clases (10%): competencias CEAVUSC 06; CEAVUSC 08
A materia consta de 3 créditos ECTS (75 horas de dedicación) con 30 h de traballo presencial na aula, o que é unha carga total de traballo autónomo do alumno de 45 horas. A distribución de horas do traballo presencial móstrase de seguido:
10 h clases expositivas
15 h clases interactivas
5 h de titorías
30 h Total horas de traballo persoal do/da estudiante
O traballo persoal do alumno é o seguinte:
25 h Estudio individual
8 h Elaboración de traballos
5h Revisión bibliográfica, biblioteca, etc.
2 h Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas
2 h Presentacions orais
3 h Realización de exámes
45 h Total horas de traballo persoal do/da estudiante
75 h Total de horas de traballo para superar a materia
Participar nas clases de teoría e de laboratorio é analizar a información presentada así coma a bibliografía que se facilite
Utilizar as ferramentas achegadas pola plataforma virtual para fixar e ampliar coñecementos.
PLAN DE CONTINXENCIA
Neste plan se expoñen a metodoloxía e avaliación considerando os posibles escenarios plantexados nas directrices para o desenrolo dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021, (Escenario 1: normalidade adaptada; Escenario 2: distanciamento; Escenario 3: peche das instalación).
En todos os casos que conleven presencialidade, se tomarán as medidas hixiosanitarias recomendadas (hidroxel, obrigatoriedade de máscara e distancia mínima de seguridade entre persoas).
METODOLOXÍA
Escenario 1.-
O desenvolvemento da docencia e a avaliación realizarase conforme ao indicado na actual Guía Docente, aplicando as normas e criterios hixiénico iosanitarios establecidos polas autoridades sanitarias.
Escenario 2.-
A clases teóricas e titorías realizaranse de xeito non presencial a través de medios “telemáticos”, mantendo a programación aprobada. Impartiranse de forma fundamentalmente sincrónica, apoiada nas ferramentas TICs dispoñibles (aula virtual, Teams, correo electrónico corporativo, etc) tentando conservar o horario aprobado.
O traballo a realizar plo alumno manterase en obxectivos e en forma, así como a orientación e segumento por parte do profesor a través das mencionadas titorías.
Se aínda tomando as debidas precaucións higiosanitarias non puidesen levarse a cabo as prácticas de campo, serán substituídas igualmente por actividades telemáticas (discusión en pequenos foros, intercambio de datos e información, visualización de audiovisuais e discusión, etc), na que se establecerán distintos aspectos referidos á conservación e xestión da biodiversidade, sobre os que os alumnos deberán presentar finalmente un segundo traballo en soporte dixital a modo de presentación na que se inclúan os aspectos máis relevantes.
Escenario 3.-
As prácticas de campo serán substituídas na súa totalidade por actividades telemáticas (discusión en pequenos foros, intercambio de datos e información, visualización de audiovisuais e discusión, etc), na que se establecerán distintos aspectos referidos á conservación e xestión da biodiversidade, sobre os que os alumnos deberán presentar finalmente un segundo traballo en soporte dixital a modo de presentación na que se inclúan os aspectos máis relevantes.
AVALIACIÓN
En todos os escenarios e en referencia ao plaxio ou uso indebido das tecnoloxías por parte do alumnado, terase en conta que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Escenario 1.-
Coincide coa formulación precedente da guía docente, sen variacións en referencia á avaliación
Escenario 2.-
Realizarase un seguimento do alumno valorándose a súa asistencia e participación nas actividades telemáticas, tanto expositivas como nas titorías de seguimento do traballo.
No caso de que a práctica de campo non se poida realizar, o segundo traballo ou informe (ver metodoloxía Escenario 2) realizado polo alumno será avaliado e tido en conta para o cómputo na avaliación referente ao contido práctico.
A presentación e defensa do traballo por parte do alumno tamén se realizará por medios telemáticos
De non poder realizarse o exame presencial da materia será substituído ben por unha proba telemática, ou ben reforzando a avaliación continua da materia a través dos contidos dos traballos que debe realizar o alumno.
Escenario 3.
Realizarase un seguimento do alumno valorándose a súa asistencia e participación nas actividades telemáticas, tanto expositivas como nas titorías de seguimento do traballo.
Dado que a práctica de campo non se pode realizar, o segundo traballo/informe (ver metodoloxía Escenario 3) realizado polo alumno será avaliado e tido en conta para o cómputo na avaliación do contido práctico.
A presentación e defensa do traballo por parte do alumno tamén se realizará por medios telemáticos
O exame consistirá nunha proba telemática, ou ben reforzando a avaliación continua da materia a través dos contidos dos traballos que debe realizar o alumno
Pablo Ramil Rego
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ramil.rego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Paz Ondina Navarret
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- mapaz.ondina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
12.05.2021 10:15-12:15 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
12.05.2021 10:15-12:15 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
22.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Seminarios da materia |